Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 1241 a 1260 de 3707

A vulnerabilidade na encrucillada

A vulnerabilidade na encrucillada

Pensadoras contemporáneas e experiencias no ámbito sanitario

Ler máis

O Consello da Cultura Galega conmemora o Día do Orgullo cunha xornada e novos materiais

Cada 28 de xuño a comunidade LGTBQ+ celebra unha serie de accións para reafirmaren a súa orientación sexual, reivindicaren os seus dereitos e mais para faceren denuncia das actitudes homófobas. Nas vésperas desta celebración, o Consello da Cultura Galega (CCG) prepara diferentes accións. Dunha banda, organizará mañá martes, 22 de xuño, a segunda edición da xornada “Pensar con orgullo”. No marco desa cita estrearase a curtametraxe documental “Dereito a existir: falan elas” dirixida por Carme Adán e Cristina de la Torre, que recolle o testemuño de tres xeracións de mulleres transexuais. Da outra banda, no propio día 28 incorporarase unha nova cabeceira ao repositorio documental hemerográfico “A saia”.

Ler máis

Novos medios galegos

Novos medios galegos

A especialización importa

Ler máis

A novena entrega do especial “Historias de ida e volta” analiza a emigración masiva a América dos anos 50

Arxentina, Uruguai, Brasil e Venezuela foron os principais países de destino da emigración galega a América nas décadas dos anos 50 e 60. Uns movementos que se caracterizaron pola reagrupación familiar e pola captación de traballadores. A novena entrega do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX.

Ler máis

Enquisa a usuarios e usuarias do ASG

Ler máis

Especialistas poñen de manifesto a vulnerabilidade na atención sanitaria

A pandemia puxo de manifesto a complexidade do coidado, que todos somos vulnerables e que cómpre non perder o aprendido neste tempo. Son as principais conclusións da xornada “A vulnerabilidade na encrucillada. Pensadoras contemporáneas e experiencias no ámbito sanitario” que hoxe organizou o Consello da Cultura Galega (CCG). Matronas, enfermeiras e investigadoras de ámbitos que van desde a saúde ata a filosofía abordaron nas súas intervencións situacións de vulnerabilidade como o parto ou a atención sanitaria durante a pandemia. Todos os relatorios desta cita coordinada por Carme adán e María Xosé Agra foron gravadas e se poden consultar a través de internet.

Ler máis

O Álbum de Galicia incorpora as biografías do vello dos contos, Xosé Mosquera, e do mecenas Perfecto López

O Álbum de Galicia, a colección de biografías dixitais do Consello da Cultura Galega (CCG), acaba de incorporar dúas novas entradas. Unha delas é a de José Mosquera Pérez, coñecido por ser “O vello dos contos” a primeira estrela mediática de Galicia. Canda Joselín, popularizado polo vigués José Rodríguez de Vicente, creou unha escola galega de contadores de contos. Xunto con esta entrada achégase tamén a do emigrante e mecenas Perfecto López.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega dedica mañá unha xornada a reflexionar sobre a vulnerabilidade

A pandemia puxo en evidencia que hai suxeitos, situacións e colectivos máis vulnerables ca outros. Investigadoras dos ámbitos da saúde e do coidado das mulleres, da teoría feminista e da filosofía, reflexionarán mañá no Consello da Cultura Galega (CCG) sobre a vulnerabilidade nunha xornada titulada “A vulnerabilidade na encrucillada. Pensadoras contemporáneas e experiencias no ámbito sanitario”. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, inaugura esta xornada organizada por Carme Adán e María Xosé Agra. As prazas están esgotadas pero pode seguirse en directo a través do web e as redes sociais da institución.

Ler máis

Unha publicación do Consello da Cultura Galega urxe tomar medidas para atallar a nova xeración de lumes

“Os incendios ademais de ocasionar unha perda económica e patrimonial tamén repercuten no noso lecer, nas nosas tradicións e na nosa contorna” asegurou Rosario Álvarez na presentación de “Unha nova xeración de lumes? Actas do Coloquio Galaico- Portugués sobre Incendios Forestais” a última publicación do Consello da Cultura Galega (CCG). O coordinador do libro, Francisco Díaz-Fierros apuntou que estes novos lumes se caracterizan “tanto pola súa extensión como pola súa magnitude” agravados, entre outras causas, polo cambio climático e o amoreamento de combustible. Ademais, o investigador portugués Luciano Lourenço, que participou cunha intervención gravada, asegurou que “os incendios do 2017 foron un aviso e cómpre actuar con firmeza”. A publicación xa se pode descargar de balde desde o web do CCG.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega celebra o anuncio da difusión pública dos códices das “Cantigas de Santa Maria”

“É unha boa noticia porque permite poñer ao alcance de todo o mundo patrimonio moi relevante para a historia e a cultura galega, hispánica e universal” apuntou o Consello da Cultura Galega perante o anuncio de que Patrimonio Nacional poñerá en rede os dous códices que faltaban das “Cantigas de Santa Maria”.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega pon na rede o catálogo da mostra “Afonso X e Galicia”

“O catálogo é a guinda que lle faltaba ao pastel, dalle unidade e pecha o círculo” explica o músico, musicólogo e medievalista Antoni Rossell sobre “Afonso X e Galicia” o catálogo da exposición homónima coa que o Consello da Cultura Galega celebra este ano o 800 aniversario do nacemento de Afonso X. O catálogo, que está en galego, inglés e castelán, é interactivo e xa se pode consultar deste hoxe no espazo web do CCG.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega e o Instituto Cervantes promoven a presentación do libro de Ramón Villares sobre o exilio republicano

O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Instituto Cervantes organizaron este mércores en Madrid o coloquio de presentación do libro do historiador Ramón Villares, "Exilio republicano y pluralismo nacional: España, 1936-1982". O director do Instituto Cervantes, Luís García Montero, foi o encargo de presentar o coloquio entre o autor, Ramón Villares, e o tamén historiador José Álvarez Junco.

Ler máis

A biografía do gran mito da música galega, Andrés do Barro, incorpórase ao Álbum de Galicia

“Andrés do Barro é un dos grandes mitos da música galega” así comeza a entrada de quen se converteu nun icono para a cultura galega ao conseguir, en plena ditadura, catro números un cantando en galego. Do Barro foi tamén o gran responsable da xénese do pop en galego. A súa biografía, escrita por Fernando Fernández Rego, acaba de incorporarse ao Álbum de Galicia.

Ler máis

Especialistas reclaman no Consello da Cultura Galega unha reforma das leis de contratos e de subvencións para adaptalas ao sector cultural

A xornada “Dereito contra cultura?” puxo enriba da mesa que son moitos os problemas que hai no mundo da cultura e que atenden a realidades moi diversas: desde a xustificación da contratación de figuras como Bruce Springsteen nun concerto que busca a promoción a nivel internacional, ata concretar a fórmula de apoio a un certame como o “Festival da Luz”, pasando polos criterios de compra dos libros das bibliotecas ou como se poden organizar as verbenas das festas patronais. Por iso, profesionais da xestión cultural, da docencia, da administración e da actividade cultural puxeron sobre a mesa a necesidade de reformar as leis de contratos e de subvencións para adaptalas ás necesidades do sector cultural. Todas as intervencións desta cita organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) foron gravadas e están a disposición do público no web e nas redes sociais da institución.

Ler máis

Especialistas en dereito e en xestión cultural abordan nunha xornada os retos legais do sector

Contratar un espectáculo cultural ou concorrer a unha subvención poder ser procesos complexos. As esixencias da administración e as peculiaridades do sector cultural son realidades difíciles de conciliar. Diferentes especialistas no sector como Susana de la Sierra, Xabier Marcé, Miguel Martín, ou Carlos Amoedo entre moitos outros participarán mañá nunha cita que pretende buscar un punto de encontro. A xornada chámase “Dereito contra cultura?” e está organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG). A presidenta da institución, Rosario Álvarez, será a encargada de inaugurar esta cita que ten o seu aforo cuberto pero que se pode seguir de maneira telemática a través do web da institución.

Ler máis

O membro do Plenario Xulio Ríos recibe Premio Casa Asia 2021

O membro do Plenario Xulio Ríos recibe Premio Casa Asia 2021

Xulio Ríos, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega e da Comisión de Acción Exterior, recibiu este luns no Palau de Peralbes en Barcelona o premio Casa Asia 2021 polo seu traballo de difusión da realidade chinesa. A ministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, Arancha González Laya, fíxolle entrega do gravado conmemorativo. A súa candidatura foi promovida polo navarro Andrés Herrera.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega expresa o seu pesar polo pasamento de Alfonso Paz-Andrade

Afonso Paz-Andrade (Vigo, 1940-Gondomar, 2021) finou esta tarde en Vigo a consecuencia dun accidente de tráfico. O Plenario do Consello da Cultura Galega lamenta a inesperada perda de quen foi un dos seus membros entre 2010 e 2013.

Ler máis

Relatorios

Relatorios

Mulleres rurais. Unha ollada desde Galicia e América Latina

Ler máis

Un vídeo lembra o concerto “No bico un cantar”, que non se celebrará pola situación sanitaria

A situación sanitaria impediu, por segundo ano, a realización do concerto “No bico un cantar”, unha iniciativa que organizan cada primeiro venres de xuño o Consello da Cultura Galega, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. Tampouco se pode celebrar este ano pero un dos centros participantes na iniciativa, o Xoán Montes de Lugo, gravou co seu alumnado “Maio longo”, o poema de Rosalía musicado por Baldomir, co que cada ano remata este concerto.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega e o Instituto Cervantes promoven a lectura de Emilia Pardo Bazán

O Consello da Cultura Galega (CCG) colabora co Instituto Cervantes na lectura virtual de “La madre naturaleza”, unha das obras de Emilia Pardo Bazán (1851-1921). A actividade insírese na programación de xuño do Club de Lectura que mantén o Cervantes que promoverá e dinamizará o debate da man de María López Sández, especialista na obra da autora coruñesa. Esta actividade inclúese na programación deseñada polo CCG para conmemorar o centenario do pasamento de Pardo Bazán.

Ler máis