Temática: Aqueles 25 de xullo

Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición

Temática: Aqueles 25 de xullo [7]

Data Material Ver
Data Material Ver
«25 de xullo. Dia da patria galega»
Ver Cartaz

Transcripción da «25 de xullo. Dia da patria galega»

A 'Asemblea pra ceibar os presos políticos galegos' (ACPG) ten unha publicística ben rechamante e combativa, algo que caracterizou a esta formación. O cartel inclúe referencias ás temáticas da esquerda radical do momento, como a reclamación de amnistía, e mesmo "pola autodeterminación e o socialismo". Inclúe unha composición cunha temática sobre as loitas sindicais urbanas que se estaban a vivir en Vigo a partir de 1978 ao redor dos conflitos ao redor do estaleiro Ascón, un dos focos de confrontación social máis crítico -e con continuidade no tempo- da Galicia da Transición.


«25 de xulio, Dia da patria galega»
Ver

Transcripción da «25 de xulio, Dia da patria galega»

Neste panfleto de 1978 o Movemento Comunista de Galicia (MCG) casa dous idearios: por unha banda unha visión nacionalista sobre o momento político, con chamadas á "autodeterminación do pobo galego”, goberno propio e a "normalización da lingua" ou a presenza dunha bandeira co lema "Viva Galicia ceibe", lema de uso común entre o nacionalismo galego mesmo dende os anos da Segunda República. Pola outra, os grandes temas dos comunistas do momento: a amnistía e temas de carácter social coma o paro ou a emigración -nun contexto, non esquezamos de alarmante inflación e crise económica-. O MCG tamén asinara as Bases Constitucionais e mantiña un especial impulso na sua vontade de difusión social -especialmente urbán-, con órganos de expresión escrita como Galicia en loita< e Servir ó pobo.


«25 de xulio: dia da patria galega»
Ver

Transcripción da «25 de xulio: dia da patria galega»

Este cartel é representativo da retórica, símbolos e visión que tiña a esquerda nacionalista galega ante o proceso autonómico en discusión. A Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) acababa de ser legalizada en marzo de 1978 e convocou para esa mañá do 25 de xullo unha manifestación seguida dunha "festa popular" pola tarde. Dende aquela segue a ser o esquema actual da convocatoria desa data. Na parte de atrás do panfleto, un debuxo de Castelao vinculando a autonomía aos caciques e ao sistema colonial español. Combinación de dous conceptos que trasmiten o pasado cara o presente dos setenta. Os dous paisanos conversan: "Ti estás cos de antes ou cos d'agora?: Eu estouche cos de despois".


«Chamamento do BNPG con motivo do dia da patria galega»
Ver Panfleto

Transcripción da «Chamamento do BNPG con motivo do dia da patria galega»

A AN-PG asina este cartel conxuntamente coa Unión do Pobo Galego, partido comunista e nacionalista creado en 1963, en pleno franquismo, e legalizado en xullo de 1978. O cartel alude de novo o rexeitamento do deseño autonómico inicial. Reclámanse as Bases constitucionais pra participación da Nación Galega nun Pacto Federal, e de Governo Provisorio, documento asinado en 1977 por varias organizacións políticas ao redor do dereito de autodeterminación. No cartel tamén se amosa unha gran estrela vermella sobre Compostela que irradia raios a toda Galicia, nunha aposta rotunda pola capitalidade compostelá.


Panfleto para o chamamento a unha manifestación en Santiago de Compostela polo Día da Patria Galega. Entre as organizacións nacionalistas e independentistas á esquerda do Partido Socialista Galego, destacaron a Unión do Povo Galego, fundada xa nos anos 60 e actualmente integrada no Bloque Nacionalista Galego, e a ANPG, nova por aqueles anos e disolta en 1982. Igual que moitas outras organizacións independentistas europeas semellantes, mesturaron a lóxica ‘anticolonial’ propia dos anos sesenta e setenta coa loita de clases na procura dunha revolución de carácter marxista: "Galicia como colonia do Estado español". Ambos os ideais reflíctense no slogan que preside esta portada: unha autonomía “caciquil” (perspectiva de clase) e “colonial” (ollada antiimperialista), que invita a conquistar a independencia estatal ao tempo que a revolución popular.


«25 xulio. Día da Patria e do Pobo Galego»
Ver Panfleto

Transcripción da «25 xulio. Día da Patria e do Pobo Galego»

O Partido Comunista de España (M-L) foi unha escisión do Partido Comunista de España en 1967 que comezou a ter actividade en Galicia a partir dun núcleo formado por estudantes da USC. A estética combativa do cartel encaixa con este partido impulsor do Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP), disolto no ano 1978. O cartel cita expresamente a continuidade do sistema político, mencionando explicitamente a autonomía como "continuísmo franquista" e avoga pola "loita pola república". Hai un matiz diferente no encabezamento, nada inocente: a definición do 25 de xullo como "día da patria e do pobo galego", poñendo en primeira liña ambos conceptos.


1979-00-00
«25 de xullo dia da patria galega»
Ver Cartaz

Transcripción da «25 de xullo dia da patria galega» en 00/00/1979

A Convención Republicana de Galicia (CRG) foi un partido legalizado cando a AN-PG, con bastante actividade na área da Coruña e zonas urbanas. Aínda que a CRG solicita tamén "a autodeterminación e a república" para Galicia, a súa proposta para o día de Santiago é distinta: sitúa a bandeira galega nun segundo plano mentres varias mans sosteñen pendóns con tres bandeiras republicanas españolas por diante. De novo referencias cara o futuro sen perder de vista o pasado recente.


1979-00-00
«25 de xulio. Dia da patria galega. UG»
Ver Cartaz

Transcripción da «25 de xulio. Dia da patria galega. UG» en 00/00/1979

Fronte ao visto anteriormente, este cartel de Unidade Galega transmite unha imaxe moito mais moderada dentro do ámbito nacionalista. Unidade Galega era unha coalición de organizacións políticas constituída polo Partido Galeguista, o Partido Obreiro Galego e o Partido Socialista Galego, que se presentou ás eleccións estatais de 1979 co obxectivo de conseguir un grupo nacionalista galego no Congreso dos Deputados e negociar con certa posición o Estatuto. Nela participaban figuras como Francisco Fernández del Riego, Camilo Nogueira ou Avelino Pousa Antelo. Véncellabase dun xeito moi nítido a imaxe histórica do Partido Galeguista como aglutinador da maioría do nacionalismo da Segunda República, cos cadros novos do PSG e do POG. En UG hai unha aposta rotunda pola participación nas institución da democracia parlamentaria desde un galeguismo de esquerdas, nun momento de éxito ó acadar nas primeiras eleccións locais deste mesmo ano certa forza institucional mesmo con algunhas alcaldía no país. Puñan sobre a mesa un relato político distinto tamén no 25 de xullo: Unidade Galega non realiza unha manifestación, senón unha concentración-mitin, e non o fai na Quintana senón en Mazarelos, na Praza da Universidade. A USC nutriría, precisamente, unha boa parte dos seus cadros.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Castelao, Beiras, Xosé ManuelSuárez, AdolfoFraga, ManuelGonzález Márquez, FelipeMeilán Gil, José LuísCalvo Sotelo, LeopoldoBaena, José HumbertoTejero, AntonioCarrillo, SantiagoFranco, FranciscoVázquez, FranciscoTierno Galván, EnriqueReboiras, MonchoÁlvarez, SantiagoGonzález Laxe, FernandoStalin, Castro, Rosalía deBárez Vázquez, RafaelQuiroga Suárez, JoséFerreiro, Celso EmilioArribe Dopico, LolaÁlvarez, BautistaPiñeiro Amigo, José ManuelRosón, AntonioPillado, RafaelSouto, ElviraVázquez Guillén, AntonioReagan, RonaldLópez Suevos, RamónEtchevarría, CarlosValcarce, RamónYebra, PerfectoBarreiro Gil, Manuel JaimeVilariño Salgado, Nora InésLópez Rego, Hilario LeopoldoGómez Franqueira, EulogioCabanillas Alonso, PíoEguíbar Rivas, AndrésCaamaño Suárez, ManuelRodriguez Pardo, Jose LuisGarcía Agudín, FernandoFernández Calviño, BaldomeroIglesias Corral, ManuelSuárez Canal, AlfredoPujalte, Jose MariaPais Ferrín, RamónIglesias, PabloAlberti, RafaelGarcía Braña, Celestino Temáticas: acción políticanacionalismoProcesos electoraisAcción sindicalorganizaciónssociedademovementos sociaisidentidade culturalensinomovemento obreirolinguaAsociacións políticasasociaciónspolíticaDefensa da linguafeminismoAmnistíaEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981axentes culturaisOTANpolítica institucionalAsociacións culturaisrevoluciónfranquismoConstitución españolarepúblicaterrorismoNovo futuro, novos partidosmonarquíaA fin da ditaduraUnha nova sociedade: do poder local ao pacifismoAqueles 25 de xulloEscola de democraciaecoloxíaA construción dun EstatutoGALexilioantropoloxíaaborto

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0