Entidade: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)

Entidade: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG) [235]

Data Material Ver
Data Material Ver
ENTREVISTA A XAQUIN LORENZO "XOCAS" SOBRE OURENSE (PRIMERA PARTE)
ENTREVISTA A XAQUIN LORENZO "XOCAS" SOBRE OURENSE (SEGUNDA PARTE)
ENTREVISTA A MANUEL MANDIANES CASTRO SOBRE TRADICION
ENTREVISTA A PEDRO MARTINEZ MONTAVEZ SOBRE ARABISMO
PROGRAMA DE VARIEDADES
CONFERENCIA DE ALVARO CUNQUEIRO SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
ENTREVISTA A DOMINGO GARCIA-SABELL SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
REPORTAJE SOBRE LAS CAMPANAS DE LA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
ENTREVISTA A EMILIO GONZALEZ LOPEZ SOBRE LA AUTONOMIA DE GALICIA
ENTREVISTA A JULIO CARO BAROJA SOBRE ANTROPOLOGIA E HISTORIA
DECLARACIONES DE RAMON VILLARES SOBRE HISTORIA
ENTREVISTA A MANUEL CECILIO DIAZ Y DIAZ SOBRE HISTORIA
DECLARACIONES DE XOSE CARLOS SIERRA RODRIGUEZ SOBRE PREHISTORIA EN GALICIA
COMENTARIO DE ANTONIO GIL MERINO SOBRE LA RELACION ENTRE LOS IRLANDESES Y A CORUÑA EN EL SIGLO XVI
COMENTARIO DE CONSTANTINO GARCIA SOBRE EL GALLEGO
REPORTAJE SOBRE LA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
REPORTAJE SOBRE EL ANARQUISMO
RETRANSMISION DEL ACTO DE PRESENTACION DE GALICIA TERRA UNICA
REPORTAJE SOBRE LA GENERACION DEL 98
REPORTAJE SOBRE LA GENERACION DEL 98
REPORTAJE SOBRE LA GENERACION DEL 98
REPORTAJE SOBRE LA GENERACION DEL 98
REPORTAJE SOBRE LA GENERACION DEL 98
REPORTAJE SOBRE LA GENERACION DEL 98
REPORTAJE SOBRE LA GENERACION DEL 98
REPORTAJE SOBRE LA GENERACION DEL 98
JUAN JOSE LABORDA IMPARTE UNA CONFERENCIA SOBRE LA CONSTITUCION
REPORTAJE SOBRE BENITO SOTO
DECLARACIONES DE JORDI SOLE TURA SOBRE POLITICA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
PROGRAMA SOBRE GALICIA
1947-07-26
R. Otero Pedrayo: A paisaxe galega, as súas leis e tipos
Ver [gravación sonora de voces de persoas dixitalizada a partir de soporte físico analóxico]

Transcripción da R. Otero Pedrayo: A paisaxe galega, as súas leis e tipos en 26/07/1947

[Antón Alonso Pérez:] Esta casa, donde tanto se ama a nosa patria e tanto se ten traballado e se traballa por éla, pol-o seu prestixio e pai-a sua cultura, énchese hoxe de ledicia, e honrase, outamente, coa presenza el-este querido e admirado intelectual galego, incansable traballador elas nosas letras e ela nosa historia, doctor Ramón Otero Pedrayo. O Centro Galego, a quen lle debemos o patrocinio ela visita que nos fai, tuvo a xentileza de adicamos a espléndida regalía dunha conferencia cio noso eminente compatricio; xentileza que aquilatamos en toda a súa outa importancia, e a quen lle quedamos moi agradecidos Señores: Esta casa fundouse baixo o siño da cultura. As entidades que a integran, levan feito moito por ela, en Galicia, dende os albores d-este século. Non é extra­ño, pois, que nós batalláramos arreo por que éla alcan­zara unha maior amplitude, unha máis fina calidade e unha densidade máis consistente. En boa hora o diga­mos, parece que a nosa coleitividade está tomando a lumiosa estrada da outa cultura, da que está en déficit, se tomamos en conta o que fan outras colonias extranxeiras. Cabéunos en sorte a nós falar d-esta ourentazón no aito conmemorativo do centenario dos Má1tires de Canal. Alí dixemos que era unha necesidade imperiosa fomentar, esparexer e defender a cultura por­que soio por éla os pobos son grandes, estimados, diñificados e inmo1tales. Hay que estimular a nosa lite­ratura, mediante a creación de impo1tantes premias para os seus diversos xéneros; hay que orgaizar exposicións ela nosa a1te; hay que editar obras funclamentaes elas nosas letras; hay que estimular a proclucción da nosa música; hay que subvencionar institucioes culturaes; hay moito, moito que facer n-este senso. Felizmente, a nosa máisima e poderosa asociazón mutualista, está tomando unha concreta e acertada direición cultural, que merecerá o tiduo de beneméri­ta ela nosa Patria, se continúa facéndoa; a ela se achegarán outras entidades e particulares que suma­rán os seus aportes ao noso enriquecemento cultural. ¿Qué será elas nosas institucioes coleitivas dentro de 50 ou 100 anos? ¿Qué ficará cl-élas? Probablemente, nada. Pero, poden inmortalizarse élas, e os seus dirixentes, se deixan tras de sí, unha fecunda, positi va e lumiosa labor cultural. Non esquenzamos, seño­res, que cando se lembra a Horacio, a Propercio ou a Virxilio, a simpática, proteitora e paterna! figura de Mecenas, aparece a sua veira, como dicindo: a min tambén me corresponde un pouco ela súa gloria; eque, como os esgreuios poetas que el protexéo, non morrerá máis; como tampouco morrerá noso paisa­no, o Conde de Lemos, porque está Ceruantes Saavedra, co seu xenio, para inmortalizal-o. Señores: Presentar eiquí a conterraneo tan precla­ro, non é cousa, certamente, doada; o menos, para min. Por outra parte, a súa obra non é de todo iiforada entre nós. GALICIA, noso se manaria, con frecuenza espalla os seus traballos maxistrales. Pro, a costume é imperiosa, e nos obriga a clásica presentación. Otero Pedrayo é bome de multiples matices cultu­ra/es. Máis que un intelectual moderno, especilizado, pero de limitadas perspectivas, parece un bome do Renacimiento, pol-as suas inquedanzas espirituales e oseu afan de saber e de inquirii? cuxo arquetipotam.bén encarna o gran Leo nardo. Pro, enténdase ben;non é inteleitual puro, encastelado na sua torreebúrnea; alleo ao prosaico e cotidiano vivir; como o"clerc" que nos deseña Xulián Benda. Pedrayo é unbome que vive a vida do seu pobo, que estuda os seusproblemas, non doados de resolve,? que pon toda asua intelixencia na solución, é inclusive á sua vida; eo que vale máis: a sua liberdade. Otero Pedrayo é unbamaravillosa, equilibrada amalgama de razón esentimento que nos dá esa rara persoa/idade de sabiabumanista, tan escasa hoxe en día. O home que nos honra coas sua visita é doctor en dereito e filosofía e letras; cadeirádego; direitor de Ins­titutos docentes; membro honorario de numerosas entidades culturaes extranxeiras; novelista de mañifica prosa, e raras dotes de ouseruación; poeta inspirado; historiador seria e veraz; ensaista de enxúndia; crítico agudo; perspícuo e sagaz comedió­grafo e artista sempre. Estas son as facetas ben talla­das da sua persoa/idade de home e de pensador. Pro, por riba d-estas exceicionaes condicioes, está o pa­triota insobornable; o home que permaneceu e per­manece fidel á patria, á sua cultura e ó seu espri.to.Señores: Perdonádeme o esvaído do meu esbozo e vállame a vosa indulxencia, Doctor Otero Pedrayo: está vostede na súa casa e na súa tribúa.

[Ramón Otero Pedrayo:] Miñas donas, meus señores: Estou conmovido deica o máis fondo das miñas entrañas, ó sentir as palabras emozoadas con que fun presentado neste fogar aceso do sentimento de Gali­cia. Porque todo o que eiquí se dixo fai un intre, de filósofo, de pensador, de novelista, de estético da lingua galega, de artista, todo iso significa unha arelanza, unha aspiración, unha figura hipotética e ideal da que eu estou moi lonxe de encher as súas proporciós. Oh! Iso quixen eu selo, alá cando tiña ambicións, e cando nos primeiros tempos de adoles cencia saía polas terras de Galicia e trataba de pescudar no misterio das penedías célticas e no bruar do mar e nos queixumes dos pinas e no silencio das aldeas antigas e na consella que vagueaba polos claustros das catedrales e dos mosteiros, algo do misterio da nosa ialma antiga e nova, creadora e sempre inmortalizadora das esencias da saudade. Pero eu non conseguín nada diso. Eu son un home que chego xa ós lindeiros da velleza, co esprito cangado e co corpo carigado, máis co esprito aceso, soñando con voltar a aqueles días de adolescencia en que soñaba ser algo pra ofrendalo no vello i eterno altar da nosa Galicia. Pode ser no meu xentil presentador un acerto, que foi presentar­me como home leial das esencias eternas da saudade e da arte e do pensamento da nosa terra. Porque eu, que é certo que teño asistido a moitas cátedras, que frecuentei moitos cursos universitarios, que lin moitos libros e que tamén me teño aburrido fondamente con moitos libros dos chamados maxistrales, eu, se algo sei, ¿sabed?s onde o aprendín? Non foi na aula da universidade nin foi en empingorotados cursos aca­démicos, foi nos camiños antigos da nosa terra e nos longos silencias aldeáns. Neses silencias aldeáns que están ritmados e que están acompañados pola lembranza dos que foron e pola esperanza dos que serán. Porque toda Galicia, dende Ortegal ó Miño, dende as serras escuras dos Ancares, deica a libre beleza das ondas e das furnas, e dos cabos e dos litorales da beiramar de oucidente, toda Galicia é un templo de belleza, de reflexión, de melancolía, en donde parece que hasta as cousas materiales, os arboredos e os penedos, as montañas e os vales, os ríos e os promontoiros que miran porse ó sol, pare­cen que están libertados da pesadume material das cousas, que xa non son terra nin pedra nin arboredo nin cousa material e transitaria, sinón que están car­gados dun esprito xigante, dun esprito que algunhas veces nos parece triste como esprito xenial de Prometeos vencidos pero que no seu vencimento do destino teñen sempre aquel carácter humán, de sufrimento, de idealidade, de pensamento para triun­far ó final dos tempos. Eu señores, escollín como tema desta diserta­ción ante vós, algo que me é moi querido e que é moi íntimo pra o meu pensamento e pra miña soidade, que é falar da paisaxe de Galicia. Galicia é estimada pola maior parte das xentes como unha terra fermosa, como unha terra gasalleira. Claro está, que moitos cios que salen, sobre todo neste tempo que é vran no hemisferio norte, pra Galicia, están pensando nunha terra moi mimosa, moi ercle, moi gasalleira, donde se toman magníficas comidas, cloncle o marisco non é caro, en doncle é moi doce e moi grato o estar no porto contemplando como coa mañá salen as barcas pescantinas como blan­ cas pombas polo mar, e saben apreciar máis que nacia eso. Son esas (...) as xentes que teñen un sentido meramente voluptuoso e cómodo da vicia. Mais Galicia ten unha poesía moito máis fonda que esta. Galicia non é unha terra de turismo en doncle se contempre un claustro románico ou unha fermosa posta de sol pensando na boa comida que agarda dentro duns instantes. Galicia é necesario achegarse a ela, como se achega un a un templo e ós númenes deste templo; a grandeza e o destino deste templo está pintado nos seus paisaxes. Un paisaxe non se pode comprender como un fondo do teatro, como o fondo das decoraciós que se poden pór neste escenario inmóbil, un fondo que non cambia nun­ ca, que sempre é o mismo desde o .tempo de Prisciliano, e desde o tempo de Décimo Iulio Bruto ou do Mariscai Pedra Pardo de Cela hasta os nosos . clías. Pra que, sobre ese fondo escenográfico for­ mado polas montañas e polos bosques, polo sucalco e polas encostas, e dunha vez pra sempre se desenvolvan os grandes temas da traxedia ou ela comedia da historia dos homes, non. O paisaxe hai que sentilo como algo que vive, como algo que evoluciona, como algo que se clesenrola, e que se está facendo e que nunca se fai por completo. Agora que, diredes, ¿cales son as forzas, cal é a diná­ mica, cal é a enerxía que produce esas variacións e que leva ó paisaxe nun devalar, nun galgar coma as ondas cio mar contra os cons ela costa, sempre pra unha forma que ensoña. Esas forzas, unhas, son forzas naturales, cósmicas, telúricas, propias da natureza e cio mundo inorgánico, outras, son as forzas de vida, i outra, a máis paciente de todas, a que está sometida aparen­ temente ás outras pero que tamén sabe guialas e enroitalas, é a forza cio home, a forza do intelecto humán. É, sencillamente, a historia en loita co medio ambiente, o home afirrnánclose na natureza. Contemplemos unha paisaxe de Galicia, contem­ plemos unha paisaxe sinxela. Imos imaxinala: a paisaxe da Terra Chá de Vilalba ou de Castro de Rei de Lugo. É unha planura cuberta de toxeiras e de uces. Os abidueiros forman unhos bosques brancos como se foran fantasmas de druídas. Eses arbres fermosos cantados polo noso vate Noriega Varela, que morreu, que baixou á coviña da beiramar cántabra, inda fai tan pouco tempo, eses arbres forman algo apaixoado, algo fantástico durante a luz do luar, como se foran a luz das alboradas e como se fora a luz vaga e romántica do luar concretado nun florecer tenro e verde. É unha paisaxe sinxela, é unha paisaxe que non evoca grandezas e ó fondo, vese ó lonxe, o trazo azul da Serra dos Ancares. Ese paisaxe variou moito no transcurso dos tempos. Ese paisaxe estase facendo, é un paisaxe do que chamamos alá "gándara". Unha gándara é unha terra que aínda está sen formar; as augas non se organizan en regueiros, non teñen canles nin cauces por onde decorrer. Forman unhas extensións lenturentas que lles chaman "illós" sobre as cuales se reflexan as nubes, como sobre vellos espellos crebados no chan. Esa terra está suxeita a un ritmo, a un devalar, a unha evolución maina, lenta, de pouco ritmo, de pouca enerxía. É posible que den­ tro de moito tempo, cando o chamamento do nivel de base que determina o equilibrio e a erosión das augas traballe un pouco máis, entonces eses cauces, esas canles que agoran son dubidosas na superficie da Terra Chá, na tona da Terra Chá de Lugo esmaltaC. ..)unha musculosa de roca granítica nunha basta polifonía e cando chegue o inverno e a serra aparece polas mañás vestida con muceta branca de doutor en teoloxía cios montes. Esa serra vive unha existencia apaixoada, unha existencia que puidéramos chamar xeoloxicamente romántica, porque os regueiros, un simple fío de auga obrigado pola pendente e pola resistencia das rocas, canta constantemente. E por eso cando nas cidades, con esa sensibilidade ciudadán, pensa moita xente que é duro, que é triste, que é terrible o inverno das aldeas, o inverno das monta­ ñas, eu penso que entonces é cando as montañas viven enerxicamente e van creando nesa traxedia da loita, nesa traxedia de conseguir as formas, a súa fi­ gura e van !abourando o sen destino. De maneira que nós temos que imaxinamos a paisaxe como unha cousa que se está facendo, e por iso dentro das paisaxes podemos imaxinar diferentes tipos: unhos son dun movimento ceibe, outros dun movimento da de centeos e abedueiras, se forme máis fortemente e entonces eses regos canten e se orgaice unha rede hidrográfica e se orgaice unha nova topografía. En troques contemplemos unha serra das graníticas, cio cerne de Galicia, como é a Serra de San Mamecle, a Serra da Martiñá, que eu enxergo tódalas mañáns dende a miña casa na aldea de San Pedro de Trasalba nas terras de Ourense, de Amoeiro, señalando o nor­ te como un fito. Unha serra en forma piramidal, azul, exenta e libertada das outras formas máis escuras que a envolven predestinada ós cumes. manso. Unhas forman rexias completamente independizadas das terras que arrodean como son certos arquipiélagos montañosos. Na Galicia podemos esculcar estudiando moi friamente a íntima compenetración do xenio do traballo, do xenio das forzas da terra, estudiando as diferentes formas de cultivo, como se vai orgaizando a Galicia dos centeos e a Galicia das viñas, a Galicia de beiramar e a Galicia do interior. Podemos a forza de estucliar, a forza de exemplos e sobre todo a forza de calcar cos nosos pés as vellas laxes dos camiños, de rubir polos sendeiros aldeáns, de vivir nos silencias nocturnos das aldeias e cios campos, podemos chegar a entender algo desa traxedia das formas que se van facendo. Desa Divina Comedia cósmica ela natureza, desa en que o axente principal é a enerxía cio pueblo galego, que desde os primeiros momentos de historia, desde os albores dunha responsabilidade e dunha conciencia histórica naquel recuncho idealista de Ouciclente, vén traballando dura roca pizarreña, vén traballando dura terra de gra para facer aquel xardín das viñas e dos eidos e por eso, en ningún aspecto, en ningún recuncho deica os curutos máis ergueitos cio corpo material e físico ela nosa terra de Galicia non se pode considerar nunca tan lonxana e á parte a acción cio traballo humán. Por eso é unha elas terras máis fondamente humanizadas da vella Europa, ela Europa creaclora, sufriclora, sempre mártir e sempre reitora dos destinos da humanidade e dos seus ideales. (. ..) temos que considerar a sufriclora, a patente, a heroica roca pizarreña coa que enche os seus faceres compactos coa súa pureza, cos seus drieclos, coa súa esperanza de loita, grande parte de Galicia, forma serras enteiras. Os vales son máis estreitos, as monta­ ñas son máis duras. Non ofrecen esa clozura de for- Estas leies pocleríamolas concretar en tres ou catro formas, ambiciosamente. É moi difícil crear unha lei xeneral das formas. Unha delas, a que ve calquera que conecta co mapa de Galicia, que teña recorrido as súas diferentes bisbarras, é para min esta: toda Galicia, na súa unidade morfolóxica, obedece á atracción cio At­ lántico. O Atlántico manda, o ouciclente manda. Mirade idealmente no voso cerebro, enxergacle a feitura da carta xeográfica de Galicia. Unha especie de Fontán ideal que se dibuxa nas almas. Considere­ mos pola parte ourental, basta os confins de Asturias e de León, a grande masa das serras pizarreñas que baixan desde as moles as1:urianas e que baixan desde a Terra de Fonsagrada pola Cruz cio Restelo deica os confins de Portugal, xuntánclose pola Serra Seca, pola serra do Eixe, polas terras de Viana e cio Bolo, coas serras Seguncleiras e con aquela fonte cios Tres Rei­ nos, que siñala o lugar onde interferen, o punto en clonde interferen os dominios históricos de Portugal, de Galicia e de León. Toda esa masa de rocas pizarreñas é unha Galicia como un prólogo doutra Galicia que mira cara a Oucidente. A roca pizarreña é moi diferente á roca granítica, da terra de gra, a roca de gra, o granito... mas, esa cousa donda, agarimosa, materna! que teñen as montañas da Barbanza, que teñen as montañas das Medas, que teñen as serras de Pontevedra, que teñen as montañas de Bergantiños. Os vales son estreitos porque alí aínda están loitando as augas. Inda hai unha loita terrible entre as augas e os fíos, como se foran os fíos dunha serra están serrando, están traballando a entradar as rocas e estas rocas que non se queren deixar vencer e por iso hai fíos agudos de rocas pizarreñas e por iso hai outos píncalos e por iso en inverno cando brúan tódalas torrenteiras, aquelo dá unha impresión dunha épica. É unha terra, unha roca xove, unha roca que está nun estadia heroico. Máis tamén as augas que nacen alí, as augas cio Si!, as augas de moitos ríos e afluen­ tes do Miño, as augas de outros que van buscar o Cantábrico, esas augas todas que nacen en fonteliñas sinxelas, nacen xa con unha arelanza, ¿sabedes cal é esa arelanza? Ir ó Atlántico. Así como moitos galegos desde nenos teñen o ensoño da posta do Sol e dos camiños de Ouciclente así tamén a maior parte das fonteliñas das nosas montañas, elas fillas da neve e elas fillas da chuvia, todas nacen e saben que ó nacer a súa primeira cántiga, o seu primeiro e queixumoso parolar no silencio dos ermos e no silencio elas gándaras, baixo o luar druídico e amigo, é soñando co Atlántico. Soñando coa chamada de Oucidente. E conforme imos camiñando desde o Este para a posta do sol, camiñando polo rumba cio sol, vemos como as formas de Galicia se van orgaizando, corno os vales se van facendo máis pronunciados e máis xenerosos, como as montañas ceden un pouco naquela loita heroica que teñen na Galicia pizarreña, e ó integrarse co feldespato co cuarzo e coa mica xa toman unhas formas que ó lonxe parecen as graves cabezas dos petrucios. Unhas formas de trono, unhas formas de altar, unhas formas de cadeira, en onde se sentan os xenios inmortales ela nosa fantasía e dos símbolos antigos da nosa raza. E por iso conforme nos vamos achegando ó Atlán­ tico, a Galicia vaise ofrecendo abertamente con to­ dos os caraiteres ela súa ialma e así temos unha sinxela comparación entre a terra do Salnés, ou a terra de Bergantiños ou a terra de Soneira, ou as terras das Baías, elas Rías Baixas comparadas coas terr a s de V iana do Bolo ou coas terras de Fonsagracla, algo como a diferencia que hai entre a primeira arte dos gregos, cando Apoio a penas se clesglosaba da columna e cando Venus aínda tiña un hermetismo fenício e un hermetismo ourental, comparado despois coa xenerosidade do Apoio in­ fante vestido de sol na illa de Delas presidindo o glorioso concerto das musas e coas Venus xa feitas cunha louzanía e xa feitas cun canon constante e eterno de beleza. Por eso nós consideramos que esta lei de atrac­ ción cio Atlántico que chama polas augas, que chama polas formas, que chama polas xentes, que chama pola saudade é a primeira que integra á nosa terra. É a primeira lei formativa, porque a Galicia foi esculturada i é esculturada polas ondas, esculturada poas ondas do mar e esculturada polas chuvias. E as chuvias son fillas do Atlántico. As nubes que enxergamos dende o interior de Galicia, todas elas conservan aínda a forma da onda onde se forma­ ron. Por eso non se pode comprender a Galicia invernal, igual que esta Galicia de arestora, destes días do centro e do cumio do verán en que parece que tódolos paisaxes se orgaizan dunha maneira olimpicamente serea, en donde as colleitas están maduras, en donde preside a candea de ouro aceso dos castiñeiros. Ese fermoso ouro que no cerne do vran lembra aqueles primeiros ouros mañanceiros ó comenzo da primaveira e dos días de xiadas de outono, cos toxales cantados por Noriega Varela. Cando calan os muíños e cando as xentes teñer que ir lonxe a moer e a procurar o seu pan. Pois ben, apesar de todo iso, agora sentimos igualmen­ te a atracción do Atlántico en todo o tempo. Puidéramos establecer outra clasificación dos paisaxes de Galicia según o seu ritmo, según o ím­ petu e a enerxía do seu devalar, según o triunfo e a resistencia que ofrecen a esta atracción do Atlánti­ co que por igual chama ás correntes do Miño en cuio fluire se poden distinguir espiritualmente o sabor de tóclalas fontes e o acento e o canto de tódolos regueiros que o integran, e igual nas for­ mas cio releve montesío. Outra clasificación que puicléramos ofrecervos e que podíase desarrollar dunha maneira maxistral se un tuvera a categoría de profesor e a categoría didáctica, científica que me autorizara a facer esta exposición, sería en seguir un criterio estratigráfico. Teríamos paisaxes de ribeira ou de vai, en primeiro término; despois teríamos os paisaxes d a bocarriberia; logo teríamos o s paisaxes d e monta­ ña e derradeiramente os paisaxes ela serra. Na nosa terra, eu teño aprendido pola miña experencia que é de moita importancia o distinguir ben o paisaxe da serra do paisaxe de montana. A serra sempre se aparece na nosa terra agasalleira, na nosa terra fonclamente humanizada, se aparece como unha cousa illacla, aparece sempre como for­ mas de arquipiélago. A serra coas súas lembranzas antigas, coa súa soedade, coa súa fermosura tamén, nobre e fidalga dos montes, aparece como a cúpu­ la, como píncaro dentro das zonas montañesas. Porque a montaña vive enerxicamente a vida la­ bradora e a vicia dos pastores. En troques hai un termo, este das "bocarribeiras" que precisa dunha explicación: todos temos o sentimento ela serra, todos temos o sentimento da montana. Claro está, que dentro ela Galicia, terra tan matizada, terra tan infinitamente matizada en que as formas se trocan unhas en outras constante­ mente, que dentro dunha mesma parroquia apare­ cen moitos tipos de paisaxe. Porque na parte de enriba, das campanas enriba, das campanas de arri­ ba como moitas veces se di, ó millar dominan os cotas, ou dominan os petoutos, e soamente o ara­ do canta chocando coa roca inferior de pequenas heredades de centeo e dominan os antigos castiñeiros, namentres que a moi pouco tempo de alí, a moi poucos pasos de alí aparecen xa as encostas vestidas e bendecidas de vicies e de froumentos piñeirales. Dentro de Galicia é moi difícil establecer clasificacións absolutas porque a nosa terra é unha terra constante de interferencias cios aspectos va­ riados do paisaxe. Pero convén establecer un con­ cepto exacto do que significa esta elas bocarribeiras. A bocarribeira é unha palabra que se usa moito nas terras ourensás e tamén nas terras de Pontevedra para siñalar as encostas. É clicir, esas baixadas, esas caídas da montaña cara á ribeira. Alí dá moi ben o sol, cando a bocarribeira está nunha exposición fa­ vora ble; alí clanse tódolos productos; alí aproveitanse moi ben toda a enerxía e todo o que pode favorecer da rede hidrográfica. Así é que ve­ mos que ese término de bocarribeiras está case sempre seguido por unha fita de parroquias labregas de densa e de forte poboación. E moitas vilas se establecen na bocarribeira dominando ós seus pés os vales. E dentro dos vales1 temos unha variedade ex­ traorclinaria de tipos: os vales ideales de Galicia, da Galicia meridional, da Galicia quente do sur, da Galicia donde aíncla hai lembranza dos antigos cul­ tivos e da antiga densidade elas ribeiras e cios culti­ vos dos óleos, temos os ribeiros do Miño, os ribeiros de Avia, os ribeiros de vai de Baronceli, ou de Monterrei ou de Verín e os ribeiros do Sil. Imos a lembrar un pouco estes ribeiros arestora que xa se están preparando as vellas viñas de Beade e de Pazos de Arenteiro e de Ribadavia e de Leiro e de Cabreiroá e de todos os Ribeiros, para que apareza ese especie de mago, esa especie de xenio misterioso que eu nunca vin pero que os labregos antergos dicen que o ven e eu... (...) verdadeiramente poéticos como vós sabedes tan ben coma min e tedes a lembranza ela vicia elas aldeas galegas. Craro está que no outono, no outono cando se recollen as colleitas e cando van devecendo os días e cando a gran levantada do sol vaise conve1tendo máis ben nunha luz amiga, nunha luz de lámpara protectora cios estucliosos e dos ensoñaclores, entón, no outono, é cando se espiritualizan máis os aspectos cios paisaxes de Galicia. Pero tamén convén falar tamén de falar deses aspectos do verán. E eisí temos que cando empeza o tintor é cando as tibeiras empezan a pensar na posibilidade ela venclima. E clende estes ribeiros xa recoñecidos na época dos plioiros de Beacle e de Armenteira, na époça: daqueles escritores cio tempo barroco en que se levantGu o Obradoiro ela cateclral de Santiago, onde non faltan os follatos e os pámpanos ela vicie como elemento decorati­ vo e fermoso, a primacía, con moito respecto para tódolos demais Ribeiros, lévaos a Ribeira de Avia. E a Ribeira de Avia domina nestes elementos e factores ela paisaxe: a roca granítica, o cultivo ela vide, o esforzo cios homes, estas tres cousas. O te1Teno é ingrato, o te1Teno é duro; alí hai que labrar a pico naquel sábrego que conse1va na súa entrana aquela paciente forza que despois se estila nos máis fermosos viñedos de Galicia. I así aqueles acios pe­ chos, aqueles acios que buscan os melros de inverno, e que buscaron de outono, e que buscaron os fidalgos, e que buscaron os próceres doutro tempo, e que fixo o viño branco, o Riberio, célebre nas mesas ela Rúa Nova de Santiago, e célebre nas mesas inglesas, e nas mesas de todo o mundo, débese a esta roca dura, a esta pedra que é unha especie de te1Ta sabregosa, a esto que é sempre fresco e que os vellos viñaclores daquela ten-a collen coas súas maus esgrevias esa roca e sinten nela, como si latexara, o cerne corazón do Ribeiro antiguo, ten-a sempre fo1te, ten-a sempre fidalga, ten-a sempre riseira en donde non faltan os elementos a1tísticos cios pazos, cios prioratos, cios cipreses. En doncle as igrexas e as pan-oquias son bastas, en doncle o Avia vai clescendenclo elegantemente cunha gracia doneei, como si fora un fidalgo cios montes que baixara a gozar coa ribeira e a escoitar o cántico cios reiseñores que naqueles salgueirales de Lei.ro cantan como en ningures en Galicia. Esta terra cio Avia ilustre, que ten por capital aquela vila románica de Ribaclavia en cloncle cantou a poesía tamén galaico-portuguesa doutros tempos, merece a nosa lembranza por consiclerala como unha ten-a que chegou xa ó seu equilíbrio histórico e ó seu equilíbrio xeográfico. Porque o Avia xa non traballa duramente o roquedo porque ten vencido a resistencia elas rocas. E as rocas e os penedos que culminan naquela fantasía prometeica e titánica ela Pena Carneira están xa afeitos ó traballo do home e hai un consorcio, hai unha paz, hai unha iden­ tificación fonda entre ª raza e a terra, entre o esforzo que traballa os penedos e que lle fai producir aqueles viños e aquelas grandezas florales i esta misma roca. Temos aquí, polo tanto, unha cousa lograda, unha cousa perfecta: estas paisaxes que son propias elas vellas terras de vella cultura e de antiga civilización. En troques, si vamos a outras terras de Galicia, alí encontramos terras pobres, alí atoparemos como a loita está aínda nos primeiros estadias, está nunha época heróica. Vamos a lembrar un instante unha rexión da costa de Galicia, iso que se ten chamado o arco finistérrico-bergantiñán, que vai dende o Cabo de Finisterre deica á Torre de Hércules da Coruña. Aquela é a terra que foi celebrada polo bardo Pondal. Polo bardo cuias estrofas fai unhas intres encheron dunha ledicia antiga e eterna, encheron como un vento de espranza inmorredoira as nosas almas e refrescaron as nosas frentes no recinto deste teatro ... (...)Panda!, o dos ideales puros, de onde de tanto en tanto aparece unha rebentadela de trigaes con esa cor do ouros antergos, con esa cor que sola teñen os vellos ouros que aparecen nos torques, nas mámoas e nos túmulos dos antigos celtas. Pondal foi o alumno daquelas soedades. El viu o mar de Niñóns, el sentiu como o golpe de onda ía esculturando o vello cabo, el viu como os piñeirales parecían os descendentes de Breogán que na nativa costa xuntados están. "Parécelles entón intrépido campás, pensan que no combate murmuran o siñal, en escadrón formados cal xente de Breogán, en falanxe de fen-o ben tecida, que se dispón a loitar." I esa terra de Bergantiños enfréntase ó mar coas costelas e co tórax e un poderoso peito de rocas. Abonda dicir os nomes dos cabos e das puntas e das furnas. Alí o San Adrián, o Roncudo, o Monte Negue, o Vilán, a Vuitra, o Touriñán, o Finisterre ... Eu teño percorrido aquela costa moitas veces. Eu lémbrome con amor de cando íba dende Muxía, a que foi canta­ da por Rosalía de Castro, da que dixo Pondal con epítetos homéricos que era a seca, a areosa, a triste, onde está a marabillosa pedra de Nosa Señora da Barca, camiñando polo caído, pola punta de Buitra para chegar ó cabo Touriñán, o cabo que señala o oucidente, como siñalando unhas destinos gloriosos. Alí non son as rías azules da rexión das Rías Baixas de Galicia, nin é aquel marabilloso artellamento e aquela riqueza de formas da Ría de Arousa, en donde nun corto tramo temos tódalas gracias e atopamos todas as fermosuras do mar e da terra: as veigas milleirentas, os fermosos deltas, os regatos cantareiros, a onda da marea suave e doneei máis fermosa que os antigos e mitolóxicos pares de Grecia, que sube dondamente e que enche basta os piñeiros i os piñeirales, non. Alí temos unha naturaleza dura, temos un roquedo forte, temos que ningún intre nin de inverno nin de vran detense de combatir a onda contra as rocas. É unha loita fermosa, unha loita épica porque, ¿cal é máis grande das dúas? ¿a roca ou a onda? A onda non é nada sen a roca porque a onda non ten forma; a onda significa o infinito e o sinxelo, loita e desea ter unha forma e para ter unha forma ten que sufrir e da mesma maneira que o xenio creador das letras ou das artes, ten que sufrir ó topar coa resisten­ cia da lingua pra a poesía, coa resistencia do mármore e do bronce pra a estatuaria, coa resistencia da pedra pra a arquitectura. E así ten algo de a1tista aquel noso mar do Finisterre que loita sempre por teñir unha forma e, por outra parte, a roca-pedra, a roca sometida a toda a traxedia da vida, a roca sempre martirizada e cravuñada polos fríos da xiada, pola chuvia, polo vento, polo arado, polo traballo dos homes tamén sen ese impulso ariético, sen ese cincel do mar non tería forma. Así, en ce1ta maneira, se houbera un grande poeta, un Milton ou un Dante, que tuvera dentro dos concep­ tos da súa imaxinación e dentro do domínio e da maes­ tría do seu verso, o poder desta mitoloxía das forzas da nosa costa de Galicia, entón teríamos cecais aquel poe­ ma épico dos destinos da nosa raza o dos destinos de Oucidente, aquel poema que soñaron tantos vates. Deles Pondal, porque el, meus queridos irmáns, eu moitas veces lendo ese pequeno libro, eses sinxelos versos tan cheos de vento e de mar, de espranza de inmortalidade dos Queixumes dospinas, non vexo alí aquel abismo sórdido que quixo pór o poeta. Senón que vexo algo como anuncio, ou como fragmento desa vasta poesía cósmica dos celtas que inda estamos esno oucidente de Europa. perando . Dentro da nosa terra de Galiza podemos atopar todos estes tipos de paisaxes. Temos establecida a lei da atracción do Atlántico, temos establecida a lei da sucesión estatigráfica das formas... ( ...) Chaos de Amoeiro. Aquel camiño é como cin­ cuenta mil outros camiños que hai na Galicia, mais chegado ó seu conceito, é un camiño vello. É un camiño sabio, é un camiño que vai ó p1incipio, ó comén, pouquiño a pouco, porque as costas débense subir así; pero que chegando un pouco máis alto, chegando á altura de Fechos e chegando á altura de Trasalba, entón o camiño deixa aquela pesadume de zocos que tiña nos pés, e empeza a cantar e empeza a coner cara á fonte dos Frades e cara ó espallamento dos hornizontes de Amoeiro con10 si nacera. unha nova xuventude no corazón. Ese camiño, ¿cantos séculos terá? ¿quen o fixo ? ¿quen o creou? Probablemente nós que nos inclinamos con tanto entusiasmo diante dun monumento antiguo, que contemplamos con respeto e con veneración o enigma dun anaco de cerámica da época dos castros, non con­ sideramos que eses camiños, que son fatales, que son necesarios, que van buscando unha fonda, que van buscando unha ribeíra, son tan antigos como o home. Que son obras verdadeiramente prehistóricas e nós non facemos máis que seguir aquela sencla que nos indica­ ron os antigos e que por alí pasaron tóclalas xenera.cións: as heróicas, as que deixaron un nome na historia e esoutras xeneracións que perante séculos inteiros tiveron cecais a so1te de non deixar un nome, nin un epitafio, nin unha lembranza, pero que han de vivir eternamen­ te no agradecimento infinito de todos porque elas !abouraron escuramente, heroicamente, facendo a épi­ ca ela nosa terra, a roca e a terra inmo1tal de Galicia. Este camiño vai deixando atrás os meandros do Miño. O Miño, entre Ourense e Ribaclavia, é un río maxistral, é un río solemne; parece un Nilo. É un río que non pensa que o agarden despois alá por Arbo e por Filgueira e polas Neves unhas rocas puras coas que ten que loitar e que máis adiante o agarda o pé do facho inspirado de Santa Tegra, a mo1te. E coa mo1te, a resurección; e coa resurrección, a lembranza poética. Agárdao o bico salgado, o mito da mo1te representado pola loita do mar. E por Santa Cruz de Anabaldo, por Barbantes, por Ourense, o Miíi.o é un río repousado que se vai gozan­ do moi finamente como un lector de memorias anti­ guas a reflexar os arciprestes e os conxuntos graciosos e barrocos das aldeas, dos pazos e dos vellos viíi.edos. Agora xa desapareceron do vai do Miíi.o e do Ribeiro de_ Avia e dos Ribeiros do Si!, aqueles camiíi. o s emparreados que había dinantes. Porque dinantes que a agricultura se fixera tan industrial como o é agora, en que había un sentido máis estético, en que non se vivía tan axiíi.a, os campesiíi.os e os viíi.adores tiíi.an a gala en decorar as liíi.as dos altos esteos, e entón as parras tif1an toda a opulencia e toda a gracia e toda a facbendía dunha grande cousa chea de ledicia e os camiíi.os todos estaban sombreados. Eran tan altas aquelas paneiras que por debaixo cabían os cabaleiros nos seus cabalos e collían os carros máis outos; aquelo era unha ledicia, neste tempo do vran andar debaixo daquelas parreiras e ir por aqueles camiíi.os fondos que eran como claus­ tros verdes, que eran leitosos recunchos de vexetación en cloncle o sol tiíi.a a gracia de xogar ás escondedelas coa herba e coas flores do chan. Pouco a pouco o camiño vai vencendo á encosta. E vaina vencendo con tino, e vai subindo por aquelas (. .. ) e con mil gracias pra os coches i están moi ben avisadas i están moi ben feitas e van ó seu desti­ no sin ter ningún entreteñimento no camiíi.o. Os nosos camiños vellos teíi.en outra maneira de ser. Non van tan axiña, non teñen tanta prisa. Van seguramente porque saben que neste mundo o importante non é precisamente chegar senón desfroitar das incidencias do camiño e demais. Porque teñen que rendir corte­ sía e porque teíi.en que enxergar os fermosos paisaxes, porque teíi.en que deteñerse de vran diante dos pazos de arboredos e diante das fontes agarimosas e, sobre todo, habedes de observar que eses camiños ó pasar diante das igrexas e cios cemiterios parece que calan, parece que as mismas arroiadas en eles non son tan sonantes nin tan durantes como noutros tramos do terras pizarreíi.as. ¿Quen pasou 1 Pasaron noutro tempo as xentes que levaban o pan da montaña para vendelo na ribeira, pasaban as frutas e pasaban os pelexos con que levaban os arrieiros o viño das ribeiras para venclelo na montaíi.a, nese intercambio de montaña e ribeira que é tan antigo como a historia, que é tan antigo como a conciencia de Galicia. Por alí pasaron os fidalgos que iban ás súas terras, por alí pasaban os monxes de Oseira que tiíi.an as súas rentas e que tiñan os seus prioratos de Santa Cruz de Arrabaldo e íban camiíi.anclo despois o com­ pás das súas cabalgaduras, pasando a Ponte dos Frades entre Trasalba e Parada e cruzaban os Chaos de Amoeiro e iban xa para as terras de Cea en cloncle o bico fai frente ó frío da montaíi.a... seu andar e parece que ofrecen un respeto, parece que ofrecen unha lembranza e unha oración a eses verdes cemiterios onde dormen as xeneracións campesías cuberto sempre dunha herbiña mol, dunha herbiña espiritualizada como a ...... , naquela terra acolledora que comeu e que fixo a terra outra vez; e que ó mesmo tempo liberta eses corpos e os espritos dos nosos antergos, houbera un sentimento indirecto do templo da saudade e do templo da lembranza. A;{ habedes de ver que o paisaxe galego, en tódalas súas formas, en tódalas súas infindas meditacións, pode ser representado como unha cousa que se vai facendo. ¿Quen sería capaz de facer a historia do paisaxe de Galicia? Imos imaxinar nada máis uns cantos tra­ mos desta historia. Imaximenos a época primitiva dos celtas. Inda as aguias romanas non habían espallado as súas azas sobre os nosos hourizontes. A Galiza era unha terra cuberta de bosque. Existían poucos piñeiros; o piñeiro que hoxe enche máis das tres cuar­ tas partes de Galicia, de tal maneira que cada terra está adormecida e está exaltada polo himno unánime dos queixumes dos pinas, ningús tan fermoso como os de Bergantiños, ningús tan fondamente azules como o daqueles vales da Mahía que nacen ó pé da Ferradura e do castro de Santa Susana de Santiago, entón o piñeiro nos tempos primeiros e basta moi entrada a Eclade Media parece que estaba reducido ás costas meridionales de Galicia. Dominaba a carballa, dominaba o castiñeiro, do­ minaban estes arbres que teñen unha entrana fonda na nosa historia e na nosa paisaxe. Sol11etidos ás variaciós estacionales, porque así como o piñeiro pódese identificar cunha impersonalidade, sempre verde, pouco abedente ós ciclos e ós cambias dos campesiños, os outros obedecen, e pintan, no seu aspecto, na súa cor, e no mesmo tremor das súas follas, o que pasa no ambente circundante dos ciclos campesíos. Entón non había pola noite outras luces que as fogueiras, que se acendían nos castros. Os castros ocupaban as alturas. O paisaxe parecía entonces, se­ guramente, máis escuro, máis denso, máis receoso. Faltaban dúas grandes cousas sen as cales é difícil que nós podamos imaxinamos a paisaxe de Galicia: faltaban os piñeirales, faltaban outras prantas que despois foron vindo pouco a pouco, faltaban os camiños. Despois, conforme foron andando os tempos, xa o castro vestiuse co castelo e foron nacendo nos an­ típodas das antiguas eminencias onde se alzaban os altares dos druidas, foron florecendo as igrexas. Ese é un intre marabilloso da historia de Galicia. A penas se pode señalar en ningunha parte con absoluta pre­ cisión e, sen embargo, sentímolo en todas partes. ¿Como? Onde existía o culto druídico ou o culto das divinidades e os númenes feudales en calquera coto, en calquera outura da Galicia, pouco a pouco foise instalando alí a ermita e a parroquia. Pódese decir que non existe case ningunha igrexa das antergas de Galicia que non esté afontada en donde noutrora se ergueu un castro. (. ..) da nosa terra. Outras que se arreconchaban no fondo de vai das rexións campesías, e todas con esa organización de ter as hortas máis próximas, máis lonxe os terrenos destinados ós cereales, ó millo es­ pecialmente, e máis lonxe os terrenos coas reservas do toxo e das diferentes cousas que fan falta na eco­ nomía aldeá. Moitas desas parroquias teñen unha figura radian­ te, outras teñen unha figura estratificada e descolga­ da; outras están concentradas nun sólo pobo, outras están espalladas en mil lugarciños pequenos. Porque parece que por unha parte a morfoloxía cio terreno, que é tan variada e tan prolixa e tan orixinal e tan sorprenclente. E noutro lado, doutra parte, unha certa arelanza e unha certa tenclencia ela nosa raza, tende a establecerse sempre en pequenas incliviclualiclacles. Por eso, é tan grande a revolución que fixeron os novos meclios de comunicación: as estradas. Desde o momento en que hubo un sistema, desde a época cios Borbóns, clende a carretera xeneral de Galicia de Carlos III, a que entra polos portos de Valcarcel e vai cruzando os planaltos de Lugo e pasa polas murallas de Lugo e pasa pola Fonte Castellana e chega a Coru­ ña, que foi durante moito tempo a soila carrc;tera moderna que había na nosa terra, desde ese momen­ to moitas parroquias antigas trocaron completamente a súa estructura. E hoxe vese en moitas parroquias que empeza a triunfar a forma liña!, e ó largo elas estradas aparecen xa as casiñas novas, pimpantes, con outras necesicla­ cles, con outra luz. Aparecen xa inclepenclizaclas cio castro, o recinto antigo ela parroquia vai quedando esquenciclo e, moitas veces, a igrexa xa non é igrexa senón que preside o lugar cios mortos, o toco dorinitionis, como clicen as liturxias de igrexa. De maneira que poderíamos establecer o momen­ to en que se estableceron os castelos e as igrexas e sempre é infinitamente máis respetable a igrexa que o castelo. Sempre temos unha dor cando desaparece unha igrexa románica. Sempre temos un sentimento cando por algunha circunstancia ela vicia as vellas pedras dunha construcción venerable teñen que esborrallarse e des­ aparecer ou se fai esto vanclalicamente. En troques eu sei clecirvos que eu non sinto grande cousa a desaparición dos castelos. Son moi fermosas as torres ela Limia. É fantástica aquela acrópolis de Monterrei dominando ó vai de Verín e de Baronceli.Toclos estes castelos están ligados á Crónica de Vasco de Aponte de Galicia, están ligados outros á Historia compostelana. Mais o c a s telo non e s t á identificado, non f l orece espontaneamente na natureza. Dá a sensación dunha lanza que se afinca no chan pra significar unha soberanía. Eu sei, en troques, que a igrexa e a ermita, como a aldeia, como mesmo o pazo campesiño, que xa xurden ela terra e, moitas ve­ ces, incla que teñan desaparecido, incla que os camiños da vicia teñan levado as enerxías cios devalares cios nosos días por outros regueiros ou por outros rumbos, sempre quecia unha lembranza ela parroquia ou da aldea ela abandonada, de tal maneira que moitas veces camiñando por un fondo camiño de Galicia, sentimos na sombra do si­ lencio, un recendo que nos chega non sabemos de donde; e esculcamos na vexetación espesa que recubre as vellas pedras e vemos que alí está para saludarnos, para embalsamarnos o camiño, para falamos de un destino de poesía, de un destino de paz, a flor do cabrinfollo, a flor da madresel­ va, que sempre é amiga dos camiñantes e dos soñadores. E con esto meus amigos vou a terminar esta conferencia, que non é conferencia porque eu non teño ciencia suficiente nin preparación para enseñarvos o desenvolvemento dese tema da paisaxe de Galicia. E nada máis quixen suscitar e iniciar algunhas veces no voso esprito e na vosa lembranza, non o amor da terra de Galicia e o seu recordo constante que ese sei moi ben que están afincados nos vosos peitos, senón que meditedes un pouco sobre o que sintades cada un das vosas parroquias, das vosas terras para que inda amedes máis esa terra e para que sintades como ela mesma é en si unha fermosa obra de arte. Podíase escribir un libro titulado "Galicia: obra de arte". É dicir, non fan falta de Galicia que se levanten novos abaloiras. Hai que sentir o paisaxe considerado como algo vivente en donde están estructuradas as paixóns dos homes, algo, todo o que pasou na vida, todo o que pasou basta no pensamento está rexistrado no paisaxe. E por eso debemos ter no camiño, no pazo de piñeiros, na disposición vella da aldea, na m'aneira como a cidade, sexa Betanzos, o fon­ do prestixioso e romántico dos seus esteiros, sexa Lugo, ergueita como unha acrópolis tentadora e orgullosa dos horizontes montesíos, sexa Ouren­ se ou sexa Santiago tendidas cara ó solpor xenerosamente como se foran grandes altares das vísperas e do oficio de horas de poniente, sexa Vigo, que cada día vai imperando máis coa beleza das súas novas construccións e vai interpretando marabillosamente ese concepto tan noso de in­ terferencia de vicia campesía coa vida cidadán; de cidade que é ó mesmo tempo campo basta o punto que non se pode establecer unha zona diferenciadora para que sintades como a Galicia é eso: unha fermosa obra de arte, unha fermosa obra de fe, unha arte e unha fe que non están rematadas. Porque rematar significa morrer. Porque defi­ nir significa terminar. E Galicia estase facendo. E ó estarse facendo así pensa sempre nun tempo de suparación, nun tempo ideal que ha de vir al­ gún clía para consolar esas labores inmensas, e para premiar ese infindo sentimento da eternidade. Esta arelanza infinita de saudade que é o ca­ racterístico cios nosos paisanos traballando a terra, que é o xenio cios nosos poetas pensando nos futuros, que é o sentimento de inmortalidade que fai igual as formas das montañas, dos espritos e ideas coas xentes, non se consideren ligados á historia senón que iban sempre nunha esperanza de super, de transistoría imorrecloira. E con esto, meus amigos e irmaos, eu salúdovos a todos, desexándovos que sempre sexades os mesmos que tendes sido e quedo a vosa disposición coa miña pequena conocimento das cousas de Galicia, cos meus pequenos libros que eu ofrenclo ó altar da terra de Galicia e pedíndovos perdón polas horas ou polos minutos que arestora vos teño roubado ó voso sentimento ela patria e ela terra.


1957-00-00
Homenaxe a Rafael Dieste (gravacións de 1957, 1959 e 1980)
1966-04-29
CONFERENCIA DE RAMON OTERO PEDRAYO. PRIMERA PARTE
1968-04-06
X. Ferro Couselo: Orixe e formación da cidade de Ourense
1968-04-06
CONFERENCIA DE XESUS FERRO COUSELO SOBRE OURENSE. PRIMERA PARTE
1968-04-06
CONFERENCIA DE XESUS FERRO COUSELO SOBRE OURENSE. SEGUNDA PARTE
1969-12-15
ENTREVISTA A ANTONIO FERNANDEZ CID PADRE SOBRE EL MONASTERIO DE SOBRADO DOS MONXES (A CORUÑA)
1971-05-08
Conferencia de Álvaro Cunqueiro A realidade histórica de Galicia
Ver [gravación sonora de voces de persoas dixitalizada a partir de soporte físico analóxico]

Transcripción da Conferencia de Álvaro Cunqueiro A realidade histórica de Galicia en 08/05/1971

Ilustrísimo señor representante do embaixador de España, ilustrísimos señores representantes da Sociedade da Lingua Portuguesa e da Casa do Minho, miñas donas e meus señores: Eu estou verdadeiramente emocionado por atoparme hoxe aquí con todos vós. En atoparme nesta Lisboa que queren os mitógrafos que leve no seu nome o dun home a quen eu quixen moito e quero, e cuxos anos de infancia e de mocidade contei: Ulises, o héroe das batallas e dos discursos, para min moitas veces compañeiro de paseos. Gústame que esta sociedade se chame Xuventude de Galicia porque para min son dúas verbas que eu non quixera nunca separar: xuventude e Galicia. Teño unha inmensa fe no destino do noso pobo dentro da ancha e comunal España. Coido que temos moito que dar e moito que servir e que podemos ser donos do tempo noso e do futuro a condición de que deixemos aquel refrán antigo de cando ía unha tropa de galegos chamada polo rei de Castela para campañas contra o mouro na liña do Texo. Non ben chegaron a Pobra de Sanabria comezaron a discutir sobre quen levaría o pendón; e entón un dos que ían alí, da casa de Savedra na terra Chá lucense, dixo aquilo de somos galegos e non nos entendemos e deu a volta para casa. Que nunca máis se poida dicir isto de nós. A máis notoria condición histórica de Galicia é que Galicia está lonxe. É que Galicia era o Finis terrae, o extremo da terra coñecida. Despois daquelas rocas do Fisterre, daquelas rocas mouras nas que bate a onda atlántica, xa non quedaba máis que o mar tenebroso cheo de abismos e de enormes bestas nunca vistas; aquel océano que segundo Séneca arrodea a terra e polo cal navega enorme unha besta horripilante chamada Leviatán. Cando as lexións romanas chegaron a Fisterre, conta Valeiro Patérculo que os soldados ao ver o sol asolagarse no océano, escoitaron algo así como o runxido que fai un ferro o roxo vivo que se mete na auga na fragua do ferreiro e axoenllaronse. E di Valeiro Patérculo que estaban presos dun relixioso terror: chegaran á fin do mundo e viran a morte do sol. Pero polo sur, antes de chegar ao Fisterre, cando as lexións romanas chegaron ao río Limia, creron que era un río famoso na mitoloxía greco-latina. Creron que era o Letheo, o río do olvido. Os que pasaban aquel río, ao chegar a outra ribeira, esquecíanse a lingua que falaban, esquecíanse os nomes propios, os nomes das súas familias e os rostros. Xa non sabían de onde eran... apátridas, vagabundos, sen noites nin días polo mundo. E non quixeron cruzar o Limia e tivo que ser o propio xefe das lexións, Décimo Xuño Bruto, quen pasou a cabalo o río e dende a outra ribeira empezou a chamar os lexionarios polo seu nome, a dicirlles as batallas en que estiveran xuntos, as xentes que coñeceran e ata os nomes das familias e os nomes das terras de onde proviñan. E entón, convencidos de que aquel non era o Letheo, que aquelas augas mansas que van verdes entre lúzula e xunqueiras creron de verdade que non era o río do esquezo e pasárono e emprenderon a conquista de Galicia, a romanización de Galicia. De modo que Galicia é nin máis nin menos unha terra que ten a cabeza onde remata o mundo coñecido e ten os pés no río do esquezo. Realmente non pode haber país máis estraño, non pode haber país que estea máis lonxe, e que de máis lonxe veña a entrar dun xeito ou outro na grande historia humana. Agora ben, e este é un dos grandes problemas da realidade histórica galega ¿quen vivía en Galicia? ¿Quen eran os poboadores dos vales e das ribeiras mariñeiras de Galicia? ¿Quen vivía nos castros? ¿Que deuses había nos nosos bosques? ¿Que falas eran as que andaban por alí? En primeiro lugar os historiadores, porque leron en Plinio en Tito Livio, sabían que había moitos municipios que os romanos chamaban celtas, e se había alguén no momento da romanización de Galicia que soubera o que era un celta, eran os romanos que viñan de pelexar contra eles na Galia Cisalpina e na Galia Trasalpina. Tamén no século XVI se preguntáramos quen é o que sabe que é un mouro no mundo, pois contestaríamos que un español, porque víñamos 700 anos de pelexar contra eles. Pero resulta que os españoles chegan ás illas Filipinas e á aqueles xefes tagalos, polo tanto amarelos e que non falaban árabe senon tagalo, chámanlles moros: os moros de Cebú, os moros do Iloilo, os moros de Luzón etc. e os seus xefes chámanlle sultáns ¿Por que? Por que profesaban a relixión mahometana. Unha cousa deste tipo puidose moi ben ter producido entre os romanos. Puido moi ben tratarse de que aqueles pobos ou tiñan unha lingua celta ou que tiñan unha determinada metalurxía, ou unha determinada cerámica. O feito é que lles chamaron celtas, pero nós hoxe estamos seguros de que á penas houbo celtas en Galicia; foi un número moi escaso. Eu dixen unha vez nunha conferencia en Vigo -e parece que non gustou moito- que había no momento en que houbo mais celtas en Galicia, non houbo máis que socios ten actualmente o Real Club Celta de Vigo. Pero isto foi un comodín. En primeiro lugar, e por razóns que direi despois, aos galegos gustoulles isto de vir desta raza errabunda, desta gran raza viaxeira de Europa que atravesou a selva Herciniana -que etimolóxicamente antes de que se producira un fenómeno da caída da que nas linguas celtas, era que Querciniana, é dicir, do querqus, do carballo- atravesar esta gran selva, esta gran Europa, chegar ós Finisterres todos, pasar o mar e chegar a Irlanda, subir ata Escocia, en fin, esta gran raza amadora do mar e da onda atlántica e, ao mesmo, tempo vagabunda por todas as grandes chairas de Europa. Ao galego gustoulle pertenecer un pouco a esto. E os historiadores galegos, Murguía especialmente claro, apoiados en Tito Livio e tal, insistiron no fondo celta da raza galega que por outra parte era un comodín... Porque hai moita xente por aí que di que os galegos somos humoristas e que isto vénnos dos celtas. Houbo moitos máis celtas en Segovia e en Sigüenza -dúas poboacións que teñen nome celta Segobriga e Segontia- que houbo en toda Galicia; e nunca oín falar que os segovianos sexan humoristas ou os seguntinos. Serviu para moitas cousas. Serviu para dicir, por exemplo, que cando no campo galego ou nas ribeiras do mar, atopamos xente loira co cabelo rubio e os ollos claros que eso é unha cousa que vén dos celtas. Non é verdade: vén dos suevos, das emigracións xermánicas en Galicia, porque se houbo celtas en Galicia e eran os procedentes do río Guadiana -do antiguo Anas- eran pequenos e morenos e non loiros. Ata o punto que outras tribus pequenas e morenas celtas que foron poboar por exemplo o norte de Escocia, os pictos tendo corrido entre eles a idea -tamén unha idea un pouco estraña e dificilmente explicable- de que o celta era alto, loiro e de ollos azuis- pintáronse, tinguíronse de roibo e por eso se lles chama pictos, os pintados. Murguía coñecía por exemplo o Lebor Gabála. O Lebor Gabála é un libro irlandés moitas veces refeito, pero probablemente na forma que o temos neste momento é do século XI. Está feito, redactado nesta derradeira redacción por un monxe do monasterio de Lindisfarne na actual Inglaterra. Neste libro que tamén pode levar por tiduo As conquistas dos fillos de Mil conta a navegación desde Galicia a Irlanda de determinadas tribus celtas mandadas polos fillos do rei Breogán, construtor do primeiro faro na Coruña do que hoxe se chama a Torre de Hércules, polo seu revistemento romano etc. Entón o libro é moi fermoso e os capítulos dedicados á saída dos celtas da Coruña para Irlanda é precioso. Levaban nada menos que a gaita e no mes de setembro cando son os ventos tan cristalinos do sur que parece que o mundo se mete dentro dunha redoma de cristal, vían polas mañanciñas, alá no lonxe, pousada no mar, unha esmeralda verde. Era a illa de Irlanda. Víana desde Coruña. Chegaron alí e pelexaron cuns pobos secretos e máis antigos, probablemente un dos pobos máis antigos dos que haxa noticia, os Tuatha Dé Danann, Tuatha é pobo, Danann eran os deuses, un pobo que despois pasou a historia de Irlanda, case, como un pobo de demos e de xente xigantesca e terrible destrutores de pobos e tal... Entonces tomouse un pouco ao pé da letra o Lebor Gabála, e entón dixeron, pois xa non hai discusión. Dío Tito Livio, os romanos sabían moi ben o que era un celta, sabemos e podemos probar filolóxicamente que algunhas das tribus galegas protohistóricas como os Lemavos do Val de Lemos, os Límicos do Val da Limia, seguro que eran celtas e probablemente algunha xente do norte da provincia da Coruña, de Bergantiños, nalgunhas zonas sabemos tal, e aínda encima vén o Lebor Gabála que nos fala das expedicións dos fillos de Mil dende Galicia a Irlanda, pois xa non hai dúbida ningunha. A verdade e que hai tódalas dúbidas, e repito a moderna investigación arqueolóxica, filolóxica e etnográfica está de acordo en que os celtas foron moi poucos. Estiveron en áreas moi delimitadas e a súa cultura... pois simplemente un dato: todo o mundo máxico galego que é moi intenso e moi coherente, un dos mundos máxicos máis coherentes de toda a Europa occidental, non ten absolutamente nada que ver, pero nada, absolutamente nada que ver, co mundo máxico céltico. É dicir, as estruturas do mundo máxico galego, son totalmente diferentes das estruturas do mundo máxico celta. Todas as supersticións galegas, que por certo están codificadas por un home que viviu nun mosteiro, nun dos primeiros mosteiros de Portugal, preto de Braga, un dos evanxelizadores do norte de Portugal e de Galicia, San Martín de Dumio, escribiu no século VI que foi cando el viviu, un libro para corrixir as supersticións dos campesinos desas zonas; o libro títulase De corretione rusticorum, de como hai que corrixir ós rústicos. Ben pois alí están todas as supersticións que podemos chamar galego-bracarenses ou bracarenses, dándolle á Braga primada, ese gran senso que tivo da cabeza da Igrexa na Galicia. Pois están alí todas e ningunha delas, en absoluto, ten nada que ver coas estruturas do mundo mitolóxico, do mundo máxico e mítico dos celtas. E tamén debo dicir que na maior parte de Galicia dun xeito ou doutro, -non podo dicir o mesmo do norte de Portugal- pero dun xeito ou doutro na maior parte de Galicia, no campo e no mar, entre labregos e mariñeiros están vivas pouco modificadas. Ás veces exactamente tal e como San Martín de Dumio intentaba corrixir no século VI. Fanse neste momento en Galicia en determinadas épocas do ano ou con determenados acontecementos prácticas que estaban en vigor no século VI. E xa digo que en absoluto teñen que ver nin coa paganía romana, é dicir nin coa relixión romana que en determinados aspectos era moi aberta e recollía todos cantos deuses aparecían de todas as partes, nin ten nada que ver co mundo céltico que se o houbera, pois naturalmente substrato delas estarían todas estas supersticións, é dicir todas estas estruturas do mundo máxico. Pero a cousa complicouse porque no século pasado nós tivemos un grande poeta, un enorme poeta, un gran cantor, Eduardo Pondal. Eduardo Pondal sendo estudante de medicina en Santiago caeulle nas mans un libro que no seu tempo –é dicir 60 ou 70 anos antes de que o lera Pondal- foi o libro lido con máis paixón e emoción en toda Europa. Foi o gran best seller daquel tempo, foi traducido a todas as linguas... e eu podía dicirlle agora dúas ducias de momentos en que homes esenciais de Europa, en momentos esenciais de Europa, len os falsos poemas de Ossián que inventou un crego, un pastor escocés chamado Mc Pherson. Houbo un mago e erudito celta en Irlanda chamado Ossián, Oisín é o seu nome. Este Oisín ou Ossián debeu vivir alá polo século IV ou V... cos celtas de Irlanda pasa un pouco como coa India: son xa pobos ahistóricos nos cales a data non ten importancia ningunha, de modo que cen anos para riba ou para baixo pois non é nada e non hai maneira nunca de enterarse. Pero supoñamos que viviu polo século V; tiña tanta importancia que cando empeza a cristianización de Irlanda por San Patricio, invéntanse conversacións entre San Patricio e Ossián, en que Ossián, aínda que opoñéndose levemente ao cristianismo acepta gran parte das cousas e sobre todo recoñece unha cousa moi importante que é que o San Patricio falaba moi ben. É exactamente igual como cando os cristiáns no século II e III inventan as famosas cartas cambiadas entre Séneca e San Pablo... non houbo nunca as cartas entre Séneca e San Pablo, naturalmente, pero o que se pretendía, e que escribíndose Séneca con San Pablo, Séneca dáballe a San Pablo unha grande autoridade retórica. As epístolas de San Pablo entonces xa non estaban escritas nun linguaxe cheo de paixón e cheo de faltas de sintaxe etc. era un gran retórico, o cal se probaba porque Séneca se escribía con el. Ben, entón Mc Pherson colle uns poemas probablemente escritos por Ossián e senón por outros poetas irlandeses da época de Ossián e posteriores, o ciclo da xoia xaspeada, o ciclo do país da eterna primavera, etc. e el inventa uns poemas que llos atribúe a Ossián e que todo o mundo, incluso nos seus primeiros anos o noso Menéndez y Pelayo, cren que efectivamente os poemas ossiánicos son verdadeiramente, aínda que Menéndez Pelayo reconoce que debe haber algunha mistificación por parte de McPherson, recoñece que aínda a cousa non é así, que debe de haber moito fondo auténtico, primitivo etc. É o libro que leu todo o mundo. Leuno Napoleón Bonaparte na véspera da batalla de Jena. Stendhal entrando coas tropas francesas en Milán ía a cabalo e ía lendo o libro. Petöfi, o gran poeta, o gran heroe das loitas de Hungría na primeira metade do século XIX, a véspera da morte na batalla de Segesvár está a carón dun pozo está bebendo o seu cabalo e el séntase para ler os poemas de McPherson. Chateaubriand foi un gran lector de McPherson... eu quixera dicirlle ao representante do señor embaixador de España o perigoso que é ler a McPherson nas embaixadas, e especialmente se está un ao lado dunha consola, e no alto hai un cadro que representa a unha mariña. Din que Chateaubriand na súa embaixada de Roma estaba lendo os poemas de Ossián e cando chegou a aquel verso tan fermoso que moito tempo despois repetiría Swindurne e dixo aquilo de que os pés do vento brillan ao longo do mar, do cadro saiu unha onda de mar que mollou ao señor vizconde René de Chateaubriand. Entón Pondal colle a McPherson, colle os poemas ossiánicos e escribe el Queixumes dos pinos que son uns poemas ossiánicos. Claro Pondal non sabía celta e tiña que inventar nomes para os celtas ¿Que fai? Colle os nomes das aldeas de Bergantiños, da Terra de Xallas, de Ponteceso, de Carballo, de Muxía, de Camariñas, de Xornes, e estes nomes de lugares, estes nomes de bosques ou estes nomes de montes ou de ríos transfórmaos en nomes de héroes dos celtas, en nomes de fermosísimas rapazas, en nomes de grandes reis... Hai un pinar que se chama Gundar, pois entón vai Pondal e inventa unha fada que se chama Gundar, que ten o cabelo de ouro... En fin, á parte de mesturar con eles nomes como de Fingal, un dos heroes típicos dos poemas macphersonianos, E entón de aí vén xa está incontenible riada: os galegos somos celtas. Están aí ademais as "Queixumes dos pinos"; somos irónicos e excépticos coma os celtas, somos racionalistas, amigos dos parrafeos coma os celtas, somos amigos das recomendacións como os celtas, que tiñan un carballo e un deus metido nun carballo para poder mandar recomendacións. Para colmo, nos procesos de inquisición de Santiago que publican Tettamancy e Neira de Mosquera, resulta que un dos demos que máis circulan nos procesos de inquisición galega é o famoso Astarot que se chama Astarote nas bruxas dos procesos daquel tempo, e é aínda moi coñecido en certos lugares de Galicia. Eu teño localizado en tres ou catro sitios persoas que vamos que falaban de Astarot e traballaban un pouco con el. E este Astarot é amigo da xente rica, amigo de facer favores, e xa no Talmude os xudeus consideran que é... ah ben. Hai que dicir unha cousa. Que cando a rebelión dos anxos contra Deus houbo un grupo que quedou neutral. E este grupo neutral, esta terceira forza, quen a mandaba era o demo Astarot. Pero entón Deus dixo "¿Ah si? ¡Ao inferno todos!, porque está dito nas escrituras que Deus vomitará os tibios". De modo que os neutrais tamén os mandou ao pozo e Astarot era o xefe deles. De modo que este home da terceira forza, polo tanto, quere estar a ben con todos, especialmente cos ricos, e é un avogado das recomendacións. Entonces xa os galegos estabamos como o peixe na auga, como celtas. ¿Por que lle gusta isto a unha xente tan humilde coma nós, coma os galegos, a unha xente dunha terra tantos longos anos pobre. Unha terra, realmente todos vós sabedes, moitos de vós tedes saído daqueles pequenas aldeas nosas, todos sabedes da pobreza da nosa vida cotiá... ¿Por que lle gustou esto? ¿Por que non preferiu, por exemplo, os suevos, unha caste heroica tremenda grandes cabalgadores, grandes heroes unha das máis puras sangues que produciu nunca a selva xermánica?. Non. Foron estos celtas, esta xente esparexida que non logrou nunca formar un estado, sempre dividida en pequenos bandos indo para aquí para alá cos seus rabaños de vacas e cos seus rabaños de cabalos, facendo exorcismos ao ferro cando se traballa na fragua, unha raza pobre e sen embargo amiga do ouro. Tan amiga do ouro que hai un libro dun gran filólogo irlandés actual, neste momento director dos estudios da lingua gaelica en Dublín, o profesor Mac Cana, moi amigo meu, que escribiu un libro en que explica algunha das insospeitadas emigracións dos celtas pola búsqueda do ouro. Esto veu tamén en Galicia a mesturarse un pouco co problema dos celtas. Por exemplo Murguía pensaba, hai unhas cartas de Murguía en que el pensaba escribir sobre este tema, e Don Vicente Risco tamén se preocupou moito deste tema... Como vostedes saben cando os romanos chegaron a Galicia foron un pouco sorprendidos pola cantidde de ouro que atopaban nos xefes e nos deuses das distintas tribus. Son esas xoias de ouro algunhas fermosísimas que se conservan nos museos galegos; por exemplo no museo de Pontevedra e no museo de Lugo: os torques, as diademas o tesouro de Caldas, o tesouro da Agolada, o gran torques de Burela de Ribadeo, que son nada menos que dúas libras en media de ouro, etc. E os romanos explotaron o ouro galego. O ouro estaba como saben, no extremo sudeste de Galicia, é dicir, no Sil. As médulas no Bierzo, son unhas das montañas ás que Plinio dedicou unhas páxinas, unhas líñas, uns párrafos verdadeiramente emocionantes, ao traballo naquelas minas. Baleiraron, cachearon todos os montes. E baleiraron totalmente aquela montaña do ouro, desvíaron o río Sil para furar un monte e facer o que hoxe existe aínda e que se chama Monte Furado, e poder meter por aí o río e por outro lado poder aproveitar os veneros. Pódese asegurar, non se sabe dende logo que cantidades de ouro pudeiron haber podido sair de Galicia no século I e II do imperio. Pero pódese asegurar que saiu... chámalle Otero Pedrayo a esa explotación mineira aurífera o “Klondike galego” e é verdade, saiu máis ouro de ali, que puido haber salido de California nos días de Sutter. Galicia sostivo económicamente co ouro das súas minas gran parte de política exterior do Imperio romano no día de Trajano e de Adriano, dous emperadores gloriosamente españois, píos, felices e imperantes. Claro, entón aparecía ouro en Galicia con certa frecuencia. Os celtas, os reis celtas tiñan albinos. O albino din que ve o ouro na noite, e en tódalas lendas celtas hai sempre un rei que ten unha especie de albino de cámara ao que solta de noite, como se solta un can na bouza para que vaia para ver se topa ouro... E aparecen con moita frecuencia tesouros. Hai zonas en Galicia que son as de máxima densidade de achádegos de ouro de toda a Europa Occidental. isto fixo tamén, non só que se falara do ouro dos celtas e que se repetira isto ata a saciedade, senon fixo que en moitas aldeas galegas moi secretamente hai moita xente que ten escondido o libro de San Cipriano, "O Ciprianillo" onde da pelos e señales dos sitios en que se atopan os tesouros, de quen foron, dos mouros que foron. Pero o galego, que xa dixen é, neste aspecto tan ahistorico, quizas seña o único no que se parece aos celtas, ser tan ahistórico, todo o que está para atrás son mouros. E non fala de romanos, nin de suevos. Todo que está para atrás son mouros. De modo que os tesouros gárdanos os mouros. Algunhas veces, poucas, gárdanos as fadas, pero en xeral o gardador do tesouro é o mouro. Hai que saber unhas determinadas palabras ou hai que, sabendo as palabras, se o mellor o tesouro está pechado entonces hai que sacar as palabras cos dedos da boca e irlle dando unhas voltiñas ata que un faga unha chave, e cando ten a chave na man entón abre a caixa do tesouro e faise con el. Galicia o que foi, foi un espléndido pobo de mestizos. Foi un pobo... Era coma un fondo de saco. De modo que alí chegaron ligures, esta atestiguado; chegaron ilirios está incluso atestiguado polo substrato lingüístico, chegaron algúns celtas, chegaron despois os romanos e non sabemos se puido vir algunha xente polo mar, porque máis tarde e coas mismas dificultades de navegación, si viñeron. De modo que xa digo, un espléndido pobo de mestizos foi co que se atoparon os romanos. E entón chegou un gran pobo xermánico, xa digo, o máis nobre o máis ilustre de todos os pobos xermánicos que se puxeran en camiño cara o extremo Occidente: os suevos. Eran poucos, pero o seu rastro no país e verdadeiramente impresionante. En primeiro lugar somáticamente pode dicirse que todos os galegos louros e de ollos claros etc, -ou nunha gran cantidade- son de sangue gótico. En segundo lugar sendo poucos repartíronse perfectamente o país. A toponimia galega excepto a máis recente -ou toponimia romana ou algunha moi rara- e case toda ela gótica. Todos eses pobos, por exemplo, terminados en -iz, como Guitiriz, Vilaodriz, Goiriz, Romariz etc. Pois o que son: Romariz é un Runemaros co “iz” do mesmo xeito que despois por exemplo en Castela dun Sancho fará un Sánchez, dun Fernando fará un Fernández etc. Guitiriz é un Guntericus e Vilaoudriz e un Vila Ourique, etc. De modo que son todos eles nomes xermánicos co posesivo final -iz. Son tamén góticos todos os nomes galegos que terminan en –il como Villaamil, Rencesmil, Freixomil etc. todos estes. De modo que a xente era pouca pero a súa influencia foi enorme. Ao galego non lle fixo gracia ningunha isto dos suevos. Creo que algunha que outra vez se lle dá o nome de Suevia a algo: en Vigo a un cabaret, en Coruña a unha casa de comidas, pero non ten maior importancia. Á xente isto dos suevos non lle fixo gracia ningunha. E foi sin dúbida ningunha a aportación, xa nos tempos históricos de sangue novo vida de fóra, máis importante que houbo en Galicia. E por outro lado pode dicirse tamén sin lugar a dúbidas que todas as familias nobres galegas da idade media, desde os Andrade ós Feixoo, dende a familia de San Rosendo fundador de Celanova ata os Montenegro e calquera, todos en absoluto, todos, desde os Osorio, os Moscoso etc., todas as familias nobres galegas de Idade Media, todas elas son caste gótica, caste sueva, todas eles levan sangue gótico e sangue suevo, todos eles están emparentados; San Rosendo dunha maneira moi directa, por exemplo, cos reises de León con Ordoño e demais. Ben pois todas estas familias eran góticas, e en cambio a xente do país non lle importou nada, nen lle deu importancia ningunha. A poboación de Galicia faise dunha maneira un pouco estraña. Temos todos estes pobos que foron ao cu de saco do Fisterre. Temos logo os romanos. Temos logo os suevos e entón, cando vén a invasión musulmá, hai naturalmente moita xente que vén do sur: celtas, é dicir, hispanoceltas do Guadiana; celtíberos; bacios; turdetanos; toda xente romanizada dende logo e despois sometida o imperio gótico, pero non dunha maneira tan decisiva como Galicia estivo sometida os suevos. É dicir, hai zonas de España, por exemplo, a Terra de Campos, os antiguos campos góticos, campo Palati por Palencia, onde efectivamente foi coma unha especie de explotación cereal dos romanos para as lexións en España. Entón claro hai un reparto de terras, hai unha concentración de terras polos romanos, etc. E logo despois isto vano a continuar os visigodos e serán os Campos Gotorum a actual Terra de Campos. Non fixeron máis que herdar unha concentración de produción de cereal que xa organizaran os romanos pero no resto non houbo nunca esa presión. Tan pronto os mouros saen de Galicia, é dicir que quedan para debaixo do Miño e para debaixo do Sil, procédese a unha repoboación bastante rápida. Conservamos un documento precioso que é A repoboación da diócese de Lugo polo bispo Odoario, un bispo do século VIII. É ademais un documento moi precioso de ler. Porque é como se un neno en vísperas de Nadal fora a facer un pesebre, e puxera aquí os Reis Magos, alí a virxe e San Xosé e o neno Xesús e aquí xunto o río unhas lavandeiras, e un pouco máis abaixo unha muller segando a herba, e noutro lado un muiñeiro e noutro lado un pastor cunhas ovellas etc. Pois así vai o obispo Odoario na súa repoboación. Vai dicindo que en Santa Eulalia de Bóveda, pois fai unha igrexa e hai un palomar e ademais hai un río e entón hai unha ponte e hai uns muiños que serán de fulano... e poderá haber alí tantas ovellas e fulano daralle a iglesia tantos ferrados etc. todo esto, e encima a xente que trae. A xente, a maior parte das veces na repoboación de Lugo, é xente fuxida do sur de España, servos dos señores góticos aos que se chama, un pouco confusamente porque había moitas cousas que distinguir entre eles, mozárabes. E así queda repoboada, por exemplo, a provincia de Lugo. Pero estas repoboacións que se fan de fóra para dentro na maior parte, cun sesenta por cen probablemente de xente de fora, xente que viña do sur, un pouco máis tarde vanse facer de Galicia para fóra. E entón, isto tamén toca aos celtas, isto do humor celta, e coa morriña do celta, coas choradiñas do celta, e coa gracia do celta e con todas estas cousas. E é por exemplo cando Alfonso III de León fai unha razzia por Portugal e chega case ata o Texo, de feito pasou o Mondego, e entón leva con el de retorno a Galicia unha grande cantidade de xente. Con esta xente vai a repoboar parte da provincia de Ourense na zona que se estende pola beira do Miño e segue por Arbo, as Neves etc. ata case Guillarei, ou un pouco mai aló. E con outra parte desta xente vai a repoboar as Rías Baixas. E colle a xente das Rías baixas que a maior parte dela era unha xente de caste gótica e polo tanto loura, e lévaa nada menos que a Terra de Campos e as Bardulias, ao norte da actual Castela. É dicir, que os casteláns en virtude de repoboación de Alfonso III de León teñen sangue galego das Rías baixas, se é que se lle pode chamar sangue galego ou sangue español a un sangue daquel tempo, en fin, en que todo se estaba facendo... De modo que en Castela, a xente das Bardulias, a xente da Terra de Campos, estes casteláns das arrugas paralelas que teñen a pel mesmo da cor dos seus barbeitos, das súas terrras de folgado, pois toda esta xente, é xente galega. Eu hai dous tres anos nunha viaxe por Terra de Campos que unha terra que me gusta moito, levaba eu metido na cabeza -sempre leva un metido cousas na cabeza- dicía “a ver se atopo eu algo, pois unha sorrisa nunha muller o cabelo louro nun neno, un xesto algo nun paisano que me recorde a min pois os galegos que fai tantos anos no 1130 trouxo aquí Alfonso III de León”. E non. Non había nada. Era por Semana Santa e é unha xente unha gran xente, unha das millores xentes de España e do mundo, a xente da terra de Campos. Estaban serios nas iglesias, asistindo o sermón do desencravo como verdadeiros testigos, como se tiveran que dar non sei onde, quizais diante de Deus mesmo testimonio de pasión e morte do noso señor Xesucristo. Horas enteiras serios, serios. E despois xa por Pascua Frorida paramos nun pobo, non recordo ahora cal, e había una meniño, un meniño loiro, loiro, loiro se os hai no mundo. Tiña unha cabeleira de ouro. Tiña uns ollos dun azul celeste e dixen: Hai. Atopei por fin, esta debe se a última gota de sangue galega traída das rías baixas por Alfonso III que queda aquí. E entón correu unha avoa, unha velliña correu a coller o neno, e díxome: É que o pai está traballando e en Alemania e casou cunha moza de alá. De modo que realmente había caste gótica, pero non a través do galego. Despois Galicia como todos os pobos de mestizos foi moi fácilmente asimiladora. Cando nos tempos de Almanzor ou dos grandes empuxóns dos Almohades e dos Almorábides a xente quedou en Galicia e misturouse e todo o máis quedan por aí algunhas aldeas que levan o nome de Mouriscados ou de Mouriscos. E agora tamén se empeza a pensar noutra cousa, porque agora se sabe que cando a expulsión dos mouriscos de España polo rei Carlos III, moitos mouriscos que, claro, estaban, polo menos aparentemente convertidos o cristianismo, viñeron a Galicia a traballar nos mosteiros. E está probado, sen lugar a ningunha dúbida, que as fachadas neoclásicas e barrocas en Sobrado, de Monfero, de Oseira, de Celanova, de Lourenza, de Meire etc. foron todas elas feitas por mouriscos, por alarices mouriscos que aprovéitandose que en Galicia non había ningunha preocupación -a inquisición galega non se preocupaba de nada-, non había ningunha preocupación por isto, viñeron e quedáronse aquí e mostráronse aquí ca xente. Sábese moi ben. Os xudeos misturáronse moi axiña. Aínda en sinagogas que eran moi ricas, e que tiñan a pretensión de vir de sangues moi ilustres e de príncipes entre os hebreos como era o caso da Sinagoga de Ribadavia, por exemplo, o como foi a sinagoga de Betanzos, mesturáronse rápidamente. Cando chegou a hora de que saíran os xudeus no tempo dos Reises Católicos de Galicia non saíron máis que dúas ducias de familias de xudeos moi ricos. A familia de Espinosa, a familia dos Méndez de Bande, de donde ven Mendès France o político francés, a familia de Mollo que actualmente creo quen é ministro de finanzas no goberno de Israel, chámase Piñas Mollo de modo que xa se pode ser galego e a familia Sapir que hoxe ten grandes representantes polo mundo, no mesmo Israel ten, Sapir é Zafiro, e Sapir é un gran filologo non EEUU etc. De modo que só grandes familias ricas marcharon e o resto todas eslas quedaron no país mesturándose ca xente do país, ata o punto de que varias veces no século XVII en pleitos tivos por herencias na Real Chancillería de Valladolid que e a onde ían todos os pleitos de heredamentos de bes vinculados da nobreza galega, como había sospeita de que había moita sangue xudea o mellor o castelán que lle discutía o galego unhos bens vínculados en León ou no sur ou en Andalucía etc en seguida saía coa chata de xudeu. E intentaba remontar o árbol xenealóxico ata pegar cun David, un Moisés un etc ou con algunhas señoras do Ferro Couselo dos xudeus de Ourense, Doña Sol, Doña Noche, Doña Sorprendida, Doña Niebla. Son uns nomes preciosos: Doña Sorprendida. Entón este pobo de mestizos ben obligado no século XI pola chegada das grandes abadías de Cluny a unhas estruturas socioeconómicas que duran deica hoxe e que son un dos grandes problemas de Galicia: a repartición actual da población no campo. As abadías de Cluny querían, naturalmente, terra laborable. Entonces ao redor das abadías ían dando en foro a xente a este unha viña, a outro un prado, a outro tal, ían facendo lugares acasarados e repartindo así a terra. Claro, foron uns grandes colonizadores, pódese calcular o 60% da terra labrada que hai neste momento en Galicia, é a terra labrada feita polas abadías de Cluny no século XI dando en aforamento ós labregos as terras. E pero claro, isto creou a actual situación de Galicia, que ao meu ver, o meu ver non tería importancia ningunha, pero ao ver a xente que seriamente se preocupa dos problemas económicos de Galicia fai imposible unha reforma agraria, fai imposible unha restruturación moderna da agricultura, e sobre todo chega a facer imposible a vida humana porque se 6 ou 7 Km dunha rilleira hai unha casa, e alí outra e dúas xunto a igrexa outra alí abaixo e outra acolá en baixo nin pode haber escola nin pode haber sevicios sanitarios, nin pode haber confort, nin pode haber absolutamente nada, non se pode facer nada. Electrificar Galicia costou máis que supoño eu, vamos costou mai que electrificar Berlín ou París darlle luz a tódalas aldeas galegas, e prácticamente imposible facer nada; e isto é o produto da chegada como consecuencia do Camiño de Santiago, o descubrimento do sepulcro do apóstol, dos monxes de Cluny e despois dos monxes como dicimos en Galicia, dos do Cistel, din os documentos medievais o Santo orde do Cistel. O camiño de Santiago é outro momento esencial na realidade económica galega, Galicia había quedado outra vez cortada. Había volto a ser outra vez o Fisterre. Un país perdido, lonxe, donde non había xeito de chegar. Foi o descubremento do sepulcro do apóstol, a comezos mesmo do século IX o que vai a abrir esa gran vía o camiño francés, que non se sabe donde comeza no Este de Europa para rematar xunto a tumba de Apóstol Santiago. Aí hai tamén un gran problema de moi difícil explicación. Realmente, quizabes, haxa tódalas pezas do puzle do rompecabezas pero de moi difícil facelas cadrar. Onde foi descuberto o sepulcro do apóstol había xa moitos enterramentos, enterramentos de moi diversas épocas da época romana ata a época sueva e a época misma en que foi descuberto o sepulcro de apóstolo. É dicir, onde está hoxe Santiago de Compostela, onde está a catedral e está o sepulcro do apóstol había un centro relixioso dunha importancia excepcional. Un centro relixioso onde ía enterrarse xente moi diversa e de moi diversas partes de Galicia. Hoxe debaixo da nave central da catedral de Santiago, está moi ben posto, pódense ver todos os niveles de excavación. Pódese ver as tumbas galego-romanas, pódense ver as tumbas góticas e vense perfectamente todos os niveles de enterramento o longo de sete séculos. Agora, que habendo un lugar de culto tan importante, que tendo ido a enterrarse alí tanta xente, que houbese tal silencio sobre aquilo durante sete séculos é algo verdadeiramente inconcebible, verdadeiramente milagroso. Se están alí os restos do apóstol, e u creo que están dende logo e o primeiro e máis grande dos seus milagros VII séculos de total silencio en que ninguén dixo a ninguén porque ía alí, porque se bañaba alí nunhos pozos e nunhas fontes que hai debaixo do que son hoxe as escaleiras da praza das praterías, ninguén dixo a niguén porque se enterraba alí. Ben, apareceu o sepulcro de Apóstol Santiago e entón divulgouse tan absolutamente como se había gardado o silendio, tan absoluta foi a explosión a noticia polo mundo de aquí se descubrira no extremo da terra coñecida un sartego que contiña os ósos do apóstol Santiago. En seguida comenzou a haber peregrinacións. Case cen anos despois do descubremendo do apóstol xa don Odescalque, un obispo do Puig en Francia vén a Santiago. Xa 100 anos despois debía haber moito peleriño porque un obispo francés Giraldo de Ourillac, ao ver as grandes penalidades dos peleriños subindo ata o Cebreiro, desde o val do Bierzo, no alto do Cebreiro construen o primeiro hospital para peleriños. Hoxe consérvase a estrutura prerománica, case visigótica, de basílica e hospital. E entón que dou aberto eso que se chamou o camiño francés. E Galicia por primeira vez desde a época romana volve a ter unha comunicación co mundo. Vai a ser unha gran vía de cultura, de camiño do arte, non só de devoción. Virán corrrentes filosóficas, metres de teoloxía e de frores gregas e de frores latinas. Encherase todo o camiño de igrexas románicas, as nosas, as galegas, seguindo a grande línea do románico francés do románico de Toulose especialmente, do románico de Muasac, pero sempre cun aire noso, un pouco máis labrego e humildoso, un pouco máis de contacto na naturaleza. etc. O camiño, se eu lles digo por exemplo que é en Varsovia, na Rycerska, na rúa dos cabaleiros, había un hospital para os peleriños que viñan a Santiago. Que en Mostar, en Croacia, na actual Iugoslavia había tamén un hospital para peleriños. En Estocolmo eu o ano pasado fun ver, entre o aereporto e a cidade, a man dereita, hai unha colina que a anuncia un letreiro na carretera, a Jakobsberg, a montaña de Santiago e fun alí porque alí había un hospital de Santiago a reunianse alí todos os suecos que ían a facer a peregrinación para entrar na cidade. Alí dábanlle roupas novas e para tomar o barco ou pasar a Dinamarca e por terra vir facer a peregrinaxe do señor Santiago. Pero cando un paisano noso don Paio Gómez de Soutomaior foi como embaixador de Enrique III de Castela ao gran Tamerlán, atopouse na corte do gran Tamerlán un secretario de cartas gregas, un monxe nestoriano, que soñaba con facer a pelegrinaxe a Santiago de Compostela. Pero facela de unha maneira un pouco especial, porque pensaba roubarlle dúas ducias de cabalos gran Tamerlán vendelas na feira de Samarcanda e co diñeiro que sacase pois vir en peregrinación a Santiago de Compostela, que seguro lle perdoaría todo. Toda Europa peregrinou a Santiago. Peregrinaron os reis, peregrinaron os santos, peregrinou o pobo miúdo, xente que cometera crimes e como pena poñíanlle os tribunais de xustiza tanto en Francia, como en Flandes como en Alemaña, o facer a peregrinación de Santiago, a nómina sería inacabable. Viñeron grandes poetas. É dicir, nas cantigas galegas da Idade Media, o eco provenzal que nelas haxa, polo camiño de Santiago con Marcabru veu. E o poeta Sorghelo da Ghoitia, e Ser Brunetto Latini cando veu de embaixador de Florencia a Afonso X no ano mil douscentos corenta e tantos. E en fin, toda Europa pódese dicir que peregrinou. A don Ramón del Valle Inclán gustáballe moito, nas listas de peleriños e depois de moitos nomes ilustres, de grandes nomes, condes de Tolosa, príncipes de Provenza, xente da casa ducal de Borgoña, o atopar, por exemplo, na lista “una ilustre viuda de Maguncia”. E entón acordábanse daquela viuda de Bath que vén nos contos de Canterbury de Chaucer e que tamén fixera todas as peregrinacións que hai que facer e en cada unha delas había toda a sorte de atopar un marido aínda que logo claro, morríalle para buscar outro... Santiago foi dunha importancia excepcional. A importancia de Santiago é enorme e mudou, pode dicirse de algunha maneira, o destino de Galicia e de algunha maneira tamén podese dicir que está no nacemento de Portugal. Sería moi outro todo o destino do occidente penínsular senon tivera sido descuberto o sepulcro de Santiago. Non só porque a sede romana tivo ciumes desde moi axiña, porque o único sepulcro dun apóstol que había en occidente era o de San Pedro de Roma, pero agora aquí, no cabo de mundo, en Galicia, aparecía outro, o de Santiago. E entón un día os obispos de Santiago apoiados no enorme prestixio da tumba apostólica ¿que podían facer? Ata podían facer algo contra Roma. E entón Roma mandou aquí a orde de Cluny. E con Cluny, a casa de Borgoña que é a casa que está, o sangue que está, no nacemento de Portugal; e entón foi coma unha cabeza de ponte de Sede apostólica contra Santiago de Compostela. O medo tivo que pasarlles axiña, porque os españois transformamos rapidamente a Santiago apóstol no Santiago matamoros. E entón era o capitán da guerra santa contra os mouros, tamén nos tiñamos un unha guerra santa xa con este gran señor como capitán no seu cabalo branco . E pode dicirse que media idade media española, a media idade media militar, está feita por Santiago. Américo Castro dedicoulle un libro tan esclarecedor que todo o que se poida dicir sobre eso pois xa non queda nada. En fin, quedándome moitas cousas que dicir, pero creo que os estou cansando polo moito tempo. Galicia ao longo da reconquista verqueu -e é a primeira gran emigración galega- a metade das súas xentes sobre o sur de España. Toda a zona ata o Douro, toda a zona ata o Texo, toda a zona ata o Guadalquivir foi repoboada por xente galega. Ciudad Real que entonces se chamaba Vila Real foi poboada por xente de Guitiriz; Murcia foi poboada por Alfonso X el sabio xente de Ortigueira. A provincia de Huelva e gran parte da provincia de Cádiz e de Sevilla foi poboada con xente de Limia, a da zona de Celanova, Allariz, Verín, o Val Monterrei, etc. Esta xente ía coma soldados da nobreza galega. As campañas contra os mouros foron as américas das nosas linaxes militares. Toda a traxectoria de nobreza española nesta zona, non na catalano-aragonesa, é sempre a mesma: casa solar en Galicia, Asturias ou na Montaña, loitas contra o mouro no Douro, no Texo ou Guadalquivir e entón grandes heredamentos na Andalucía e títulos de nobreza. A metade da gran nobreza española máis antiga leva apelidos galegos nun gran número, e despois nuns poucos asturianos e montañeses. Marcharon os primoxénitos e quedaron aquí os segundóns. É no final do XIV e comenzos do XV. É a época que eu chamo dos “condes tolos”. Quedaron aquí nas súas torres oitenta, noventa ou cen segundóns dispostos a saquear o país. É o que eles chamaban, chamouno un deles, “comer o galo”. Cando viñeron os Reis católicos despois da sublevación de Santa Irmandade, - a “tola”, a “fusquenlla”-, que moitos din, como moitos falando do levantamento das comunidades no reino de Castela, que era un movemento retrógrado en relación coa política moderna que traía o imperante Carlos, etc. Eu quero dicirlles se a política das comunidades e a política dos irmandiños galegos eran ou non era unha política moderna. Primeiro, pedían que as cortes se poidan reunir cando as cidades quixeran e non cando quixera el rei; era polo tanto ter un parlamento permanente que fiscalizaría. Segundo, que non se podían dar reximentos nas cidades por herencia. Terceiro, que non se podía botar ningún imposto que non fora aprobado polas cortes, etc. etc. É dicir que me digan a min, en fin, se isto non é moderno, se non estaba aí tanto nas comunidades de Castela como nos irmandiños de Galicia, a posibilidade dunha nova vida política, que agora, pois, está de moda moitas veces o dicir que non, que iso era retrógado. Os Reis Católicos tiveron que vir. Fixéronlle un gran ben a Galicia. Naquel momento. É dicir restableceron a paz. Cortaron cabezas coma a do mariscal Pedro Pardo de Cela na praza do meu pobo. Foi a cabeza rodando e entón un Goebbles que tiña o obispo de Mondoñedo -debía ter entón un ministro de propaganda como o Goeblles de Hitler- inventou que a cabeza conforme ía rodando despois de cortada, como empezara a dicir o credo, “credo en Deus pater”... pois dicindo credo, credo, credo ata que parou. Co cal quedaron todos convencidos, os meus paisanos de Mondoñedo, de que o Mariscal na última hora se sometera ao bispo con quen pelexaba que era o que se buscaba. Ben, os reis impuxeron a paz. Xa os irmandiños destruíran case o 90% de todas as fortalezas do país. Todos os castelos de Galicia foron arrasados polos irmandiños. Non quedan máis que montóns de pedras. Os reis impuxeron unha xustiza moi dura pero absolutamente necesaria. Hai unha anécdota que conta Vasco de Aponte. Estaban don Fernando e a dona Isabel en Santiago e xa deran orden de que todos os nobres galegos cando eles saíran para Castela foran tras eles e tomaran parte na guerra que ía ser a conquista de Granada. Pero había o conde vello de Altamira que pesaba 360 libras galegas, e entón o conde tan vello e tan gordo, pediu permiso para se quedar. Don Fernando e dona Isabel déronllo. Pero despois de ter o permiso para quedar, un día estando xantando na súa casa en Santiago dixo: "marcharse han os hóspedes e volveremos comer o galo". Marcharon os hóspedes, é dicir, Fernando e Isabel e eles volverían a comer o galo, o probe galo de Galicia. Porque hai que ler os documentos daquel tempo. Todos os documentos publicados por Andrés Martínes Salazar ou publicados por Ferro Couselo, Tettamancy, por moita xente, e alí está Santa María do Vilar de Pregueiros, dezaoito moios de viño, vinte carros de centeo, dous xatos, un boi, tantos días da arada na terra do señor, etc. Este era o galo, o galo que estaban dispostos a comerse e que se comían os nosos condes tolos. Agora neste momento producíronse dúas cousas: Ben, a nobreza foise. E unha orde dos Reis católicos prohibiu que os documentos públicos se redactaran en idioma galego. E en segundo lugar fíxose moita forza nos costumes e nas ordenacións de Galicia. Xa non se permitiu que houbera grandes abades en Celanova e Oseira. Viñeron os chamados “abades comendatarios”, e é que coa congregación de San Benito de Valladolid, que é a que pertenecían as abadías galegas de Cluny, por exemplo, mandaba un monxe como abade, eran os “abades comendatarios” viñan para administrar. Moitos destes abades nin estaban e o que facían eran levarse as rendas para Castela e Andalucía. Pasan de mil os maiorazgos, os morgados creados coas rendas dos mosteiros galegos no século XVI e XVII levadas polos abades comendatarios para os seus sobriños, para os seus irmáns e ata para os seus fillos, porque algúns tíñanos. De modo que entón algúns volveron despois e Lemos, Monterrei, foron virreis nas Indias, foron vireis en Italia pero nós, desde entón, fomos imperialista ao servizo doutros emperadores. Logo outro gran momento de realidade histórica galega de algún xeito fracasado por moitas circunstancias é o momento da Ilustración, o século das luces no século XVIII. Houbo un pequeno grupo de xente da primeira nobreza galega, Cornide de Quiroga por exemplo, xa non falo daqueles que foron dalgún xeito precursores polo pensamento que eso sólo merecería unha hora de explicación elemental, que son o padre Feixoo e o padre Sarmiento. Pero en fin Cornide de Quiroga escribindo sobre a reforma de agricultura ou sobre a necesidade dunha lei de pesca, Ibañez, o de Sargadelos, montando a metarurxía de Sargadelos e despois a famosa cerámica etc. Escribíndose cartas uns os outros. Esas cartas que se escribían ao xeito do século XVIII a maior parte das veces anónima. Carta que un caballero de buena familia después de regresar de un viaje por el Báltico, escribe a cerca del comercio del Lino y del Cáñamo. Carta que un joven de buena posición que ha estudiado en las univerdidades de Salamanca etc. después un viaje por Italia escribe a cerca de las ordenanzas urbanas, o que permite mantener limpia unha ciudad...” ou a traida de augas, o alcantirallado. É unha enorme correspondencia, en que pretendías poñer a Galicia á par con Europa. Intentaron grandes empresas mercantiles, pero estas tiñan que fallar necesariamente por un feito: porque Galicia non tiña comunicación co resto de península. E dicir ¿como ía a ir a cerámica de Sargadelos a Madrid ou a Barcelona e ao resto de a península? .Non había un camiño, tiñan que ir a lomos de mula, pero pasando Pedrafita do Cebreiro ou as portillas de Padornelo e a Canda. Simplemente por eso. Porque chegou a haber grandes empresas mercantiles. O ano pasado por estas datas eu retrateime en Estocolmo no vello ponte do rei na Hansa despois de comer moi ben, porque para estas cousas primeiro hai que comer moi ben, no restaurante Aurora que foi unha factoría de Hansa en Estocolmo. Din que aínda agora cando fan obras e removen o piso aparecen graos de trigo de cando foi almacén de Hansa. Pois alí está unha lista de todos os portos europeos que podían comerciar coa factoría de Hansa en Estocolmo. E entre eles había un porto galego, un pequeno porto hoxe casi desconocido: Ribadeo. E eran os veleiros de Ribadeo, -El Joven Antoñito, la Flora Paquita, San Antonio y Ánimas- que eu seguín todos os nomes destes- os que ían ao trigo, ao liño e ao cáñamo o Báltico. Pero logo isto chegaba, e por exemplo había fábrica de lenzos en Muxía, pero ¿a quen lle ían vender os de Muxía os lenzos, para onde se ían levar, por onde? Isto fallou. Fallaron todos os intentos económicos, de toda esta xente galega, destes cabaleiriños de Ilustración; preciosas figuras. Algúns, como Cornide de Saavedra, estivera nun colexio de xesuítas en Valladolid e levara tres anos seguidos o premio de danza. Porque os que mellor bailaban en Europa no s. XVIII eran os alumnos dos xesuítas, dos colexios de La Flèche, en Francia e de Mariazell, en Austria. Eran unha verdadeira marabilla. Ben xa non os vou a cansar mais. Gustaríame seguir falándolles do que é a realidade histórica galega. Só unhas verbas para o noso presente: Para min, como para moitos é unha especie de crisma, de santos óleos que se nos pon no bautismo, o idioma, a fala. Eu son tan español como o que máis o sexa. Pertenzo a unha familia cansa de servir a España. Con xentes nas maxistraturas nos exércitos e na mariña desde que haxa memoria. Facendo probas de nobreza na escola de garda mariñas, no XVIII ou no colexio de artillería de Segovia, ou nas órdenes militares ou onde fose. Xa digo, son español como o que máis o sexa. Por senso humano son a persona menos separatista do mundo. Estou disposto a recoñecer, incluso, por irmán a un turco deses que din que eles cando afogan, flotan panza arriba mentras que os cristiáns flotamos panza abaixo. Estou disposto, xa digo e repito moi seriamente: español como o que máis o sexa. Pero hai algo no que eu, como moitos, non podemos tranxixir: e isto é o idioma. É o noso sinal como pobo; é a máis fermosa obra que nos fixemos ao longo de séculos; é aquilo que nos mantén agrupados; é unha maneira de entender o mundo que temos esta xente tan humilde que se chama os galegos. Cada fala, cada lingua é unha maneira de dicir o mundo, de dicir o entorno, de dicir as relacións do home con Deus, e do home coa naturaleza e do home con pai e do home cos fillos e da home coa terra que se labra, e ata do can amigo e compañeiro dos paseos. Cada fala é un mundo. España ten a enorme riqueza, permítese o enorme luxo, de ter catro grandes idiomas. Un, cunha enorme tradición literaria falado por unha xente de grande calidade intelectual e moral que é a lingua de Cataluña. Outro os vascos. Teñen o seu idioma, cantan con cantares moi sinxelos, desde Iparraguirre e sempre cos bosques coas súas colinas verdes, cos seus deportes arrastrandos os bois grandes pedras, partindo grandes troncos de carballo eles etc. Ben. Alá eles. É unha gran reliquia. Non se sabe de onde vén e calquera hipótese é permitida pero, en fin, é deles, teñen dereito a ela. E logo estamos nós. Nós coa nosa lingua galega, unha das máis ilustres da romanidade, entre as que máis sexan. Pai de lingua de Portugal, que pasou o mar e foi ao Brasil. Seremos 200 millóns de homes a falar en galego- portugués no ano 2000. E eu me pregunto se hai alguén que se pode permitir o luxo de tirar isto ao río. Se hai alguén que se pode permitir o luxo de renunciar a esta enorme riqueza. Alfonso X o sabio, que foi destetado en galego, que se criou en galego nas terras de Allariz, que aprendeu o galego en Allariz mesmo, que escribiu en galego cantigas de maldicir, cantigas de amor e as cantigas de Santa María, facendo un eloxio de España dicia, naturalmente, que era rica en aceite, rica en azafrán e rica en veneiros de prata e en veneiros de ouro e rica en cabalos e rica en xentes de enxeño, etc. Faltoulle dicir que era rica en falas, era rica en linguas. E unha das máis ilustres, unha daquelas que máis directamente fan a riqueza de España, esta lingua en que eu vos falei hoxe, e vosoutros galegos bos e xenerosos me tedes escoitado. Nada máis.


1976-04-23
REPORTAJE SOBRE BETANZOS (A CORUÑA)
1976-04-25
DECLARACIONES DE FELIPE GONZALEZ SOBRE LA SITUACION POLITICA EN ESPAÑA
1976-10-24
REPORTAJE SOBRE LA CATEDRAL DE OURENSE. PRIMERA PARTE
1978-01-01
PALABRAS DE ALVARO CUNQUEIRO SOBRE LA CAMPANA DE LA CATEDRAL DE MONDOÑEDO Y SOBRE EL MARISCAL PERO PARDO DE CELA
1978-01-01
PALABRAS DE ALVARO CUNQUEIRO SOBRE LA CAMPANA DE LA CATEDRAL DE MONDOÑEDO Y SOBRE EL MARISCAL PERO PARDO DE CELA
1978-01-12
REPORTAJE SOBRE NOIA (A CORUÑA)
1978-08-14
REPORTAJE SOBRE LA MURALLA DE LUGO
1979-03-02
REPORTAJE SOBRE EL MONASTERIO DE SAMOS (LUGO)
1979-09-18
REPORTAJE SOBRE EL MONASTERIO DE OSEIRA
1980-10-19
ENTREVISTA A HIPOLITO DE SA BRAVO SOBRE SU VIDA PRIVADA Y PROFESIONAL
1980-12-18
REPORTAJE SOBRE LA CIUDAD VIEJA DE A CORUÑA
1981-01-01
ENTREVISTA A DOLORES IBARRURI "LA PASIONARIA" SOBRE SU VIDA PERSONAL Y SOBRE SU TRAYECTORIA POLITICA
1981-01-01
ENTREVISTA A DOLORES IBARRURI "LA PASIONARIA" SOBRE SU VIDA PERSONAL Y SOBRE SU TRAYECTORIA POLITICA
1981-02-23
RETRANSMISION DEL INTENTO DE GOLPE DE ESTADO EN EL CONGRESO DE LOS DIPUTADOS
1981-09-14
REPORTAJE SOBRE GALICIA COMO NACIONALIDAD HISTORICA
1982-08-25
ENTREVISTA A VICENTE DE LA FUENTE SOBRE EL FALLECIMIENTO DE FRANCISCO VALES VILLAMARIN
1982-08-25
ENTREVISTA A DOMINGO GARCIA-SABELL SOBRE EL FALLECIMIENTO DE FRANCISCO VALES VILLAMARIN
1983-01-01
DECLARACIONES DE BERNARDO MAIZ SOBRE HISTORIA
1983-01-01
REPORTAJE SOBRE GEOGRAFIA GALLEGA
1983-01-01
REPORTAJE SOBRE GEOGRAFIA GALLEGA
1983-01-01
REPORTAJE SOBRE GEOGRAFIA GALLEGA
1983-01-01
REPORTAJE SOBRE GEOGRAFIA GALLEGA
1983-01-01
REPORTAJE SOBRE GEOGRAFIA GALLEGA
1983-01-01
REPORTAJE SOBRE GEOGRAFIA GALLEGA
1983-03-01
CRONICA DEL 490 ANIVERSARIO DE LA LLEGA DE LA CARABELA PINTA A BAIONA (PONTEVEDRA)
1983-03-11
ENTREVISTA A ISIDRO PARGA PONDAL SOBRE CIENCIA
1983-09-23
TERTULIA SOBRE LA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA EN GALICIA
1984-02-06
ENTREVISTA A AGUSTIN CENTELLES SOBRE LA GUERRA CIVIL
1984-10-02
ENTREVISTA A RAMON MARTINEZ LOPEZ SOBRE VICENTE RISCO
1984-10-02
ENTREVISTA A RAMON MARTINEZ LOPEZ SOBRE VICENTE RISCO
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO I: A PREHISTORIA
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO II: A EDADE DOS METAIS
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO III: OS CASTROS
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO VII: OS BARBAROS ARRASAN O IMPERIO ROMANO
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO VIII: OS HOMES E AS COUSAS DA GALICIA ANTIGA
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO IV: ROMA DECIDE SOMETER OS HABITANTES DE GALICIA
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO V: ROMA IMPON A SUA LEI
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO VI: A GALICIA CRISTIANA E PAGANA. O PRISCILIANISMO
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO IX: AQUELES PAGANOS GALAICOS. CREENCIAS, LENDAS, SUPERSTICIONS
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO X: NOBLES E ECLESIASTICOS CONTRA OS LABREGOS. O PODER FEUDAL EN GALICIA
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XI: OS CRISTIANOS CONTRA O PAGANISMO GALEGO. PRISCILIANO OU SANTIAGO
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XII: A CRISTIANDADE CAMIÑA CARA A SANTIAGO. HISTORIAS DE PEREGRIÑOS
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XIII: O REINO DE GALICIA. ESPLENDOR E NACIONALISMO FRUSTRADO
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XIV: ALFONSO X, O REY SABIO, QUE VOLTA A ESPALDA A GALICIA
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XV: O GALEGO. UNHA LINGUA PARA EXPRESAR OS SENTIMENTOS MAIS NOBLES DO REY SABIO
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XVI: ES PERTA A CONCIENCIA DE POBO. GALICIA PERDE O RITMO DA PENINSULA
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XVII: OS MOSTEIROS. A DEUS ROGANDO E CO MAZO DANDO
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XVIII: OS REIS CATOLICOS FORXADORES DUN ESTADO CASTELAN. GALICIA PERDE O SEU PROTAGONISMO
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XIX: A INQUISICION EN GALICIA, CONTRA MEIGAS OU LIBERTADE DE PENSAMENTO
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XX: NACE UN IMPERIO. O CAMIÑO DO DESCUBRIMENTO NON PASA POR GALICIA
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXI: HISTORIAS DE NAVEGANTES. GALICIA NACE NO MAR
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXII: AS TERRAS DE GALICIA NA MAN DE PARDO BAZAN E VALLE-INCLAN
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXIII: GALICIA E AS RELACIONS INTERNACIONAIS. A GUERRA DAS IDEAS
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXIV: MIGRACIONS CATALANS. TIMIDOS INTENTOS DE INDUSTRIALIZACION DE GALICIA
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXV: EN GALICIA A ILUSTRACION QUEDA SOIO EN ESPIRITO
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXVI: GALICIA. A GUERRA DA INDEPENDENCIA E AS CORTES DE CADIZ
1985-01-01
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XIII: O REINO DE GALICIA. ESPLENDOR E NACIONALISMO FRUSTRADO
1985-01-01
PROGRAMA SOBRE GALICIA
1985-03-07
ENTREVISTA A EMILIO GONZALEZ LOPEZ SOBRE EL LIBERALISMO EN GALICIA
1985-03-07
ENTREVISTA A EMILIO GONZALEZ LOPEZ SOBRE EL LIBERALISMO EN GALICIA
1986-04-12
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXVII: AS LOITAS CARLISTAS E AS IDEAS LIBERAIS
1986-04-17
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXVIII: AGRICULTURA E POBOACION
1986-04-25
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXIX: A BURGUESIA E O NACEMENTO DO PROLETARIADO GALEGO
1986-05-03
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXX: O PODER DA IGREXA OU A IGREXA DO PODER EN GALICIA
1986-05-09
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXXI: O GALEGUISMO E O REXURDIMENTO
1986-05-15
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXXIII: A EMIGRACION GALEGA
1986-05-23
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXXII: REXIONALISMO OU NACIONALISMO
1986-05-30
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXXIV: O SOÑO DA SEGUNDA REPUBLICA ESPAÑOLA
1986-06-06
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXXV: A CONSPIRACION DOS MILITARES REBELDES E OS COMEZOS DA GUERRA CIVIL
1986-06-12
REPORTAJE ETNOGRAFICO SOBRE LA FIESTA DE LOS MAIOS
1986-06-13
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXXVI: A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA
1986-06-20
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXXVII: O EXILIO
1986-06-26
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXXVIII: O EXILIO. SOMENTES QUEDAN AS TEBRAS
1986-06-27
REPORTAJE SOBRE LA HISTORIA DE GALICIA. CAPITULO XXXIX: FONTES PARA A HISTORIOGRAFIA DE GALICIA. POR UNHA REVISION CIENTIFICA DO RELATO HISTORICO
1986-06-27
ENTREVISTA A BIBIANO FERNADEZ OSORIO-TAFALL SOBRE SU VIDA
1986-09-14
RETRANSMISION DE LA CONFERENCIA DE CARMELO LISON TOLESANA SOBRE LA PEREGRINACION
1986-09-14
ENTREVISTA A CARMELO LISON TOLESANA SOBRE PEREGRINACION
1986-11-04
REPORTAJE DE AUGUSTO PEREZ ALBERTI SOBRE GEOGRAFIA. CAPITULO: VIAXE AS TERRAS DE ULLOA
1986-11-18
ENTREVISTA A OLGA GALLEGO SOBRE HISTORIA Y SOBRE EL PAPEL DE LA MUJER
1986-11-25
REPORTAJE DE AUGUSTO PEREZ ALBERTI SOBRE GEOGRAFIA. CAPITULO: ENTRE O ULLA E O DEZA
1987-05-27
MESA REDONDA SOBRE GALLEGUISMO
1987-06-05
CONFERENCIA DE RICARDO CARVALHO CALERO SOBRE GALLEGUISMO. PRIMERA PARTE
1987-06-05
CONFERENCIA DE RICARDO CARVALHO CALERO SOBRE GALLEGUISMO. SEGUNDA PARTE
1987-06-26
ENTREVISTA A XOSE LUIS MENDEZ FERRIN SOBRE EL NACIONALISMO GALLEGO
1987-07-16
TERTULIA SOBRE EHISTORIA. CAPITULO: OS CELTAS. PRIMERA PARTE
1987-07-16
TERTULIA SOBRE EHISTORIA. CAPITULO: OS CELTAS. SEGUNDA PARTE
1987-08-01
ENTREVISTA A MANUEL FRAGA SOBRE EL GOLFO PERSICO
1987-08-24
ENTREVISTA A ADOLFO DE ABEL VILELA SOBRE UNA EXPOSICION SOBRE LA CIUDAD ROMANA LUCENSE
1987-09-28
CONFERENCIA DE JOSE LUIS ANTA FELEZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-28
CONFERENCIA DE JOAQUIN MUÑOZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-28
CONFERENCIA DE CARMEN RUIZGOMEZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-28
CONFERENCIA DE TERESA CAÑEDO ARGUELLES DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-28
CONFERENCIA DE JUAN MANZANO Y MANZANO DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-29
CONFERENCIA DE LEONCIO CABRERO FERNANDEZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-29
CONFERENCIA DE MARTA MILAGROS DEL VAS MINGOS DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-29
CONFERENCIA DE CONCEPCION BRAVO GUERREIRA DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-29
CONFERENCIA DE SALVADOR PELAZON FERRANDO DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-29
CONFERENCIA DE JULIO HERNANDEZ BORGE DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-29
CONFERENCIA DE LINO CANEDO GOMEZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-30
CONFERENCIA DE MUSTAFA YOMAHA KADRE DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-30
CONFERENCIA DE ANTONIO PEREZ GARCIA DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-30
CONFERENCIA DE XAVIER CASTRO DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-30
CONFERENCIA DE DANIEL RIVADULLA DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-30
CONFERENCIA DE PILAR CAGIAO VILA DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-30
CONFERENCIA DE CRISTINA SAMUELLE DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-30
CONFERENCIA DE CARMEN NORABUENA CARRASCO DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-30
CONFERENCIA DE MIREYA GONZALEZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-30
CONFERENCIA DE ANA MARIA CALAVERA VAYA DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-09-30
CONFERENCIA DE JESUS DE JUANA DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE CONCEPCION NAVARRO AZUE DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE CONSUELO NARANJO OROVIO DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE ALMUDENA HERNANDEZ RUIZGOMEZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA "GALICIA Y LA GUERRA DE CUBA" DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE MIGUEL MURIEL HERNANDEZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE ENCARNACION RODRIGUEZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE MANUEL GARCIA AREVALO DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE CRISTINA ESTERAS DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE RICARDO EVARISTO DOS SANTOS DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE ELDA EVANGELINA GONZALEZ MARTINEZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE FRANCISCO RUBIO DURAN Y BRAULIO FLORES MORON DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE CANDIDO GUERRERO SORIANO DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE SALVADOR BERNABEU ALBERT DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE JOSE CARLOS RODRIGUEZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE ISABEL GARCIA MONTON DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE RAUL MARTIN BARRIO DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE JUAN BATISTA GONZALEZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-01
CONFERENCIA DE JAIME GONZALEZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-02
CONFERENCIA DE LUIS MARTULL TOBIO DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-02
CONFERENCIA DE JOSE LUIS ROCA MARTINEZ DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-02
CONFERENCIA DE MARIO HERNANDEZ SANCHEZ-BARBA DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-02
CONFERENCIA DE BENITO VARELA JACOME DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-02
CONFERENCIA DE ENRIQUETA MORELLAS VENTURA DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1987-10-07
ENTREVISTA A LEONCIO GARCIA JIMENEZ SOBRE CRISTOBAL COLON
1987-10-07
ENTREVISTA A JACOB HASSAM SOBRE LA EXPULSION DE JUDIOS DE ESPAÑA
1987-10-09
ENTREVISTA A SIMON HAYEK SOBRE LA ESPAÑA MUSULMANA
1988-03-17
ENTREVISTA A JOSE GARCIA ORO SOBRE LA EDAD MEDIA EN GALICIA
1988-04-07
TERTULIA SOBRE POLITICA. CAPITULO: O FUTURO DO SOCIALISMO. PRIMERA PARTE
1988-04-07
TERTULIA SOBRE POLITICA. CAPITULO: O FUTURO DO SOCIALISMO. SEGUNDA PARTE
1988-04-08
ENTREVISTA A JOSE MARIA GARCIA ESCUDERO SOBRE SU ULTIMO LIBRO
1988-04-21
CONFERENCIA DE XOSE RAMON BARREIRO FERNANDEZ SOBRE RAMON OTERO PEDRAYO Y EL NACIONALISMO
1988-07-21
PROGRAMA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-07-23
PROGRAMA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-07-28
PROGRAMA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-07-30
PROGRAMA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-08-04
PROGRAMA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-08-06
PROGRAMA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-08-11
PROGRAMA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-08-13
PROGRAMA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-08-18
PROGRAMA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-08-20
PROGRAMA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-08-24
ENTREVISTA A ADOLFO DE ABEL VILELA SOBRE UNA EXPOSICION SOBRE LA CIUDAD ROMANA LUCENSE
1988-08-25
ENTREVISTA A BASILIO LOSADA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-08-25
PROGRAMA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-08-25
PRUEBA PARA UN PROGRAMA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-08-27
PROGRAMA SOBRE EL CAMINO DE SANTIAGO
1988-09-04
PROGRAMA SOBRE ETNOGRAFIA. CAPITULO: VICTIMAS INOCENTES E VICTIMAS INXENUAS
1988-09-11
PROGRAMA SOBRE ETNOGRAFIA. CAPITULO: OS CRUCEIROS
1988-10-11
MESA RENDONDA SOBRE EL V CENTENARIO DEL DESCUBRIMIENTO DE AMERICA
1988-10-18
CONFERENCIA DE ISIDORO MILLAN GONZALEZ-PARDO SOBRE LOS PRIMEROS POBLADORES DE GALICIA
1988-10-19
CONFERENCIA DE XOSE RAMON BARREIRO FERNANDEZ SOBRE EL NACIMIENTO DEL NACIONALISMO GALLEGO
1988-10-21
CONFERENCIA DE XOSE MANUEL GONZALEZ REBOREDO SOBRE ANTROPOLOGIA. ELEMENTOS DE IDENTIDADE DA CULTURA TRADICIONAL GALEGA
1988-11-16
TERTULIA SOBRE EL NACIONALISMO GALLEGO
1988-11-17
ENTREVISTA A EMILIO GONZALEZ LOPEZ SOBRE LITERATURA E HISTORIA
1989-03-25
ENTREVISTA A PILAR VAZQUEZ CUESTA SOBRE LENGUA PORTUGUESA EN AFRICA
1989-11-09
PROGRAMA CON ENTREVISTAS Y MUSICA
1989-11-11
ENTREVISTA A MIGUEL GONZALEZ GARCES SOBRE SU OBRA
1990-02-07
ENTREVISTA A ENRIQUETA OTERO
1990-06-13
ENTREVISTA A IAN GIBSON SOBRE ACTUALIDAD E HISTORIA
1990-11-08
ENTREVISTA A ESTEBAN RADIO SOBRE ETNOGRAFIA
1990-11-12
ENTREVISTA A ANTON CASTRO RODRIGUEZ SOBRE ETNOGRAFIA
1991-04-23
PROGRAMA EN EL QUE ALVARO CUNQUEIRO COMENTA VARIOS ASPECTOS SOBRE GALICIA
1992-02-13
DISCURSO DE ANTON FRAGUAS FRAGUAS EN SU ACTO DE NOMBRAMIENTO COMO CRONISTA OFICIAL DE GALICIA
1992-05-14
ENTREVISTA A ANTON FRAGUAS FRAGUAS SOBRE SU VIDA
1993-02-04
ENTREVISTA A JOSE MANUEL CASADO PARAMIO SOBRE UNA EXPOSICION ARTISTICA
1993-12-02
ENTREVISTA A SANTIAGO CARRILLO SOBRE POLITICA
1993-12-02
ENTREVISTA A SANTIAGO CARRILLO SOBRE POLITICA
1993-12-02
ENTREVISTA A SANTIAGO CARRILLO SOBRE POLITICA
1996-06-28
REPORTAJE SOBRE LUGO
1999-09-21
CONFERENCIA SOBRE LA HISTORIA DE PORTUGAL
1999-09-27
CONFERENCIA DE MANUEL VAZQUEZ MONTALBAN SOBRE NARRATIVA ESPAÑOLA EN LA TRANSICION
1999-09-27
CONFERENCIA DE MANUEL VAZQUEZ MONTALBAN SOBRE NARRATIVA ESPAÑOLA EN LA TRANSICION
1999-09-27
CONFERENCIA DE MANUEL VAZQUEZ MONTALBAN SOBRE NARRATIVA ESPAÑOLA EN LA TRANSICION
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaCabanas, ConstantinoPeña, Marina de laCañas, PilarMurguía, ManuelValcárcel, MarcosDíaz Pardo, IsaacCarro García, XesúsCastelao, Faraldo, AntolínBouza Brey, FermínPiñeiro, RamónLence-Santar, EduardoCaneiro, HoracioCastro Gerpe, BlancaDieste, RafaelOtero Pedrayo, RamónLapa, Manuel RodriguesGonzález López, EmilioPicasso, PabloVarela, LorenzoMartín, ElenaGonzalez, MalenaVillares, RamónGarcía-Sabell, DomingoArias “Mimina”, CarmenRisco, VicenteMartínez López, RamónScheimberg, SimónCarballo Calero, RicardoFraguas, AntonioBarreiro Fernández, Xosé RamónGonzález, FlorFalcini, LuísLorenzo Fernández, XaquínSofovich, BernardoPayró, JulioCunqueiro, ÁlvaroTomé, AlbaPortela Silva, ErmelindoVillar Ponte, AntónFernández del Riego, FranciscoParga Pondal, IsidroPaz-Andrade, ValentínGonzález García-Paz, SebastiánNúñez Meneses, PabloCastro, Rosalía deFilgueira Valverde, XoséCabeza de León, Salvador Temáticas: GalegoProxectorvídeoSecundarioFondos de Radio Nacional de España en GalicialiteraturaUniversitarioÁlbum de Galiciapolítica Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. historia contemporáneaartesprensa escritaartes visuaishistoria medievaletnografíaemigraciónentrevistarelixiónespazos artísticosautores/asnacionalismopatrimonioarqueoloxíaxeografíasocioloxíahistoria antigahistoria modernaasuntos particularestradiciónHistoria. XeografíaLingua. Literaturafiloloxía e lingüísticaantropoloxíaArquivística, biblioteconomía e documentaciónmedios de comunicaciónCamiño de Santiagofiloloxía galego-portuguesaciencias económicas e empresariaisciencia política e da administraciónColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoaneÁlbum Nóshistoria e institucións económicasmigraciónsAgora. Conferencias e conversas no CCGnacionalismo galegoArtes plásticas, deseño, música, danza e deportelinguaantropoloxía socialGuerra Civil española (1936-1939)

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0