Do teatro á videocreación, pasando polo cinema e o humor. As artes poden ser un elemento normalizador poderoso. Esta é a tese que defende o programa dos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística, unha cita de referencia no debate, reflexión e análise da situación presente e futura da lingua galega. Un encontro que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG). Creadores recoñecidos como Xosé Antonio Touriñán, Guadi Galego, Alba Cid ou Quico Cadaval, entre moitos outros, debaten sobre a arte como unha ferramenta de construción masiva. Está aberta a inscrición da xornada presencial destes encontros, que se desenvolverá o 20 de outubro. A xornada ten tamén unha parte virtual, que son os vídeos elaborados por Fran da Lobeira, da Lobeira Today, e Nee Barros, de Neeumatiko, nos que os creadores participantes debaten sobre a relación entre arte e lingua. Os vídeos pódense consultar desde hoxe no noso web.
Ler máis