Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 2241 a 2260 de 3707

Henrique Monteagudo: "O CDSG ten recollido unha mostra da creatividade variopinta dos distintos axentes normalizadores"

Henrique Monteagudo:



A traxectoria investigadora de Henrique Monteagudo está moi vencellada á sociolingüística, a coñecer os comportamentos dos falantes. Nesta entrevista explica o funcionamento e relevancia do Centro de Documentación Sociolíngüística de Galicia (CDSG) desde a súa creación.

Ler máis

Alfonso Vázquez-Monxardín: "O Arquivo Sonoro serviu para concienciar da existencia dun patrimonio oral, sonoro e musical que necesitaba conservarse"

Alfonso Vázquez-Monxardín:



Vázquez-Monxardín é un historiador, investigador e catedrático de lingua e literatura galega que estivo moi vencellado ao Arquivo Sonoro de Galicia desde a súa creación. Nesta entrevista lembra a xénese e a relevancia da conservación do patrimonio oral nun momento no que empezaban a agromar en Europa iniciativas desta natureza. Os fondos, as xoias deste centro son outros dos asuntos que aborda.

Ler máis

Xerardo Fernandez Albor: "conseguir o que conseguimos nós, os galeguistas de entonces, foi fundamental"

Xerardo Fernandez Albor:



Xerardo Fernández Albor foi o primeiro presidente da Xunta de Galicia. Baixo o seu goberno aprobouse a Lei do Consello da Cultura Galega (CCG). Nesta entrevista fala sobre a cultura nos inicios da autonomía, nomeadamente a lei da galeguidade, a de normalización lingüística e a do CCG que o propio Albor chama "berce da recuperación do galeguismo que soñábamos todos coa xente da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos".

Ler máis

Xulio Ríos: "A cultura non é un incomodo, a cultura é un aliado que pode reforzar calquera estratexia de internacionalización"

Xulio Ríos:



Xulio Ríos é director do Igadi e do Observatorio da Política China, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega desde 2016 e unha das máximas autoridades para falar de política exterior en Galicia. Nesta entrevista sintentiza en clave cultural cal é e debe ser a liña de acción exterior.

Ler máis

Maximino Zumalave: "creo que o Consello é un conxunto harmónico e diferenciado"

Maximino Zumalave:



Director e pianista compostelán que integra o plenario do Consello da Cultura e é vogal da Comisión Executiva desde o ano 2014. Nesta entrevista, Maximino Zumalave fala da Sección de Música e Artes Escénicas, da súa composición, dos seus fitos (recuperación de figuras históricas ou informes como o que deu lugar á ESAD) así como dos seus retos.

Ler máis

José Luis Meilán Gil: "metín o Consello da Cultura Galega no Estatuto porque pensei que tiña que ser unha institución que representase máis que a lingua, que era fundamental"

José Luis Meilán Gil:



Xurista e político galego que xogou un papel relevante na condición estatutaria do Consello da Cultura Galega. Nesta entrevista lembra os inicios da institución no contexto da construción autonómica, onde a cultura xogou un papel decisivo.

Ler máis

Historia do Consello da Cultura Galega

A Lei 8/1983, do 8 de xullo, de creación do Consello da Cultura Galega marca o punto de inicio desta institución, concibida como un corpo asesor e consultivo para a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego. Con todo, a súa xénese arrinca coa transición democrática e coa construción da autonomía.

Ler máis

Orzamentos para 2016

Orzamentos para 2016

O orzamento do Consello da Cultura Galega para o ano 2016 ascende a 2 415 833 euros. A contía increméntase 41 386 euros con respecto a 2015. A xustificación das actividades de 2015 e os orzamentos para 2016 foron explicados polo seu presidente, Ramón Villares, na Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia, no marco das sesións informativas en relación co Proxecto de Lei de orzamentos, o día 6 de outubro de 2015.

Ler máis

Lexislación

A existencia do Consello da Cultura Galega vén determinada polo artigo 32 do Estatuto de Galicia, e responde ás obrigas e facultades que, para a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, corresponden á Comunidade Autónoma.

Ler máis

Regulamento de organización e funcionamento do Consello da Cultura Galega

Aprobado pola Xunta de Galicia o 10 de xullo de 2008. Decreto 162/2008, do 10 de xullo, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do Consello da Cultura Galega (DOG, n.º 150, 5 de agosto de 2008).

Consulte o Regulamento (PDF 62Kb)

Ler máis

Convenios asinados en 2014

Listado de convenios asinados polo Consello da Cultura Galega ao longo do ano 2014

Ler máis

Convenios asinados en 2015

Listado de convenios asinados en 2015 polo Consello da Cultura Galega

Ler máis

Listaxe coas puntuacións provisionais para a adxudicación das bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2016

Ler máis

Obxectivos

A existencia do Consello da Cultura Galega vén determinada polo artigo 32 do Estatuto de Galicia, e responde ás obrigas e facultades que, para a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, corresponden á Comunidade Autónoma.

Ler máis

Competencias

Ler máis

O presidente do Consello da Cultura presenta en Ribadeo a publicación Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras

O presidente do Consello da Cultura presenta en Ribadeo a publicación <i>Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras</i>

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e o investigador Pablo Rodríguez presentan mañá venres en Ribadeo (20:30 horas) o libro Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras (Ribadeo e o Río da Prata). A obra revisa a figura de quen foi fundador de Céltiga, unha cabeceira crucial no proceso de afirmación e desenvolvemento do galeguismo entre as comunidades galegas de América. Non é a única actividade da institución nesta localidade lucense, xa que pola mañá (12:30 horas) inaugura Galicia Imaxinada, a exposición que visualiza de xeito gráfico a influencia da emigración na creación dos símbolos de Galicia.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura afonda na relación entre a arte e a educación

A Sección de Creación de Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega realiza mañá unha xornada en que pretende reflexionar sobre as relacións entre a arte e a educación. Na liña de traballo habitual, de poñer a arte en diálogo con outras estruturas ou disciplinas, busca agora afondar nas estratexias e nos modos nos que a arte está presente na sociedade e na educación. A sesión complétase cunha intervención que recolle un mapa conceptual e gráfico sobre estas materias a partir da colaboración das e dos participantes.

Ler máis

Relación de titulares e suplentes das bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2016

Ler máis

Os “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural” analizan os xacementos nas cidades

Son varios os casos de obras en cidades galegas que foron ou paralizadas ou modificadas polo achado dun xacemento arqueolóxico. A factoría de salga atopada na obra da rúa Marqués de Valladares en Vigo ou o templo romano ao lado do Círculo das Artes de Lugo son só algúns exemplos. Estes dous casos analizaranse no marco da sétima xornada dos “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural”, que se desenvolve mañá á tarde no Consello da Cultura Galega (CCG). A cita poderase seguir en directo a través do web da institución.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura explica como as ciencias nos ensinan a indagar e a argumentar

Da eficacia de lavado das bolas ecolóxicas ata os anticelulíticos pasando por fenómenos como a seca da lagoa de Antela ou o terremoto de Lorca do ano 2011. Ao longo da xornada “As ciencias ensinan a pensar: razoamento científico e pensamento crítico” analizáronse casos e novas reais para dar conta de cómo a ciencia nos axuda a desenvolver un pensamento crítico. A cita do Consello da Cultura Galega puxo sobre a mesa prácticas científicas para construír e validar coñecementos e ter así unha opinión máis formada lonxe de subxectividades e impresións.

Ler máis