Temática: Álbum de Galicia

Temática: Álbum de Galicia [167]

Data Material Ver
Data Material Ver
Antonio López Ferreiro no Centro Virtual Cervantes
Entrada biobibliográfica de Antolín Faraldo no DB-e da Real Academia de la Historia
Biografía de Antolín Faraldo na Galipedia
Retrato de Antolín Faraldo de Francisco Sobrino
Conferencia de Xurxo Martínez sobre Antolín Faraldo
Facendo un roteiro d'A Esmorga, un 4 de decembro. Onda Marcos, o fotógrafo Pepe Paz, Benito Losada, César Ansias e Pepe Trebolle
Marcos con Carlos Quesada, Carlos Casares e Manuel Guede, nun encontro de escritores no Liceo
«De cea co Liceo de Ourense», Marcos no uso da palabra
Biobibliografía de Marcos Valcárcel na Galipedia
As uvas na solaina, blog de Marcos Valcárcel
Marcos Valcárcel no Centro de Documentación da AELG
Noticia sobre a homenaxe a Marcos Valcárcel. Telemiño,
Marcos Valcárcel na páxina web da Fundación Carlos Casares
Xesús Carro no Arquivo da Real Academia Galega
Retrato de Xesús Carro García
Xesús Carro, membro da Real Academia Galega
Foto de Xesús Carro
Obras de Xesús Carro en Atopo: Catálogo Documental e Bibliográfico. Desputación de Pontevedra
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
Xesús Carro na revista Nós
Web da agrupapción Cantigas e agarimos da que foi fundador Cabeza de Vaca
Manuel Murguía, por Xosé Ramón Barreiro Fernández
Manuel Murguía no buscador Atopo, da Deputación de Pontevedra
Biobibliografía de Manuel Murguía no DB-e da Real Academia de la Historia
Manuel Murguía na BNE
Entrada de Manuel Murguía en PARES, Portal de Archivos Españoles
Manuel Murguía na Biblioteca Dixital de Galicia Galiciana
Retrato de Manuel Murguía
Murguía nunha caricatura de Castelao
Fotografía de Manuel Murguía
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
As pioneiras do Seminario
As publicacións do Seminario
Cantigas de Santa María, por que en galego?
Visite Galicia. Proxecto editorial realizado en 1929 polo fotógrafo Ksado
Retrato do economista Manuel Colmeiro Penido (1818 - 1894)
As mulleres do Seminario
Retrato de Eduardo Lence-Santar
Eduardo Lence-Santar con Puro de Cora, en Lugo
El Seminario de Mondoñedo (1909), de Lence-Santar
Lence-Santar e Álvaro Cunqueiro na Praza da Catedral en Mondoñedo
Lence-Santar con amigos mindonienses
Lence-Santar conferenciando
Lence-Santar debuxado polo ilustrador mindoniense Bernardino Vidarte
Placa na casa de Lence-Santar
Lence-Santar xunto a cazadores logo de cobraren un lobo
Lápida de Lence-Santar no Cemiterio Vello de Mondoñedo
Artigo de Armando Requeixo sobre a influencia de Lence-Santar na escrita de Cunqueiro máis próxima á literatura galega de tradición oral
Páxina sobre Eduardo Lence-Santar na sección «Persoeir@s» da web do Concello de Mondoñedo
Páxina sobre Eduardo Lence-Santar na web da Biblioteca Nacional de España
Galería de imaxes de Eduardo Lence-Santar na sección «Personajes» da web mondonedo.net
Colaboracións de Eduardo Lence-Santar no Boletín da Real Academia Galega
Retrato Michel Maffesoli no Consello da Cultura Galega
1842-01-00
Presentación de El recreo compostelano (1842-1843), xornal do que Antolín Faraldo era redactor principal
1845-00-00
El porvenir: revista de la juventud gallega (1845) en Galiciana
1845-00-00
Retrato de Antolín Faraldo de Francisco Sobrino Iglesias. Ca. 1845
1845-00-00
Cabeceira de El porvenir: revista de la juventud gallega, publicación na que participou Antolín Faraldo. 1845
1846-00-00
Portada do número 1 de La revolución, voceiro do que era principal redactor Antolín Faraldo
1846-10-06
Aviso de instrución da causa contra os escolares -entre os que figura Antolín Faraldo- que se sublevaron en Santiago de Compostela en abril de 1846
1856-12-31
Artigo no que Murguía explica as causas que influíron desfavorablemente no desenvolvemento da literatura galega nun artigo publicado en catro entregas no xornal La Oliva
1857-03-21
Artigo de Murguía sobre poesía galega publicado en La Oliva
1879-00-00
Portada de La ilustración gallega y asturiana: revista decenal ilustrada [10 de xaneiro de 1879 - 28 de decembro de 1881], publicación da que Murguía foi director
1888-00-00
Galicia, de Manuel Murguía. Portada da edición de Barcelona: Daniel Cortezo, 1888
1900-00-00
Retrato de Manuel Murguía publicado en Almanaque Gallego para 1900
1904-00-00
Membros d'A Cova Céltica en 1904. Sentados, de esquerda a dereita, José Ogea, Murguía, Curros e Martínez Salazar. De pé: Carré Aldao, Florencio Vaamonde Lores, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez
1904-00-00
Retrato fotográfico de Manuel Murguía. 1904-1912
1908-00-00
Cuberta da obra de Francisco Tettamancy dedicada á Revolución de 1846
1909-03-02
Menú do banquete celebrado na Coruña en honor de Murguía o 2 de marzo de 1909
1913-06-01
Homenaxe do Centro Galego de Bos Aires a Murguía, ao cumprir oitenta anos
1918-05-15
Murguía no día en que cumpriu 89 anos. Fotografía do estudio dos irmáns Portela. A Coruña, 14 de maio de 1918
1919-00-00
Apuntamentos históricos sobre a USC, por Salvador Cabeza de León
1921-05-01
Colaboración de Xesús Carro no Boletín de la Academia Gallega. 1924
1923-02-03
Cortexo fúnebre de Manuel Murguía camiño do cemiterio de Santo Amaro
1923-02-15
O falecemento de Murguía no boletín A Nosa Terra: idearium das Irmandades da Fala. Nº 179 (15 de febreiro de 1923)
1923-02-18
Portada de Eco de Galicia: revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba dedicada a Murguía. N.º 185 (18 de febreiro de 1923)
1923-02-28
O Boletín oficial del Centro Gallego de Bos Aires dedícalle un especial á morte de Manuel Murguía. N.º 123 (28 de 1923 febreiro), 5
1923-03-01
Obituario de Manuel Murguía, por Eladio Rodríguez González
1928-00-00
Retrato de Xesús Carro
1929-07-30
Páxina de Vida gallega dedicada a Xesús Carro
1929-07-30
Retrato de Xesús Carro publicado no número 420 de Vida gallega. 1929
1930-00-00
Artigos de Xesús Carro en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos
1932-00-00
Ensaio A data das inscripcións da Porta de Praterías, de Xesús Carro, publicado pola editorial Nós en 1932
1932-10-00
Artigo de Xesús Carro na revista Logos
1933-00-00
Artigo de Sebastián González García-Paz, en colaboración con Xesús Carro, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos
1933-00-00
O tesouro de Foxados, de Xesús Carro e Sebastián González García-Paz. Cuberta do libro publicado polo SEG en 1933
1933-05-17
Historia de Galicia: resumen esencial, de Manuel Murguía, publicado polo Centro Galego de Bos Aires o 17 de maio de 1933 , centenario do nacemento do autor.
1933-06-00
Portada da Revista del Centro Gallego de Bos Aires dedicada a Manuel Murguía. N.º 246 (xuño de 1933)
1933-09-15
Xaquín Lorenzo colabora co seu irmán Xurxo e con López Cuevillas na catalogación dos castros de Galicia
1934-06-01
Lembranza de Salvador Cabeza de León, por Xesús Carro
1934-11-00
Colaboración na sección «Miscelánea» da revista Nós
1943-02-09
Don Diego Gelmírez, por Manuel Murguía. Capa ilustrada por Seoane. Bos Aires: Nova, 1943
1944-00-00
Cuberta de Los Precursores de Manuel Murguía. Bos Aires: Emecé, 1944 (2ª ed.)
1950-00-00
Cuberta do libro de Xesús Carro Las catedrales gallegas, publicado en Bos Aries
1950-09-10
Fotografía da visita de Gala Murguía á Casa de Rosalía o 10 de setembro de 1950. No centro, sentada, Gala Murguía. Detrás dela, na primeira fila e de esquerda a dereita: Juan Naya e a súa esposa, Pura Lorenzana e José Mosquera Pérez. Na segunda fila: Bouza Brey, Gómez Román (o arquitecto que reformará a casa), o aparellador Sr. Díaz, o alcalde de Padrón, o escultor Francisco Asorey, Xesús Carro, Sr. Arias, Pedret Casado, Chamoso Lamas e mais o Sr. Bellas
1951-01-01
Membros do Padroado Rosalía de Castro. Á dereita, sentado, Xesús Carro. 1951
1954-00-00
Estudios Jacobeos: arca marmórica, cripta, oratorio o confesión, sepulcro y cuerpo del Apóstol, de Xesús Carro. Cuberta do libro publicado en 1954 polo Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, 1954
1955-00-00
Manuel Murguía na voz da súa filla Gala
1958-06-08
O 8 de xuño de 1958 unha comitiva galeguista entregou a Otero Pedrayo o libro Ramón Otero Pedrayo. A súa vida, a súa obra. Homaxe da Galicia Universal financiado pola comunidade galega de Venezuela
1959-00-00
Ensaio de Baldomero Cores Trasmonte, galardoado co I Premio no concurso convocado pola revista Noticias de Actualidad, con motivo da conmemoración do CL aniversario do nacemento de Abraham Lincoln.
1963-01-10
Membros e colaboradores da Comisión de Cultura da Casa Galicia de Nova York, en 1963. Ernesto Guerra da Cal: de pé, de esquerda a dereita, en cuarto lugar
1965-00-00
Fotografía de Francisco Fernández del Riego con Valentín Paz Andrade, Otero Pedrayo, García-Sabell e López Nogueira. Santiago de Compostela, 1965
1965-00-00
Cuberta do libro de Xesús Carro A pelengrinaxe ao Xacobe de Galicia. Vigo: Galaxia, 1965.
1965-04-17
Apuntamentos sobre a obra de Xesús Carro en La Noche, por Xosé Carro Otero
1968-07-00
Antonio Fraguas publica unha biografía de Sebastián González García-Paz na revista Grial
1973-04-00
Artigos de Antolín Faraldo de El recreo compostelano, publicados no número 40 da revista Grial
1973-07-00
Artigos de Antolín Faraldo de El recreo compostelano, publicados no número 41 da revista Grial
1977-06-00
Artigo de Baldomero Cores Trasmonte sobre a figura de Antón Villar Ponte.
1979-10-00
López Ferreiro e a historiografía galega
1981-00-00
Contribucións de Murguía a El Museo Universar e a súa influencia en Rosalía de Castro
1983-00-00
Placa na igrexa de Santo Ildefonso de Madrid en lembranza da voda de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, celebrada o 10 de outubro de 1858
1983-10-00
Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal»
Ver Gravación de audio de persoas falando

Transcripción da Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal» en 00/10/1983

RAMON MARTINEZ LOPEZ: Na miña charla vou abranguer dúas vertentes. A primeira lévame a falar da miña mocidade, aquí nas aulas de Composte la. Recordo que entón dábanse coas universidades portuguesas relacións de cátedra a cátedra —suliñamos na Medicina a Rodríguez Cadarso, por exemplo— e das Irmandades da Fala con Porto, sobre todo. A revista "Aguia", Teixeira de Pascoaes e Coimbra eran outros nomes e puntos de relación. É curioso ademais ver cómo nos dez primeiros números de "Nós" se publicaban poemas ou ensaios de escritores portugueses. Eran, desafortunadamente, relacións pouco políticas: as dictaduras nos dous países non o permitían, e estou falando non de Franco en España, senón xa antes, de Primo de Rivera. Eses réximes non vían ben esas inquedanzas da mocidade. Un segundo aspecto lévame a falar da miña biografía case inmediatamente posterior ós tempos descritos. No 33 fun destinado a Lisboa pola República Española ó "Instituto Español" de Lisboa. Eran estes uns organismos que recordan, imitando bastante ben, o labor dos "British Council". O "British Council" é un istrumento de amistade cos pobos onde se establece. E, a modo de exemplo, o que houbo na España da posguerra serviu coma lugar de encontro de intelectuais: Pío Baroja, Menéndez Pidal... Algo polo estilo e sen ter que resolver problemas políticos era o "Instituto Español". As instruccións que levabamos eran de entrar en contacto cos intelectuais portugueses. Eu coñecín alí entón ó profesor Rodrigues Lapa, meu amigo, a Teixeira de Pascoaes, con quen tiñamos unhas diarias xuntanzas nunha cafetería da Rúa do Carmo de Lisboa. Lembro moi ben de ver pasar a Pessoa, dirixíndose a calquera oficina da Rúa da Prata. Coñecín ademais ó grande poeta Navarro. Naquel tempo celebrouse a Gran Exposición do Libro Español, onde se explicou con charlas a situación política de Galicia, nunha cidadecapital cun forte Centro Galego. Logo hai que pasar polos anos da guerra civil. Sempre lembrarei cando cheguei á Embaixada de España, onde estaba de Embaixador Claudio Sánchez Albornoz. Entón o representante de Franco en Lisboa era Gil Robles, a quen había que ir presentarse para pasar ó bando franquista. Na embaixada quedamos tres ou catro persoas. Mantiñamos informacións fidedignas e confidencias con escritores e xornalistas portugueses arredor da situación en España. En certas datas xuntabámonos para lelas galeradas do "Século" censuradas co lápiz vermello característico... Ata que un día dous policías que ficaban na Embaixada foran arrestados na Avenida da Liberdade e confesaron en Salamanca que un señor chamado Martínez López facía servicios de información, "cousas feas" co prestixio de Portugal. Declaróuseme persoa "non grata" e pasei a París, onde as cousas cambiaron.
Eu non podo falar de Portugal sen pensar que revivo unha cousa que é miña. Foron tres anos que pasei alí dos mellores da miña vida. Logo, nos trinta anos nos Estados Unidos, estiven nunha Universidade con Departamento de Portugués e sete materias diferentes.
Fáltame pois distancia espiritual e moral para falar con perspectiva. Teño esto moi preto.

RICARDO CARBALLO CALERO: Voume ater ás instruccións que se me deron: tratalo tema das relacións literarias entre Galicia e Portugal non con sentido histórico preponderantemente, senón con ollos e perspectivas para o futuro. Claro que terei que facer alusión á Historia. O futuro é consecuencia do presente e do pasado. Un pobo que non lembra a súa Historia —o galego— non pode agardar un futuro saudable: é o único xeito de sabelo que se foi e o que se quere e pode ser. As relacións literarias Galicia-Portugal foron e deben ser algo máis que as relacións entre dous pobos. Historicamente non existe unha diferencia entre a literatura portuguesa e galega nas orixes. Hai unha extrapolación de feitos políticos no ámbito cultural que non deixan ver con claridade moitas realidades. Existe unha fronteira política no Miño que é coma tódalos feitos historicos, historicamente xustificable. Pero resulta certo que, aínda mantendo a actual separación dos territorios do norte e do sur do Miño, a literatura galega e portuguesa son a expresión artística dun instrumento único: un sistema lingüístico chamado galego, portugués, galego-portugués, ibero románico occidental, etc., que se realiza con arreglo a distintas normas. Non é científico falar só de dúas normas. Habería que facer referencia ás diversas normas con que se realiza o galego-portugués das provincias españolas galegas e o portugués do Estao portugués. No mesmo portugués danse relacións dialectais varias e distintas. Filoloxicamente e lingüísticamente é insostenible a diferenciación entre galego e portugués. Porque o galego nace a ambas beiras do Miño. Os da beira de alá non son extranxeiros. O galega nace na Gallaecia, e a Gallaecia lucense e a bracarense son unha unidade baixo a administración romana, na que se desenvplve unha forma de romance singular, sen perxuicio das falas nas que unha lingua se fragmenta ó facerse coloquial, pero conservando o sistema. É verdadeiro un paralelo entre esta lingua común galego-portuguesa, o castelán e o catalán. No proceso de reconquista, ademais de ir distinguíndo se o portugués cara ó sur, tamén nos seus ámbitos máis meridionais, o castelán foi xerando o andaluz. E o catalán, o valenciano. A diferencia está en que no caso galego-portugués non se mantiveron as mesmas relacións políticas que entre Castela-Andalucía e Catalunya-Valencia. Portugal converteuse nun estado separado do resto da Península, agás dos tres reinados dos tres Felipes de Austria, o que xerou unha situación socio-política en parte contradictoria co puramente lingüístico. Así o nome de "portugués" que algúns lingüistas apiican ó noso idioma, non deixa de ter sentido desde un punto de vista sociolóxico. Mentres que dicir que o portugués é unha rama do galego é tamén exacto, pero desde o punto de vista xenético.
Pois ben, se o galego nace a ambas beiras do Miño e se extende ata o Mondego, pódese dicir que o galego está imperando nesta área, e só desde alí o sustrato mozárabe cobra a suficiente forza para inflexionar esta lingua galego portuguesa e impoñe-lo portugués que agora coñecemos. Mais teñamos en conta que aínda hoxe o portugués presenta características nórdicas na súa normativa. Por eso na literatura galega e portuguesa só existe algo común. Máis a fronteira do 1095 —separación do Condado de Portucale— fai xurdir unha nova situación acentuada co episodio de Aljubarrota. O "complexo" de Aljubarrota" vai operar durante varios séculos e o galego vese desprazado desde o século XV como lingua culta polo castelán. O galego desde ahí desorbítase e tende a castelanizarse. Desde 1850 aproximadamente, o Rexurdimento, non existe entre nós unha conciencia da confraternidade. E así moitos escritores galegos, no XIX e aínda agora, tenden a vivir de costas a literatura portuguesa, o cal é un grande mal. Rosalía, Pondal, Lores, Curros, a Xeración "Nós", as Irmandades da Fala, Castelao en "Sempre en Galiza" son exemplos de mantedores contactos. Pero este intercambio cultural no se mostra suficiente, é isolado. O pobo ignora as antigas relacións entre os dous idiomas. O portugués mozarabizado e o galego castelanizado fomentan a tendencia entre os pobos irmáns a considerarse mutuamente as variedades coma caricaturización da propia lingua. A situación actual non é satisfactoria: non vivimos as relacións normais da nosa íntima relación. Hai moitísimo que facer, empezando por unha política linguística baseada na Historia, para restaura-la galeguidade do noso idioma. Se o que se busca é facilita-la doce morte do galego no seó do castelán, non paga a pena preocuparnos de nada: nin de ensinar en galego, nin escribir galego. Debemos consegui-lo contacto entre os escritores e que os libros circulen a través da fronteira con maior profusión. Temos que felicitarnos de que en Santiago exista unha librería especializada e coloquios coma este... A Universidade galega non ten sequera unha cátedra de portugués, como en Salamanca: parece que Ile basta unha adxuntía (sorrisos do público). E a Asociación de Escritores non debe vivir allea ó mundo literario portugués. Hai, en fin, que desenmascarar unha distinción puramente política, pero que se extrapola fraudulentamente ó cambio cultural.'

CARLOS ALBERTO FERREIRA DE ALMEIDA: Despois das palabras tan serias e sentidas do profesor Calero só me resta ficar calado. Se nós traballasemos como o profesor Calero e o sentíramos na propia pel coma el, teriamos garantizado o agrandamento nas identidades. Temos que ter presente a figura de Serpa Pinto, que agora lembramos, e a súa permanente comunicación con Cuevillas. Somos a mesma cultura, falamos a mesma lingua, e a lingua é o dado maior que unha cultura ten. Cómpre pois estudiar e traballar, para que Galicia e Portugal non vivan de costas e convivan. Anuncio aquí que o Consello Científico da Facultade de Letras de Porto vén de aprobar un lectorado e unha sala para a cultura galega. Non nos ignoraremos se traballamos. Miremos senón, insisto, a Rui da Serpa Pinto, o nome que hoxe celebramos.

CARLOS GARCIA MARTINEZ: Xa está moito dito. Eu máis ben quero lanzar preguntas, plantexar puntos de debate. As relacións entre Galicia e Portugal foron sempre a través de contactos persoais, agás dun momento concreto: o Seminario de Estudos Galegos e a Semana de Porto no 1934. Paréceme que para que haxa unha fluidez neste achegamento mutuo é precisa a institucionalización das relacións, con tódolos riscos que conleva. As actuais xestións da Xunta de Galicia e da Universidade danse só pola cúspide, e non sei se van ter unha traducción real. Pero hai aínda algo máis importante: fóra do mundo da cultura, o pobo ¿que?. Na antropoloxía urbana veríamos cun sondeo que existe un certo rechazo mutuo...

C. A. FERREIRA DE ALMEIDA: É certo pero a rivalidade é imposible sen identidades. Tamén dentro das parroquias galegas ou portuguesas dase rivalidade entre sí. Ou vale o exemplo de calquera equipo de fútbol con outro da súa comarca: hai pugna porque existe unha identidade.

C. GARCIA MARTINEZ: Estou de acordo Pero eu falei de antropoloxía urbana, da poboación das cidades galegas, que é fundamental. E neste contexto é chamativo o feito da xente que nin sequera é galego falante...

CUESTION PRIMEIRA: (Para o profesor Carballo Calero). Quero falar da cuestión da normativización. Das tendencias isolacionistas e reintegracionistas. Paréceme que nesta segunda corrente as visións non son tan coherentes: por exemplo atopo diferencias entre as posturas defendidas por vostede e por Rodrigues Lapa. Vexo en Carballo Calero un achegamento na medida do posible, mais no filólogo portugués albíscase un certo cheiro a imperialismo idioimático... écomo reintegra-lo galego no portugués?.

RICARDO CARBALLO CALERO: O problema debe resolverse sobre bases científicas, tendo presente sincronía e diacronía. Querer facer unha lingua culta contando co galego que temos hoxe é como querer manter a un home enfermo na súa situación patolóxica. A historia do galego é unha historia clínica. A partir do XV perdeuse a dignificación da nosa lingua, que se fixo coloquial e fosilizada. 0 galego ten que sustituír unha chea de termos tomados do castelán polos orixinarios portugueses. Esta doctrina aséntase nos romanistas máis lúcidos como Menéndez Pidal e a súa admirable síntese explicativa da parcelación do latín nos diversos romances na península. Comparemos a situación do portugués respecto do galego e a do andaluz respecto do castelán. A diferencia está en que o portugués creou desde o Renacemento a súa propia ortografía, pero o andaluz falou andaluz e escribiu en castelán. Esto enmascara a realidade lingüística dese país. Felipe González Márquez tenta falar Castelán no Parlamento mais só o consegue a medias. Pero cando visita ós seus electores en Sevilla fala andaluz espontáneo e se se escribise na súa propia ortografía diferiría do castelán moitísimo máis có portugués do galego. Esta é a realidade. Nós non dicimos que o portugués sexa dialecto do galego. é,E o galego desde o punto de vista lingüístico de maior trascendencia social que o portugués?. Non. Sexamos discretos. Distingamos a lingüística da socio-política. O portugués pode e debe chamarse portugués. Sexamos transixentes, humanos, humanistas, liberais... As miñas diferencias con Rodrigues Lapa poden ser de vocabulario e de precisións conceptuais. Eu penso e falo desde Galicia, e el pensa e fala desde Portugal.

CUESTION SEGUNDA: (para o profesor Martínez López). ¿Podería explicarme a súa posición na comisión de normativa lingüística?.

R. MARTINEZ LOPEZ: Esa comisión foi algo plural. O presidente era o profesor Carballo. A posición da comisión de lingüística foi parecida á exposta hoxe aquí, con algunhas diferencias. Houbo un afán de transixir nalgúns aspectos. Os puntos de vista distintos entre o profesor Carballo e eu quizais radicaban que eu atendo máis o inmediato futuro da nosa lingua. Con eses posicionamentos reintegracionistas de seguro que aumentaríamo-las dificultades ós rapaces nas escolas e levantariamos máis opositores ó esfudio do galego. En resume, a miña posición sería moito máis transixente do que o profesor Carballo ten falado nesta intervención. Nos cultismos non fago problema, pero sí diferiría na ortografía. Esto non quere dicir que non comprenda a necesidade do contacto co portugués: todo o que escriba galego ten que ter á súa beira uns bos diccionarios portugueses como auxilio, e benvido sexa nese caso o portugués.

REFLEXION PRIMEIRA: (Fala Silvestre Lacerda, estudiante portugués). Temos que namorarnos cada vez máis uns dos outros, como insistía o profesor Santos Junior en Porto na primeira parte deste encontro. Gustaríame insistir na necesidade da cátedra de portugués en Compostela. Temos que saber mutuamente o que pasa nos dous países. Que se fomenten os intercambios estudiantís galegos e portugueses, con axudas para investigar, con bolsas de estudio. Faltan por exemplo canles comerciais para o intercambio de libros. Non hai contactos politicos e diplomáticos que pasen por Galicia, senón por Madrid.

REFLEXION SEGUNDA: Miremos só polo posible intercambio e círculos universitarios, porque é innegable o rechazo mutuo noutros ambientes máis populares e políticos... Deixemos agora dun lado os prohlemas do mero ámbito lingüístico. Existen realidades comúns que nos afectan: a CEE para unhas estructuras agrarias retardadas, os verquidos nucleares, proxectos nucleares coma o de Tras os Montes con consecuencias ecolóxicas semellantes... Estamos aquí porque Portugal e Galicia atopámonos na mesma barca. E así o noso traballo científico ten que ser visión de conxunto, superando os puros xogos idiomáticos no vacío...

REFLEXION E CUESTION TERCEIRA: Hai que insistir en dúas realidades que camiñan bastante distintas: o plano socio-político e o científico, no que nós podemos ter un maior protagonismo. Teño algunhas dúbidas sobre o plantexamento exposto polo profesor Carballo Calero. Ten que haber un entendemento entre os posicionamentos puramente científicos e especulativos e a realidade social e política que está vivindo un país. A lingua antes que nada é un factor de comunicación entre a xente, e ademais en Galicia é un conflicto social entre o castelán e o Estado Español e o idioma galego. Quero apuntar que aquí en Galicia, coa problemática actual pregunto se atender só a aspectos filolóxicos e científicos non virá actuar como un elemento distorsionador no que é un proceso de normalización da lingua. Unha cousa son as relacións de élite, e outra a realidade última para a que vale potenciar un idioma, é,non haberá que fuxir de vangardas científicas e atender máis ó momento que está vivindo Galicia?. En Porto algúns falabamos do conflicto idiomático dos nenos galegos co castelán, e agora aquí estamos engadindo unha guerra lingüística que non contribúe a facilita-lo momento histórico da Galicia autónoma; pregunto se non será un elemento dislocador andar agora con estas liortas...

CARBALLO CALERO: Na miña opinión hai filólogos e lingüístas dunha banda, e da outra hai sociólogos e políticos. O idioma é dúas cousas: un obxecto da creación humana e un vehículo de comunicación cunhas coordenadas insertas no mundo socio-político. Dun lado está o estudio científico dun idioma, e do outro a política lingüística. Eu adícome ó primeiro, e renuncio a plantexa-lo segundo problema. De maneira que o meu labor consiste e proporcionar claridade respeto do concepto do galego. Os políticos son os que deben conectar, se é posible, a esencia do galego, evitando a deriva cara ó castelán, coas dificultades que presenta un idioma falado do que o pobo non ten conciencia clara. E se vostede cre que é por un decreto como debe resolverse o problema direille que non fun eu quen decretou nada. Eu creo que hai que sinalar unha meta, acorde coa tradición romanista e galeguista, que apunta á desnaturalización do noso idioma. Se non recuperámo-la esencia do galego é preferible ensinar castelán: é,para que ensinar un galego castelaniza-do?. O meu interés é aportar unhas ideas que non son orixinais. O galego, ou é galego ou non é nada. Para que se castelanice non precisamos de premios literarios, de imposición nas escolas ou da normativa equis ou be. As cuestións de táctica concreta déixollas ós políticos.

REFLEXION CUARTA: Como ben subliñaba Silvestre e Santos Junior, o que cómpre é concretizar. Todo esto está moi ben, pero precísanse máis encontros, amistades e relacións persoais...


1984-00-00
Artigo de Ramón Máiz sobre a raza e o mito céltico en Manuel Murguía
1984-11-00
Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal»
1985-01-00
Sobre o cineclubismo en Galicia
1991-00-00
Primeira directiva do Clube Alexandre Bóveda. 1991. Ángeles Fernández, Benito Losada, Dacunha, Manuel Figueiras. Sentados: César Ansias, Xosé Ramón Quintana, Marcos Valcárcel, José Luís Llamas e Xosé Lois Carrión
1995-00-00
Directiva do Clube Cultural Alexandre Bóveda. 1995
1995-00-00
«De cea con Jose Luís de Dios», coa directiva do Clube Cultural Alexandre Bóveda. 1995
1995-00-00
Marcos Valcárcel no
1996-00-00
Directiva do Clube Cultural Alexandre Bóveda. 1996
1997-00-00
Directiva do Clube Cultural Alexandre Bóveda. 1997
1998-03-00
Presentación do libro Pé das Burgas de Marcos Valcárcel. Na mesa, Pepe Trebolle, Xosé Manuel Núñez Seixas, Marcos Valcárcel, Bieito Iglesias, Carlos Casares. Marzo de 1998
1999-00-00
Marcos Valcárcel na vella Biblioteca da Deputación de Ourense. 1999
2000-00-00
Artigo de Ascensión Cambrón Infante sobre as repercusións da Compañía Patriótico-Mercantil de Urbano Feijoo
2000-00-00
A ollada de Marcos, retrato de plenitude. Ca. 2000
2000-00-00
Murguía na Real Academia Galega. Letras Galegas 2000
2000-00-00
Cuberta do libro Manuel Murguía de X.L. Axeitos e X.R. Barreiro Fernández. Vigo: Xerais, 2000
2002-01-25
Artigo de Marcos Valcárcel sobre Plácido Castro
2003-00-00
Biografía de Antolín Faraldo na Gran Enciclopedia Galega
2003-00-00
Entrada biobibliográfica de marcos Valcárcel na Enciclopedia Galega
2003-00-00
Xesús Carro na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
2003-00-00
Manuel Murguía na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
2004-00-00
Marcos Valcárcel lembra a Carlos Casares, entre a memoria e o mito
2006-00-00
Marcos Valcárcel e Cristina Berg, no primeiro roteiro organizado en honor de Carlos Casares polas rúas de Ourense. Ca. 2006
2006-00-00
Estudo de Marcos Valcárcel sobre a faceta de xornalista de Valentín Lamas Carvajal
2007-11-11
Marcos Valcárcel, Xosé Ramón Quintana, Clotilde Iglesias “Tacholas” e Ramón Villares, balcón do restaurante María Andrea. 11 de novembro de 2007
2008-06-30
Marcos, pensativo, xa enfermo, o 30 de xuño de 2008 en Laias, logo da festa de Trasalba
2008-11-29
Marcos Valcárcel, Pepe Trebolle e Benito Losada, o día da homenaxe a Marcos no Liceo coincidindo coa presentación do seu libro Historia de Ourense. 29 de novembro de 2008
2008-11-29
A homenaxe a Marcos Valcárcel en Brétemas, blog de Manuel Bragado. 29 de novembro de 2008
2009-00-00
Retrato de Marcos Valcárcel coas medallas de Ouro do Liceo de Ourense, Castelao, do Pen Clube e da Asociación de Escritores en Lingua Galega. 2009
2009-05-20
Marcos Valcárcel, Premio Otero Pedrayo 2009
Ver

Transcripción da Marcos Valcárcel, Premio Otero Pedrayo 2009 en 20/05/2009


2010-05-24
«Un lóstrego», texto de despedida de Marcos Valcárcel das súas amizades. Ourense, 24 de maio de 2010
2010-12-09
Acto cívico na memoria de Marcos, no Liceo de Ourense, aos dous días da súa morte. Preside a familia e o retrato feito por Antón Pulido. Mantedor da palabra, Afonso Vázquez-Monxardin.
2010-12-11
Artigo de Afonso Monxardín sobre o pasamento de Pepe Trebolle e de Marcos Valcárcel
2010-12-14
Monxardín escribe sobre o texto de despedida de Marcos Valcárcel
2011-12-05
Lembranza de Marcos Valcárcel en crebas.gal, bitácora de Miro Villar
2012-00-00
Murguía, por Xosé Ramón Barreiro Fernández. Cuberta da edición de Vigo: Galaxia, 2012
2014-02-00
Manuel Lugrís Freire
2014-04-02
O 91 cabodano de Manuel Murguía na páxina web da RAG
2015-00-00
O xornal La Oliva como ponte entre as xeracións de Manuel Murguía e Antolín Faraldo
2015-06-13
A obra A data de inscripción da Porta das Praterías, de Xesús Carro, no blog Os libros de Ánxel Casal
2015-07-24
Artigo de Xosé Manuel Beiras sobre Xesús Carro
2015-07-30
Acceso á tese de doutoramento La Oliva (1856-1857): un xornal galeguista e progresista na soleira do Rexurdimento, de Xurxo Martínez González
2015-10-02
Especial do programa «Crónicas» de RTVE titulado «Las listas de Feijoo. Gallegos por esclavos»
2016-00-00
A batalla de Cacheiras e a participación de Antolín Faraldo
2016-03-07
Abril de lume e ferro, obra de teatro de Manuel María
2017-04-24
Artigo de Antonio Reigosa sobre Lence-Santar no centenario do seu nomeamento como Cronista Oficial da Cidade de Mondoñedo
2019-00-00
«O presidente da República que prologou as Follas novas de Rosalía. Notas a unha relación de Emilio Castelar coa cultura galega (Pardo Bazán vs. Murguía)»
2020-10-18
Artigo de Jose de Cora sobre Eduardo Lence-Santar no 60 aniversario do seu pasamento
2020-12-02
Ciclo do Liceo de Ourense Recordando a … Marcos Valcárcel. Decembro de 2020
2020-12-04
Ciclo do Liceo de Ourense Recordando a … Marcos Valcárcel. 2 de decembro de 2020
2021-00-00
Francisco Prado-Vilar conversa sobre a relevancia das Cantigas de Santa María na arte medieval [5´ 12´´]
2022-01-01
Tumba de Manuel Murguía, do seu fillo Ovidio e das súas fillas Amara, Alejandra, Aura e Gala no cemiterio de Santo Amaro (A Coruña)
2022-08-00
Cartel dos Xogos Florais de Betanzos, dedicados en 2022 a Antolín Faraldo
2022-09-01
Homenaxe a Antolín Faralgo en Nós diario (1 de setembro de 2022)
2022-10-28
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
2023-00-00
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
2024-06-11
Redescubrir a Valentín Lamas Carvajal
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaCabanas, ConstantinoPeña, Marina de laCañas, PilarMurguía, ManuelValcárcel, MarcosDíaz Pardo, IsaacCarro García, XesúsCastelao, Faraldo, AntolínBouza Brey, FermínPiñeiro, RamónLence-Santar, EduardoCaneiro, HoracioCastro Gerpe, BlancaDieste, RafaelOtero Pedrayo, RamónLapa, Manuel RodriguesGonzález López, EmilioPicasso, PabloVarela, LorenzoMartín, ElenaGonzalez, MalenaVillares, RamónGarcía-Sabell, DomingoArias “Mimina”, CarmenRisco, VicenteMartínez López, RamónScheimberg, SimónCarballo Calero, RicardoFraguas, AntonioBarreiro Fernández, Xosé RamónGonzález, FlorFalcini, LuísLorenzo Fernández, XaquínSofovich, BernardoPayró, JulioCunqueiro, ÁlvaroTomé, AlbaPortela Silva, ErmelindoVillar Ponte, AntónFernández del Riego, FranciscoParga Pondal, IsidroPaz-Andrade, ValentínGonzález García-Paz, SebastiánNúñez Meneses, PabloCastro, Rosalía deFilgueira Valverde, XoséCabeza de León, Salvador Temáticas: GalegoProxectorvídeoSecundarioFondos de Radio Nacional de España en GalicialiteraturaUniversitarioÁlbum de Galiciapolítica Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. historia contemporáneaartesprensa escritaartes visuaishistoria medievaletnografíaemigraciónentrevistarelixiónespazos artísticosautores/asnacionalismopatrimonioarqueoloxíaxeografíasocioloxíahistoria antigahistoria modernaasuntos particularestradiciónHistoria. XeografíaLingua. Literaturafiloloxía e lingüísticaantropoloxíaArquivística, biblioteconomía e documentaciónmedios de comunicaciónCamiño de Santiagofiloloxía galego-portuguesaciencias económicas e empresariaisciencia política e da administraciónColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoaneÁlbum Nóshistoria e institucións económicasmigraciónsAgora. Conferencias e conversas no CCGnacionalismo galegoArtes plásticas, deseño, música, danza e deportelinguaantropoloxía socialGuerra Civil española (1936-1939)

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0