Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Francisco Sánchez'
Amosando noticias 1 a 6 de 6

O profesor, intelectual e investigador, Felipe Cordero Carrete, entra no Álbum de Galicia

O Álbum de Galicia, colección de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora hoxe a entrada de Felipe Cordero Carrete (Redondela, 1894 - Santiago de Compostela, 1988) Foi un profesor de Historia, Filosofía e Inglés, así como investigador. Membro da Real Academia Galega, do Seminario de Estudos Galegos e Director da Residencia de Estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu proxectos culturais como a Fundación Rosalía de Castro e a Editorial Bibliófilos Galegos. Participou na creación do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e durante a Guerra Civil, axudou a salvagardar a biblioteca da institución. Diana Duo Ramila é a autora da entrada que está dispoñible para consulta no web do CCG.

Ler máis

O Arquivo da Emigración Galega pon na rede fondos de “Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa”

Libros de presenzas, actas, estatutos, libros coa contabilidade e folletos de numerosas actividades conforman a documentación da sociedade “Xuventude de Galicia. Centro Gallego de Lisboa” que o Arquivo da Emigración Galega, centro do Consello da Cultura Galega (CCG), vén de subir á rede no marco do proxecto Memoria documental das sociedades da emigración galega. Unha iniciativa que permite visibilizar material procedente das entidades microterritoriais creadas na diáspora galega para axudar a coñecer mellor o fenómeno migratorio.

Ler máis

Tui acolle unha xornada de homenaxe ao filósofo Francisco Sánchez

O Teatro Municipal de Tui acolle este martes a xornada “Francisco Sánchez no IV centenario da súa morte”, unha cita organizada polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Tui co obxectivo de visibilizar e dar a coñecer a figura de Francisco Sánchez, auténtico prototipo do home do Renacemento que deixou unha obra predecesora da revolución filosófica dos séculos XVII e XVIII.

Ler máis

Unha xornada homenaxea o filósofo e médico tudense Francisco Sánchez

Neste 2023 cúmprense catro séculos do pasamento de Francisco Sánchez, auténtico prototipo do home do Renacemento que deixou unha obra predecesora da revolución filosófica dos séculos XVII e XVIII. Co gallo da efeméride, o Consello da Cultura Galega (CCG) e o Concello e Tui celebran cunha xornada de homenaxe para dar a coñecer a súa figura e o valor do seu legado. O alcalde deste concello, Enrique Cabaleiro, o secretario do CCG, Silvestre Gomez Xurxo; a concelleira de ensino, cultura e mocidade, Sonsoles Vicente Solla; e o director do coro Vox Stellae presentaron hoxe en rolda de prensa o programa desta actividade que terá lugar o vindeiro martes, 14 de novembro, na Sala Félix Rodríguez. A cita remata cun concerto no Teatro Municipal. A entrada é libre ata completar a capacidade do lugar.

Ler máis

O proxecto Ponte… nas Ondas! centra unha nova xornada do ciclo In Situ dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

A Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza este martes, 18 de abril (19:00 horas), no edificio Francisco Sánchez de Tui, unha nova sesión do ciclo In Situ dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural. Baixo o título “Ponte… nas Ondas!: boas prácticas do patrimonio inmaterial”, a actividade busca poñer en valor e divulgar a experiencia do proxecto Ponte… nas Ondas! (PNO!). A xornada, organizada coa colaboración do Concello de Tui e de PNO!, está coordinada por Rebeca Blanco-Rotea e Santiago Veloso. A sesión non se poderá seguir en directo, pero será gravada e estará proximamente dispoñible na hemeroteca do CCG.

Ler máis

Tui acolle un parladoiro que reflexiona sobre a importancia do mar na cultura galega

A cultura popular galega está poboada de heroes lendarios e seres mitolóxicos que chegaron ou saíron do mar. Neste imaxinario ambientaron algunhas das súas novelas Víctor Freixanes, Pemón Bouzas e Ramón Nicolás entre moitos outros. E precisamente estres tres autores participaran esta semana en Tui (2 de xuño, sala de exposicioóns do concello, 20:00 horas) no parladoiro “A Galicia navegante no imaxinario literario” organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG). A cita pretende reflexionar sobre a importancia do mar e das navegacións na literatura ao fío da exposición “Inventio mundi” (que se pode ver no mesmo espazo ata o 9 de xuño) coa que o CCG pretende dar a coñecer as repercusións que tivo para Galicia a primeira circunnavegación da Terra, a expedición de Magalhães-Elcano.

Ler máis