Cómpre reformular os mecanismos de apoio público nos programas de danza e das artes performativas para incrementar a súa presenza nas catro provincias galegas. É unha das ideas que se achegan no informe Iniciativas independentes de apoio á investigación e creación en danza e artes performativas en Galicia promovido pola Sección de Música, Artes Escénicas e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro de Arte da Fundación María José Jove. Rosario Álvarez, presidenta do CCG; Felipa Jove Santos, presidenta da Fundación María José Jove; Susana González, directora do Centro de Arte e da Colección FMJJ; e Natalia Balseiro, membro da sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do CCG abriron a xornada na que se presentou este informe. No marco da sesión responsables institucionais, profesionais e persoas impulsoras de proxectos independentes abriron un espazo de diálogo arredor do ecosistema actual da creación contemporánea en Galicia. O informe xa se pode descargar desde o web do CCG.
Ler máis
Amosando noticias 1 a 18 de 18


