Entidade: Centro Lucense. Bos Aires

Entidade: Centro Lucense. Bos Aires [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1957-10-05
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1957
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] V. Paz-Andrade / Abogado / Policarpo Sanz, 22. Tel. 1562 / Vigo

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Seoane. 1957 en 05/10/1957


5 oct. 1957

Sr. don LUIS SEOANE LÓPEZ
Pintor
Bartolomé Mitre 3793, 2º, F
Buenos Aires

Querido Luis:

Somentes agora escomenzo a ter un pouco de marxe nas miñas angueiras pra me comunicar con vos. Un chega co-a y-alma poboada de imaxes quentes, que siguen vivindo nun, e que cecais fan menos doada a readaptación ao crima tradicional. Os sentimentos latentes reacendense e un volta co curazón cheo de dividas, que ben quixera pagar e cecais non poida.
Maside foi operado en Santiago. Tiña un bullote calcareo na vexiga, que debia agravar o seu proceso diabético. A intervención foi rápida –4 ou 5 minutos–, e ao seguinte dia, cheo de ledicia, escoitéi a sua voz pol-o telefono. Liberamon-os todos d-unha grave inquedanza. Isaac leva unhos gravados en madeira que Carlos envia pra tí. Isaac sahiu no Alberto Dodero e coido que chegará o 17 ou 18. Estuvemos a bordo pra despedil-o.
Escribín a Barcelona pol-o anuncio de qué falamos. A xestión foi encomendada a Luis Suarez Delgado, Av. Mistral, 22. E dime en carta do 27:

“a pubricidade de Empresa fáise nas representacións, por conta das mesmas, cada localidade, con absoluta autonomia. Eiquí supervisan a propaganda e, en alguns artigos, recomendana, pero non a dirixen nin a pagan, por estar comprendida nas concesións”.

Suarez dime que con moito gusto serviría a Galicia Emigrante, da que xa ten conocimento. En Sao Paulo faléi do asunto con Luis Vidal Reis, Medico, Barao de Itapetininga, 120. É unha gran persoa, con sentimento galego, mais preside a “Casa de Cervantes”, filial do Instituto de C[ultura] H[ispánica]. Alí hai mais xente galega, e unha nacente “Casa de Galicia”, presidida por un elemento estimable, Evaristo Vazquez Juncal, Rua Sao Joaquim, 567. Cecais a persoa mais axeitada para representar a Galicia Emigrante pudera ser Jacobo Caldelas Nuñes, rapaz novo, galego, Direitor de Pubricidade do Programa 7 Días na TV, semanario. Ten un estudo-apartamento en Rua Frederico Steidel, 137, 2º andar.
En Rio estuven con algunha xente intresante tamen, mais coido que a relación debe ser estabelecida con José Landeira Irago. Foi redactor-xefe de La Noche en Santiago. Vive en Miguel Lemos 124, apto. 803, Copacabana, Rio de Janeiro. É un rapaz moi ao dia, de boa pruma e crara mentalidade.
Non esquecin canto falamos de compoñer un comentario pra cada numaro sobre un tema economico galego. Cecais logo poida enviarche o primeiro. Estóu por agora poñendo en punto moitas cousas, pra recomenzar a traballar arréu e a fundo, se podo. Quero despachar o libro das conferenzas, ainda que unha cousa non impedirá outra.
Os libros que me entregache ao sahir –un sobre Braque e outro de reproduccións clásicas–, non viñan adicados nin con destiñatario expreso. Si de palabra me foi dito, esquecín a indicación.
Por Isaac terás información de que os choidos en si mesmos siguen na sua. E até chegando a unha frialdade persoal molesta, como se un tuvera que eisaminar a conciencia. Agora preparan unha edición moi costosa d-un diccionario semi-enciclopedico, con leixico galego e narración castelán, escomenzado hai 50 anos por don Eladio Rodriguez Gonzalez. A obra cecais teña moito de aproveitable, no tocante a aportación directa do autor, mais sospeito que hoxe resultará anacrónica en canto a tecnica e a outros aspectos. Teremos de seguir moito tempo ainda sen dispor d-un verdadeiro instrumento de traballo, moderno, practico e compreto.
Chegóu Vazquez Iglesias, pra reembarcar. Onte a noite foille oferecida unha comida pol-o pequeno clan, gardandose moito de enteirar os demais. Se non fora que Otero canta todo non nos enteirariamos siquera, é o festexado tampouco da motivazon das ausenzas.
Teño a miña xente en Valdeorras. Non voltará até o 13 ou 14, mais tanto Alfonsiño como Pilar, pra Maruxa e prá ti, envian a lembranza mais viva.

Recibidea coa mellor e mais fonda aperta de

Valentín

P.D. Pra facer o reportaxe en Vida Gallega, ademais das fotos que truxen, precisaria un retrato teu, e si pudera ser, unha boa do mural de Centro Lucense.


1971-03-15
Carta de Palmás a Seoane. 1971
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Palmás a Seoane. 1971 en 15/03/1971

Pontevedra, 15 de marzo de 1971

Meu querido Seoane:

Por disgracia xa me queda pouco tempo en Europa, pasou voando. Aquí en Pontevedra hai un grupo de recente creación “Amigos da cultura” que ven desenrolando un ciclo de conferencias mui interesante que se realizan no local do Casino. Encetaron agora ún sobre a crise da relixiosidade no mundo moderno e o anterior foi encol da xeneración de Nós. Niste ultimo falaron Otero Pedrayo, Xoaquin Lourenzo, Carlos Baliñas e mais Totora Armesto, ista ultima mui valente asegún os comentarios que oin. Precisamente van editar iste último ciclo e me falaron os rapaces da posibilidade de que Vd. lles fixera a tapa do libro. Xa verá si é posibel, porque teñen algunha presa; pensan levalo ao prelo pra meados de abril. Por calisquer cousa escríballe a Xose Luis Fontenla Rodríguez, Joaquin Costa 28, 3º Pontevedra.
Noutro orden de cousas, o meu viaxe mui bó, andiven bastante por Galicia adiante. Toda a xente do Castro portouse mui ben comigo. Foron dunha xenerosidade abraiante. O Xosé pareceume un rapaz estupendo, cheo de inquietudes e mui lonxe das parvadas que caracterizan en España á xente da sua idade.
Teño algúns proietos de traballo. Falei co Isaac da posibilidade de editar no Castro unha antoloxía do L[orenzo] Varela. Eu non me sinto con autoridade suficiente pra levar a termo a tarefa pro coa axuda do Lorenzo poderíase facer. Tamén quero escribir unha nota pra Grial sobre as suas audiciós radiales, das que mui poucos teñen noticia aquí. Non sei que pensa Vd. disto. Coido que podería estar estruturada da seguinte forma. Unha introdución sobre Galicia Emigrante, a súa xestación e desenrolo posterior, a importancia da mesma entre as audiciós galegas que se fixeron alá, un capitulo adicado á do C[entro] Lucense e no final o fichado temático de todas as audiciós (semellante ao que apareceu no último número da revista Galicia Emigrante).
Hoxe marcho a Santiago, verei se podo falar con García Sabell porque non estaba as duas veces que estiven por alí.
Niste fin de semana último estiven co Mincho Fernández Armesto, que me produxo mui boa impresión. Non puiden falar con Ramallal por estar encamado, a pesares de que non é nada de cuidado. En Lugo estiven co Alonso Montero, Fernández de la Vega e mais o Fole, que me encantou verdadeiramente. É un home cheo de calor e estivo lembrando os seus tempos en Compostela, ao Cuadrado e ao Varela. Tamén falei alí cuns rapaces do curso preuniversitario.
Xa falaremos das miñas impresiós sobre Galicia e o labor que se fai aquí, impresiós que poden ser falsas, ás veces, por mor de muitas cousas, pero desde xa non sempre casan cas que ten a xente que vive aquí. É mui duro decilo pro Galicia pareceume culturalmente unha provincia, impresión que teño de toda España en xeral, agás Barcelona. Isto non é unha crítica, simplemente un feito observado.

Unha forte aperta pra Vd. e Maruja

Ricardo


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaDíaz Pardo, IsaacOtero Pedrayo, RamónPaz-Andrade, ValentínCarballo Calero, RicardoDieste, RafaelVarela, LorenzoArias “Mimina”, CarmenGarcía-Sabell, DomingoFernández del Riego, FranciscoDíaz, XoséCastelao, Cuadrado, ArturoDónega, MarinoGerstein, MarikaMuñoz Manzano, CarmenNúñez Búa, XoséLaxeiro, Scheimberg, SimónVázquez Freire, José LuísGil Varela, ÁlvaroRey Romero, JoséDíaz Arias de Castro, CamiloSofovich, BernardoPiñeiro, RamónFrontini, NorbertoBurd, LipaPicasso, PabloLifschitz, RafaelBlanco Amor, EduardoBaltar Domínguez, AntonioGerstein, NoemíBaudizzone, LuísBurd, EstherColmeiro, ManuelLifschitz, EmmaRónai Pal, PauloOtero Espasandín, XoséNogueira, FedericoRodríguez de Prada, PilarFernández-Albalat Lois, AndrésFalcini, LuísDíaz Arias de Castro, RosendoMaside, CarlosAlvajar, AmparoSuárez, MarcialLifschitz, CarlosPondal, EduardoDieste, Mireia Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesliteraturaartes visuaisColección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoaneespazos artísticos Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero A nova Sargadelosautores/asmigracións Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalemigraciónpolíticamedios de comunicaciónprensa escritaFábrica de Porcelanas La MagdalenaColección: Paulo Rónai con Paz-AndradeHistoria da Literatura Galega ContemporáneahistoriaGalería Boninoartes escénicasNadal [festa]Álbum de GaliciaColección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz PardocineGalería Sargadelos de BarcelonaviaxeexiliopremiosradioEdiciós do CastroenfermidadeSeminario de Estudos GalegosExposición de Luís Seoane. Colonia. 1967Pedrón de OuroInsectarioCeltia S. A.PescanovaCuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de SargadelosMundial de Fútbol de 1978defunciónsHomenaje a la Torre de HérculesA galecidade na obra de Guimarães RosaCastelao na luz e na sombraMar de histórias: antologia do conto mundial Epistolario de Ricardo Carballo CaleroPoliclínico da RosaledaExposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967Martín Fierro

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0