Ricardo Molinari (1898-1996)
Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane.
Deixou os seus estudos para dedicarse á poesía; a súa formación débella, por unha parte, aos clásicos españois (de aí a súa predilección polo romance, as coplas, o soneto) e, por outra, á poesía francesa. De mozo integrou o grupo xeracional máis destacado do século XX literario da Arxentina: o que se reuniu arredor da revista Martín Fierro, xunto con Borges, Marechal, Girondo, Bernárdez, Mastronardi, González Lanuza, Nalé Roxlo...Obtivo o Primeiro Premio Municipal por "Hostería de la rosa y el clavel" (1933), Primeiro Premio Nacional por "Unida noche" (1957), Premio John F. Kennedy por "El cielo de las alondras y las gaviotas” (1963), Gran Premio de Honor da Fundación Argentina para la Poesía (1976) e Gran Premio do Fondo Nacional de las Artes (1986).
En 1927 apareceu o seu primeiro libro, "El imaginero", e dous anos máis tarde, "El pez y la manzana". Cara a 1933 viaxou a España, onde coñeceu os brillantes poetas españois da Xeración do 27: García Lorca, Alberti, Altolaguirre e Xerardo Diego, un dos seus descubridores. Xa casado, ingresou como empregado no Congreso da Nación, ocupación que desenvolveu ata xubilarse.
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
| 1945-06-25 | Carta de Molinari a Seoane. 1945 |
Bos Aires - | Remitente |
Transcrición
Transcripción da Carta de Molinari a Seoane. 1945 en 25/06/1945
|
| 1945-07-13 | Carta de Molinari a Seoane. 1945 |
Bos Aires - | Remitente |
Transcrición
Transcripción da Carta de Molinari a Seoane. 1945 en 13/07/1945
|
| 1971-07-15 | Carta de Blanco Amor a Seoane. 1971 |
- | Mencionado/a |
Transcrición
Transcripción da Carta de Blanco Amor a Seoane. 1971 en 15/07/197115-VII-1971 |


