A crise sanitaria e as medidas decretadas polo Goberno central para conter a pandemia tiveron un impacto moi importante no ámbito cultural. O parón dos meses de marzo, abril e maio notouse en todos os sectores produtivos e no cultural tivo especial incidencia. O Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG), acaba de facer pública a “Conxuntura estatística do ámbito cultural”, actualizada a día de hoxe e na que cuantifica ese impacto. 667 empresas do sector cultural solicitaron un ERTE; perdéronse 1.002 cotizantes, o que supón unha caída do 6,3%, é dicir, 2,1 puntos por riba do total do emprego galego. Baixaron as exportacións e este descenso afectoulles máis aos produtos culturais que a outros sectores. No estudo tamén se recolle que son menos os fogares galegos que prevén poder saír cear, a cafetarías, ir ao cinema ou ao teatro nos próximos tres meses.
Ler máis