Persoa: Xurxo Patiño

Persoa: Xurxo Patiño [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1973-12-30
Carta de Paz Andrade a Luís e Maruxa Seoane. 1973
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Luís e Maruxa Seoane. 1973 en 30/12/1973


VIGO, 30, Nadal, 1973

Queridos Luis e Maruxa:

Andaba escrito que o Ano teria que rematar con malas novas. O dia de Noiteboa enterramos a Urbano Lugrís en Pereiró. Agora recibimos, a traves de Paco del Riego, noticia da morte de tua nai (q.e.p.d.), en Xixón. Nunca a fala se fái mais pouco expresiva, que cando chega a vida d-un unha proba semellante a que estades pasando. Estamos a compartir na lonxania a vosa door. E ben pouco, pra tan abraiante pancada. E canto os amigos podemos. Diante da fatalidade irrecurrible non se abríu ainda ningun camiño confortador, e somente o tempo, e a vida que sigue correndo, poden proporcionar cicatrización.
O pobre Lugrís derrubóuse d-un dia pra outro. O seu xenio persoal, desordeado e sin liña firme nin siquera frente a vida, viña mascarando a gravedade das suas doencias. Maormente do corazón, que deixóu de latexar cando semellaba voltar ao seu. Costóulle traballo a Patiño, o de Librouro, internal-o no Hospital, pois sinteuse agudamente doorido na rua, cando rubía a costa que da Rua do Principe leva a librería. Nos mesmos dias, sin saber que se atopaba doente, e como outros anos, andabamos Alfonso i-eu a procura do pobre amigo pra non deixar que pasara a Noiteboa isolado. Non pudemos senon acompañal-o no camposanto, pois xa o levaran ao deposito de cadavres.
A prensa galega, fói inxusta, por cativa valoración, con este valor que perdemos. Somente a Voz de Galicia fixo algo mais digno, como de cote sucede. A xordeira dos outros, a insensibilidade, a cativez... e pra provocar desespero.
Nada mais. Estamos a vosa beira na amargura d-esta hora. Moitas, longas apertas de

Valentín

Ya sabéis cuánto os quiero, por eso vuestras penas y alegrías las siento profundamente. En estos días os recuerdo y recuerdo a mi madre.

Un abrazo con el cariño de siempre.

Mª Pilar


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Dieste, Rafael;  Paz-Andrade, Valentín;  Murguía, Manuel;  García-Sabell, Domingo;  Maside, Carlos;  Hervella Nieto, Evelina;  Castelao, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Scheimberg, Simón;  Laxeiro, ;  Piñeiro López, Ramón;  Picasso, Pablo;  Sofovich, Bernardo;  Faraldo, Antolín;  Prada, Rodolfo;  Fole, Ánxel;  Castro, Rosalía de;  Arias “Mimina”, Carmen;  Falcini, Luís;  Colmeiro, Manuel;  Carballo Calero, Ricardo;  Dónega, Marino;  Lifschitz, Rafael;  Cunqueiro, Álvaro;  Núñez Búa, Xosé;  Lamas Carvajal, Valentín;  Villar Ponte, Antón;  Girri, Alberto;  Baudizzone, Luís;  Alberti, Rafael;  Díaz, Xosé;  Palmás Casal, Ricardo;  Cabanillas, Ramón;  Muñoz Manzano, Carmen;  Miró, Joan;  Gerstein, Marika;  Frontini, Norberto;  Otero Espasandín, Xosé;  Lifschitz, Emma;  Manuel María, ;  Shand, William;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Burd, Lipa;  Ledo, Xohán;  Temáticas: medios de comunicación;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  emigración;  política;  autores/as;  Álbum de Galicia;  asuntos particulares;  historia;  migracións;  espazos artísticos;  Historias de ida e volta;  nacionalismo;  acción sociocultural;  asociacións;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  A nova Sargadelos;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Libro de Tapas;  O galeguismo en América;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Lingua. Literatura;  Figuracións;  artes escénicas;  Galería Bonino;  Comunicacións mesturadas;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  Fardel d’eisilado;  Lonxe;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Historias e invenciones de Félix Muriel;  premios;  Ediciós do Castro;  Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo;  Danzas populares;  Precursores e novos;  Cruces de piedra;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires;  Diccionario bio-bibliográfico de escritores;  Vida gallega;  radio;  peronismo;  Mulleres;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  Historia de la literatura gallega, de Del Riego;  Tres hojas de ruda y un ajo verde;  A la pintura;  Catro poemas para catro gravados; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0