Entidade: Instituto de Literatura y Lingüística de la Academia de Ciencias de Cuba

Entidade: Instituto de Literatura y Lingüística de la Academia de Ciencias de Cuba [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1970-05-30
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1970
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1970 en 30/05/1970


Habana, 30-5-70

Queridos Maruxa e Luis Seoane:

Supoñemos que están vostedes en Buenos Aires, pero ben sabemos que pode non ser así. Pode ser que estén no norde de América, en Suíza, Alemania, en fin... no mundo, nalgún ponto do mundo anque sempre en Galicia e sempre tamén en Buenos Aires. De cote vos sentimos moi perto de nós, asociados a toda imaxe elevada, a todo feito noble.
Coa presente, vai un recorte de España Republicana sobor do Museo de Arte Carlos Maside. Malia que non puido saír (asegún o director, non coupo) un recadro que prepara coa transcripción dun fragmento dunha monografía escrita sobre arte galego, editada polo Centro Lucense, coido que en 1961, onde vostede apontaba a necesidade dun Museo Galego especializado. Esta creación dagora paréceme estupenda. Colaborarei con vostedes. Ando a percurar artigos e incruso obras. (Dei cun traballo sobor do humorismo de Castelao –José Francés, El Fígaro, Habana 1921).
Na Sección Gallega do Instituto de Literatura e Lingüística da Academia de Ciencias, imos facer unha esposición de Tapas de Luis Seoane, ou Tapas de Seoane, ou Portadas de Seoane (o tiduo xa o veremos). É un centro cultural de prestixio. Ahí fixemos a esposición bibliográfica sobre Castelao, e a de Libros Gallego editados en América (que inda está andando).
De nós? Amais de todo o que supón o traballo neste país en Revolución, un traballo de emoción cotidiana, Anisia anda a escribir narraciós e teatro pra nenos. Eu: ten Isaac pra editar O cabaliño de buxo, e findei unhos poemas Poeta na Habana. Que hai de Cuco rei... (simpático título). Apertas fondas

Neira


1974-09-27
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1974
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e correccións manuscritas]

Transcripción da Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1974 en 27/09/1974

Habana, 27 de septiembre do 1974

A Luis Seoane (e a Maruxa)
Buenos Aires

Queridos amigos:

Chegou Luis López, o da UNESCO. Encantado das atenciós de vostedes, da vosa cordialidade. Luis é un rapaz de moita valía. Xa estivera aquí cinco anos atrás con Ramón Chao, o xornalista galego de Triunfo e de La Voz de Galicia, que escribe dende París. Ramón sustitueu a Luis no trafego que este tiña na Radiodifusión francesa. Faloume Luis de que están vostedes ben; aledámonos certamente. Falamos moito da obra de vostede. Amostreille libros de tapas, monografías, poesía, todo. Falamos da súa radical postura, do seu enorme labor editorial, de Galicia emigrante, das empresas culturales galegas xeneradas por vostede. Luis é do Bierzo e ten moita afinidade con Galicia. Díxome que lle tiña deixado un disco do Amancio Prada con poemas en castelán e galego musicados e cantados por el (por Amancio, craro). Aquí pasamos todas as canciós por La voz de España, audición semanal na que se fala moi seguido de Galicia.
Luis tróuxome tamén un álbum precioso. O álbum que vostede nos ousequia (dunha edición tan breve e siñificativa; en breve quixen decir, de somentes 40 exemplares) de Intentando golpear ideas, esa serie de formidables, siñificantes grabados que refrexan, con arte de moita calidade –como é o arte de vostede– un tema moi de sempre e moi aitual (e pra vostede moi sentido porque nesas xeiras andivo nos tempos mozos) como é o das loitas estudiantiles. Aitualísimo prólogo, orixinal espresividade a destes grabados que realmente golpean ideas coa súa vital presencia, co seu movimento. Gracias por este singular agasallo e pola fervorosa, fraterna, adicatoria. Orgulosos estamos de poseer esta xoia, editada por esa nova empresa, de curioso nome que é Cuco rei. É vostede un creador desbordante, inagotable.
De nós, nada novo. Anisia a escribir pra nenos. (Gañou meses atrás o Premio Nacional de Literatura (narrativa pra nenos) da Unión de Escritores de Cuba polo seu libro Los cuentos del compay Grillo, que incruie un viaxe pagado a un país socialista). E eu, sempre escribindo algo en galego, facendo algo de xornalismo literario aquí, e rexindo a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística. Agora estamos adicándonos moito ós índices de publicaciós galegas de Cuba (publicaciós que cheguei a catalogar un total de 62 tiduos, que non é pouco). Por certo, sería bo que o Instituto Argentino de Cultura Galega fixese trafegos similares, digo eu. Índices de publicaciós galegas da Arxentina. Penso na utilidade de Índices de Galicia emigrante e de Céltiga, por exemplo.
Non soupen máis do Ramón Temes. Dixo que viría outra vez a Cuba, pero, se veu, non soupen, e supoño que, se tivese vido, visitaríanos. Déanlle nosos saúdos.
Namais por esta vez. Agarimos de Anisia. Agarimos aos dous. Gracias por todo, en primeiro lugar, por esa amistade consecuente, iniciada hai algo máis de vinte anos (foi a fins do 53 que nos conocemos).

Unha forte, fraternal, aperta de

Xosé Neira Vilas


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaFernández del Riego, FranciscoDíaz Pardo, IsaacHervella, EvelinaDieste, RafaelMaside, CarlosVarela, LorenzoGarcía-Sabell, DomingoPaz-Andrade, ValentínLaxeiro, Otero Pedrayo, RamónPiñeiro, RamónArias “Mimina”, CarmenCuadrado, ArturoColmeiro, ManuelBlanco Amor, EduardoCastelao, Prada, RodolfoFole, ÁnxelDelgado Gurriarán, FlorencioNúñez Búa, XoséDíaz, XoséIglesia Alvariño, AquilinoLedo, XohánOtero Espasandín, XoséVilanova Rodríguez, AlbertoDíaz Arias de Castro, CamiloEiroa, José GabrielCabanillas, RamónÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaDíaz Dorado, DiegoBaltar Domínguez, AntonioNeira Vilas, XoséFernández, ValentínCunqueiro, ÁlvaroCarballo Calero, RicardoPalmás, RicardoVillamarín Prieto, JoséMaiztegui, Isidro B.González López, EmilioAlberti, RafaelÁlvarez Blázquez, EmilioVelo Mosquera, XoséMediante, FedericoValle-Inclán, Ramón MaríaFerreiro, Celso EmilioMuñoz Manzano, CarmenAlonso Montero, XesúsDíaz Arias de Castro, Rosendo Temáticas: emigración Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesliteraturaartes visuaisautores/asasuntos particularesÁlbum de Galiciamedios de comunicaciónexilioColección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoanepolíticaespazos artísticosHistorias de ida e voltaA nova Sargadelosprensa escritaradioFábrica de Porcelanas La Magdalenaexilio galegoFardel d’eisiladoOutros destinos da emigración galegaGalicia onde todo retorna150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de GaliciapremiosMulleresComisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aireshistorianovelaacción políticaHistoria de la literatura gallega, de Del RiegoLibro de TapasDía de GaliciaPrecursores e novosXosé EiroaI Congreso da Emigración Galega. 1956artes escénicasCatro poemas para catro gravadosDiccionario bio-bibliográfico de escritoresLa Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de MarfilcineXornadas da Cultura Galega. Patronato da Cultura Galega de MontevideoDanzas popularesAs cicatricesNa brétemaFigurando recuerdosBestiario, de A. GirriGalería BoninoHomenaje a la Torre de HérculesTres hojas de ruda y un ajo verdePremio Palanza

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0