Entidade: Centro Galego. A Habana

Entidade: Centro Galego. A Habana [3]

Data Material Ver
Data Material Ver
1919-00-00
Aula de corte e confección do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1919
Ver

Transcripción da Aula de corte e confección do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1919 en 00/00/1919

Para asistir como alumno aos cursos deste centro educativo era condición necesaria ser socio do Centro Galego ou familiar dun socio. Para os varóns as clases eran gratuítas, mentres que as nenas (fillas de socios) tiñan que pagar unha pequena cantidade anual. Co tempo tamén puideron acceder os cubanos e os membros doutras colectividades.
Había unha ampla oferta de estudos que se foi estendendo co paso dos anos: de primaria ata o oitavo grao, pero tamén formación profesional (taquigrafía, mecanografía, secretariado comercial, álxebra, idiomas…) e preparación para acceder ao bacharelato. As clases podían ser pola mañá, pero tamén se favorecían as nocturnas debido a que moitos dos alumnos adultos só podían acudir despois da xornada laboral. Tampouco debemos esquecer que a Sección de Belas Artes organizaba clases de pintura, música e danza, de gran sona na cidade.
A partir de 1894 permitiuse o acceso das mulleres á formación educativa do Plantel. Aínda así, os plans de estudo eran distintos para homes e mulleres: había aulas diferenciadas por sexos e as alumnas recibían clases de ensino primario, corte e confección, bordados á máquina, labores domésticos ou secretariado, tarefas que se consideraban «máis propias do seu sexo».


1923-00-00
Andrea López Chao, unha mestra galega en Cuba a prol da educación e do progreso das mulleres
Ver

Transcripción da Andrea López Chao, unha mestra galega en Cuba a prol da educación e do progreso das mulleres en 00/00/1923

Pouco se sabe da vida de Andrea López Chao, emigrante na illa de Cuba. Mais ela non foi unha de tantas mulleres sen estudos nin formación que na primeira década do século XX marcharon alén mar para traballar no servizo doméstico. A través da prensa temos noticia do seu labor como docente no Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana, do que chegou a ser directora. Moi integrada na colectividade galega, ocupou o cargo de vicepresidenta da sociedade Hijas de Galicia, entidade centrada na protección e coidado da muller emigrante.
Ademais colaborou activamente no movemento feminista cubano. En 1923 participou, en representación desta entidade, no I Congreso Nacional de Mulleres. Nel interveu cunha conferencia en que defendía o papel da muller como parte fundamental da familia e como elemento esencial para a educación dos fillos, futuros cidadáns; unha idea progresista para a época pois recoñecía o papel da muller na sociedade: “En una palabra, la familia, y en su seno la mujer, es la destinada a educar la generación que crece para honra, defensa y engrandecimiento de la Patria”.


2019-00-00
Edificio do Plantel Concepción Arenal, o centro educativo das e dos galegos asentados na Habana, 2019
Ver

Transcripción da Edificio do Plantel Concepción Arenal, o centro educativo das e dos galegos asentados na Habana, 2019 en 00/00/2019

Na actualidade este edificio continúa a ser un referente no sistema educativo cubano como centro de estudo de numerosas xeracións de nenos e nenas cubanas. O actual Plantel Escolar Concepción Arenal segue levando o nome que lle deran os seus creadores, os emigrantes galegos instalados na illa de Cuba. Isto debe ser un orgullo para Galicia como un símbolo das iniciativas dos nosos paisanos alén mar a prol da cultura e da educación.
O 23 de novembro de 1879 un grupo de persoeiros galegos residentes na Habana fundou o Centro Galego da Habana, Sociedad de Instrucción y Recreo, unha das asociacións da emigración galega máis senlleiras. A comezos de 1880 a directiva aluga como sede social este edificio situado na rúa Prado esquina Dragones, inmoble que pasaría a ser da súa propiedade uns anos despois. Axiña instala unhas aulas no primeiro piso, nas que se imparten cursos nocturnos de alfabetización para os socios e diúrnos para os seus fillos. En 1907 o Centro Galego comeza a construír na rúa Prado un magnífico palacio —inaugurado como sede social en 1914— e, co obxecto de que todos os servizos académicos estean reunidos nun mesmo edificio, aproba reformar a súa antiga sede para instalar alí un gran centro educativo, o Plantel Concepción Arenal, denominación aprobada na asemblea de socios do 16 de decembro de 1914 como homenaxe á gran xurista e pensadora galega, autora —entre outras obras— de La instrucción del pueblo (1878).


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Bobo Arce, Marta;  Cabeza de León, Salvador;  Cabanas, Constantino;  Murias Rodríguez, Pedro;  Blanco Santiago, Carlos;  Cañas, Pilar;  Cela, Camilo José;  Agra Romero, María Xosé;  Peña, Marina de la;  García Naveira, Jesús;  Rico Verea, Manuel;  Formoso, David;  Pajares Vales, Carlos;  Garcia, Xose Manuel;  Tena, José Luis de;  Lorenzo Vázquez, Ramón;  Novoa, Emilia;  Rodriguez, Julio;  Lizancos, Plácido;  Lago Pita, Pablo;  Ramos Garcia, Fernando;  Rios Fernandez, Miguel Angel;  Rivas, Santiago;  Sánchez Arévalo, José;  Nuñez Centella, Ramon;  Folgueira Portela, Mariña;  Ferreiro, Marian;  Gay, Jose Antonio;  Carballo Calero, Ricardo;  DoCampo, Xabier P.;  Outeiriño, Manuel;  Marquez, Fernando;  Rial, Antonio;  Rajoy, Mariano;  Lapa, Manuel Rodrigues;  García Naveira, Juan;  Garrido, Fernando;  López Chao, Andrea;  Soto Alvariño, Elena;  Prieto Lois, Jose Ignacio;  Mosquera, Fina;  Regueiro Varela, Benito;  Tudela, Mariano;  Fernandez Obanza, Guillermo;  Garcia Bonhome, Emilio;  Suarez-Vence, Javier;  Armesto Barbeito, Xosé Luís;  Lopez Cepero, Manolo;  Mosquera, Josefina;  Piñeiro López, Ramón;  Temáticas: Mulleres;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  deportes;  Historias de ida e volta;  política;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  emigración;  remesas;  Álbum de Galicia;  asociacións;  emigrantes;  literatura;  dereito;  A pegada indiana na Mariña lucense;  O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa;  entrevista;  Galego;  Ares en Cuba: unha emigración mariñeira;  universidade;  cultura;  pedagoxía;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  infancia;  historia;  vídeo;  Proxector;  Universitario;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  ensino;  A pegada educativa da emigración galega en América;  sanidade;  Secundario;  ciencias da educación;  xustiza;  Mulleres no Álbum de Galicia;  filosofía;  feminismo;  Lingua. Literatura;  economía;  pesca;  etnografía;  tradición;  antropoloxía;  agricultura;  sucesos;  Ministerio de Educación y Cultura. España;  Educación. Pensamento. Sociedade;  Fondo: Ramón Piñeiro na Fundación Penzol;  Colección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón Piñeiro; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0