Persoa: Lola Arribe Dopico

Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición

Persoa: Lola Arribe Dopico [6]

Data Material Ver
Data Material Ver
«Bloque-PSG. Sabemos o que queremos»
Ver Díptico

Transcripción da «Bloque-PSG. Sabemos o que queremos»

Panfleto electoral que invita a votar a coalición Bloque Nacional Popular Galego – Partido Socialista Galego. En Galicia, como en Cataluña ou no País Vasco, as rivalidades políticas xurdidas ao abeiro dos primeiros anos da Transición superaron a mera lóxica de clase para entrar tamén nun debate de identidades nacionais: os partidos de ámbito estatal competían co discurso nacionalista galego do BNPG —pouco tempo despois BNG—, do PSG —logo refundado en boa parte como Esquerda Galega (EG)—…, referidos neste panfleto como «Os nosos». Tratábase dun momento crítico pois estaba en xogo a propia construción de Galicia como autonomía e, polo tanto, o seu papel futuro no seo do Estado español, así como o rumbo que levarían a política cultural e lingüística. A diferenza doutras nacionalidades históricas, as forzas hexemónicas vencelláronse a un paradigma identitario dobre, Galicia e España nos casos do PSdG e da Alianza Popular.


«O socialismo galego somos nos»
1977-00-00
«O socialismo galego somos nós»
Ver Cartaz

Transcripción da «O socialismo galego somos nós» en 00/00/1977

Cartel de propaganda do Partido Socialista Galego (PSG) para as eleccións de 1977. O nacionalismo galego sufrira un proceso de reartellamento dende a fin dos anos 50, marcado polos desacordos e as escisións. A creación do PSG nos clandestinos anos sesenta permitiu, tras a morte de Franco, ter unha organización con excelentes cadros que combinaba propostas nacionalistas con contidos sociais plenamente integrados nas demandas dos partidos socialdemócratas europeos. A necesidade do PSOE ‘renovado’ de incrementar a súa presenza en Galicia provocou reiteradas ofertas aos seus membros, o que provocou unha escisión dentro do mesmo partido e unha fuxida de boa parte dos seus principais cadros cara á obediencia de Madrid. A corrente de contido máis nacionalista quedou coas siglas e estableceu progresivamente alianzas con outras organizacións nacionalistas máis marcadas polos contidos independentistas.


1977-00-00
«Pra que os teus voto non emigren. Vota ao PSG»
1977-00-00
Papeleta PSG
1977-00-00
«O socialismo galego somos nós»
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Castelao, ;  Beiras, Xosé Manuel;  Suárez, Adolfo;  Fraga Iribarne, Manuel;  González Márquez, Felipe;  Meilán Gil, José Luís;  Calvo Sotelo, Leopoldo;  Baena, José Humberto;  Carrillo, Santiago;  Tejero, Antonio;  Franco, Francisco;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Tierno Galván, Enrique;  Reboiras, Moncho;  Álvarez, Santiago;  Stalin, ;  Arribe Dopico, Lola;  González Laxe, Fernando;  Bárez Vázquez, Rafael;  Castro, Rosalía de;  Rosón, Antonio;  Álvarez, Bautista;  Quiroga Suárez, José;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  López Rego, Hilario Leopoldo;  Gómez Franqueira, Eulogio;  Yebra, Perfecto;  Souto Presedo, Elvira;  Vilariño Salgado, Nora Inés;  Reagan, Ronald;  López Suevos, Ramón;  Piñeiro Amigo, José Manuel;  Etchevarría, Carlos;  Valcarce, Ramón;  Pillado, Rafael;  Barreiro Gil, Manuel Jaime;  Vázquez Guillén, Antonio;  Alberti, Rafael;  Pais Ferrín, Ramón;  Fernández Calviño, Baldomero;  Iglesias Corral, Manuel;  Cabanillas Alonso, Pío;  Eguíbar Rivas, Andrés;  Caamaño Suárez, Manuel;  Suárez Canal, Alfredo;  Pujalte, Jose Maria;  Iglesias Posse, Pablo;  Rodriguez Pardo, Jose Luis;  García Agudín, Fernando;  Rios Paredes, Jose Luis;  Temáticas: acción política;  nacionalismo;  Procesos electorais;  Acción sindical;  organizacións;  sociedade;  movementos sociais;  identidade cultural;  ensino;  movemento obreiro;  lingua;  Asociacións políticas;  asociacións;  política;  Defensa da lingua;  feminismo;  Amnistía;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  axentes culturais;  OTAN;  política institucional;  Asociacións culturais;  revolución;  franquismo;  Constitución española;  república;  terrorismo;  Novo futuro, novos partidos;  monarquía;  A fin da ditadura;  Unha nova sociedade: do poder local ao pacifismo;  Aqueles 25 de xullo;  Escola de democracia;  A construción dun Estatuto;  ecoloxía;  GAL;  aborto;  exilio;  antropoloxía; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0