Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Cristina Novoa'
Amosando noticias 1 a 7 de 7

O empresario Ramiro Isla Couto entra no Álbum de Galicia

O Consello da Cultura Galega (CCG) vén de incorporar ao seu Álbum de Galicia -colección biobibliográfica que visibiliza personalidades senlleiras da historia e cultura galegas- unha nova entrada dedicada ao empresario galeguista Ramiro Isla Couto (A Estrada-1896, Vigo, 1987). A biografía, elaborada polo historiador Xosé Luís Pastoriza, rescata unha vida marcada polo compromiso político, a emigración e o exilio, e a quen o intelectual galeguista Ramón Piñeiro definiu como “peleriño do galeguismo polo mundo galego”.

Ler máis

O Álbum de Galicia suma a biografía de Blanca Jiménez Alonso

Blanca Jiménez Alonso (Ribadeo, 1926 – A Coruña, 2012) destacou polo seu labor a prol do patrimonio bibliográfico e documental galego, un compromiso que se traduciu na procura e achega de fondos para a biblioteca da Fundación Penzol. Posta en marcha grazas á doazón do seu marido, Fermín Penzol, traballou activamente para a institución, da que foi presidenta e presidenta de honra. Ademais, integrou o Plenario do Consello da Cultura Galega (CCG) como membro representativo da Fundación Penzol entre os anos 2002 e 2008. A súa entrada no Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o CCG, é da autoría de María Dolores Cabrera Iglesias e Patricia Arias Chachero.

Ler máis

O Álbum de Galicia incorpora a entrada de Xaime Isla Couto

Foi académico, avogado, docente universitario e economista, mais a vida de Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915 - Vigo, 2012) estivo marcada tanto pola súa implicación en diversas iniciativas políticas como polo seu infatigable espírito emprendedor a nivel cultural. “O galeguismo do século XX non se pode comprender sen o entusiasmo vital e a imaxinación creativa de Xaime Isla, o gran proxectista da Xeración Galaxia”, subliña Xosé Luís Pastoriza Rozas. El é o autor da súa biografía no Álbum de Galicia.

Ler máis

Un informe do CCG analiza a crise do libro en galego

Un informe do CCG analiza a crise do libro en galego

Menos títulos, menos tiraxe, menos editoriais e menos axudas institucionais para o libro galego no período 2006-2016.
Así se desprende do Informe sobre datos da edición en Galicia 2006-2016 do Observatorio da Cultura Galega, presentado na xornada A lei do libro 2006 a debate que tivo lugar hoxe, xoves, 19 de abril de 2018 no Consello da Cultura Galega. Co gallo do Día Mundial do Libro que se celebra o 23 de abril, a Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG) organizou un encontro cos principais axentes do sector do libro en que se analizou a xénese da vixente lei, a súa implantación e posibilidades de actualización debido aos cambios producidos no sector dende a súa aprobación hai máis dunha década.

Ler máis

O legado cunqueirián reclama unha visión de conxunto da súa obra e unha actualización biográfica, segundo o congreso “Mil e un Cunqueiros”, que mañá finalizará en Vigo

O legado literario de Álvaro Cunqueiro está a reclamar unha visión de conxunto que permita abarcar analíticamente toda a súa diversidade creadora e tamén unha actualización biográfica, que cubra baleiros significativos da súa peripecia persoal e vital. Así o constatou Fernando Valls (Universidade de Barcelona) na súa intervención na penúltima xornada do congreso internacional “Mil e un Cunqueiros” celebrada hoxe na sede do Consello da Cultura Galega. As sesións, organizadas por esta institución cultural en colaboración coas tres universidades galegas, tiveron carácter itinerante con escala o xoves na Coruña, e rematarán mañá sábado 1 de outubro no Auditorio Municipal de Vigo cunha mesa redonda e dúas conferencias, a última ao cargo do destacado galaicista John Rutherfod, da Universidade de Oxford.

Ler máis

O Congreso "Mil e un Cunqueiros" acolleu novas achegas, enttre o "fantástico" e o "marabilloso", nas sesións da Universidade da Coruña

Rebasado o seu ecuador, o congreso internacional "Mil e un Cunqueiros" está a cumprir os obxectivos fixados pola comisión organizadora, nomeadamente no referido ás achegas das novas investigacións sobre a obra do escritor mindoniense. "As sesións densas, intensas e non exentas de polémica así o reflicten e tamén algunhas contribucións chegadas de ámbitos italianos ou portugueseses", dixo Dolores Vilavedra, da Universidade de Santiago, integrante da comisión xunto con Manuel Forcadela (Universidade de Vigo) e Teresa López (Universidade da Coruña). O paraninfo coruñés acolleu hoxe as sesións congresuais con particular atención aos xéneros literarios na obra de Cunqueiro, a recepción do seu legado ou herdo e a configuración textual en "Merlín e familia". O congreso retornará mañá venres á sede do Consello da Cultura Galega, institución que o organizou, xunto coas universidades galegas, para conmemorar o centenario de Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981).

Ler máis

A ANIMACIÓN Á LECTURA, TEMA DA TERTULIA MENSUAL DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

A tertulia mensual da Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega celebrarase mañá venres, día 17 de decembro, baixo o título "A animación á lectura". Pilar Sampedro, presidenta da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), presentará e conducirá o encontro, no que participarán Cristina Novoa, asesora de bibliotecas do Servizo de Formación do Profesorado; Magdalena de Rojas, escritora, mestra e bibliotecaria, e membros da sección organizadora.

Ler máis