Temática: galeguismo

Temática: galeguismo [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1945-03-19
Carta de Otero Pedrayo a Cabanillas. 1945
Ver [Carta manuscrita autógrafa en verso (tercetos encadeados), con posdata en prosa]

Transcripción da Carta de Otero Pedrayo a Cabanillas. 1945 en 19/03/1945

Trasalba, San Xosé do 1945

Sr. D. Ramón Cabanillas

Pra recibire á leda primadeira
polos saudosos vieiros da Galiza
—pensando: será a miña derradeira? —
esparexín o mimo i-a priguiza
do lumioso hourizonte de Trasalba
qu'os ánemos e corpos enfeitiza
deixando o lar unha mañán ca ialba.
Debullei en Ourense boa lamprea
e pola noite a penedosa calva
descubriu diant'os ouros qu'alumea
o vougo Orión na ría de Pontevedra.
Humorista a romántica lúa chea
sobor das roínas elexíacas de hedra
era o insomne relox da Peregrina.
Mirei, gozoso, a fantasía de pedra
da trunfal Compostela vespertina
envexa dos piñeiros da Maía.
Lembradoiro, xentil, amante, fina
corda da lira da melanconía
foi Sant-Iago pra min. Pro Cabanillas
non xurdiu cand'a noite estrelecía
para falar de fúlxidas Antillas
e dos amigos idos! A Quintâ,
silente lago de brumosas illas,
embrulloume nos veos da señardá.
Baleira a catredal do sonoroso
coro, na hora solene da mañá
semellaba fadal ermo ventoso!
Fun con Pedret ás beiras do Sarela,
probei un ledo ullán, labio escumoso,
e recei diant'a raíña Berenguela.
Non hai máis puro lirio medieval
qu'isa mortiña de sorrir lonxao
a tal nena ca toca i-o brial!
Pisei de Rianxo o mariñán peirao
gostando d'arousán onda rial
para consoar ás irmás de Castelao.
Caieu sobr'as coitadas xiada lousa
co pasamento da doce naiciña.
Figura aquila casa triste chousa
sen o agarimo calmo da ceguiña
candea acesa de bondosa esperanza
hoxe unha cinza na nadal terriña!
Vagaba polos outos da Barbanza
a brétema doncel, a ría fulxía
ronseles inmorrentes da lembranza
e no Padrón o amor de Rosalía
agromando nos líricos salgueiros
ao dubidoso raiolar do día
espertoume a futuros ventureiros.
Mais na Cruña agardaba n'Academia
unha serán de tópicos loureiros.
Moito hai de raxetar nisa podremia!
Moi fermoso o discurso de Filgueira
i-a cidá, como sempre, aire de femia
i-engádego de tebra mariñeira.
Votei por ti ao xoven Alvariño
i-a Victoriano Taibo, o da senlleira
ispirazón petrucia com'o liño.
E por Vigo voltei co sentimento
de non falar contigo adispaciño.
Respeitando a grandeza de Sarmento
non son dise Instituto. Ao Seminario
gardo fieldá, e ao rexo xuramento.
Ben logo han de xurdir no tenebrario
os pábilos fumosos. Vén o abril.
Pra min vivo regosto maxinario
de fábulas antergas. Teu souril
falar, meu caro amigo, sería maio
na miña soedade. Legrías mil
pide a Deus para ti o teu tocaio

R. Otero Pedrayo

Querido Ramón: perdoa iste desafogo da semán de S. Xosé. Temos que trazar vernos iste vrau. Polo Apóstol estarei moi ben. Recibín con demora a túa carta. Espero que os teus xa estarán ben das súas doenzas. Fai moito non vexo a teu fillo maor, tan simpáteco e bo amigo. Pra min, que vivo illado é unha leda pelerinaxe unha volta por Galicia. Mais faltaches ti, e volvín tristeiro! Sempre teu

R. Otero Pedrayo


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Fernández, Santiago;  Avilés de Taramancos, Antón;  Díaz, Avelino;  Mateo, Sesé;  Bouza Brey, Fermín;  Maiztegui, Isidro B.;  Casas Vales, Arturo;  García Lorca, Federico;  Fariña Cobián, Herminia;  Seoane, Xavier;  Villar, Miro;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Vázquez Iglesias, Pura;  Velo Mosquera, Xosé;  Navaza Blanco, Gonzalo;  Piñeiro López, Ramón;  Kruckenberg, María do Carme;  Afonso o Sabio, X de Castela e IX de León-Galicia, ;  Castro, Rosalía de;  Fernández del Riego, Francisco;  Sánchez Iglesias, Cesáreo;  Lapa, Manuel Rodrigues;  Torres Fernández, Xohana;  García-Sabell, Domingo;  Campio Pereira, Víctor;  Fraga, Modesto;  Lopo, Antón;  Paz-Andrade, Valentín;  Villar Janeiro, Helena;  Miranda, Xosé;  Filgueira Valverde, Xosé;  Garrido, Emilio;  Raña Lama, Román;  Crespo, Ángel;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Ruiz, Javier;  Molina, César Antonio;  Rey Baltar, Ramón;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  López-Casanova, Arcadio;  Tovar, Antón;  Castillo, Julia;  Alonso Mateo, Joshua;  Álvarez Torneiro, Manuel;  Cabanillas, Ramón;  Casares, Carlos;  Fernán Vello, Miguel Anxo;  Rilo, Pachola;  Vilanova, Manuel;  Tobío Fernández, Lois;  Temáticas: literatura;  Álbum de Galicia;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  emigración;  Mulleres;  sociedade;  violencia;  música;  Álbum Nós;  biografía;  Mulleres no Álbum de Galicia;  autores/as;  exilio galego;  Historias de ida e volta;  A literatura galega da posguerra en Ámerica ;  artes;  entrevista;  Fondo: Ramón Piñeiro na Fundación Penzol;  migracións;  lingua;  cantiga;  Afonso X e Galicia [CCG];  Colección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón Piñeiro;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  asuntos particulares;  Guerra Civil española (1936-1939);  identidade;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  radio;  patrimonio cultural;  guerra;  amor;  tradución;  identidade cultural;  Tirano Banderas;  La anunciación de Valle-Inclán;  Nadal [festa];  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Sementeira do vento;  Colección: Valentín Paz-Andrade e Guilherme de Almeida ;  Un embaixador da lingua portuguesa en Galicia: Valentín Paz-Andrade;  O fío de Penélope;  Álbum de Galicia;  conferencias;  lingua galega;  obra literaria;  Obra poética [libro de Seoane];  familia;  formación;  retorno; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0