O Consello da Cultura Galega presenta o poemario Canto do pobo disperso, transcrición e facsímile dun inédito de Valentín Paz Andrade, escrito en Bogotá (Colombia) en 1955. A institución contribúe así tradicionalmente á celebración do Día das Letras Galegas coa publicación dunha peza senlleira da figura homenaxeada. A edición estivo ao coidado de María Xesús Lama, profesora da Universidade de Barcelona, e autora do estudo introdutorio.
| Título | Canto do pobo disperso |
| Autoría |
Valentín Paz-Andrade |
| Estudo |
María Xesús Lama López |
| Limiar |
Ramón Villares |
| Obxecto de estudo |
Valentín Paz-Andrade |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2012 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 65 ,[19] p. ; 21 cm. |
| Notas | Contén: Emigración e literatura / por María Xesús Lama (p. 15); Canto do pobo disperso: transcrición (p.33); Canto do pobo disperso: Facsímile (p. 67) |
| ISBN | 978-84-92923-35-9 |
| Depósito Legal | C 864-2012 |
| CCG. Signatura | CCG 2012 424 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|



![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)








