Entidade: Casa de Galicia de París

Entidade: Casa de Galicia de París [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1986-10-20
A Lareira. Voceiro da Casa de Galicia, Asociación cultural (París, 1986)
Ver

Transcripción da A Lareira. Voceiro da Casa de Galicia, Asociación cultural (París, 1986) en 20/10/1986

A mediados do século XX a tendencia migratoria galega foi cambiando na elección dos países e comezou a etapa europea. Francia foi un dos destinos principais.
Nos anos setenta, a Casa de Galicia de París xa publicara varios boletíns en que informaba aos socios e socias das súas actividades. En 1984 edita o primeiro número de A Voz da Lareira. Voceiro da Casa de Galicia, que a partir do seu número 4 (1985) cambia de nome e pasa a chamarse A Lareira. Esta revista ten como obxectivo informar sobre temas de interese para as e os emigrantes galegos asentados na capital francesa. Unha parte importante da publicación está dedicada a temas referidos a Galicia e á súa cultura, historia, lingua etc., asumindo un compromiso cultural e político de carácter nacionalista, tal como vemos nesta portada dedicada á celebración do Día da Identidade Galega, con referentes culturais como Rosalía de Castro, Castelao, Concepción Arenal e Alfonso X o Sabio. Tamén analiza a situación da emigración; cómpre resaltar a información específica ofrecida aos traballadores galegos sobre seguridade social, pensións e xubilacións en España e en Francia. No resto da publicación descríbense as actividades da asociación con numerosas fotografías.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Zulueta, Alfonso;  Valcárcel, Marcos;  Díaz, Avelino;  Castelao, ;  Domínguez, Francisco;  Isla Couto, Xaime;  Rei, Luís;  Busto, Gumersindo;  Fernández Cabaleiro, María Teresa;  Casares, Carlos;  Castelao, Teresa;  Mateo, Sesé;  Isla Couto, Fidel;  Fernández del Riego, Domingo;  Isla Couto, Ramiro;  Fernández Rei, Francisco;  Castro, Rosalía de;  Castromil, Ramón;  Losada, Benito;  Fernández González, de Cabrera, Elsa;  Cunqueiro, Álvaro;  Pereira, Virxinia;  Llamas, José Luis;  Tacholas, Fernando Iglesias;  Fernández del Riego, Francisco;  Insua López, Emilio Xosé;  Neira Vilas, Xosé;  Fernández Freixanes, Víctor;  Vázquez-Monxardín, Afonso;  Blanco Amor, Eduardo;  Figueiras, Manuel;  Vidal Carrera, Ramiro;  Alonso Ríos, Antón;  González Laxe, Fernando;  Cordo Boullosa, Manuel;  Velo Mosquera, Xosé;  Piñeiro López, Ramón;  Tojo Sieyro, Emma;  Suarez-Vence, Javier;  Ansias, César;  Gómez Román, Manuel;  Díaz Gallego, Iolanda;  Torres Queiruga, Andrés;  Canabal, Xesús;  Carrión González, Xosé Lois;  González López, Emilio;  Núñez Feijoó, Alberto;  Puente González, Manuel;  Méndez Ferrín, Xosé Luís;  Estévez Lavandeira, Arancha;  Temáticas: Historias de ida e volta;  asociacións;  emigración;  Álbum de Galicia;  industria editorial;  prensa escrita;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  literatura;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  emigrantes;  historia;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  remesas;  Mulleres;  identidade cultural;  axentes culturais;  artes plásticas;  A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto;  sociedade;  Memoria e voces femininas da diáspora galega;  relixión;  exilio galego;  ocio;  O galeguismo en América;  poesía;  lingua;  acción política;  cine;  música;  música tradicional;  arquitectura;  ciencia;  nacionalismo;  política;  coros;  A emigración galega nos Estados Unidos;  educación;  A pegada educativa da emigración galega en América; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0