Persoa: Isabel López García

Persoa: Isabel López García [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1972-03-02
Carta de Seoane a Piñeiro. 1972
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Piñeiro. 1972 en 02/03/1972


Buenos Aires, 2 de Marzo de 1972

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago

Querido Piñeiro:

Agradézoche moito a tua carta do 21/II/72, pois non tiña noticia nengunha de que as oposiciós de Carballo Calero poderían sere para estas datas, mais ben matinaba que terían de sere, non sei por qué, no vrau. Destaves non o vin, pois as moitas idas a Santiago foron sempre por breves horas e pra atoparme coa familia da que teño unha chea nesa cidade. Hoxe escríbolle felicitándoo. Penso que é unha moi boa adequisición pra Universidade. Noutras condiciós fai xa anos que tiña de sere cadeirádego da Universidade Compostelán.
Pola miña parte traballo illado. Renunciéi a unhas eisposiciós de obras miñas proieitadas polo Ministerio de Relaciós Exteriores deiquí polas razós que te imaxinarás i en solidaridade con outros pintores con obras censuradas polos seus temas. Mais estóu contento do traballo. Traballo tamén nunha escolma de crónicas que foron pra a radio deiquí referidas a cusas (sic) galegas e que cecáis remitiréille a Paco.
Trátase de crónicas encol de temas moi pouco tratados. Traballo, esto é todo, e remítolle as “Figuraciós” que podo a La Voz de Galicia.
Saúdos moi garimosos a Maruxa e meus pra Isabel, pra tua irmán e pra tí. Mais unha aperta grande pra tí de:

Seoane


1976-02-29
Carta de Seoane a Piñeiro. 1976
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Piñeiro. 1976 en 29/02/1976


Buenos Aires, 29 de Febreiro de 1976

Sr. D. Ramón Piñeiro
Santiago de Compostela

Querido Ramón:

Recibín duas cartas que agradezo moito, referidas a Insectario, e a noticia que me remites da mostra dos grabados de ese album na galería Mestre Mateo de A Coruña. Efectivamente non tiña noticia desto, supoñía que a farían mais ninguén me dixo que a estaban facendo. Entereime polo recorte da Voz que me remitiche.
Sigo con atención as noticias que chegan de España, que están inquedando a algunha xente de aquí, e tamén chegou algunha particular como a interrupción de un núcleo de estudantes en Santiago a Valenzuela, nunha conferencia sua, sin saber nos por qué ou sin sospeitalo. Das noticias de aquí non podo decirche nada. As que se publican son, en xeral, exactas, mais ben pálidas e poucas. A realidade e variedade delas é superior.
Eu traballo o que podo pechado no meu estudo, apenas vexo a ninguén e non saio casi nada á rúa. Teño tres mostras neste ano e agardo poder facelas. Non teño a seguridade tal como están as cousas, mais eu traballo.
Lembrámonos moito de todos vos, os amigos de ahí. Voltaremos no 77, cecáis en Xaneiro. Unha grande e agarimosa aperta de Maruxa e miña para Isabel, Sara e pra tí:

Seoane.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Dieste, Rafael;  Paz-Andrade, Valentín;  Murguía, Manuel;  García-Sabell, Domingo;  Maside, Carlos;  Hervella Nieto, Evelina;  Castelao, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Scheimberg, Simón;  Laxeiro, ;  Piñeiro López, Ramón;  Picasso, Pablo;  Sofovich, Bernardo;  Faraldo, Antolín;  Prada, Rodolfo;  Fole, Ánxel;  Castro, Rosalía de;  Arias “Mimina”, Carmen;  Falcini, Luís;  Colmeiro, Manuel;  Carballo Calero, Ricardo;  Dónega, Marino;  Lifschitz, Rafael;  Cunqueiro, Álvaro;  Núñez Búa, Xosé;  Lamas Carvajal, Valentín;  Villar Ponte, Antón;  Girri, Alberto;  Baudizzone, Luís;  Alberti, Rafael;  Díaz, Xosé;  Palmás Casal, Ricardo;  Cabanillas, Ramón;  Muñoz Manzano, Carmen;  Miró, Joan;  Gerstein, Marika;  Frontini, Norberto;  Otero Espasandín, Xosé;  Lifschitz, Emma;  Manuel María, Manuel María;  Shand, William;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Burd, Lipa;  Ledo, Xohán;  Temáticas: medios de comunicación;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  emigración;  política;  autores/as;  Álbum de Galicia;  asuntos particulares;  historia;  migracións;  espazos artísticos;  Historias de ida e volta;  nacionalismo;  acción sociocultural;  asociacións;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  A nova Sargadelos;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Libro de Tapas;  O galeguismo en América;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Lingua. Literatura;  Figuracións;  artes escénicas;  Galería Bonino;  Comunicacións mesturadas;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  Fardel d’eisilado;  Lonxe;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Historias e invenciones de Félix Muriel;  premios;  Ediciós do Castro;  Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo;  Danzas populares;  Precursores e novos;  Cruces de piedra;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires;  Diccionario bio-bibliográfico de escritores;  Vida gallega;  radio;  peronismo;  Mulleres;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  Historia de la literatura gallega, de Del Riego;  Tres hojas de ruda y un ajo verde;  A la pintura;  Catro poemas para catro gravados; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0