Persoa: Luís Vidal Reis

Persoa: Luís Vidal Reis [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1957-10-05
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1957
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] V. Paz-Andrade / Abogado / Policarpo Sanz, 22. Tel. 1562 / Vigo

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Seoane. 1957 en 05/10/1957


5 oct. 1957

Sr. don LUIS SEOANE LÓPEZ
Pintor
Bartolomé Mitre 3793, 2º, F
Buenos Aires

Querido Luis:

Somentes agora escomenzo a ter un pouco de marxe nas miñas angueiras pra me comunicar con vos. Un chega co-a y-alma poboada de imaxes quentes, que siguen vivindo nun, e que cecais fan menos doada a readaptación ao crima tradicional. Os sentimentos latentes reacendense e un volta co curazón cheo de dividas, que ben quixera pagar e cecais non poida.
Maside foi operado en Santiago. Tiña un bullote calcareo na vexiga, que debia agravar o seu proceso diabético. A intervención foi rápida –4 ou 5 minutos–, e ao seguinte dia, cheo de ledicia, escoitéi a sua voz pol-o telefono. Liberamon-os todos d-unha grave inquedanza. Isaac leva unhos gravados en madeira que Carlos envia pra tí. Isaac sahiu no Alberto Dodero e coido que chegará o 17 ou 18. Estuvemos a bordo pra despedil-o.
Escribín a Barcelona pol-o anuncio de qué falamos. A xestión foi encomendada a Luis Suarez Delgado, Av. Mistral, 22. E dime en carta do 27:

“a pubricidade de Empresa fáise nas representacións, por conta das mesmas, cada localidade, con absoluta autonomia. Eiquí supervisan a propaganda e, en alguns artigos, recomendana, pero non a dirixen nin a pagan, por estar comprendida nas concesións”.

Suarez dime que con moito gusto serviría a Galicia Emigrante, da que xa ten conocimento. En Sao Paulo faléi do asunto con Luis Vidal Reis, Medico, Barao de Itapetininga, 120. É unha gran persoa, con sentimento galego, mais preside a “Casa de Cervantes”, filial do Instituto de C[ultura] H[ispánica]. Alí hai mais xente galega, e unha nacente “Casa de Galicia”, presidida por un elemento estimable, Evaristo Vazquez Juncal, Rua Sao Joaquim, 567. Cecais a persoa mais axeitada para representar a Galicia Emigrante pudera ser Jacobo Caldelas Nuñes, rapaz novo, galego, Direitor de Pubricidade do Programa 7 Días na TV, semanario. Ten un estudo-apartamento en Rua Frederico Steidel, 137, 2º andar.
En Rio estuven con algunha xente intresante tamen, mais coido que a relación debe ser estabelecida con José Landeira Irago. Foi redactor-xefe de La Noche en Santiago. Vive en Miguel Lemos 124, apto. 803, Copacabana, Rio de Janeiro. É un rapaz moi ao dia, de boa pruma e crara mentalidade.
Non esquecin canto falamos de compoñer un comentario pra cada numaro sobre un tema economico galego. Cecais logo poida enviarche o primeiro. Estóu por agora poñendo en punto moitas cousas, pra recomenzar a traballar arréu e a fundo, se podo. Quero despachar o libro das conferenzas, ainda que unha cousa non impedirá outra.
Os libros que me entregache ao sahir –un sobre Braque e outro de reproduccións clásicas–, non viñan adicados nin con destiñatario expreso. Si de palabra me foi dito, esquecín a indicación.
Por Isaac terás información de que os choidos en si mesmos siguen na sua. E até chegando a unha frialdade persoal molesta, como se un tuvera que eisaminar a conciencia. Agora preparan unha edición moi costosa d-un diccionario semi-enciclopedico, con leixico galego e narración castelán, escomenzado hai 50 anos por don Eladio Rodriguez Gonzalez. A obra cecais teña moito de aproveitable, no tocante a aportación directa do autor, mais sospeito que hoxe resultará anacrónica en canto a tecnica e a outros aspectos. Teremos de seguir moito tempo ainda sen dispor d-un verdadeiro instrumento de traballo, moderno, practico e compreto.
Chegóu Vazquez Iglesias, pra reembarcar. Onte a noite foille oferecida unha comida pol-o pequeno clan, gardandose moito de enteirar os demais. Se non fora que Otero canta todo non nos enteirariamos siquera, é o festexado tampouco da motivazon das ausenzas.
Teño a miña xente en Valdeorras. Non voltará até o 13 ou 14, mais tanto Alfonsiño como Pilar, pra Maruxa e prá ti, envian a lembranza mais viva.

Recibidea coa mellor e mais fonda aperta de

Valentín

P.D. Pra facer o reportaxe en Vida Gallega, ademais das fotos que truxen, precisaria un retrato teu, e si pudera ser, unha boa do mural de Centro Lucense.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Otero Pedrayo, Ramón;  Paz-Andrade, Valentín;  Carballo Calero, Ricardo;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Arias “Mimina”, Carmen;  García-Sabell, Domingo;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz, Xosé;  Castelao, ;  Cuadrado, Arturo;  Dónega, Marino;  Gerstein, Marika;  Muñoz Manzano, Carmen;  Núñez Búa, Xosé;  Laxeiro, ;  Scheimberg, Simón;  Vázquez Freire, José Luís;  Gil Varela, Álvaro;  Rey Romero, José;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Sofovich, Bernardo;  Piñeiro López, Ramón;  Frontini, Norberto;  Picasso, Pablo;  Burd, Lipa;  Lifschitz, Rafael;  Blanco Amor, Eduardo;  Baltar Domínguez, Antonio;  Gerstein, Noemí;  Burd, Esther;  Colmeiro, Manuel;  Lifschitz, Emma;  Baudizzone, Luís;  Rónai Pal, Paulo;  Otero Espasandín, Xosé;  Rodríguez de Prada, Pilar;  Fernández-Albalat Lois, Andrés;  Nogueira, Federico;  Falcini, Luís;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Maside, Carlos;  Alvajar, Amparo;  Suárez, Marcial;  Lifschitz, Carlos;  Pondal, Eduardo;  Dieste, Mireia;  Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  espazos artísticos;  Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero ;  A nova Sargadelos;  autores/as;  migracións;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  emigración;  política;  medios de comunicación;  prensa escrita;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Historia da Literatura Galega Contemporánea;  historia;  Galería Bonino;  artes escénicas;  Nadal [festa];  Álbum de Galicia;  Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo;  cine;  Galería Sargadelos de Barcelona;  viaxe;  exilio;  premios;  radio;  Ediciós do Castro;  enfermidade;  Seminario de Estudos Galegos;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Pedrón de Ouro;  Insectario;  Celtia S. A.;  Pescanova;  Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos;  Mundial de Fútbol de 1978;  defuncións;  Homenaje a la Torre de Hércules;  A galecidade na obra de Guimarães Rosa;  Castelao na luz e na sombra;  Mar de histórias: antologia do conto mundial;  Epistolario de Ricardo Carballo Calero;  Policlínico da Rosaleda;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Martín Fierro; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0