Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 2281 a 2300 de 3707

As entradas do Concerto das Letras Galegas pódense retirar desde o 5 de maio na Coruña

A sexta edición do Concerto das Letras Galegas, iniciativa do Consello da Cultura Galega (CCG) para celebrar dun xeito festivo o 17 de maio, terá lugar o vindeiro 17 de maio na Coruña, no Teatro Rosalía ás 21:00 horas. Nesta ocasión será o grupo Milladoiro quen poñerá a música nun concerto en que cobrarán protagonismo os textos de Manuel María. As entradas, que son gratuítas, póñense a disposición do público mañá xoves 5 de maio na Taquilla Central da Praza de Ourense en Coruña. Pódese retirar un máximo de dúas entradas por persoa.

Ler máis

O presidente do Consello da Cultura conclúe a súa viaxe a Bos Aires na que contribuíu a apoiar a cultura galega

Conferencias, varias presentacións así como a inauguración das últimas mostras do Consello da Cultura Galega sobre Valle-Inclán ou a imaxe de Galicia a través das revistas da emigración conformaron a axenda do presidente da institución, Ramón Villares, na viaxe institucional a Bos Aires. A visita encádrase no marco de actividades previstas na Feira do Libro da capital arxentina na que Santiago era cidade convidada e onde contribuíu a difundir a cultura galega. A cita conclúe hoxe coa presentación do libro homenaxe a Manuel María, Advento.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura destaca a importancia da colaboración na difusión do patrimonio

Unha xornada do Consello da Cultura destaca a importancia da colaboración na difusión do patrimonio

Escavacións en directo, dixitalizar vídeos familiares e subilos á rede, organizar roteiros polos cemiterios, crear folletos turísticos interactivos e actualizados…, son moitos os formatos de difusión do patrimonio que durante dous días se explicaron no marco da xornada “Patrimonio e comunicación. Novos paradigmas”. Unha cita do Consello da Cultura Galega que puxo sobre a mesa como dar a coñecer o noso patrimonio dun xeito efectivo e á vez rigoroso. A necesidade de traballar de xeito colaborativo entre todos os sectores implicados e de empregar as potencialidades da rede son algunhas das solución que achegaron profesionais e afeccionados para situar o patrimonio no espazo público.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura Galega debate arredor da divulgación do patrimonio

Nos últimos anos apréciase unha preocupación crecente pola divulgación científica do patrimonio tanto por parte de profesionais como de afeccionados. Unha inquedanza que se traduce en numerosas iniciativas que aproveitan as novas tecnoloxías para difundir e por en valor os procesos de patrimonialización. Algunhas destas iniciativas, a nivel galego e español, están recollidas nas xornadas “Patrimonio e comunicación. Novos paradigmas” que arrincan mañá no Consello da Cultura Galega e que se poden seguir en directo a través do web da institución.

Ler máis

Expertos avogan por máis contidos abertos nunha xornada do Consello da Cultura Galega

Expertos avogan por máis contidos abertos nunha xornada do Consello da Cultura Galega

A necesidade de contidos de acceso libre, dunha xestión política que entenda a cultura en relación coa comunicación, coa educación e coa sociedade en xeral, así como a fin da comunicación de masas centraron a xornada “Cultura e comunicación na sociedade en rede”. Expertos nestas materias desde ámbitos como a semiótica ou a comunicación abordaron ao longo do día de hoxe cales son os retos e as oportunidades para unha sociedade conectada e cal o papel para as culturas minoritarias. A cita estivo coordinada polos profesores Xosé López, Francisco Campos e Manuel Gago.

Ler máis

O Consello da Cultura analiza nunha xornada a cultura e comunicación no contexto actual

“Cultura e comunicación na sociedade en rede” é o título da xornada que se desenvolve mañá no Consello da Cultura e que pretende analizar novos modelos e novas experiencias no ámbito dixital da man de expertos como Miquel de Moragas ou Emili Prado. A cita organizada polos profesores Xosé López, Francisco Campos e Manuel Gago poderá seguirse en directo a través do web da institución.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega inaugura o vindeiro 10 de maio a exposición Galicia 100

Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura é unha exposición organizada polo Consello da Cultura galega, coa colaboración de Afundación e Abanca, que constrúe un relato histórico do país a través da selección e da relación de cen pezas procedentes de institucións, empresas e coleccionistas de Galicia e do exterior. A mostra inaugurarase o vindeiro 10 de maio na sede de Afundación (rúa do Vilar, 19) en Santiago de Compostela. A exposición contará tamén cunha publicación en papel, aplicación para dispositivos móbiles, así como unha web que aposta polo uso de aspectos interactivos na dixitalización do patrimonio. Como avance, a Televisión de Galicia amosará diariamente desde o luns 25 unha escolma das pezas seleccionadas.

Ler máis

Informe sobre a divulgación da ciencia en Galicia

Informe sobre a divulgación da ciencia en Galicia

Este documento achega unha descrición xeral e unha visión crítica dos distintos proxectos que se están a desenvolver no noso país. Unha ferramenta útil para divulgadores, colectivos, xestores e institucións.

Ler máis

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se anuncia a súa convocatoria.

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2016

Ler máis

O Consello da Cultura Galega e a Casa de Velázquez convocan a segunda edición das súas bolsas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da segunda edición das bolsas de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Casa de Velázquez que promove o intercambio de creadores e investigadores. O proxecto consiste na estadía durante tres meses na Casa de Velázquez en Madrid para realizar investigacións e creacións que promovan a cultura galega no ámbito francófono.

Ler máis

O presidente do Consello da Cultura promove a cultura galega no marco da Feira do Libro de Bos Aires

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), inicia unha viaxe institucional a Bos Aires co obxectivo de contribuír a difundir a cultura galega no exterior. Nesta ocasión encádrase no marco de actividades previstas na Feira do Libro que comeza mañá na capital arxentina. Na súa axenda está prevista a realización de conferencias, varias presentacións así como a inauguración das últimas mostras realizadas pola institución que preside.

Ler máis

O Informe A divulgación da ciencia en Galicia destaca a variedade e a calidade das iniciativas existentes

“O informe pon de manifesto que hai unha potencialidade extraordinaria para a divulgación da ciencia” apuntou Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do Consello da Cultura Galega e membro da comisión técnica que no último ano estivo a traballar para compilar e documentar as iniciativas existentes sobre esta materia. O coordinador do documento, o científico Xurxo Mariño, presentou o resultado esta mañá no marco dunha xornada encamiñada a explicar os pormenores da divulgación científica en boca dos seus protagonistas. Os problemas de financiamento, a variedade extraordinaria de propostas así como a escasa presenza nos medios son algunhas das conclusións dun informe pensado para difundir entre divulgadores, público xeral e a Administración.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura aborda a situación da divulgación científica en Galicia

A sede do Consello da Cultura Galega acolle mañá mércores 20 de abril unha xornada encamiñada a dar a coñecer de xeito teórico e práctico cal é a situación da comunicación científica en Galicia. Unha cita que se desenvolve ao longo de todo o día con relatorios e conferencias e que ten unha actividade central na presentación dun informe sobre a divulgación da ciencia no noso país. A xornada está coordinada polo científico Xurxo Mariño, que tamén é un dos membros integrantes da comisión técnica que se encargou da elaboración dese documento.

Ler máis

O Consello da Cultura reedita Advento, unha obra central na poesía de Manuel María

O Consello da Cultura reedita <i>Advento</i>, unha obra central na poesía de Manuel María

Tiña apenas 19 anos cando Manuel María(1929-2004) escribiu o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas. Foi o inicio dunha escrita que o converteu nun dos máis prolíficos poetas da historia literaria galega. O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, presentou esta mañá a reedición dunha das súas obras máis destacadas, Advento, que se encadra no marco das actividades da institución para conmemorar o homenaxeado o Día das Letras Galegas. A presentación da edición facsimilar contou coa presenza de Saleta Goi, viúva de Manuel María e presidenta da Fundación que leva o seu nome, e de Miguel Anxo Fernán-Vello, escritor e editor, responsable do estudo crítico que acompaña o texto.

Ler máis

Os “Encontros para a Normalización” conclúen coa presentación dun estudo que evidencia a actitude positiva da mocidade galega cara ao galego

Unha actitude positiva, poucas resistencias pero unha disociación entre o aprecio do galego e o seu uso. Son algunhas das primeiras valoracións dun estudo novidoso realizado entre mozos de 15 e 25 anos de Galicia e que foi presentado no marco dos XVIII Encontros para a Normalización. A cita organizada polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) foi clausurada esta tarde polo presidente da institución, Ramón Villares. Os Encontros chegaron á súa maioría de idade sendo un espazo de debate e reflexións sobre a lingua e un escaparate das iniciativas en prol da normalización se están a facer no país.

Ler máis

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver e se anuncia a súa convocatoria.

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2016

Ler máis

Novos contidos en GMH

Novos contidos en GMH

Nova actualización de Gallaeciae Monumenta Historica. Desta volta son 512 documentos do Arquivo da Catedral de Ourense datados entre 1289-1339. Unha obra que podes ler en liña e que permite coñecer o goberno da diocese e do cabido, así como os conflitos e acontecementos da cidade e da contorna no complicado século XIV.

Ler máis

Os XVIII “Encontros para a Normalización” centraranse no uso da lingua nos máis novos

Os “Encontros para a Normalización” chegan á súa maioría de idade sendo un espazo de debate e reflexións sobre a lingua. Nesta XVIII edición, que comeza mañá xoves, volven poñer o foco nos máis novos cun programa encamiñado a coñecer as motivacións da mocidade galega a falar nun ou outro idioma, a debater sobre cal é a potencialidade das redes dixitais e cal o papel da escola. A cita está organizada polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG), e poderase seguir en directo a través do web. Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Rosario Álvarez, vicepresidenta do CCG, serán os encargados da inauguración dun encontro que se desenvolverá na sede da institución ata o venres.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega leva a Braga a exposición que recolle a dimensión internacional de Valle-Inclán

O Consello da Cultura Galega leva a Braga a exposición que recolle a dimensión internacional de Valle-Inclán

“Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido”(1930-1936) é o título da exposición que pretende dar conta da dimensión internacional deste escritor a través das traducións das súas obras a outras linguas. A versión en portugués desta mostra inaugurouse na tarde deste martes no Museo Nogueira da Silva en Braga. Alí estivo presente o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e a comisaria, Rosario Mascato, nun acto que contou coa actuación musical do grupo Zoar.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega renova a composición do seu Plenario

O Consello da Cultura Galega renova a composición do seu Plenario

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou no serán do xoves 7 de abril unha sesión plenaria na que aprobou cambios na súa composición. Nesta ocasión procedeuse a nomear os membros por designación das institucións que conforman o CCG e que se produce por cumprimento da Lei de creación da institución e do seu regulamento, cada dous anos. Ademais, tamén se aprobaron as próximas actividades, así como os informes das seccións e comisións que deron conta do seu funcionamento.

Ler máis