Temática: Novo futuro, novos partidos

Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición

Temática: Novo futuro, novos partidos [11]

Data Material Ver
Data Material Ver
«Todos ganaremos con Fraga»
Ver Cartaz

Transcripción da «Todos ganaremos con Fraga»

Cartel de propaganda electoral de Alianza Popular (AP) para as eleccións de 1982. A descomposición da UCD, xa iniciada co ascenso do PSOE dende a súa ala de centroesquerda, foi ben aproveitada polo proxecto de creación dunha ‘dereita natural’ liderada por Manuel Fraga. Mesmo dende a morte de Franco, o proxecto do líder de Vilalba era captar nunha única organización todo o espectro político do centrodereita. Xerou en pouco tempo unha organización de acomodo para ás elites do aparello político tardofranquista, pero tamén para aqueles representantes dun centro liberal moderado que non querían escoitar para nada as referencias socialistas. Neste bipartidismo político propio das sociedades do estado de benestar occidental, o PSOE representaba a necesaria corrente socialdemócrata e AP, a tendencia española da democracia cristiá.


«Chamamento do BNPG con motivo do dia da patria galega»
Ver Panfleto

Transcripción da «Chamamento do BNPG con motivo do dia da patria galega»

A AN-PG asina este cartel conxuntamente coa Unión do Pobo Galego, partido comunista e nacionalista creado en 1963, en pleno franquismo, e legalizado en xullo de 1978. O cartel alude de novo o rexeitamento do deseño autonómico inicial. Reclámanse as Bases constitucionais pra participación da Nación Galega nun Pacto Federal, e de Governo Provisorio, documento asinado en 1977 por varias organizacións políticas ao redor do dereito de autodeterminación. No cartel tamén se amosa unha gran estrela vermella sobre Compostela que irradia raios a toda Galicia, nunha aposta rotunda pola capitalidade compostelá.


Panfleto para o chamamento a unha manifestación en Santiago de Compostela polo Día da Patria Galega. Entre as organizacións nacionalistas e independentistas á esquerda do Partido Socialista Galego, destacaron a Unión do Povo Galego, fundada xa nos anos 60 e actualmente integrada no Bloque Nacionalista Galego, e a ANPG, nova por aqueles anos e disolta en 1982. Igual que moitas outras organizacións independentistas europeas semellantes, mesturaron a lóxica ‘anticolonial’ propia dos anos sesenta e setenta coa loita de clases na procura dunha revolución de carácter marxista: "Galicia como colonia do Estado español". Ambos os ideais reflíctense no slogan que preside esta portada: unha autonomía “caciquil” (perspectiva de clase) e “colonial” (ollada antiimperialista), que invita a conquistar a independencia estatal ao tempo que a revolución popular.


Mitin Bloque-PSG
Ver Panfleto

Transcripción da Mitin Bloque-PSG

Cartel que anuncia un mitin da coalición establecida entre o Bloque Nacional Popular Galego (UPG e ANPG) e o Partido Socialista Galego. O artellamento dunha alternativa nacionalista de esquerdas que puidese facer fronte ás ramas galegas do PSOE e do PCE iniciárase xa nos anos 60, con escasos resultados ata a democracia. Marcada polos desacordos e as escisións, e carente da capacidade de mobilización da que dispoñían as outras organizacións, nomeadamente as de dereita, a esquerda nacionalista galega non acadou presenza significativa no Parlamento autonómico ata os anos 90.


«Bloque-PSG. Sabemos o que queremos»
Ver Díptico

Transcripción da «Bloque-PSG. Sabemos o que queremos»

Panfleto electoral que invita a votar a coalición Bloque Nacional Popular Galego – Partido Socialista Galego. En Galicia, como en Cataluña ou no País Vasco, as rivalidades políticas xurdidas ao abeiro dos primeiros anos da Transición superaron a mera lóxica de clase para entrar tamén nun debate de identidades nacionais: os partidos de ámbito estatal competían co discurso nacionalista galego do BNPG —pouco tempo despois BNG—, do PSG —logo refundado en boa parte como Esquerda Galega (EG)—…, referidos neste panfleto como «Os nosos». Tratábase dun momento crítico pois estaba en xogo a propia construción de Galicia como autonomía e, polo tanto, o seu papel futuro no seo do Estado español, así como o rumbo que levarían a política cultural e lingüística. A diferenza doutras nacionalidades históricas, as forzas hexemónicas vencelláronse a un paradigma identitario dobre, Galicia e España nos casos do PSdG e da Alianza Popular.


1977-00-00
«Vote Centro»
Ver Cartaz

Transcripción da «Vote Centro» en 00/00/1977

Cartel de propaganda electoral da Unión de Centro Democrático (UCD) coa fotografía de Adolfo Suárez en primeiro plano. A UCD amosouse como a forza máis integradora do recentemente estreado panorama político e apostaba pola vía do pacto e da reforma pacífica. Era a imaxe da moderación que caracterizaba á maioría dos votantes que, saíndo dunha ditadura, temían un enfrontamento armado ou un retorno desta. O feito de que estivese integrada por persoas que, como o seu propio líder, Adolfo Suárez, procedían do mesmo aparello de Goberno dos anos finais do franquismo facilitoulle unha esmagadora vitoria electoral nas eleccións de 1977. A súa posición de privilexio continuou tras unha segunda vitoria nas eleccións lexislativas de 1979; mais, o feito de ter cumprido, segundo boa parte dos seus integrantes, o seu propósito orixinal de traer a democracia e as primeiras fisuras na organización fixeron afundir o partido.


1977-00-00
«Por una sociedad liberal avanzada»
Ver Cartaz

Transcripción da «Por una sociedad liberal avanzada» en 00/00/1977

A primeira opción de elexir uns representantes foi tamén a primeira en que se visualizou a diversidade de pensamento daquela sociedade educada durante moitos anos neste campo da política dende unha perspectiva simple, maniquea, case infantil. Nas primeiras eleccións xerais tras a morte de Franco, celebradas o 15 de xuño de 1977, o Partido Demócrata Gallego decide presentarse en solitario e na circunscrición electoral da Coruña. Na presentación da candidatura, o seu presidente Ramón País subliñou «a marxinación económica e social de Galicia» e a necesidade de promover desde os poderes públicos políticas que axuden ao retorno dos migrantes. Xa en 1976, reclamou a autonomía rexional: «o federalismo representa a defensa óptima da cidadá fronte ao poder». O rendemento electoral deste esforzo foi bastante exiguo. A candidatura de Ramón País apenas alcanzou 3.196 votos, quedando lonxe de alcanzar representación no Congreso dos Deputados. Como moitos outros, ó final foi engulido polos vencedores nos comicios, que na súa maior parte precisaban de ensanchar as formación hexemónicas do sistema dende a súa base. A finais de 1977, o partido intégrase na Federación Liberal liderada por José María de Areilza. No cartel aparecen trazas de humanismo cristián e pon especial énfase na vivenda social.


1977-00-00
«O socialismo galego somos nós»
Ver Cartaz

Transcripción da «O socialismo galego somos nós» en 00/00/1977

Cartel de propaganda do Partido Socialista Galego (PSG) para as eleccións de 1977. O nacionalismo galego sufrira un proceso de reartellamento dende a fin dos anos 50, marcado polos desacordos e as escisións. A creación do PSG nos clandestinos anos sesenta permitiu, tras a morte de Franco, ter unha organización con excelentes cadros que combinaba propostas nacionalistas con contidos sociais plenamente integrados nas demandas dos partidos socialdemócratas europeos. A necesidade do PSOE ‘renovado’ de incrementar a súa presenza en Galicia provocou reiteradas ofertas aos seus membros, o que provocou unha escisión dentro do mesmo partido e unha fuxida de boa parte dos seus principais cadros cara á obediencia de Madrid. A corrente de contido máis nacionalista quedou coas siglas e estableceu progresivamente alianzas con outras organizacións nacionalistas máis marcadas polos contidos independentistas.


1977-00-00
«Xa temos elecións pro ainda non temos democracia»
Ver Cartaz

Transcripción da «Xa temos elecións pro ainda non temos democracia» en 00/00/1977

Os partidos foron legalizados e insertos na dinámica electoral do sistema de xeito progresivo. No caso concreto do Movemento Comunista non se produciu ata o 21 de xullo de 1977. De ideoloxía revolucionaria-maoísta, o partido apoiou a creación da Candidatura de Unidade Popular ás eleccións xerais de xuño de 1977, na que estaban integrados, entre outros, o Movemento Socialista e o Partido Comunista dos Traballadores.. Como anécdota, o 7 de outubro de 1976 púidose comprar por primeira vez desde o fin da Guerra Civil números da publicación oficial do Movemento Comunista de Galicia «Galiza en Loita» na vía pública. Segundo reporta a prensa do momento, puidéronse vender ao redor de 100 exemplares sen ningún tipo de altercado nin intervención policial.


1978-00-00
«Dios, patria, justicia»
Ver Cartaz

Transcripción da «Dios, patria, justicia» en 00/00/1978

Cartel da campaña de afiliación á agrupación política Fuerza Nueva, liderada por Blas Piñar. O partido representaba as aspiracións dos sectores máis inmobilistas e ideoloxizados da ditadura e procuraba adaptar os novos tempos á tradición falanxista e de ultradereita española. Como forza allea ao novo sistema, utilizábao para a difusión do seu ideario e participou nas eleccións democráticas para deter o proceso reformista que se estaba a levar adiante no país. Cun amplo tecido por boa parte das cidades españolas, o seu programa viña marcado polo integrismo relixioso, o nacionalcatolicismo e o antisocialismo. A pesar de protagonizar sonoras mobilizacións e demostracións de forza nas rúas, de xeito paulatino os seus resultados electorais convertéronse en testemuñais, ata disolverse no ano 1982. A ilusión polo novo futuro venceu ao retorno do pasado da ditadura.


1981-00-00
«Vota USG-PSOE(h)»
Ver Cartaz

Transcripción da «Vota USG-PSOE(h)» en 00/00/1981

Cartel de propaganda electoral da candidatura USG-PSOE(H) para as eleccións autonómicas de 1981, co lema "Galicia: sabemos que ti podes ser outra cousa". O debate entre os sectores políticos do exilio, vencellados á legalidade da II República, e os socialistas procedentes do interior deu lugar a unha primeira escisión entre o PSOE (‘renovado’) e o PSOE (Histórico) de Llopis. Da reunificación baixo as súas siglas, levada adiante fundamentalmente en 1978, o resultado foi o triunfo do PSOE de Felipe González, que acadou implantación territorial, co favor das elites que estaban a acometer o proceso de transición e co apoio da maioría de organizacións socialdemócratas occidentais. O PSOE (H), de forte implantación nestes primeiros anos nalgunhas localidades galegas, foi o exemplo dun pasado que precisaba ser adaptado aos novos tempos.


1982-00-00
«Vota PSOE»
Ver Cartaz

Transcripción da «Vota PSOE» en 00/00/1982

Cartel de propaganda do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) para as eleccións de 1982. Unha imaxe de paz e de abundancia anuncia a vontade deste partido, que apostaba por unha mensaxe positiva de continuidade da ilusión de cimentar a democracia. O PSOE, desligado xa da súa tradición histórica marxista e republicana, aspiraba a converterse no novo partido de Estado. Novas xeracións, novas ideas, novos líderes de opinión. Isto víase completado coa súa vocación europeísta, vencellado como estaba ás novas tendencias da socialdemocracia encarnada polo Partido Socialdemócrata alemán e a nova Internacional Socialista.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Castelao, Beiras, Xosé ManuelSuárez, AdolfoFraga, ManuelGonzález Márquez, FelipeBaena, José HumbertoMeilán Gil, José LuísCalvo Sotelo, LeopoldoCarrillo, SantiagoTejero, AntonioTierno Galván, EnriqueFranco, FranciscoVázquez, FranciscoÁlvarez, SantiagoReboiras, MonchoBárez Vázquez, RafaelQuiroga Suárez, JoséFerreiro, Celso EmilioArribe Dopico, LolaÁlvarez, BautistaGonzález Laxe, FernandoStalin, Castro, Rosalía deEtchevarría, CarlosValcarce, RamónYebra, PerfectoBarreiro Gil, Manuel JaimeVilariño Salgado, Nora InésLópez Rego, Hilario LeopoldoGómez Franqueira, EulogioPiñeiro Amigo, José ManuelRosón, AntonioPillado, RafaelSouto, ElviraVázquez Guillén, AntonioReagan, RonaldLópez Suevos, RamónFernández Calviño, BaldomeroIglesias Corral, ManuelSuárez Canal, AlfredoPujalte, Jose MariaPais Ferrín, RamónIglesias, PabloAlberti, RafaelCabanillas Alonso, PíoEguíbar Rivas, AndrésCaamaño Suárez, ManuelRodriguez Pardo, Jose LuisGarcía Agudín, FernandoGuerreiro Carreiras, Ángel Temáticas: acción políticanacionalismoProcesos electoraisAcción sindicalorganizaciónssociedademovementos sociaisidentidade culturalensinomovemento obreirolinguaAsociacións políticasasociaciónspolíticaDefensa da linguafeminismoAmnistíaEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981axentes culturaisOTANpolítica institucionalAsociacións culturaisrevoluciónfranquismoConstitución españolarepúblicaterrorismoNovo futuro, novos partidosmonarquíaA fin da ditaduraUnha nova sociedade: do poder local ao pacifismoAqueles 25 de xulloEscola de democraciaecoloxíaA construción dun EstatutoGALexilioantropoloxíaaborto

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0