Persoa: Inés Canosa Santos

Persoa: Inés Canosa Santos [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1969-03-02
Carta de Seoane a Palmás. 1969
Ver [Carta mecanografada co membrete do Laboratorio de Formas:] LABORATORIO DE FORMAS / OSEDO-LA CORUÑA / TELÉFONO 23 (SADA)

Transcripción da Carta de Seoane a Palmás. 1969 en 02/03/1969


El Castro, 2 de Marzo de 1969

Sr. D. Ricardo Palmás
Buenos Aires

Meu querido Palmás:

Recibín a súa carta de fai pronto un mes, mais recibina á miña volta de Coímbra onde estiven por mor das decoraciós, figurís e caretas de Os vellos non deben de namorarse que interpretarán un fato de estudantes universitarios dirixidos por un direitor catalán, Ricardo Salvat. É unha boa esperencia.
O meu viaxe moi ben. Traballei moito. En colaboración con Díaz Pardo fixemos algunhas novas pezas pra Sargadelos e pola miña parte fixen tres bustos-xarras, Valle Inclán, Unamuno e Castelao, que teñen de sair nesta primeira quincena de marzal, con tempo pra unha eisposición en Valencia de Cerámica. Non coñezo o número de Artiempo de que me fala. Prégolle me garde un exemprar. Paseille a Díaz Pardo os encárregos de Dorita Seco e de vostede, e tamén dos catálogos. Vainos facer, tamén íl ten de ocuparse do envío, da cerámica e grabados pra Montevideo. Xa nos puxemos dacordo en principio, en canto ó envío. En canto a Chan vin o primeiro número. Non me gusta. Mais coido que, goste ou non, vostede debe aceitar a corresponsalía. En canto as aitividades galegas en Buenos Aires sería unha garantía. Ademáis pode millorar e chegar a ser a revista que todos desexamos.
O disco de música medieval galega de N. Y. lévallo Inés, que está istes días no Castro. Nós marcharemos deiquí a mediados ou fin do mes de Abril.

Con un saúdo de Maruxa, reciba unha forte aperta de:

[Seoane]


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Rivera, Mabel;  Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Gay, Finita;  Burd, Lipa;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Laxeiro, ;  Arias “Mimina”, Carmen;  Alvajar, Amparo;  Scheimberg, Simón;  Castelao, ;  Picasso, Pablo;  Suárez, Marcial;  Dieste, Rafael;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Burd, Esther;  Alberti, Rafael;  Casares, María;  Maiztegui, Isidro B.;  Shand, William;  Díaz, Xosé;  Falcini, Luís;  Gerstein, Marika;  Sofovich, Bernardo;  Brecht, Bertolt;  Salvat i Ferré, Ricard;  Gerstein, Noemí;  Cuadrado, Arturo;  Rey Gómez, Beatriz;  Cortázar, Julio;  Shakespeare, William;  Chagal, Marc;  Prada, Lala de;  Muñoz Manzano, Carmen;  Whitelow, Guillermo;  Unamuno, Miguel de;  Piñeiro López, Ramón;  Bernárdez, Aurora;  Miró, Joan;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Maside, Carlos;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Soto, Marisa;  Fernández del Riego, Francisco;  Azcoaga, Enrique;  León Felipe, ;  Arizaga, Rodolfo;  Castro, Rosalía de;  León Goyri, María Teresa;  Temáticas: Mulleres;  artes;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  autores/as;  espazos artísticos;  asuntos particulares;  literatura;  sociedade;  Mulleres no Álbum de Galicia;  A nova Sargadelos;  cine;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  Teatro Municipal General San Martín. Bos Aires;  emigración;  medios de comunicación;  migracións;  prensa escrita;  música;  O divino Sainete;  Os vellos non deben namorarse;  radio;  Álbum de Galicia;  Teatro Colón. Bos Aires;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Historias de ida e volta;  Memoria e voces femininas da diáspora galega;  premios;  Día de Galicia;  La casa de Bernarda Alba;  Théâtre national populaire;  Galería Bonino;  Bauhaus;  El Adefesio;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  Ballet Gallego Rey de Viana;  Teatro María Guerrero. Madrid;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Macbeth;  Academia Nacional de Bellas Artes [Arxentina];  Imprenta Moret;  caretas de Castelao;  artistas;  teatro;  Esperando a Godot;  Fausto, de Goethe;  La Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de Marfil;  Comédie-Française; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0