1991
En 1991, no Liceo Recreo Ourensán, Filgueira Valverde pronuncia unha conferencia sobre Álvaro Cunqueiro. Alí fai alusión a cuestións como a oralidade, o lirismo ou a realidade poética na obra do escritor mindoniense. “As súas novelas -dixo- están pensadas para uns que falan e outros que escoitan, nas que hai como esa presenza do auditorio. A el podíanselle escoitar as cousas máis insólitas, e non era tanto os contos, senón o retruque final”.
Notas:
Colección: Liceo Recreo Ourensán