Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 3501 a 3520 de 3724

ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN GRATUITA NAS XORNADAS "GALICIA, ESTRATEXIAS DE FUTURO: NOVOS ESPACIOS NA SOCIEDADE GLOBAL"

O prazo de inscripción, gratuíta, para participar nas Xornadas GALICIA, ESTRATEXIAS DE FUTURO: NOVOS ESPACIOS NA SOCIEDADE GLOBAL, organizadas polo Consello da Cultura Galega (CCG) continúa aberto. As prazas, en número de 80, cubriranse por orde de inscripción, entregarase diploma acreditativo e validarase un crédito de libre configuración das universidades de Vigo e A Coruña.

Ler máis

O PLENO DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA APROBOU UN ORZAMENTO DE 2.093.545 EUROS PARA O 2004

O Pleno do Consello da Cultura Galega (CCG) aprobou esta tarde o proxecto do orzamento para 2004 que ascende a 2.093.545 euros e supón tan só un incremento do 0´80 por cento respecto do ano anterior. O pleno, celebrado baixo a presidencia do titular, Alfonso Zulueta de Haz, aprobou asemade as previsións de traballo das doce Seccións e os catro Arquivos que desenvolven a actividade da institución.

Ler máis

O GALEGO NA INFORMÁTICA E COMO PROXECTO EMPRESARIAL CENTRARON A ÚLTIMA XORNADA DOS VII ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

As ferramentas que permiten o uso do galego na informática e a dinamización lingüística como un proxecto empresarial centraron a última xornada dos VII Encontros para a Normalización Lingüística que se celebraron esta semana en Santiago de Compostela. Durante este xoves e o venres, preto de douscentos investigadores e técnicos participaron no foro organizado polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), do Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

"O FUTURO DO IDIOMA GALEGO XOGARASE NOS ESPAZOS URBANOS", AFIRMOU GABRIEL REI-DOVAL NA CONFERENCIA INAUGURAL DOS VII ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

"O futuro do idioma galego xogarase nos espazos urbanos e a garantía do seu uso está moi relacionada coa concienciación das familias, que foi perdendo peso fronte á escola e a outros axentes máis ben castelanizadores", afirmou Gabriel Rei-Doval, da Universidade de Oxford, na conferencia inaugural dos VII Encontros para a Normalización Lingüística que hoxe e mañá teñen lugar en Santiago de Compostela organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTA MAÑÁ, DIA 24, EN ROLDA DE PRENSA, AS XORNADAS "GALICIA, ESTRATEXIAS DE FUTURO: NOVOS ESPAZOS NA SOCIEDADE GLOBAL"

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentará mañá, venres 24 de outubro, ás 12´00 horas, en rolda de prensa, as xornadas GALICIA, ESTRATEXIAS DE FUTURO: NOVOS ESPAZOS NA SOCIEDADE GLOBAL. A presentación terá lugar no auditorio do CCG e contará coa presencia do Presidente da Institución, Alfonso Zulueta de Haz e do coordinador das xornadas, o profesor e ensaísta Antón Baamonde.

Ler máis

OS VII ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA REUNIRÁN EN SANTIAGO A 200 INVESTIGADORES E TÉCNICOS OS DÍAS 23 E 24 DE OUTUBRO

Douscentos investigadores e técnicos participarán nos VII Encontros para a Normalización Lingüística, que se celebrarán en Santiago os días 23 e 24 de outubro organizados polo Centro de Documentación Siciolingüística de Galicia, do Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

O CCG INTERCAMBIARÁ EXPERIENCIAS E PROXECTOS CUNHA REPRESENTACIÓN DO CONSELL VALENCIÀ DE CULTURA

A Comisión Executiva do Consell Valencià de Cultura realizará unha visita oficial este martes e mércores ó Consello da Cultura Galega. A Comisión estará encabezada polo Presidente da institución, D.Santiago Grisolía.

Ler máis

CASADO, UN DOS FUNDADORES DO PEN CLUBE GALICIA RECIBE UNHA HOMENAXE NO CCG TRALO SEU PASAMENTO O PASADO XANEIRO

Xoán Manuel Casado, escritor e un dos fundadadores do PEN Clube Galicia, do que era presidente Carlos Casares, será lembrado nun recital que terá lugar mañá, venres 22 de marzo de 2002, ás 20 h. no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA RECIBIU 118 DOCUMENTOS RADIOFÓNICOS DONADOS EN DEPÓSITO POLO XORNALISTA FERNANDO RAMOS

O Consello da Cultura Galega recibiu hoxe 118 documentos e testemuñas radiofónicas donadas en custodia polo xornalista Fernando Ramos ó Arquivo Sonoro de Galicia. Entre as gravacións figuran entrevistas con personalidades como Ramón Otero Pedraio, Alvaro Cunqueiro, Xaquín Lorenzo, Xosé Trapero Pardo ou Valentín Paz Andrade. O acto de entrega e a sinatura do correspondente protocolo foi presidido polo presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz e contou coa asistencia do vicepresidente e director do Arquivo Sonoro de Galicia, Ramón Castromil.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA RECIBIRÁ MAÑÁ 118 DOCUMENTOS RADIOFÓNICOS PERTENCENTES O XORNALISTA FERNANDO RAMOS

O Consello da Cultura Galega recibirá mañá, martes, ás 11´30 horas, 118 documentos e testemuñas radiofónicas que o xornalista Fernando Ramos dona en custodia ó Arquivo Sonoro de Galicia. Entre as gravacións figuran entrevistas con Ramón Otero Pedraio, Xaquín Lorenzo, Valentín Paz Andrade ou Xesús Ferro Couselo. Trátase de fondos reunidos ó longo de trinta anos de exercicio profesional do xornalismo en prensa e radio. A parte esencial (1968-1976) corresponde ó traballo de Fernando Ramos como redactor e locutor en Radio Popular en Ourense e Vigo.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA VALORA POSITIVAMENTE O ACORDO SOBRE A REFORMA ORTOGRÁFICA E MORFOLÓXICA DO IDIOMA GALEGO

O Consello da Cultura Galega (CCG) valora positivamente o acordo adoptado pola Real Academia Galega (RAG) sobre a reforma e a actualización das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Entende que os pequenos retoques introducidos suporán un mínimo esforzo de adaptación para os usuarios da norma vixente e, en troques, ampliarán a base de apoio a sectores significativos do mundo cultural e social galego. É, pois, un paso necesario e oportuno cara á superación das disensións normativas e a aceptación xeral das normas oficiais.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA SUBLIÑA A IMPORTANCIA DOS TRABALLOS REALIZADOS Ó CUMPRIR OS SEUS PRIMEIROS VINTE ANOS

O Consello da Cultura Galega fai público o seguinte comunicado con motivo de cumplirse vinte anos da creación da institución:"Ó cumprírense hoxe vinte anos da aprobación, por unanimidade, no Parlamento de Galicia, da Lei 8/1983 de 8 de xullo, pola que se creaba o Consello da Cultura Galega, que facía así efectivo o mandato contido no artigo 32 do Estatuto de Autonomía de Galicia,a Comisión Executiva da institución salientou o feito positivo do desenvolvemento e consolidación dun órgano de reflexión e promoción cultural dotado de características e competencias que o fan único en España.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA IMPARTIRÁ UN CURSO DE "METODOLOXÍA E CATALOGACIÓN DE RECOLLIDA DE MÚSICA TRADICIONAL"

A profesora Dorothé Schubarth, coautora do "Cancioneiro Popular Galego" e verdadeira especialista a nivel mundial, impartirá entre o 29 de setembro e o 3 de outubro deste ano, no Consello da Cultura Galega (CCG), un curso sobre "Metodoloxías e catalogación de recollida de campo en música tradicional".

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PRESENTARÁ MAÑÁ UN CURSO SOBRE "METODOLOXÍAS E CATALOGACIÓN DE RECOLLIDA DE CAMPO EN MÚSICA TRADICIONAL"

Un curso sobre METODOLOXÍAS E CATALOGACIÓN DE RECOLLIDA DE CAMPO EN MÚSICA TRADICIONAL, dirixido por Dorothé Schubarth, será presentado mañá, mércores, día 9, nunha rolda de prensa que se celebrará ás 12´00 horas no salón de actos do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

UN INFORME ANALIZA O AMPLO E DURADEIRO ECO DA CATÁSTROFE DO “PRESTIGE” EN CINCO XORNAIS GALEGOS ENTRE NOVEMBRO E DECEMBRO DE 2002

Os xornais galegos reflectiron ben o grande impacto da catástrofe do "Prestige", de xeito que o total de rexistros informativos sobre cuestións ambientais entre o 14 de novembro e o 31 de decembro de 2002 triplica con creces os publicados entre abril e maio do mesmo ano (3.352 fronte a 986) e as noticias alusivas á marea negra (2.666) case cuadriplican as relacionadas con outras categorías ambientais (686) no último mes e medio de 2002. Polo demais, o número de noticias deste impacto durante só 47 días dobra as referidas ás "vacas tolas" (1.011) én todo o ano 2001.

Ler máis

UN ESTUDIO SOBRE "O PRESTIGE NA PRENSA GALEGA NO 2002" SERÁ PRESENTADO MAÑÁ NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Un estudio sobre O "PRESTIGE" NA PRENSA GALEGA NO 2002 será presentado mañá, xoves, 5 de xuño, ás 13´00 horas, nunha rolda de prensa que terá lugar no salón de actos do Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

AS IV XORNADAS "CARNOTA-2003" ADICADAS Ó "EFECTO PRESTIGE" SERÁN PRESENTADAS O DÍA 4 NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

O Consello da Cultura Galega acollerá mañá mércores, 4 de xuño, ás 13 horas, a presentación das IV Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional-Carnota 2003, adicadas nesta edición ó tema EFECTO PRESTIGE. O MAR DA VIDA E OS SEUS ÁMBITOS.

Ler máis

O INFORME DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DO CONSELLO DA CULTURA RECLAMA OBXECTIVOS NORMALIZADORES MÁIS AMBICIOSOS NO ENSINO

O segundo volume do Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia (IPLN), elaborado pola Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega, reclama "obxectivos normalizadores máis ambiciosos" por parte da Administración e presenta propostas de mellora para avanzar cualitativamente partindo do feito de que "hoxe a lingua galega está presente en tódolos centros de ensino".

Ler máis

AS XORNADAS "A ARQUITECTURA DESDE LISBOA" SUBLIÑARON A NECESIDADE DE REACTIVAR OS ESPACIOS PÚBLICOS E A INTEGRACIÓN DAS PERIFERIAS NOS ENTORNOS URBANOS

A necesidade de reactivar os espacios públicos, como premisa para unha maior calidade de vida, e a integración das periferias nos entornos urbanos foi unha das reflexións suscritas polos relatores das xornadas A ARQUITECTURA DESDE LISBOA, celebradas durante o venres e a mañá do sábado no auditorio do Consello da Cultura Galega, por iniciativa da súa Sección de Arquitectura, que dirixe Iago Seara Morales, coordinador do encontro xunto con Jorge Da Cruz Pinto, profesor da Escola de Arquitectura de Lisboa.

Ler máis

A COMISIÓN EXECUTIVA DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA REUNIRASE O 20 DE MAIO NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará o martes, día 20 de maio, ás 12´30 horas, unha reunión no Museo Provincial de Lugo.Entre outros asuntos, estudiará o establecemento dun convenio co Taller de Restauración de Instrumentos da Deputación Provincial luguesa.

Ler máis