Temática: A fin da ditadura [7]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
«Alberte Esteban, todolos loitadores presos: Amnistia Total» |
Ver Panfleto
Transcripción da «Alberte Esteban, todolos loitadores presos: Amnistia Total»Panfleto do Día da Patria Galega no que se solicita a liberación de presos políticos nacionalistas. Nadas na clandestinidade, durante o franquismo, algunhas organizacións nacionalistas de esquerdas como a ANPG ou a UPG contaban con membros que se viran implicados en organizacións que utilizaban a loita armada e ilegalizadas, do mesmo xeito que acontecía con outras forzas nacionalistas do Estado. Moitas destas persoas puideron acollerse á Lei de amnistía de 1977 e integrarse na normalidade da vida política, mentres que outras permaneceron realizando actividades ilegais ou no exilio. |
|
| 1976-00-00 | Homenaxe a Xosé Humberto Baena |
Ver Cartaz
Transcripción da Homenaxe a Xosé Humberto Baena en 00/00/1976Cartel clandestino co retrato do vigués Xosé Humberto Baena, quen, o 27 de setembro de 1975, cando contaba 24 anos, foi fusilado tras un polémico proceso xunto con José Luis Sánchez Bravo, Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot e Ángel Otaegui. Eles serían os derradeiros executados pola ditadura. As execucións pretendían ser unha brutal proba de que o réxime seguía tendo fortaleza. Mais, o acontecemento espertou o rexeitamento da comunidade internacional e unha intensa resposta social, plasmada en mobilizacións populares, intelectuais e mesmo eclesiásticas. A repercusión informativa foi un claro síntoma de que o réxime non era capaz de empregar as súas ferramentas represivas coa mesma impunidade coa que contara en décadas precedentes.
|
| 1977-00-00 | «No han salido todos los presos vascos, catalanes, gallegos, andaluces, castellanos, aragoneses, etc.» |
Ver Cartaz
Transcripción da «No han salido todos los presos vascos, catalanes, gallegos, andaluces, castellanos, aragoneses, etc.» en 00/00/1977Outra das pezas claves para retomar a maior confianza no futuro do proceso cara á democracia era a aprobación dunha Lei de amnistía. Accedendo á impunidade das persoas e institucións que participaran e se lucraran do aparello represivo franquista, acadouse unha pretendida ‘tabula rasa’, cun compromiso de amnistía para unha gran cantidade de presos políticos da ditadura. Non convenceu a todos, mesmo naqueles momentos, mais a esperanza dun futuro democrático que pasase páxina a unha brutal ditadura de case catro décadas animaba a confiar no camiño que percorrer. A sensación daqueles momentos hai que vela dende alí, dende a existencia dunha armazón de poder ditatorial que precisaba ser acurrunchada, e non dende un presente do 2023.
|
| 1977-00-00 | «Legalizacion ANPG» Nacionalismo Movementos sociais Acción políticaPartido Socialista GalegoPartido Comunista de GaliciaPartido Socialista Obrero EspañolUnión del Centro DemocráticoPartido Socialista Popular (PSP)Partido do Traballo de Galicia [PTG] Asemblea Nacional-Popular Galega [ANPG]Partido Obreiro Galego [POG]Euskal Iraultzarako Alderdia [EIA] |
Ver Díptico
Transcripción da «Legalizacion ANPG» en 00/00/1977Díptico pola legalización da ANPG. Unha das principais loitas dos partidos nacionalistas subestatais naqueles primeiros anos da Transición foi o proceso de normalización das súas actividades, que implicaba dúas cousas: a legalización como organizacións políticas, algo que no franquismo fora impensable, e a amnistía para os seus membros presos nos anos anteriores, algúns mesmo despois da morte de Franco. Este proceso non foi sinxelo nin exento de polémica e viuse envolto nun contexto en que coexistían con actividade diversos grupos armados revolucionarios de contido nacionalista no territorio do Estado. Non era o mellor para o rumbo do proceso constituínte en marcha. Ademais, a garantía da unidade territorial de España era unha das liñas vermellas do réxime que se estaba a transformar en democracia. |
| 1978-00-00 | «27 de Septiembre» |
Ver Cartaz
Transcripción da «27 de Septiembre» en 00/00/1978Cartel alusivo ás derradeiras execucións practicadas polo franquismo, o 27 de setembro de 1975, menos de dous meses antes da morte do ditador. Nas poboacións de Hoyo de Manzanares (Madrid), Barcelona e Burgos foron fusiladas un total de cinco persoas, tres pertencentes ao Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP) –José Humberto Baena, José Luis Sánchez Bravo e Ramón García Sanz– e dous a ETA –Juan Paredes Manot e Ángel Otaegui–, en aplicación da lexislación penal relativa a delitos de terrorismo. A execución das penas estivo precedida por unha intensa campaña tanto interna como desde o estranxeiro en favor de evitar os fusilamentos, e foi seguida dunha vaga de protestas e denuncias contra o réxime ditatorial.
|
| 1978-00-00 | «Dia dos herois antifascistas» |
Ver Cartaz
Transcripción da «Dia dos herois antifascistas» en 00/00/1978Cartel alusivo ás derradeiras execucións practicadas polo Franquismo, o 27 de setembro de 1975. A execución das penas estivo precedida por unha intensa campaña tanto interna como dende o estranxeiro en favor de evitar os fusilamentos, e foi seguida dunha vaga de protestas e denuncias contra o réxime ditatorial.
|
| 1979-00-00 | «Para acabar de una vez con el franquismo» |
Ver Cartaz
Transcripción da «Para acabar de una vez con el franquismo» en 00/00/1979Propaganda electoral da Candidatura Unitaria de Izquierda Republicana. O recordo negativo da Segunda República foi unha das bases do relato da ditadura para a súa permanencia. Despois de morto o ditador e considerada inevitable pola maioría da sociedade a chegada da democracia, adiviñábase o recordo do anterior período democrático. Os berros de "Mañana, España, será republicana" caracterizaban as primeiras mobilizacións destes anos. A lembranza do feito naqueles primeiros anos determinou a construción da nova democracia e caracterizou o seu percorrido coa aplicación dunha ‘amnesia’ voluntaria, sobre o medo de repetir a parte máis negativa daquel pasado. As organizacións hexemónicas no espectro do centroesquerda e da esquerda, o PSOE e o PCE, aceptaron o modelo monárquico.
|


