“Arquitectura da auga. A situación patrimonial dos balnearios en Galicia” é o título da xornada que o Consello da Cultura Galega (CCG) organiza mañá martes en Mondariz-Balneario para analizar a problemática patrimonial e de conservación que teñen moitos dos balnearios en Galicia. A cita, coordinada por Rebeca Blanco-Rotea, pretende analizar as solucións que se veñen adoptando para a recuperación e posta en valor deste importante patrimonio e as súas posibilidades como recurso de futuro. Rosario Álvarez, presidenta do CCG; o alcalde de Mondariz-Balneario, José Antonio Lorenzo, e a coordinadora do encontro serán os encargados de inaugurar esta cita na que se exporán os casos concretos de Mondariz, Verín, Cortegada e Lugo.
Ler máis
Amosando noticias 1181 a 1200 de 3181


