Persoa: Giuseppe Verdi

Persoa: Giuseppe Verdi [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1978-06-13
Carta de Seoane a García Sabell. 1978
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a García Sabell. 1978 en 13/06/1978



Buenos Aires, 13 de Xunio de 1978

Dr. Domingo García Sabell
Santiago

Querido Domingo:

Por unha carta de Isaac tiven noticia de que ves a Buenos Aires invitado polo Centro Galego con motivo do Dia de Galicia. Non sabes canto me alegrou a noticia, ainda que eu esté persoalmente moi lonxe de todo o que ocurre na colectividade dende que fun aldraxado por un grupo de persoas fai uns oito anos, instigados por Valentín Fernández, sin que esa institución e as outras lles contestase, como terían de facelo, por todo o que eu fixen para elas en tantos anos, dende o 37 ó 70. Dende entón deixei de frecuentala e non concurrín endexamais a un acto dela. Mais este é un caso particular. A realidade é que non se ten de ningún xeito de deixar de lado a importancia que ela ten, sobre todo que tivo no pasado, cando non envellecera por falla de emigrantes novos. Das tuas conferencias e de ti persoalmente lémbrase moita xente. Foi moi importante a imaxe que deixaches dunha Galicia nova, inqueda, descoñecida para eles, a maioría, que lles anunciaba a esistencia de uns valores dos que non tiñan apenas noticia. Nos alegrámonos moito de que veñades. Eu por egoísmo persoal. Verás o meu traballo feito en Buenos Aires, o que estou facendo, algúns dos murales mais importantes. E poder ver xuntos algúns espectáculos. Buenos Aires é con seguranza a cuarta, ou quinta gran cidade musical e teatral do mundo. Hoxe, un dia calquera do outono anúnciase, soio en teatro, Cyrano de Bergerac de Rostand, Anna Christie de O´Neill, Lorenzaccio de A. de Musset, El Abanico, de Goldoni, Romeu y Julieta de Shakespeare, xuntamente coa obra dos mais novos, como El Desperfecto de Dürrenmat, Ceremonia para un negro asesinado de Arrabal, ou Requien para un viernes a la noche de Rosenmacher, do teatro universal. Do teatro en castelán estase repoñendo Los intereses creados e La casa de Bernarda Alba, aparte do teatro arxentino. De ópera, Otelo de Verdi e Gisell de Adam-Coralli, etc. Enmais dos ballets nacionales e estranxeiros, concertos, e en este intre traballan sete circos en distintos bairros da cidade. Non vou a reproducirche as páxinas de espectáculos dun xornal, La Nación, nin referirme ó teatro experimental que se fai, nin ós cafés-concerts, etc. Douche noticias de este aspecto de cidade descoñecido en España, para animarte a que veñades. Para nos serán dias inolvidables, estou seguro.
Non sei nada do que pasou co libro de Galicia no ano 2000. Si tivo críticas, etc. O vicerrector nin tan siquera me remitíu o exemplar. Teño un que me envióu Del Riego. A Xulio Maside fíxenlle un traballo sobre Carlos, pra un libro que tiña de se editar axiña, enviéillo fai meses, e tiven noticias por Piñeiro de que o recibíu. Xulio nin siquera me acusóu recibo, é moi posible que non lle gustara. Esquénzome traballando. Traballo.
Non escribo mais. Esta carta é simplemente consecuencia da ledicia que sentimos polo voso viaxe en Xulio. Unha aperta moi grande ora vos os dous de Maruxa e miña:


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Rivera, Mabel;  Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Gay, Finita;  Burd, Lipa;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Laxeiro, ;  Arias “Mimina”, Carmen;  Dieste, Rafael;  Suárez, Marcial;  Alvajar, Amparo;  Scheimberg, Simón;  Castelao, ;  Picasso, Pablo;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Burd, Esther;  Casares, María;  Maiztegui, Isidro B.;  Alberti, Rafael;  Shand, William;  Falcini, Luís;  Gerstein, Marika;  Sofovich, Bernardo;  Brecht, Bertolt;  Salvat i Ferré, Ricard;  Díaz, Xosé;  Rey Gómez, Beatriz;  Cortázar, Julio;  Shakespeare, William;  Gerstein, Noemí;  Cuadrado, Arturo;  Maside, Carlos;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Soto, Marisa;  Prada, Lala de;  Muñoz Manzano, Carmen;  Chagal, Marc;  Whitelow, Guillermo;  Unamuno, Miguel de;  Piñeiro López, Ramón;  Bernárdez, Aurora;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Miró, Joan;  Núñez Búa, Xosé;  Coppola, Horacio;  Rotzait, Perla;  Fernández-Albalat Lois, Andrés;  Dürrenmatt, Friedrich;  Colmeiro, Manuel;  Temáticas: Mulleres;  artes;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  autores/as;  espazos artísticos;  asuntos particulares;  literatura;  sociedade;  Mulleres no Álbum de Galicia;  A nova Sargadelos;  cine;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  Teatro Municipal General San Martín. Bos Aires;  emigración;  medios de comunicación;  migracións;  prensa escrita;  música;  O divino Sainete;  Os vellos non deben namorarse;  radio;  Álbum de Galicia;  Teatro Colón. Bos Aires;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Historias de ida e volta;  Memoria e voces femininas da diáspora galega;  premios;  Día de Galicia;  La casa de Bernarda Alba;  Théâtre national populaire;  Galería Bonino;  Bauhaus;  El Adefesio;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  Ballet Gallego Rey de Viana;  Teatro María Guerrero. Madrid;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Macbeth;  Academia Nacional de Bellas Artes [Arxentina];  Imprenta Moret;  caretas de Castelao;  artistas;  teatro;  Esperando a Godot;  Fausto, de Goethe;  La Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de Marfil;  Comédie-Française; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0