Darío Xohán Cabana
Roás (Cospeito), 19/ 4/1952 - Romeán (Lugo), 16/11/2021Autoría: Miro Villar
Poeta, narrador e tradutor, académico da RAG, autor dunha obra ciclópea en lingua galega
Académico da RAG, na que ingresou o 22 de abril de 2006 a proposta de Francisco Fernández Rei, Ramón Lorenzo e Antón Santamarina, para ocupar a vacante de Manuel María, seu padriño literario e na súa voda con Amelia Outeiro Portela, como sinala no discurso de ingreso De Manuel María a Ferrín: a grande xeración. Nesta peza recoñece a súa débeda co editor e poeta Xosé María Álvarez Blázquez, do que aprendeu en Vigo nas Edicións Castrelos moito do labor editorial, desde a corrección textual até a venda de libros, e a quen dedicou unha das súas incursións no ensaio coa biografía Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra (2008). Escribe no devandito discurso: percorrín Galiza enteira, incluso Entre-Eo-e-Navia, o Bierzo e as Portelas de Zamora, nunha furgoneta esbandallada, vendendo libros galegos en cidades e vilas e feiras, principalmente os da benemérita colección O Moucho que co lema de “libros do pobo pra o pobo” inventara Xosé María Álvarez Blázquez, a quen eu teño por un grande e intelixente heroe das edicións galegas
.
Participou activamente no nacionalismo desde a mocidade, época na que foi amigo e camarada do militante da UPG morto pola policía franquista Moncho Reboiras. E desenvolveu outros oficios como liberado do sindicalismo nacionalista entre os anos 1978 e 1983, cando gañou unha praza de garda municipal en Corcubión. En 1987 accede ao funcionario do Concello de Lugo, durante uns anos como celador do Auditorio e desde 2007 até a xubilación como Coordinador de Publicacións.
Aínda que se inicia na poesía en 1967 nos anos do instituto, co maxisterio de Xesús Alonso Montero, publica os seus primeiros libros en 1970, Verbas a un irmao en edición de autor e Home e Terra (1970), con limiar de Lois Diéguez, da man de Manuel María, quen codirixía a colección Xistral con Ánxel Johán. Nesta década asina tres títulos máis, Romanceiro da Terra Cha (Castrelos, 1973), con prólogo de Manuel María, e os outros dous no selo Roi Xordo, que desde Xenebra eludía a censura franquista, e onde utilizou o pseudónimo Daniel Méndez O´Dónell, homenaxe a Castelao, Ferrín e a un líder nacionalista irlandés. Os poemas deben ser ollados á luz do epigonal socialrealismo da época e neles percíbense dúas direccións temáticas fundamentais, o compromiso cívico e a saudosa evocación da estirpe e da terra nativa. Nos nove poemas de Ferrol 72: Daniel e Amador, condicionados pola intensa actividade política, xa hai un maior dominio do oficio literario, alén da facilidade e da destreza métrica e versificatoria, que vai derivar con posterioridade na conformación dunha voz senlleira, coa inflexión que supón a aparición dun poemario amoroso, dedicado a Amelia, Ábrelle a porta ao día (1981). Algúns deses primeiros poemas apareceron na antoloxía bilingüe que preparou María Victoria Moreno para Akal, Os novísimos da poesía galega (1973).
Porén, os seus títulos fundamentais e premiados que o consagraron como poeta son da década dos oitenta: A fraga amurallada (Premio Cidade de Ourense, 1982); Patria do mar (Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago, 1983), que se abre cun soneto que lle dedicou Ferrín; VIII fragmentos (Premio Cidade de Ourense, 1986), con prólogo de Henrique Monteagudo, e Amor e tempo liso (Premio Celso Emilio Ferreiro, 1986). O seu único poemario dos noventa Canta de cerca a morte, elexía a seu pai labrego Ricardo Cabana Ben, obtivo o Premio Martín Codax en 1994 e publicouse con limiar de Ferrín. Toda a súa produción poética, peneirados algúns textos iniciais, figura en Vinte cadernos: Poemas 1969-2002 (Xerais, 2003), prologado por Moncha Fuentes, e despois desa data tan só publicou Cabalgada na brétema (Galaxia, 2006). A citada compilación xunta case todos os seus versos escritos deica a idade do medio século, que o autor considerou como unha cifra simbólica para render contas. A Nota Bibliográfica no cabo do volume sinala que o proceso de revisión segue a orde cronolóxica da data de escrita e non a da súa publicación, e inclúe unha parca explicación sobre a decisión de suprimir algún poema editado ou esquecer deliberadamente poemas ocasionais, ao tempo que tamén deixa fóra os versos narrativos de Chirlo merlo na figueira (1990) e Cinco lendas (1993).
Na década dos oitenta, sen abandonar por completo a palabra comprometida, crea un universo propio e realiza unha arriscada aposta persoal polo formalismo e a contención clasicista, escribindo ducias de sonetos e cancións, influenciadas polo dolce stil nuovo dos poetas italianos, nomeadamente por Dante e Petrarca, autores que nesa época principiaba a traducir de xeito maxistral, mais tamén pola poesía de Ausias March, Ronsard, Shakespeare, os cancioneiros medievais galego-portugueses ou a lírica galega contemporánea, sendo evidente a pegada de Ferrín, sobre todo en Amor e tempo liso, título orixinal e logo desbotado dese libro fundamental que se chamou Con pólvora e magnolias. Outros ecos importantes son os da mitoloxía clásica e do ciclo artúrico, que tamén será relevante na súa narrativa. Ademais deste inxente xogo intertextual coa literatura tamén son de moito interese as alusións á pintura, que inzan o apartado «Algúns figuradores» de Patria do mar.
Na década dos noventa mudou o rexistro poético ao narrativo, alén dun afastado Noticias dunha aldea (1973) que vira a luz en Castrelos, en 1989 gaña o premio Xerais con Galván en Saor, anagrama de Roás, novela inspirada na materia de Bretaña e no ciclo artúrico, como antes fixeran os seus admirados Cunqueiro e Ferrín, ao que seguiron outros títulos, salientando Vidas senlleiras (Premio Cidade de Lugo, 1992), O castrón de ouro (Premio Barco de Vapor, 1993) ou O cervo na torre (Premio Xerais, 1994), distopía sobre a independencia de Galiza. Son textos que abeiran desde a novela histórica, como a longa e épica Morte de Rei (1996) baseada no malfado do noso Rei García, os relatos breves a mesturaren realidade e fantasía no ronsel de Cunqueiro ou unha exitosa entrega de obras de literatura infantil e xuvenil, con libros de habitual prescrición docente nas aulas como As aventuras de Breogán Folgueira.
Se a súa obra poética e narrativa non fose xa abondo meritoria non se pode esquecer a súa paixón e as horas de dedicación ao labor de tradutor, nas diferentes versións que publicou do Cancioneiro de Petrarca ou da obra A Divina Comedia de Dante, recoñecida internacionalmente, pois recibiu pola súa coidada versión a Medalla de ouro do concello de Florencia en 1991. E en 1994 a súa Vida nova de Dante recibiu o Premio Ramón Cabanillas de Tradución, o Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas, de Petrarca o Premio AELG de Tradución en 2012, As floriñas de San Francisco o Premio Lois Tobío ao Libro Traducido en 2014 e unha nova versión pulcramente traballada da obra A Divina Comedia de Dante o Premio AELG de Tradución en 2014. En todas elas demostrou o seu oficio ao conservar a métrica e a rima orixinais. Realizou tamén moitas outras traducións de mérito e cando lle chegou a morte viña de publicar a súa versión de Xácome o fatalista de Denis Diderot (Galaxia, 2021).
Recibiu máis de medio cento de premios literarios por artigos, contos ou poemas, que tamén enchen ducias de páxinas en antoloxías e obras colectivas. Amancio Prada, Suso Vaamonde, Fuxan os Ventos, A Quenlla ou Anxo Rei, entre outros, musicaron poemas da súa autoría.
E toda esta poligrafía foi escrita cunha lingua de ouro, coma Pondal, que bebe do léxico patrimonial da tribo labrega chairega e forma unha amálgama, unha aliaxe coa súa sólida formación de humanista con querenza pola nosa máis antiga e culta tradición literaria galega e románica. Alén da súa obra de creación, o seu profundo coñecemento da lingua está na cerna dos encrucillados que publicaba a diario na prensa galega, un tesouro de palabras.
Como citar: Villar, Miro : Darío Xohán Cabana. Publicado o 10/2/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=6908. Recuperado o 31/03/2023
DOCUMENTACIÓN DE
Fragmento da tradución de As floriñas de San Francisco, feita por Darío Xohán Cabana
Cabana, Darío Xohán: «As floriñas de San Francisco», Lvcensia: miscelánea de cultura e investigación, 49 (2014), 397-404
Fonte: Lvcensia. Biblioteca do Consello da Cultura Galega
«Por unha lingua numerosa», artigo de Darío Xohán Cabana en A Trabe de Ouro
Cabana, Darío Xohán: «Por unha lingua numerosa», A Trabe de Ouro: publicación galega de pensamento crítico, 70 (abril-xuño de 2007), 171-180
Fonte: A Trabe de Ouro. Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Relato «A mariñeira de Quilmas» de Darío Xohán Cabana, publicado na sección Letras na Almadraba da revista Nova Ardentía
Cabana, Darío Xohán: «A mariñeira de Quilmas», Nova Ardentía. Letras na Almadraba, 4 (2007) , 80-86. ISSN 1699-3128.
Fonte: https://culturmar.org/wp-content/uploads/2016/12/Ardentia4.pdf [Descarga: 2022-02-14]
©dos textos Edicións Xerais de Galicia
Artigo de Darío Xohán Cabana sobre tradución e literatura nacional
Cabana, Darío Xohán: «Digresións sobre traducción literaria e literatura nacional», Grial: revista galega de cultura, 157 (xaneiro-marzo de 2003) , 72-79. ISSN 0017-4181.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega. Accesible en: https://editorialgalaxia.gal/wp content/uploads/2020/12/grial/Grial_157.pdf
Artigo de Darío Xohán Cabana sobre Os tres mosqueteiros de Dumas na revista Viceversa
Cabana, Darío Xohán: «Os tres mosqueteiros de A. Dumas», Viceversa: revista galega de traducción, Universidade de Vigo, 6 (2000) , 261-264. ISSN-e 1989-2853
Fonte: https://revistas.webs.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/2341 [Descarga: 2022-02-14]
Entrevista de Germám Hermida a Darío Xohán Cabana para o portal culturagalega.gal
Hermida, Xermán: «Entrevistas: Darío Xohán Cabana», culturagalega.gal
Fonte: culturagalega.org. Consello da Cultura Galega
Entrevista de Xan Carballa a Darío Xohán Cabana en A Nosa Terra
Carballa, Xan: «Darío Xoán Cabana: o escritor galego precisa ter orgullo e saber da autosuficiéncia da súa própria língua», A Nosa Terra, 414 (29 de decembro de 1989), 10-11
Fonte: A Nosa Terra. Mediateca do Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_fd_pub2211_ANosaTerra_0414_19891228.pdf
Poemas a Amador Rey e Daniel Niebla, de Darío Xohán Cabana
Fonte: Biblioteca privada
Cabana, Darío Xohán: «Ferrol 72: Daniel e Amador (1972)». En Vinte cadernos: (poemas 1969-2002. Vigo: Xerais, 2003; 148-114
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Bibliografía de/sobre Darío Xohán Cabana
Villar, Miro: «Darío Xohán Cabana: bibliografía». Publicado o 16/2/2022 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega).
Fonte: http://consellodacultura.gal/album-de-galicia
Artigo de Armando Requeixo en memoria de Darío Xohán Cabana
Requeixo, Armando: «Darío Xoán Cabana: In Memoriam», Encrucillada, 225 (novembro-decembro de 2021), 91-96
Fonte: Encrucillada: revista de pensamento cristián.
Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Sobre a tradución da Divina Comedia ao galego, feita por Darío Xohán Cabana
Buono, Benedict: «Dante in Galizia: : la nuova versione della Divina Comedia di Darío Xohán Cabana», Quaderns d'italià 20 (2015) , 239-246. ISSN 2014-8828.
Fonte: https://revistes.uab.cat/quadernsitalia/article/view/v20-buono [Descarga: 2022-02-14]
DOI 10.5565/rev/qdi.390
Entrada de Darío Xohán Cabana na Gran Enciclopedia Galega
Ríos Panisse, M.ª do Carme et al.: «Cabana Yanes, Darío Xohán». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Lugo: El Progreso, 2003; 6, 200-201
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Estudo sobre os primeiros textos narrativos de Darío Xohán Cabana
Araújo García, M.ª Teresa: «Primeiros intentos narrativos de Darío Xohán Cabana», Boletín Galego de Literatura, 12 (12 de setembro de 1995), 107-112
Fonte: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/1858 [Descaga: 2022-02-14]
http://hdl.handle.net/10347/1858
Darío Xohán Cabana no Diccionario da literatura galega
Vilavedra Fernández, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. I. Autores. Vigo: Galaxia, 1995; 93-95
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Ligazóns de interese
Páxina de Darío Xohán Cabana no web da Real Academia Galega
Fonte: https://academia.gal/membro/-/membro/dario-xohan-cabana-yanes [Consulta: 2022-01-11]
Entrada de Darío Xohán Cabana na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Dar%C3%ADo_Xoh%C3%A1n_Cabana [Consulta: 2022-02-11]
A faceta de tradutor de Darío Xohán Cabana recollida no DHTE: Diccionario histórico de la traducción en España
Fernández Rodríguez, Áurea: «Cabana Yáñez, Darío Xohán (Roás, 1952–Lugo, 2021)», <DHTE: Diccionario histórico de la traducción en España
Fonte: http://phte.upf.edu/dhte/gallego/cabana-yanez-dario-xohan/ [Consulta: 2022-02-11]
Darío Xohán Cabana no centro de documentación da AELG
Fonte: Centro de Documentación da AELG
https://www.aelg.gal/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor297 [Consulta: 2022-02-10]
O escritor Miro Villar lembra a estadía de Darío Xohán Cabana en Corcubión
Villar, Miro: «Darío Xohán Cabana esquecido en Corcubión?», www.quepasanacosta.gal, (16 de xaneiro de 2022)
Fonte: https://www.quepasanacosta.gal/opinion/miro-villar/dario-xohan-cabana-esquecido-corcubion/20220116201007132919.html [Consulta: 2022-02-10]
Anxo Angueira lembra a Darío Xohán Cabana en nosdiario.gal
Angueira, Anxo: «Darío: venceredes vós», nosdiario.gal, (19 de novembro de 2021)
Fonte: https://www.nosdiario.gal/opinion/fundacion-rosalia-castro-anxo-angueira/dario-venceredes-vos/20211118212220132681.html [Consulta: 2022-02-08]
O Darío da Inés, evocado por Cristina Pérez para El progreso
Pérez, Cristina: «A saudade do Darío da Inés», https://www.elprogreso.es/, (19 de novembro de 2021)
Fonte: https://www.elprogreso.es/articulo/cultura/saudade-do-dario-da-ines/202111191619001540902.html [Consulta: 2022-02-08]
O xornalista Xan Carballa escribe sobre Darío Xohán Cabana en A Nosa Terra
Carballa, Xan: «Darío Xohán Cabana, pedra de futuro», A Nosa Terra, (18 de novembro de 2021)
Fonte: https://anosaterra.com/dario-xohan-cabana-pedra-de-futuro/ [Consulta: 2022-02-14]
O adeus de Santiago Jaureguízar a Darío Xohán Cabana en El Progreso
Jaureguízar, Santiago: «Adeus a Darío Xohán Cabana, o escritor das raíces fondas», /www.elprogreso.es, (18 de novembro de 2021)
Fonte: https://www.elprogreso.es/articulo/cultura/adeus-dario-xohan-cabana-escritor-das-raices-fondas/202111181055201540558.html [Consulta: 2022-02-08]
Información sobre a morte de Darío Xohán Cabana en El País
S.R.P.: «Muere Darío Xohán Cabana, una de las grandes voces de las letras gallegas contemporáneas», El País, (17 de novembro de 2021)
Fonte: https://elpais.com/espana/galicia/2021-11-17/muere-dario-xohan-cabana-una-de-las-grandes-voces-de-las-letras-gallegas-contemporaneas.html [Consulta: 2021-11-7]
Homenaxe a Darío Xohán Cabana en portaldaspalabras.gal
«Homenaxe a Darío Xohán Cabana», Portal das Palabras: unha iniciativa da RAG e da Fundación Barrié, (17 de novembro de 2021)
Fonte: https://portaldaspalabras.gal/o-portal-das-palabras-homenaxea-a-dario-xohan-cabana/ [Consulta: 2022-02-11]
Noticia do falacemento de Darío Xohán Cabana en culturagalega.gal
«Falece Darío Xohán Cabana: o escritor, tradutor e académico residía en Roás e contaba con 69 anos de idade», www.culturagalega.gal, (17 de novembro de 2021),
Fonte: http://culturagalega.gal/noticia.php?id=33145 [Consulta: 2022-02-09]
Información sobre o pasamento de Darío Xohán Cabana no xornal dixital www.praza.gal
«Falece Darío Xohán Cabana, figura clave da literatura galega contemporánea», www.prazapublica, (17 de novembro de 2021)
Fonte: https://praza.gal/cultura/falece-dario-xohan-cabana-figura-clave-da-literatura-galega-contemporanea [Consulta: 2022-02-11]
Lembranza de Darío Xohán Cabana, por Daniel Salgado, en elDiario.es
Salgado, Daniel: «Morre Darío Xohán Cabana, tradutor da 'Divina Comedia' ao galego e escritor», elDiario.es, (2021-11-17)
Fonte: https://www.eldiario.es/galicia/morre-dario-xohan-cabana-tradutor-da-divina-comedia-ao-galego-e-escritor_1_8498417.html [Consulta: 2022-02-09]
O mundo da cultura chora a perda de Darío Xohán Cabana
Xestoso, Manuel: «O mundo da cultura chora a perda de Darío Xohán Cabana, mestre da lingua», nosdiario.gal, (17 de novembro de 2021)
Fonte: https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/mundo-da-cultura-chora-perda-dario-xohan-cabana-mestre-da-lingua/20211117192614132609.html [Consulta: 2022-02-08]
Autobiografía de Darío Xohán Cabana na Biblioteca Virtual Galega da UDC
Fonte: https://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=DarCaban&alias=&solapa=biografia [Consulta: 2022-02-14]
Darío Xohán Cabana escribe en El país sobre Fuxan os Ventos
Cabana, Darío Xohán: «Fuxan os Ventos, la voz del pueblo», El país, 12 (26 de febreiro de 2012)
Fonte: https://elpais.com/ccaa/2012/02/21/galicia/1329827899_739363.html [Consulta: 2022-02-10]
Videos
Vídeo homenaxe a Darío Xohán Cabana realizado por BiblioMas
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=_rDegYNaTBg [Consulta: 2022-02-14]
Darío X. Cabana recita o seu poema «Reboiras na lembranza» na homenaxe popular a Moncho Reboiras. Cemiterio de Imo (Dodro, A Coruña) 7 agosto 2010.
Fonte: Comisión Moncho Reboiras. 35 aniversario: 1975-2010.
https://www.youtube.com/watch?v=hBIP91EqCsI&ab_channel=Sr.Verme
Tomado de: http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1033/
Consello da Cultura Galega
Darío Xohán Cabana recita o seu poema «Antioquía», para un vídeo da AELG
Fonte: Videoteca da AELG
https://www.youtube.com/watch?v=vIHxRw0kV2M&ab_channel=oleiros70
Trailer da película A mariñeira. Dirixida por Antón Dobao en 2008, está baseada no relato «A mariñeira de Quilmas» de Darío Xohán Cabana
Fonte: https://www.youtube.com/watch?v=Ros_zEjOZKY [Consulta: 2022-02-15]
Audios
Darío Xohán Cabana recita o poema Reboiras na memoria
PROGRAMA ESPECIAL SOBRE EL DIA DE LAS LETRAS GALLEGAS DEDICADO A AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO
PROGRAMA ESPECIAL SOBRE EL DIA DE LAS LETRAS GALLEGAS DEDICADO A AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO
A QUENLLA: María Balteira. Letra: Darío Xohán Cabana. Música: Xosé Luis Rivas.
Publicacións periódicas
Correo de Galicia (1965-) .
El periódico para los 600.000 hogares gallegos del Río de la Plata
Espalladoiro (1990-) .
Voceiro do Centro Galego de Llodio
Artigos Darío Xohán Cabana
CABANA, D. (2/1977) Xogar. Teima. (8), 29.
Ver pasatempo
CABANA, D. (2/1977) Xogar. Teima. (9), 29.
Ver pasatempo
CABANA, D. (2/1977) Xogar . Teima. (10), 29.
Ver pasatempo
CABANA, D. (3/1977) Xogar. Teima. (12), 28.
Ver pasatempo
CABANA, D. (3/1978) Arte: O escultor Victor Corral. Nosa Terra, A. (10), 18.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (3/1978) Libros: «Libro das baladas» de Manuel María. Nosa Terra, A. (11), 18.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (6/1978) O «Lusitanismo»: Enfermedade infantil do nacionalismo. Nosa Terra, A. (22), 12.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (7/1978) Libros: «Farsa e andrómena do antroido» de Camilo Valdeorras. Nosa Terra, A. (26), 22.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (10/1978) ¿Qué foi das feiras e festas do San Froilán?. Nosa Terra, A. (32), 20.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (11/1978) Motor: Coidar o auto de cara ó inverno. Nosa Terra, A. (36), 15.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (12/1978) Defensa dos nomes da terra. Nosa Terra, A. (43), 20.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (1/1979) Crucigrama. Nosa Terra, A. (47), 19.
Ver pasatempo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (2/1979) Crucigrama. Nosa Terra, A. (49), 19.
Ver pasatempo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (3/1979) Crucigrama. Nosa Terra, A. (54), 19.
Ver pasatempo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (4/1979) Crucigrama. Nosa Terra, A. (58), 19.
Ver pasatempo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (5/1979) «Idioma galego, idioma oficial»: Vía radiofónica cara a normalización. Nosa Terra, A. (61), 10.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (5/1979) Crucigrama. Nosa Terra, A. (62), 19.
Ver pasatempo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (6/1979) Unha volta pola Terra Chá. Nosa Terra, A. (66), 8.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (6/1979) Cartas: Contradecindo. Nosa Terra, A. (68), 19.
Ver Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (9/1979) Carta entreaberta: O decálogo do sr. Alcalde. Nosa Terra, A. (74), 6.
Ver carta Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (10/1979) Carta entraberta: Tres eran as fillas de Elena. Nosa Terra, A. (76), 4.
Ver Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CABANA, D. (10/1979) Carta entraberta: O alcalde de Fene goberna. Nosa Terra, A. (78), 6.
Ver carta Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
Libros do ccg sobre Darío Xohán Cabana
A lingua galega, historia e actualidade (v. I).
2004 | Rosario Álvarez, Edición. Francisco Fernández Rei, Edición. Antón Santamarina, Edición.
Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela