Temática: Unha nova sociedade: do poder local ao pacifismo [7]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
«Contra el paro. Jornada 35 horas semanales. Sábados fiesta» |
Ver Cartaz
Transcripción da «Contra el paro. Jornada 35 horas semanales. Sábados fiesta»Propaganda dos sindicatos anarquistas agrupados na CNT e AIT para demandar melloras nas condicións laborais: xornadas de 35 horas e sábados libres. A Transición supuxo un cambio de paradigma nas relacións laborais. Os Pactos da Moncloa, que fixaban as liñas económicas do novo futuro, consolidaban un determinado modelo produtivo e de desenvolvemento económico. Os convenios colectivos primaron sobre os particulares. O sindicalismo vertical, herdeiro da ditadura, foi substituído polo sindicalismo de clase, e os dereitos propios da protesta colectiva, como folga e manifestación, puideron ser exercidos en plena liberdade.
|
|
| 1977-00-00 | «Non ao monstruo do Atlantico S.A» |
Ver Cartaz
Transcripción da «Non ao monstruo do Atlantico S.A» en 00/00/1977Cartel de propaganda contra a construción da Autoestrada do Atlántico (AP-9). Aínda que prometía conectar o maior eixe económico e demográfico do país, o proxecto, que fora xa elaborado durante a ditadura, repercutiría no lucro de empresas privadas e implicaba a expropiación dunha gran cantidade de terras campesiñas. Isto desembocou en masivas protestas, sabotaxes e mesmo enfrontamentos coa policía para deter a construción ou forzar cambios no trazado. A nova autoestrada determinou sen dúbida o futuro desenvolvemento económico do país cara á súa franxa atlántica.
|
| 1979-00-00 | «Entra no Axuntamento. Vota PCG» |
Ver Cartaz
Transcripción da «Entra no Axuntamento. Vota PCG» en 00/00/1979Propaganda electoral do Partido Comunista Galego para as eleccións municipais. A mensaxe pretende centrarse en chamar a atención sobre as infraestruturas municipais, nivel administrativo que precisaba nestes anos un reforzamento da súa actuación respecto do Estado central. As primeiras eleccións municipais representaron a designación dos representantes máis achegados á sociedade e, de feito, no marco do camiño do proceso de transición foron as últimas en ser realizadas. A estrutura territorial do poder mudou: partindo do paradigma da xestión ‘delegada’ do poder central, a autonomía dos poderes locais incrementouse coa elección dos seus representantes.
|
| 1979-06-03 | «Xornada antinuclear galega» |
Ver Cartaz
Transcripción da «Xornada antinuclear galega» en 03/06/1979Convocatoria dunha xornada de movilización en contra de enerxía nuclear por parte da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, empregando a referencia da data de “3 de San Xoán” no canto de “3 de xuño”. A campaña contra a enerxía nuclear e os vertidos radioactivos nas costas galegas foi unha das bandeiras do activismo ecoloxista na España da transición, vencellándose así ás correntes ambientalistas occidentais. A movilización ecoloxista no espazo galego atopou cifras de manifestantes de grande impacto, desprazados a localidades que, pola súa propia ubicación non era doado observalo. Para todos aquelos territorios significaba en moitas ocasións asumir a modernidade das protestas, entender que non se atopaban afastados doutros entornos, nomeadamente urbáns, de maior protagonismo político. Outras loitas notables foron as campañas realizadas contra os vertidos na Foxa Atlántica, os encoros, a contaminación da industria da celulosa ou do aluminio, todas elas con localizacións ben sinaladas no territorio galego.
|
| 1981-00-00 | «Cadea perpetua pra os golpistas» |
Ver Cartaz
Transcripción da «Cadea perpetua pra os golpistas» en 00/00/1981Cartel do Movemento Comunista de Galicia no que se pide o encarceramento a perpetuidade dos autores do intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981. O asalto ás Cortes e o movemento nos cuarteis de toda España entre o 23 e o 24 de febreiro, datas en que se producía o relevo de Adolfo Suárez na Presidencia do Goberno por Calvo Sotelo, foi sen dúbida o momento máis crítico daqueles primeiros anos. De resultas diso consolidouse a monarquía constitucional en España e nomeadamente a figura do rei Xoán Carlos I. Como a todos os territorios do Estado, tamén afectou a Galicia, pois entre as coñecidas listaxes negras dos implicados no golpe aparecían sobranceiras figuras da política e da cultura galegas, como María Xosé Queizán, Xosé Manuel Beiras, Pilar García Negro, Isaac Díaz Pardo, Xerardo Estévez ou Manuel Rivas, por citar só algúns, pero foron moitos máis.
|
| 1981-00-00 | «Reagan non para» |
|
| 1983-00-00 | «No Concello de Vigo para avanzar» |
Ver Tríptico
Transcripción da «No Concello de Vigo para avanzar» en 00/00/1983Panfleto que explica as propostas da coalición Bloque Nacionalista Galego para as eleccións municipais de 1983 en Vigo. O nacemento do BNG en setembro de 1982, en principio constituido por iniciativa das forzas nacionalistas de esquerdas da UPG, a ANPG, o Colectivo Socialista e diversos independentes e colectivos, demostrou dende 1989 ser a iniciativa máis exitosa no ámbito do nacionalismo. Aínda que sufriría novas escisións e enfrontamentos, o BNG obtivo maior representación municipal, autonómica estatal e europea, presentándose a si meso como a única alternativa política que realmente velaba polos intereses do país. |


