A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, recibiu hoxe ao embaixador de Arxentina en España, Ricardo Luis Alfonsín. É a primeira visita institucional do embaixador a Galicia tras tomar posesión do seu posto en setembro de 2020. No marco da xuntanza abordáronse posibles proxectos de colaboración entre as dúas entidades, como a consulta dos fondos consulares para afondar no coñecemento da emigración galega a Arxentina. Ademais, falaron da situación dos fondos documentais en Arxentina e concretaron os traballos de preparación da exposición sobre Luis Seoane. O embaixador asinou tamén no libro de honra da institución.
Amosando noticias 1181 a 1200 de 1451


