Entidade: Ilma. Sociedad Vivero y su comarca. A Habana

Entidade: Ilma. Sociedad Vivero y su comarca. A Habana [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
2004-00-00
Preservación do asociacionismo galego en Cuba: a custodia da súa memoria histórica, 2004
Ver

Transcripción da Preservación do asociacionismo galego en Cuba: a custodia da súa memoria histórica, 2004 en 00/00/2004

Co triunfo da Revolución cubana as propiedades do Centro Galego foron expropiadas, incluída a súa magnífica sede social. Ás asociacións que tiñan asinado un contrato de arrendamento para o uso destas instalacións permitíuselles continuar gozando dun espazo para as súas actividades sociais. Destinóuselles un salón cuns armarios onde custodiar os seus documentos, fotografías e recordos, e alí tamén dispuñan dun espazo onde levar a cabo as súas reunións. Aínda que a deterioración e a decadencia son evidentes, a presenza de socios e socias dignifica o lugar.
Vivero y su Comarca é unha das sociedades que teñen a súa sede social alí instalada. Fundada en 1910, foi unha das máis importantes sociedades de instrución da nosa emigración en canto aos seus logros no eido educativo de Galicia. Tivo como prioridade a creación de escolas en todas as parroquias do partido xudicial de Viveiro e chegou a custear a construción de 57 escolas nas 49 parroquias do distrito, ademais do mantemento e arranxo de edificios xa existentes, así como o envío de material docente. Na imaxe podemos ver as vitrinas do seu escritorio con fotografías dalgúns destes centros educativos. Por este labor a prol da educación e do desenvolvemento da súa terra, o 30 de abril de 1919 o Goberno español concedeulle a Cruz de Beneficencia de Primeira Clase e a honra de pasar a denominarse «Ilustrísima».


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Zulueta, Alfonso;  Valcárcel, Marcos;  Rei, Luís;  Díaz, Avelino;  Castelao, ;  Domínguez, Francisco;  Isla Couto, Xaime;  Busto, Gumersindo;  Fernández Cabaleiro, María Teresa;  Casares, Carlos;  Castelao, Teresa;  Fernández del Riego, Domingo;  Isla Couto, Ramiro;  Fernández Rei, Francisco;  Castro, Rosalía de;  Mateo, Sesé;  Isla Couto, Fidel;  González Laxe, Fernando;  Cordo Boullosa, Manuel;  Velo Mosquera, Xosé;  Piñeiro López, Ramón;  Tojo Sieyro, Emma;  Suarez-Vence, Javier;  Ansias, César;  Gómez Román, Manuel;  Díaz Gallego, Iolanda;  Torres Queiruga, Andrés;  Canabal, Xesús;  Carrión González, Xosé Lois;  González López, Emilio;  Núñez Feijoó, Alberto;  Puente González, Manuel;  Méndez Ferrín, Xosé Luís;  Estévez Lavandeira, Arancha;  Quintana Garrido, Xosé Ramón;  Castromil, Ramón;  Losada, Benito;  Fernández González, de Cabrera, Elsa;  Cunqueiro, Álvaro;  Pereira, Virxinia;  Llamas, José Luis;  Tacholas, Fernando Iglesias;  Fernández del Riego, Francisco;  Insua López, Emilio Xosé;  Neira Vilas, Xosé;  Fernández Freixanes, Víctor;  Vázquez-Monxardín, Afonso;  Blanco Amor, Eduardo;  Figueiras, Manuel;  Vidal Carrera, Ramiro;  Temáticas: Historias de ida e volta;  asociacións;  emigración;  Álbum de Galicia;  industria editorial;  prensa escrita;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  literatura;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  emigrantes;  historia;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  remesas;  Mulleres;  identidade cultural;  axentes culturais;  artes plásticas;  A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto;  sociedade;  Memoria e voces femininas da diáspora galega;  relixión;  exilio galego;  ocio;  O galeguismo en América;  poesía;  lingua;  acción política;  cine;  música;  música tradicional;  arquitectura;  ciencia;  nacionalismo;  política;  coros;  A emigración galega nos Estados Unidos;  educación;  A pegada educativa da emigración galega en América; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0