Temática: 150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia [19]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
| 1879-00-00 | Retratos de varios fundadores e directivos da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 1879 |
Ver
Transcripción da Retratos de varios fundadores e directivos da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 1879 en 00/00/1879Nesta composición vemos a directiva de 1879 da entidade formada, de esquerda a dereita, por Francisco Lóriga y Taboada, presidente da entidade; José García Barbón, tesoureiro, e abaixo, Francisco Lamigueiro, vogal, e Juan Álvarez Baldanero, secretario. Todos eles eran destacados membros da colectividade galega asentada na illa. Francisco Lóriga era un importante avogado, que foi senador polas provincias de Santa Clara (1879-1881) e Porto Príncipe (1881-1886). Tamén foi nomeado presidente da Real Audiencia Territorial de La Habana en 1885. Dende os seus postos favoreceu a actividade benéfica e filantrópica da sociedade e apoiou a causa dos galegos e galegas na illa. José García Barbón, importante banqueiro e home de negocios, foi un dos socios benfeitores da entidade, apoiando con parte da súa fortuna moitas das súas actividades. Outras figuras importantes foron Juan Álvarez e Francisco Lamigueiro, que era comandante do primeiro Batallón de Artillaría de Voluntarios da Habana.
|
| 1879-12-21 | Regulamento social, aprobado pola xunta xeral de socios o 21 de decembro de 1879 |
Ver
Transcripción da Regulamento social, aprobado pola xunta xeral de socios o 21 de decembro de 1879 en 21/12/1879Este regulamento é o máis antigo que se conserva nos fondos documentais da institución e foi dixitalizado na Habana polo Arquivo da Emigración Galega. Con este regulamento aparecen as normas para o funcionamento da entidade, a elección de directivos e os deberes dos socios. O fin primordial da sociedade era “proporcionar socorros a los naturales de Galicia y a los hijos de éstos”, previa solicitude por escrito e acreditación de que vivían na illa de Cuba. Contemplan tamén que se poderá atender aos naturais doutras provincias pero terán prioridade os galegos e galegas e sempre que os fondos o permitan. |
| 1922-00-00 | Secretaría da entidade, ca. 1922 |
Ver
Transcripción da Secretaría da entidade, ca. 1922 en 00/00/1922A SBNG alugou varias oficinas onde reunirse para xestionar as súas actividades a prol dos emigrantes máis necesitados pero nunca contou cunha sede social propia, que implicaba numerosos gastos tanto na súa compra coma no seu mantemento. Dedicou todos os seus fondos a axudar aos máis necesitados. Dende a fundación do Centro Galego da Habana, tiveron unha traxectoria moi ligada, compartindo moitas veces directivos e moitos membros eran socios de ambas as dúas entidades. Dende 1922 contou cun espazo no Palacio do Centro Galego, onde se instalou a secretaría e despachos varios. Aínda hoxe ten a súa sede no mesmo edificio. A Beneficencia contaba con acordos co Centro Galego para que os seus socios puidesen acceder aos servizos sanitarios de La Benéfica.
|
| 1931-00-00 | Memoria social correspondente ao ano 1931. Aniversario LX |
Ver
Transcripción da Memoria social correspondente ao ano 1931. Aniversario LX en 00/00/1931As memorias sociais constitúen unhas ferramentas informativas que dan conta da organización económica e das actividades e distintas iniciativas emprendidas, neste caso pola Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia. Nelas a xunta directiva expón aos socios as actividades executadas pola asociación durante todo o ano anterior nos seus distintos ámbitos de actuación, por exemplo: o movemento de socios, solicitudes de socorro e pasaxes para repatriacións, relación de donativos por cota dobre ou extraordinaria, tanto de socios particulares como de distintas asociacións de emigrantes galegos inscritas tamén como socias. Ademais, aparece a relación de propiedades doadas por socios tras o seu pasamento, o capital social e a relación de operacións realizadas para obter o seu incremento. |
| 1932-00-00 | Socio nº 884 da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia |
Ver
Transcripción da Socio nº 884 da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia en 00/00/1932Coma no resto de asociacións étnicas, o rexistro de socios é un instrumento imprescindible para o control de ingresos, evolución do número de asociados, organización das distintas actividades e posta en marcha de iniciativas sociais. O proceso de identificación de socios leva consigo a utilización de fichas cos correspondentes datos persoais de cada asociado e asociada. Vemos aquí un exemplo en que este socio ourensán de 44 anos ten adxudicado o número 884 e a súa afiliación coa Sociedad de Beneficiencia de Naturales de Galicia é proposta por dous socios máis antigos. Os datos que se rexistran de cada asociado corresponden ao nome completo, idade, familiares, domicilio actual e os cambios deste en caso de producirse, para poder enviarlle a correspondencia relacionada cos diferentes actos da dita sociedade, convocatorias para asistir ás asembleas da entidade, así como a súa localización por calquera outra razón.
|
| 1932-00-00 | Recibo de solicitude de ingreso na Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 1932 |
Ver
Transcripción da Recibo de solicitude de ingreso na Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 1932 en 00/00/1932No Regulamento de 1932 aparece recoñecido que poderán ser socios da entidade, con plenos dereitos, tanto os homes como as mulleres: “podrán pertenecer a esta Sociedad todas las personas de uno u otro sexo que lo soliciten y sean admitidas por la Junta Directiva”. Nos anteriores só se contemplaba que as mulleres podían solicitar axuda á entidade como familiares dos socios inscritos, e non aparecían nos rexistros de asociados agás como viúvas ou fillas orfas dos antigos socios. Así, Amalia Alonso Álvarez solicita a súa inscrición como socia avalada por dous socios.
|
| 1935-00-00 | Festa da Música galega no Gran Teatro Nacional, A Habana 1935 |
Ver
Transcripción da Festa da Música galega no Gran Teatro Nacional, A Habana 1935 en 00/00/1935Cada 25 de xullo tiña lugar a tradicional Festa de Santiago no Teatro Nacional. Os asistentes podían gozar dun festival de música tradicional galega, ademais dunha función teatral. O diñeiro recadado tras a celebración do acto ía destinado á obra benéfica tan característica da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia. Esta institución filantrópica leva exercendo a caridade durante toda a súa existencia, prestaba auxilio tanto aos residentes na illa como aos que quedaron en Galicia. A celebración desta festa tiña un dobre propósito: divertirse e axudar aos máis necesitados: “Que la alegría y el contento de este día sea consuelo y alivio de aquellos compañeros nuestros de emigración, que cayeron a nuestro lado, vencidos en la lucha”.
|
| 1936-00-00 | Rexistro de Socorros, 1936 |
Ver
Transcripción da Rexistro de Socorros, 1936 en 00/00/1936A Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia levaba un rexistro de socios numerados que percibían axudas económicas pola súa difícil situación, moitos deles hospitalizados na Benéfica do Centro Galego da Habana. A información que conteñen os libros de rexistro de socorros fai referencia aos seguintes datos: nome completo dos e das beneficiarias, idade, estado civil, fillos, antigüidade, lugar de orixe (vila, concello, provincia), domicilio, cantidade entregada e algunha observación sobre a súa situación ou denegación da axuda. |
| 1941-00-00 | Un Día de Galicia no trópico habaneiro. Festa de Santiago Apóstolo, A Habana, 1941 |
Ver
Transcripción da Un Día de Galicia no trópico habaneiro. Festa de Santiago Apóstolo, A Habana, 1941 en 00/00/1941Programa festivo da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, con motivo da celebración da Festa de Santiago Apóstolo. Na organización desta tradicional conmemoración do Día de Galicia tamén adoitaban participar todos os compoñentes artísticos da Sección de Belas Artes do Centro Galego da Habana. A dita festa tiña lugar cada 25 de xullo no Gran Teatro Nacional, onde se celebraban funcións teatrais e musicais, como a actuación do coro típico galego da Agrupación Artística Gallega, que amenizaban a citada conmemoración, ao mesmo tempo que se recadaban fondos destinados para os socios máis necesitados.
|
| 1942-00-00 | Un descanso asegurado. Cemiterio Cristóbal Colón, A Habana, 1942 |
Ver
Transcripción da Un descanso asegurado. Cemiterio Cristóbal Colón, A Habana, 1942 en 00/00/1942Baixo a presidencia de José Moure y Saco adquiriuse o terreo do que chegaría a ser o panteón social da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, concretamente no ano 1933, no emblemático Cemiterio Cristóbal Colón. O comezo das obras tivo lugar dous anos máis tarde e finalizou en 1936 baixo a presidencia de Juan Varela Grande. Debido a que o número de asociados ía en aumento, a sociedade viuse na necesidade de mercar un terreo anexo en 1940, onde se fixeron as obras de ampliación, que rematarían en 1941. |
| 1944-00-00 | Integrantes do Comité de Damas da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, correspondente ao ano 1944 |
Ver
Transcripción da Integrantes do Comité de Damas da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, correspondente ao ano 1944 en 00/00/1944No voceiro social da entidade, La Vida Gallega en Cuba, publicábase en todos os números a fotografía dos membros dos comités de damas. Estaban integrados polas socias máis relevantes, moitas delas eran esposas, viúvas ou fillas dos directivos. Elas encargábanse de organizar actividades festivas e recreativas para a recadación de fondos e poder levar a cabo as diversas axudas aos máis necesitados ou para o mantemento do panteón social. Daban ademais prestixio á entidade participando en numerosos actos recreativos e filantrópicas da colectividade.
|
| 1946-07-30 | Carta da directiva da SBNG a unha beneficiaria dun auxilio póstumo, 30 de xullo de 1946 |
Ver
Transcripción da Carta da directiva da SBNG a unha beneficiaria dun auxilio póstumo, 30 de xullo de 1946 en 30/07/1946Nesta carta solicítase a María Grueiro de la Maza, filla dun socio falecido, unha serie de documentos que acrediten a súa identificación así como que o seu pai estaba ao día no pago das cotas sociais para poder percibir a axuda tras a súa morte. Tal e como se recolle nos estatutos sociais, serán beneficiarios deste auxilio as nais, viúvas ou viúvos e fillos menores de ambos os sexos, que acrediten atoparse sen recursos e imposibilitados para o traballo, segundo considere a xunta directiva. A cantidade será en función da antigüidade do asociado, cun máximo de 15 pesos mensuais.
|
| 1949-00-00 | Aguinaldo de Noiteboa, A Habana, 1949 |
Ver
Transcripción da Aguinaldo de Noiteboa, A Habana, 1949 en 00/00/1949A chamada Festa do Aguinaldo era celebrada antes do Nadal, co fin de recadar donativos en efectivo e en especies para os paisanos máis necesitados. Destacados membros dos sectores comerciais e sociais facían xenerosas contribucións que se convertían en espléndidos aguinaldos, polo menos durante as tradicionais Pascuas. Os donativos en especies eran proporcionados por membros da colectividade que, en xeral, tiñan o seu propio negocio ou empresa. Como exemplo das ditas especies temos: caixas de leite, queixo, aceite, arroz, figos, barras de goiaba, fariña de millo, azucre, noces, garavanzos, xudías, chícharos, café, viño doce, xabón ou tabaco.
|
| 1950-00-00 | La Vida Gallega en Cuba. Órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 25 de xullo de 1950 |
Ver
Transcripción da La Vida Gallega en Cuba. Órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 25 de xullo de 1950 en 00/00/1950Revista societaria que recolle información sobre temas e actividades da entidade promotora e sobre Galicia (cultura, lingua, historia etc.). Ademais pódense atopar balances financeiros, listaxes nominativas dos contribuíntes, informes sobre o labor social, a distribución de axudas, acordos das Xuntas xerais e directivas etc. Inclúese tamén unha listaxe nominativa das persoas inhumadas no panteón, ofrecendo o nome, idade, data de inhumación e a súa procedencia (cando son galegos identifícase o concello e a provincia).
|
| 1958-00-00 | Festa da Caridade da Beneficencia Galega, A Habana 1958 |
Ver
Transcripción da Festa da Caridade da Beneficencia Galega, A Habana 1958 en 00/00/1958Coñecida como a “Grandiosa Romería Gallega” era celebrada no xardín da cervexaría “La Tropical”. Trátase dunha festa moi concorrida que era convocada cada mes de abril. Os membros da colectividade galega na illa eran invitados para asistir a esta festa e pasar bos momentos entre familiares, amigos e demais paisanos. Coa compra da entrada non só quedaba asegurado o divertimento en momentos de ocio para lembrar as tradicións galegas da terra, senón tamén ese gran de area que axudaba a levar “consuelo a muchos infortunados”. A través deste evento, organizado pola SBNG, incrementábanse os fondos para a grande obra benéfica practicada con centenares de “infortunados sin alivio”. O desfile de automóbiles americanos, típicos e rechamantes polo seu deseño moderno e grandes dimensións, era característico. A madriña social da Benéfica e as súas damas de honor saudaban con agradable sorriso desde os flamantes coches coa capota recollida. A caravana partía do Centro Galego da Habana e percorría as rúas da capital ata chegar aos xardíns de “La Tropical”.
|
| 1959-00-00 | Xunta directiva da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia de 1959 |
Ver
Transcripción da Xunta directiva da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia de 1959 en 00/00/1959Presidida por Rosendo Varela Álvarez, fillo de Juan Varela Grande, un dos máis importantes presidentes da entidade nos anos 40 e 50, esta directiva tivo que asumir un profundo cambio na marcha da entidade. As leis cubanas, tras o triunfo da revolución castrista, non son favorables á existencia deste tipo de entidades benéficas na illa e pasan a gravar con impostos as rendas que estas viñan obtendo polo alugueiro das súas propiedades, polo que os seus ingresos quedaron moi diminuídos.
|
| 1960-00-00 | Recibo do pago da cota social, 1 de xaneiro de 1960 |
Ver
Transcripción da Recibo do pago da cota social, 1 de xaneiro de 1960 en 00/00/1960Os socios da Beneficencia debían acreditar o pago das cotas do último mes e presentar o seu carné de asociado para poder ser beneficiario dos dereitos sociais. Ademais dos particulares, as numerosas asociacións parroquiais de emigrantes galegos podían asociarse para contribuír aos fondos da entidade. O Círculo Habanero de la Devesa colaboraba coa entidade dende 1934. Neste recibo vemos tamén a boa relación entre as diversas asociacións benéficas e de axuda mutua da colectividade, pois promocionan e animan aos seus socios a inscribirse no Centro Galego e en Hijas de Galicia.
|
| 1963-00-00 | Panteón social de “Naturales de Galicia”, cemiterio Colón, A Habana, 1963 |
Ver
Transcripción da Panteón social de “Naturales de Galicia”, cemiterio Colón, A Habana, 1963 en 00/00/1963Nesta imaxe aparecen varios membros da SBNG diante do panteón social. Construído en 1936, trátase dun dos máis amplos e vistosos monumentos funerarios do cemiterio Colón. O material empregado para a súa construción foi granito natural noruegués e mármore. Está composto por 472 nichos e ten capacidade para 1121 osarios. Aínda que non se aprecia na fotografía, en cada esquina aparecen esculpidos os escudos das catro provincias galegas e no centro hai unha escultura en bronce que representa a unha familia aflixida.
|
| 2002-00-00 | Reunión de socios da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, ca. 2002 |
Ver
Transcripción da Reunión de socios da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, ca. 2002 en 00/00/2002A reunión estivo presidida por Alfredo Gómez Gómez, no centro da fotografía. Alfredo Gómez emigrou a Cuba en 1957 dende Becerreá (Lugo) para traballar co seu tío. Coa súa presidencia logrou manter a sociedade activa. Neste novo milenio a sociedade benéfica ten que loitar co paso do tempo e as circunstancias económicas da illa. A maior parte dos socios son descendentes dos emigrantes galegos e galegas, e enfróntanse a un problema de envellecemento. Por outra lado, as necesidades son cada vez maiores e a consecución de fondos faise moi complicada. A Beneficencia continúa a ter as súas oficinas no antigo palacio do Centro Galego da Habana, onde xestionan as axudas aos seus socios máis necesitados e o mantemento do panteón social, auténtico orgullo para eles.
|


