Lino Novás Calvo (Grañas do Sor, 1903- Lake Worth Florida, 1983) non responde ao perfil arquetípico do emigrante. Non tiña a esperanza de ser recoñecido na súa Galicia natal nin foi anónimo. Novás foi moitas cousas: dependente, libreiro e mesmo "fotingueiro", pero tamén escritor de referencia, xornalista reputado e tradutor recoñecido. O Consello da Cultura Galega analiza o seu legado nunhas xornadas que terán lugar na sede da institución os días 19 e 20 de xuño de 2014. Estes son os tres vídeos dedicados a dar a coñecer as diferentes facetas da súa figura.
Ler máis
Amosando noticias 2541 a 2560 de 3707


