As sucesivas reducións orzamentarias, cifradas nun 22´6 por cento nos últimos catro anos, sitúan o presuposto do Consello da Cultura Galega para o 2012, cifrado en 2.577.455 euros, nos niveis de 2005. Así o subliñou Ramón Villares, presidente da institución, na súa comparecencia diante da Comisión III do Parlamento de Galicia (Economía, Facenda e Orzamentos), na que chamou a atención sobre a necesidade de considerar a cultura “un sector estratéxico de futuro, introducindo novas formas de xestión e avaliación e apoiando e impulsando novas iniciativas de acción e proxección exterior: Galicia como ponte”. Os tres grupos parlamentares, BNG, PSOE e PP, acolleron positivamente e agradeceron a exposición do presidente e o traballo que vén realizando o Consello da Cultura Galega.
Ler máis