Emilio Pita
A Coruña, 15/ 10/1907 - Bos Aires, Arxentina, 7/12/1981Autoría: Xavier Groba González
Emigrante comprometido coa militancia galeguista, a poesía, a música e os libros
Romelo,
Romero.
Era o sexto dos oito fillos de José Pita Lodeiro e Bernardina Robelo del Pino, moradores no coruñés Campo da Leña, barrio de Monte Alto. O seu pai morre en 1915. Coa familia, Emilio emigra á Arxentina –tamén hai datas contraditorias– en 1921.
As posibilidades que a metrópole de Bos Aires ofrecía para un bo traballo, rico desenvolvemento intelectual e fértiles relacións sociais, foron ben aproveitadas por aquel decidido, modesto, orixinal, cordial, culto e aprezado mozo.
Desde a súa chegada –e até a xubilación cincuenta anos despois– Pita traballa na Genaro García Ltda, casa comercial riopratense dedicada á exportación de cereal. Nela chegará a ser persoa de máxima confianza con frecuentes viaxes de negocios ao Brasil, Paraguai… e responsabilidades como abrir sucursais da empresa en Rosario, provincia de Santa Fe –onde se estableceu a comezos dos anos 40– e logo en Montevideo. A cada paso, con asiduas estancias na capital arxentina onde, finalmente, volve residir.
En 1935 casa con María Lorenzo. Terán dous fillos, Emilio Adolfo e Alberto. Ela era filla de Fernando Lorenzo Rico, emigrado mindoniense de gran fortuna e un dos imprescindíbeis nas beneméritas iniciativas galeguistas de Bos Aires.
Emilio Pita milita na Sociedade Nazonalista Pondal, grupo arredista fundado en 1930 que editaba o órgano A Fouce. Axiña, tamén en 1930, involúcrase na creación da sección arxentina da ORGA, logo renomeada Orgaización Nazonalista Repubricana Galega. Na súa primeira viaxe a Galicia, entre agosto e outubro de 1931, contacta con Risco e Otero Pedrayo. Na segunda, de maio de 1933 a febreiro de 1934, visibilízase o compromiso co Partido Galeguista con intervencións públicas a prol da autonomía, coa axuda na fundación da Mocedade Galeguista da Coruña, etc. En xaneiro de 1936 participa no Frente Único Galleguista de Izquierda. Xa con España en guerra, implícase no Grupo Galleguista de Bos Aires e, coa chegada de Castelao en 1940, na unitaria Irmandade Galega.
Desde 1929 escribe en medios da colectividade galega de Bos Aires –El Despertar Gallego (voceiro da Federación de Sociedades Gallegas, do que foi redactor), Galicia (tamén da FSG a partir de 1930, cando sucedeu a El Despertar Gallego como órgano federal), Céltiga, A Fouce, Alalá, A Nosa Terra..., e colabora na audición radial Aquí… Galicia! E tamén, en especial antes de 1936, nalgunhas cabeceiras na Terra como Nós, Yunque, El Pueblo Gallego, Heraldo de Galicia ou La Noche.
A súa prosa céntrase na política galeguista –nunca na arxentina ou uruguaia–, no uso e defensa do idioma galego e mais en diversos ensaios musicais ou poéticos con predilección por Rosalía, Pondal, Cabanillas, Tolstoi ou Maiakovsky.
Pronto destaca como poeta. Segundo o profesor García López, Emilio Pita publica poesía de 1930 a 1975. Son 156 poemas, sempre asinados e case todos reunidos en libros. Jacobusland (1942), con ilustracións de Castelao, considérase fito inaugural da literatura galega de posguerra e inicio do realismo social contemporáneo galego. Un poema desta obra inclúese no Cancioneiro da loita galega editado en México (1943) polo Partido Galeguista. Os seus seguintes poemarios son: Cantigas de nenos (1944), Os relembros; As cantigas (1959), O ronsel verdegal (1964) e Serán (1974). Maceira Fernández atribuíulle a autoría doutros poemas conservados na Biblioteca Xeral da USC. García López considera errado asignarlle esas obras.
Méndez Ferrín encádrao na Xeración de 1936. García López, con certa reserva, valida ese enmarque e analiza a poética vangardista de Pita na que subliña –entre outros riscos– a importancia das imaxes, do hilozoísmo, do neotrobadorismo, creacionismo e humanismo cultivados con algún recurso, non folclorizado, da lírica popular.
A relevancia da música na obra do autor é innegabel. Para alén da temática e da musicalidade interiorizada do cantigueiro propio, Lama López e Vilavedra Fernández teñen destacado como –nalgúns poemas de Serán– o poeta mostra un infrecuente interese galego polo país de acollida ao adoptar ritmos de zamba, baguala, chamamé, etc.
Por Mariñas del Valle sabemos que Emilio estudou música cos mestres Morales, pai e fillo. É dicir, de neno, na Coruña, foi alumno de Ricardo Morales Sabugueiro e de Ricardo Morales García; ou ben do seu irmán Olegario, tamén músico e profesor. Na Arxentina presupónselle formación autodidacta. Tocaba o piano e o laúde.
En 1962, Pita afirmaba:
As miñas aficiós, logo da poesía, están adicadas á nosa música; principalmente á medieval e ás panxoliñas de Nadal, que din a coñecer en audicións comentadas por pequenos coros de cámara e nenos. Entre esas agrupacións vogais destacan o coro Lembranzas d’Ultreya (1932) –desde 1936 Agrupación Artística e Cultural Ultreya– e o cuarteto Ultreya (1938). Nese labor, entre outros, conta co músico e poeta tudense Manuel Prieto Marcos, en Bos Aires desde 1927.
Como intérprete, destaca a gravación ao piano da Muiñeira de Chantada, usada como sintonía do lonxevo programa radiofónico Sempre en Galiza –en antena de 1950 a 2006 en Radio Carve, desde 2006 en Radio Oriental– unha das iniciativas galeguistas no Uruguai nas que Pita se implicou.
Non sabemos de composicións musicais da súa autoría. Si hai certeza de música patrimonial galega transcrita e/ou arranxada por el. Caso destacado –desvelado en 2016 por Do Pico Orjais– é a adaptación musical das cancións de Os vellos non deben de namorarse na súa estrea (1941), entre elas a «Cántiga dos Boticarios» máis coñecida por «Lela (serenata compostelana)». Repárese en que non se trata da canción homónima –e hoxe máis popular– de Rosendo Mato Hermida, tamén vinculada coa relevante obra teatral de Castelao, pero só desde a súa estrea en Galicia vinte anos despois.
Na musicoloxía, Emilio Pita destaca polo capítulo «Música e Danza» da Historia de Galiza de Otero Pedrayo. Mágoa que contase apenas con 14 das 782 páxinas do volume I da obra. Con todo, achega antecedentes, instrumentos, cántigas e danzas nun digno texto con 19 exemplos de partituras, moitas delas tomadas –como as ideas– da mellor bibliografía dispoñíbel en 1962: Sampedro, Filgueira, Cobas Pazos, Santalices, etc.
Porque outro labor meritorio de Pita foi reunir unha excelente biblioteca persoal; e non só de temática galega. Por desgraza, trece anos despois da súa morte, centos dos seus libros foran comprados e revendidos en lotes sen que ninguén evitase a división.
Emilio Pita Robelo acadou en vida o recoñecemento da colectividade galega na Arxentina. En Galicia apenas foi nomeado membro correspondente da RAG (1963) e lembrado por algúns poucos. Xa xubilado, e por uns meses, regresou discretamente de visita entre 1970 e 1971. Faleceu en Bos Aires o día 7 de decembro de 1981, sendo soterrado no panteón do Centro Gallego na Chacarita.
Obras de Emilio Pita
Pita, Emilio (1942): Jacobusland. Bos Aires: Imprenta de Iglesias y Matera. Hai reed. facsímile en Sada: Ediciós do Castro,1972.
Pita, Emilio (1944): Cantigas de nenos. Rosario [de Santa Fe]: Arayl. [Un dos poemas desta obra foi reeditado con ilustracións de Isabel Pintado]: Pita, E. e Pintado, I. (2010): Cantiga do Mazarico. Culleredo: Espiral Maior; (Lúa Lueira; 2).
Pita, Emilio (1959): Os relembros; As cantigas. Bos Aires: Citania.
Pita, Emilio (1962): «Música e Danza». En Otero Pedrayo, Ramón (dir.): Historia de Galiza. I. Bos Aires: Nós; 763-777. Hai reed. facsímile, reducida de tamaño, en Madrid: Akal, 1979.
Pita, Emilio (1964): O ronsel verdegal. Vigo: Salnés; (Poesía Galega; 15).
Pita, Emilio (1970): «O meu relembro de Nós». Cincuentenario de Nós. Boletín
Pita, Emilio (1974): Serán. Vigo: Galaxia: (Salnés. Poesía Galega;32).
[Nota: Non inclúe hemerografía nin obra dubidosa atribuída]
Bibliografía
Alonso Montero, Xesús (1972): «Cinco escolios pra un libro de versos», [prólogo á reedición facsímile de]: Pita Emilio: Jacosbuland. Sada: Ediciós do Castro.
Alonso Montero, Xesús (1996): «As musas belixerantes do exilio» [estudo introdutorio á reedición de] Cancioneiro da loita galega. Sada: Ediciós do Castro.
Costa Gómez, Antonio (1974): «PITA, Emilio», Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. XXXVI: pet-pont, Lugo: El Progreso, DL 2003; 94-95.
Díaz, Hernán M. (2007): Historia de la Federación de Sociedades Gallegas: realidades políticas y prácticas militantes. Bos Aires: Fundación Sotelo Blanco, Biblos; 239-240.
Fernández del Riego, Francisco (1971): Manual de historia da literatura galega, 2ª ed. Vigo: Galaxia.
García López, José Ángel (2006): Edición e estudo da obra poética de Emilio Pita. Murcia: Universidad, Servicio de publicaciones.
García López, Xosé Anxo (2009): «Lembranza do escritor Emilio Pita Robelo», Botelín da Real Academia Galega, 370:165-178.
Lama López, María Xesús & Vilavedra Fernández, Dolores (2001). «La emigración a la Argentina en la literatura gallega». En Núñez Seixas, Xosé Manuel [ed.]: La Galicia Austral. La inmigración gallega e la Argentina. Bos Aires: Biblos; 301.
Maceira Fernández, Xosé Manuel (1999) [prólogo e edición de]: «Juan España» [pseudónimo atribuído a Pita, Emilio]: Polos camiños do Pobo. Sada: Ediciós do Castro.
Mariñas del Valle, Xenaro (1979): Importancia do público na revelación teatral. Discurso lido o día 25 de febreiro de 1978 na súa recepción pública [na Real Academia Galega]. Sada: Ediciós do Castro, 10.
Martínez-Romero Gandós, José (2015): «Emilio Pita: Esquecido poeta, musicólogo e militante galeguista». Areal. Revista Cultural de Sada, 10 (abril), 29-31.
Méndez Ferrín, Xosé Luís (1984): De Pondal a Novoneyra. Vigo: Xerais; 97-98.
Pico Orjais, José Luís do (2016): «Lela. Uma cancão à procura dum autor», en Ilha de Orjais (https://ilhadeorjais.blogspot.com. Entradas 200 e 201).
Como citar: Groba González, Xavier : Emilio Pita. Publicado o 28/2/2024 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=3114. Recuperado o 21/01/2026
DOCUMENTACIÓN DE
Emilio Pita escribe sobre a poesía de Ramón Cabanillas. Ver Documento. Artigo
Pita, Emilio: «Os meus poetas: Ramón Cabanillas», Vieiros: revista do Padroado da Cultura Galega do México, 4 (21 de marzo de 1968), 29-30.
Fonte: Biblioteca de Galicia / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Artigo de Emilio Pita sobre Rosalía de Casto en A Nosa Terra. Ver Documento. Artigo
Pita, Emilio: «Na evocación de Rosalía celebrouse o Día das Letras Galegas», A Nosa Terra: boletín quincenal: idearium das Irmandades da Fala, 505 (xullo de 1963), 2.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
Capítulo sobre música e danza escrito por Emilio Pita para a Historia de Galicia dirixida por Otero Pedrayo. Ver Documento. Extracto de libro
Pita, Emilio: «Música e danza». En Otero Pedrayo, Ramón (dir.): Historia de Galiza. I. Bos Aires: Nós, 1962; 763-777.
Fonte: Biblioteca de Galicia. Xunta de Galicia
«O primeiro alalá», relato de Emilio Pita na revista Alalá. Ver Documento. Relato
Pita, Emilio: «O primeiro alalá», Alalá: revista de arte y letras editada pol-a coral Os Rumorosos, 1 (maio de 1935), 7.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Artigo de Emilio Pita en Nós sobre Maiakosvsky. Ver Documento. Artigo
Pita, Emilio: «Maiakosvsky: o derradeiro romántico», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.Nós, 121 (15 de xaneiro de 1934), 9-10.
Poema de Emilio Pita na revista Nós. Ver Documento. Artigo
Pita, Emilio: «Romance dos sete mariñeiros», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.Nós, 104 (15 de agosto de 1932), 137.
«Romance» de Emilio Pita na revista Nós. Ver Documento. Poema
Pita, Emilio: «Romance», Nós: boletín mensual da cultura galega: órgao da Sociedade Galega de Pubricacións
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.Nós, 93 (15 de setembro de 1931), 3.
Artigo de Emilio Pita sobre o movemento galeguista. Ver Documento. Artigo
Pita, Emilio: «O movimento galeguista: idea e dibuxo», A nosa terra: boletín quincenal : idearium das Irmandades da Fala, 280 (1 de febreiro de 1931), 6.
Fonte: Real Acaemia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«Emilio Pita, esquecido poeta, musicólogo e militante galeguista», artigo de José Martínez-Romero Gandos. Ver Documento. Artigo
Martínez-Romero Gandos, José: «Galegos da emigración esquecidos. Emilio Pita, esquecido poeta, musicólogo e militante galeguista», Areal: revista cultural de Sada, , 10 (2015), 29-31.
Fonte: Areal / Dialnet
https://dialnet.unirioja.es/
«Apuntamentos sobre a lírica de Emilio Pita», de Xosé Anxo García López. Ver Documento. Artigo
García López, Xosé Anxo: «Apuntamentos sobre a lírica de Emilio Pita», Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares, 32 (2010), 15-27.
Fonte: Raigame / Dialnet. Universidad de la Rioja.
https://dialnet.unirioja.es/
«Incorporación y revisión de inutilidades de mozos pertenecientes al cuarto trimestre de reemplazo de 1928». Ver Documento. Páxina de prensa
[Ayuntamiento de La Coruña] (1938): “Incorporación y revisión de inutilidades de mozos pertenecientes al cuarto trimestre de reemplazo de 1928”, El Ideal Gallego: diario católico, regionalista independiente, ano XXII, nº 5950, 31 xullo 1938, p. 2.
Fonte: https://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
Administración de Justicia. Boletín Oficial Provincia de La Coruña. 1924. Ver Documento. Expediente
[Juan López, Secretario Xudicial] (1924) «Administación de Justicia», Boletín Oficial Provincia de La Coruña, 29 (4 de febreiro de 1924), 116.
Fonte: https://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es
Ligazóns de interese
Revista Yunque
Edición facsimilar: Alonso Girgado, Luís; Moreda Leirado, Marisa e Vilariño Suárez, María (eds.) (2006): Yunque: periódico de vanguardia política: (1931-1932). Lugo: 1931-1932. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Fonte: https://www.cirp.es/publicacions/pub-0212.html [Consulta: 2023-03-22]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Espazo dixital de Emilio Pita no especial dedicaco á revista Nós en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://revistanos.galiciana.gal
«Publicado un volumen de poesía social de Emilio Pita inédito desde 1962», artigo asinado por J.G. na edición dixital de La Voz de Galicia, (28 de outubro de 2020)
Fonte: La Voz de Galicia
https://www.lavozdegalicia.es/
«Lela. Uma canção à procura de um autor. II», artigo de José Luis do Pico Orjais no seu blog Ilha de Orjais, (6 de marzo de 2016)
Fonte: Ilha de Orjais, n.º 201.
https://ilhadeorjais.blogspot.com
«Lela. Uma canção à procura de um autor», artigo de José Luis do Pico Orjais no seu blog Ilha de Orjais, (14 de febreiro de 2016)
Fonte: Ilha de Orjais, n.º 200.
https://ilhadeorjais.blogspot.com
«Contribución de Emilio Pita á cultura galega en Galicia e en América», conferencia de José Ángel García López no IX Congreso Internacional da AIEG. Xullo de 2009
Fonte: https://tv.uvigo.es/
Acceso en liña ao artigo Xosé Anxo García López «Lembranza do escritor Emilio PIta Robelo», no Boletín da Real Academia Galega, 370 (2009)
Fonte: Real Academia Galega.
https://publicacionsperiodicas.academia.gal
Evocación de Emilio Pita
Fonte: https://josegonzalezledo.wordpress.com [Consulta:2024/01/25]
Emilio Pita na Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña
Fonte: Biblioteca Virtual Galega.
https://bvg.udc.es
Emilio Pita na Enciclopedia da Emigración Galega. A biografía está escrita por Lois Pérez Leira
Fonte: http://www.enciclopediadaemigraciongalega.com
Epístolas de
Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1941.
Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1959.
Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1959.
Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1961.
Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, c.1962.
Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1962.
Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1962.
Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1962.
Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1962.
Carta de Emilio Pita a Lois Tobío Fernández, 1962.
Publicacións periódicas
Despertar Gallego, El (1922-1930) .
Órgano mensual de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en Buenos Aires
A partir do n.º 23: Órgano oficial de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina
A partir do n.º 120: Órgano oficial de la Federación de Sociedades Gallegas en la República Argentina
Galicia [Bs As 1930] (1930-) .
Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas
Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas
Alalá (1935-1935) .
Revista de Arte e Letras editada pol-a Coral Os Rumorosos
Alma Gallega (1935-1967) .
1935: Revista de «Casa de Galicia»
1936-1940, e a partir de 1944: Órgano Oficial de Casa de Galicia de Montevideo
Xullo 1941: Revista de Casa de Galicia
Abrente (1941-1941) .
Revista Galega
Saudade (1942-) .
Verba Galega nas Américas
Orensano, El (1944-1945) .
Periódico galego
Aquí…Galicia! (1960-) .
Órgano de la Peña Cultural Gallega "Rosalía de Castro"
Lérez (1962-) .
Revista do Centro Pontevedrés de Buenos Aires
Orientación Gallega (1962-1965) .
Correo de Galicia (1965-) .
El periódico para los 600.000 hogares gallegos del Río de la Plata
Artigos Emilio Pita
PITA, E. (12/1930) Un mártir | Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (185), 1.
PITA, E. (2/1931) Galicia cara y cruz | Galicia [Bs As 1930]. [1ª] (193), 10.
PITA, E. (5/1945) Romanciño do bosque dourado | Negreira. 1ª (5), 43.
PITA, E. (4/1954) Lírica galega | Opinión Gallega. 1ª (148), 6-7.
PITA, E. (1957) O romance do vello val | Orzán. 1ª (9), 19.
IGLESIAS IGLESIAS, L. LORENZO FERNáNDEZ, X. RISCO, V. OTERO PEDRAYO, R. PARGA PONDAL, I. PITA, E. (11/1962) Nova Historia de Galiza | Orientación Gallega. 1ª (7), 3.
PITA, E. (2/1964) De Emilio Pita | Orientación Gallega. 1ª (20), 8, 11.
PITA, E. (11/1964) Ramón de Veloy | Orientación Gallega. 1ª (26), 6.



















