Temática: Escola de democracia

Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición

Temática: Escola de democracia [6]

Data Material Ver
Data Material Ver
1976-12-00
«Es el momento de Galicia. Si votas hoy...mañana decidirás»
Ver Panfleto

Transcripción da «Es el momento de Galicia. Si votas hoy...mañana decidirás» en 00/12/1976

Panfleto de propaganda que anima a participar no referendo do 15 de decembro de 1976 para aprobar a Lei para a reforma política. O primeiro, e indispensable, paso da transición dende a ditadura á democracia era a vontade de autodisolución. O famoso ‘haraquiri’ das Cortes franquistas non estivo exento de riscos e presións dende o propio Estado. O referendo desa vontade nas urnas foi levado con especial empeño. Tratouse dun proceso sen precedentes na Europa contemporánea e proporcionou o ámbito necesario para negociar unha saída da ditadura sen pasar polo perigo real dunha creba do Estado. A idea central residía en seguir dando a seguridade para moita xente de que o Estado pilotaba ese futuro en democracia. Xa dende o primeiro momento as referencias identitarias se atopaban ben presentes.


1977-00-00
«Derecho a voto libre en los cuarteles»
Ver Cartaz

Transcripción da «Derecho a voto libre en los cuarteles» en 00/00/1977

Un dos espazos sinalados para difundir valores democráticos de convivencia e tolerancia tras a morte do ditador foi o Exército. Soporte do Réxime durante máis de corenta anos, as primeiras eleccións libres supoñían unha xanela de oportunidade para introducir ao estamento militar no proceso de cambio. A experiencia da veciña Portugal, cun exército que se levantou contra Marcelo Caetano en 1974, atopábase ben recente. O Comité de Soldados e Mariñeiros, vencellado por entón á Liga Comunista Revolucionaria (LCR), demandaba que nos cuarteis houbera a capacidade dunha maior pluralidade ideolóxica, con liberdade de elección e libre discusión de programas de partidos políticos. A democracia debía chegar a todos os recantos da sociedade, e moi sinaladamente, cara aqueles, como era o caso do exército, que xogaron -e xogaban naquel intre- un peso específico determinante dentro dos valores e dos feitos da ditadura.


1977-00-00
«Democracia quere decir libertade de elección política. Acabar co medo»
Ver Cartaz

Transcripción da «Democracia quere decir libertade de elección política. Acabar co medo» en 00/00/1977

Cartel editado polo Partido Comunista de Galicia (PCG), fundado en Francia en 1968 como organismo autónomo do Partido Comunista de España (PCE). Contou con implantación social nos centros industriais galegos e nos ambientes universitarios. Nos últimos anos da Ditadura, a estratexia de acción do PCE/PCG concretouse na loita sindical, da man de CCOO, pero tamén no movemento estudantil e no movemento veciñal. O seu obxetivo era estimular unha mobilización social que propiciase o colapso da Ditadura, salientando unha serie de contradicións que facían inviable a súa continuidade. Pero ademais, coa aposta pola oposición ao réxime dende os movementos sociais, o PCE/PCG tamén buscaba fomentar a concienciación democrática da sociedade, convertindoa en axente activo no proceso de ruptura coa Ditadura. Para iso, houbo que comenzar a poñer en práctica nocións básicas democráticas: o que era elixir representantes por sufraxio, a fiscalización e control das súas accións, as xuntanzas en asembleas, o respeto polas decisións tomadas por maioría logo dos debates, a participación cada vez menos esporádica en actos de reivindicación e protesta cívica, etc. Así, o sindicato da fábrica, e a asociación veciñal da parroquia ou barrio, tornáronse verdadeiras escolas de democracia, nun momento no que esta, logo de catro décadas de Franquismo, debía ser reconstruída dende a base.


1977-00-00
«¿Que e a democracia?»
Ver Cartaz

Transcripción da «¿Que e a democracia?» en 00/00/1977

Expóñense os puntos que representaban o proxecto político da Transición: a amnistía, a armazón representativa de partidos, a liberdade de asociación, de sindicación e de manifestación e un estado descentralizado. Case catro décadas de réxime ditatorial crearon hábitos de convivencia e fixo esquecer prácticas democráticas. Un rescaldo transmitido na súa maioría de xeito íntimo que necesitaba reactivarse. Toda a sociedade tivo que perder o medo a converterse en cidadán, ser capaz de expresarse libremente na ágora pública e decidir persoalmente o seu futuro. Os esforzos en clave didáctica sobre o avance que significaba ter dereitos políticos foron numerosos, especialmente nos primeiros anos ata a aprobación da Constitución en decembro de 1978. Poder votar converteuse na ‘festa da democracia’.


1977-00-00
«Manual para 22 millones de electores»
Ver Libreto

Transcripción da «Manual para 22 millones de electores» en 00/00/1977

Libreto informativo de Unión de Centro Democrático (UCD). Neste documento faise énfase nas grandes liñas do seu proxecto político: a moderación, o europeísmo, o reformismo liberal… A identificación entre o Estado impulsor do proceso democrático e o partido Unión de Centro Democrático de Adolfo Suárez era de tal intensidade que a súa propaganda electoral, especialmente nas primeiras eleccións xerais —nunca denominadas ‘constituíntes’—, se confundía intencionadamente. A vontade pedagóxica daqueles primeiros anos e a construción dos hábitos democráticos perdidos na ditadura foron tamén utilizadas no beneficio dun partido pensado por e para levar adiante este tránsito. A imaxe desenvolta de Adolfo Suárez propiciou a creación de organizacións políticas na nova democracia con fortes liderados persoais. A súa figura foi fundamental neste sentido, con gran prestixio e capaz de integrar arredor de si o consenso necesario a través dun liderado personalista que se viu reproducido máis adiante en figuras como a de Felipe González.


1980-00-00
«III Maratón Popular da Coruña»
Ver Cartaz

Transcripción da «III Maratón Popular da Coruña» en 00/00/1980

Cartel da Asociación de Veciños das Atochas-Monte Alto “Torre de Hércules” da Coruña no que se anuncia o III Maratón Popular da Coruña. As asociacións levaban presentes en España dende a Lei xeral de asociacións do ano 1964, se ben se atopaban moi sometidas a un ríxido control franquista. Naqueles anos setenta foron escolas de cidadanía e de formación de hábitos de convivencia e tolerancia, así como viveiros de organización colectiva e participación na ‘ágora’ pública. No ámbito urbano, a principal demanda foi a de infraestruturas civís para os novos barrios de aluvión que recollían a emigración rural dos sesenta e setenta. O contacto estreito co seu contorno levou a desenvolver todo tipo de actividades cívicas e participativas, que a Administración local tiña desatendidas.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Castelao, Beiras, Xosé ManuelSuárez, AdolfoFraga, ManuelGonzález Márquez, FelipeMeilán Gil, José LuísCalvo Sotelo, LeopoldoBaena, José HumbertoTejero, AntonioCarrillo, SantiagoFranco, FranciscoVázquez, FranciscoTierno Galván, EnriqueReboiras, MonchoÁlvarez, SantiagoGonzález Laxe, FernandoStalin, Castro, Rosalía deBárez Vázquez, RafaelQuiroga Suárez, JoséFerreiro, Celso EmilioArribe Dopico, LolaÁlvarez, BautistaPiñeiro Amigo, José ManuelRosón, AntonioPillado, RafaelSouto, ElviraVázquez Guillén, AntonioReagan, RonaldLópez Suevos, RamónEtchevarría, CarlosValcarce, RamónYebra, PerfectoBarreiro Gil, Manuel JaimeVilariño Salgado, Nora InésLópez Rego, Hilario LeopoldoGómez Franqueira, EulogioCabanillas Alonso, PíoEguíbar Rivas, AndrésCaamaño Suárez, ManuelRodriguez Pardo, Jose LuisGarcía Agudín, FernandoFernández Calviño, BaldomeroIglesias Corral, ManuelSuárez Canal, AlfredoPujalte, Jose MariaPais Ferrín, RamónIglesias, PabloAlberti, RafaelGarcía Braña, Celestino Temáticas: acción políticanacionalismoProcesos electoraisAcción sindicalorganizaciónssociedademovementos sociaisidentidade culturalensinomovemento obreirolinguaAsociacións políticasasociaciónspolíticaDefensa da linguafeminismoAmnistíaEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981axentes culturaisOTANpolítica institucionalAsociacións culturaisrevoluciónfranquismoConstitución españolarepúblicaterrorismoNovo futuro, novos partidosmonarquíaA fin da ditaduraUnha nova sociedade: do poder local ao pacifismoAqueles 25 de xulloEscola de democraciaecoloxíaA construción dun EstatutoGALexilioantropoloxíaaborto

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0