“Fálalle galego” foi a primeira campaña pública en defensa do idioma dun novísimo goberno autonómico. Corría o ano 1984 e atendía á necesidade da transmisión xeracional do idioma. 37 anos despois o tema volve estar sobre a mesa, xa que todos os indicadores sinalan a transmisión do galego como un problema grave, aínda que non o único. Sobre este aspecto incide a XXIII edición dos Encontros para a normalización lingüística que organiza cada ano o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), arquivo do Consello da Cultura Galega (CCG). Os vídeos coas intervencións das persoas participantes xa están dispoñibles desde o web do CCG e o vindeiro xoves 4 de novembro terá lugar a xornada presencial de debate.
Ler máis
Amosando noticias 1161 a 1180 de 3724


