Persoa: Fernando Pereira Caamaño

Persoa: Fernando Pereira Caamaño [15]

Data Material Ver
Data Material Ver
1968-05-18
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1968
Ver [Carta manuscrita co membrete:] PATRONATO DA CULTURA GALEGA / Secretaría: RAMBLA WILSON 503 / MONTEVIDEO.

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1968 en 18/05/1968


Montevideo, 18 maio 1968

Benquerido amigo e irmán:

Polo noso común e admirable amigo Díaz Prado, ademiramos o fermoso traballo del Manuel María Versos pra cantar en feiras e romaxes, que vai editar o noso Patronato da Cultura Galega, prás próisimas xiv Xornadas de Cultura Galega. Nembargantes, como o númaro de páxinas é pouco abondoso, tomámonos a liberdade de pedirlle, novamente, a súa axuda, que consiste en facer un dibuxo por cada poesía, ademais da carátula correspondente. O tamaño do libro será, esaitamente, ao de Historias de emigrantes, de Neira Vilas.
Estamos moi inquedos coa tardanza de Díaz Pardo, pra que nos mande o material pra Eisposición. Sant-Yago xa está petando na porta. ¿Que fará con todo iso?

Agradecendo de antemán a súa deferencia, reciba unha aperta cinguida.

Pereira


1969-00-00
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969 en 00/00/1969


[1969]

Seoane:

Estamos moi inquedos cos grabados (hai folga do Correo eiquí e aínda non viñeron). A eisposición comenza ó próisimo martes 15 (deica ó 31).
As cerámicas veñen o domingo 6 no Libertad pro coa folga do Correo non temos a lista de embarque. En fin, todo se arranxará...
Adxunto o libro cáseque armado. Coido que agora será xa a derradeira proba (tamén debería estare na inauguración ó 15).

Unha aperta irmán:

Pereira


1969-06-23
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969 en 23/06/1969


Montevideo, 23 San Xoán 1969

Estimado Seoane:

Escribo un pouco voando, xa que quero que saia hoxe a derradeira proba do libro, cáseque armado pra que vostede o vexa.
Supoño que Fuentes xa lle entregaría tres libros de Neira Vilas.
Prégolle que olle todo axiña. Queremos presentar o libro o día 15 de Sant-Yago; en que inauguramos a Eisposición.

Unha aperta

Pereira

P.D. Aínda non chegaron os grabados.


1969-07-22
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969
Ver [Carta manuscrita co membrete:] PATRONATO DA CULTURA GALEGA / Secretaría: RAMBLA WILSON 503 / MONTEVIDEO.

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1969 en 22/07/1969


Montevideo, 22-VII-69

Benquerido Seoane:

Non pode imaxinarse a miña pena... Acaban de entregarme o libro de Manuel María e vostede pode ollar o desastre. A rabia que teño é porque non podemos facer nada. O papel (gratis) douno IPUSA e o traballo fixo FUS a un costo baixísimo (quizaves gratis tamén) e así non hai moito dereito a protestar pola transparencia dos debuxos. Teño moita pena, xa que todos (e non digamos vostede) puxemos moito agarimo na laboura.
Onte falei por teléfono con Pérez Prado, quen me dixo que viña o sábado. De inmediato comuniqueino aos demais membros da Direitiva. Estamos moi ledos e moi agradecidos por esta nova deferencia que ten con nós.
Adxúntolle dúas invitacións pra inauguración da Eisposición, que agora será o próisimo viernes 25, pra tratar de ter nesa data (Día de Galicia) a cerámica. O pasado 14 puxemos un cable a Díaz Pardo pedíndolle que mande algo por avión. Conseguimos un permiso do Municipio deica ó 4 de agosto )que cáseque seguro alongarase hastra o 10).
Non deixen de avisar con tempo pra ire a agardalos. Teñen reservada unha habitación pra dous no Hotel Los Ángeles, 18 de julio 974, a nome de vostede (e do Patronato).
Adxunto tamén algúns programas das XIV Xornadas de Cultura Galega.

Saúdos prá súa dona. Unha aperta:

Pereira


1970-07-08
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1970
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e correccións manuscritas]

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1970 en 08/07/1970

Montevideo, 8 de Sant-Yago de 1970

Esimado Seoane:

Aínda non tivemos novas de Patiño, pro igoal lle escribo pra poñelo en antecedentes de algunhas cousas.
Falamos con Canabal con respeuto aos catálogos, quedando, en principio, de facer algo menos caro (por exemplo, poucas reproduciós, etc.). A verdade é que me costou convencelo, xa que co libro de González López ten moitos gastos (por certo, que quedamos moi ledos coa súa fermosa carátula). A malo de todo é co tempo pasa a présa. Do que mandou Patiño, hai en total 48 (corenta e oito) debuxos e grabados. Temos cáseque a seguridade de que 9 traballos son de Gallego (sen tiduo) (debuxos), 14 de Patiño, 12 de Ortiz Alonso, 2 de Calabuig (así aparecen firmados), 4 de Beatriz Rey e 2 de Rosendo (tamén así firmados). Os 5 restantes son: 1 Cabeza de sevillano (sen firma), 1 O circo sevillano (sen firma), 2 Escala (coido que de Patiño) e 1 debuxo cunha cabeza dun home, que parez rubricado por Datas. Os pirmeiros 43, menos os posibres de Ortiz Alonso, viñeros sen tiduo. Non temos, ademais, os datos biográficos de Calabuig e Rosendo. En fin, co este panorama, e sen resposta de Patiño, vostede dirá que faguemos.
O programa das XV Xornadas de Cultura Galega, de maneira sustancia (en prensa) será:
Do 25 de xulio ao 5 de agosto
Mostra Bibriográfica de Castelao.
I Feira de Cerámica.
Eisposición de Debuxos e Grabados. (Est. Pop. Galega)
26 de xulio
Xantar de confraternidade.
Entrega da Losada Castro a Ánxel Rama.
27 de xulio
Conferencia de Losada Castro (Universidade).
30 de xulio
Mesa redonda sobor o tema: Castelao, artista, político, home. (Tomarán parte Seoane, Cancela e Vidart).
Denantes de todo: queremos telo no xantar E QUE FALE (a ser posibre da situación na Terra). Prego resposta rápida a esto.

Por hoxe nada máis. Saúdos prá súa dona, cunha aperta forte pra vostede.

Pereira

[Anexo.]
[Manuscrito.]

Montevideo, 11 Sant-Yago 1970

Estimado Seoane:

Eiquí están os datos remesados por Patiño:
Alfonso Gallego 8 debuxos a lápiz.
*Ánxel Sevillano 2 debuxos a pruma.
*Francisco Escalada 2 grabados linóleum.
*Alberto Corazón 1 grafía [Non entendo]
*Federico Calabuig a) Xilografía. b) ...grafía [Algo así como Gerigrafía/s)
Ortiz Alonso 10 monotipos
Alberto Datas 1 debuxo (Un rostro)
Beatriz Rey 4 papeles recortados e pegados (sic)
*Rosendo Díaz 2 debuxos (paisaxes xeométricos).
R. Patiño 16 {4 grabados follas meianas
12 debuxos-
Total: 48
Como pode ollar, o detalle, por artistas, está xa craro, pro non así os tiduos. Tampouco as biografías dos que siñalo deste xeito: *
Entendo que no limiar do catálogo vostede debe faguer referencia ao feito ca Estampa (e mais o Patronato) adican a Eisposición Castelao, co gallo dos 20 anos do seu finamento.
Ao mesmo tempo que fago esta nota, estou tratando de que un fotógrafo amigo teña os retratos pra mandarlle polo amigo portador da presente.
Nesta somán teremos rematado o programa das xv Xornadas de Cultura Galega, sentindo moito, moito, non telo con nós no Xantar. Adxunto, simbolicamente, o menú. Logo mandaremos o devandito programa.

Saúdos pra súa dona, cunha forte aperta de

Pereira

[Anexo.]
[Manuscrito.]

(2ª nota)
O amigo fotógrafo non me fixo o traballo. Polo tanto, pra gañar tempo, mando polo amigo Cambre a laboura correspondente a cada artista orixinal. Como volta a Montevideo o martes, supoño que terá tempo de preparar vostede o borrador do catálogo.
De Sargadelos e do Castro mandounos catálogo Díaz Pardo.
Andamos moi mal de cartos. Acabamos de arranxar un local en preno centro da cidade que nos saie nun ollo da cara.


1970-07-11
Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1970
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1970 en 11/07/1970


Buenos Aires, 11 de xulio de 1970

Sr. D. Fernando Pereira
Montevideo

Estimado amigo:

Recibín a súa carta. Pódese facer un catálogo menos caro, pero ten de facerse un catálogo presentábel, pois non é cousa de pedirlle á xente que traballe pra non ter con ela as atenciós que merece. Por outra parte, si Díaz Pardo non mandou un catálogo de porcelana ten de facerse un pequeno texto explicándose do que se trata. O mesmo supoño que terá de explicarse a mostra de Castelao. Todo pode facerse nun soio catálogo. Si viñera alguén de ahí e me trouxera os materiales, lista de obras e fotos, trataría eu de diagramalo. Eu podo facer o texto pra os dibuxantes e as porcelanas. En canto aos clisés a facer, serían 8 ou 9, un por cada artista, que poden sere de pequeno formato. Sinto moito non poder ir o 26, agradezo moito a invitación, mais si vou ese día, non podo ir o 30. Estou con moito traballo. Por outra parte, eu non falo, non me gusta falar, moléstame a oratoria e nunca quixen participar en nada destas custiós. Tampouco en mesas redondas que me parecen inútiles. Aceptei por tratarse de Castelao e porque sendo en Montevideo non choverán sobor min invitaciós pra outras mesas redondas sobor os temas máis disparatados.

Saúdos á súa dona e aos compañeiros, e vostede reciba unha aperta de:

[Seoane]


1970-10-02
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1970
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1970 en 02/10/1970


Montevideo, 2 outubre 1970

Benquerido Seoane:

Somentes unhas liñas, pra decirlle que lle adxunto o supremento dominical do xornal El día, no que vén unha nota sobor Sargadelos e algo da Estampa. Con bastantes erros, pro importante é que saíu. El día é un xornal de dereitas, sendo, nembargantes, o supremento devandito moi leído.
Nestos días remesaremos un pra Díaz Pardo e outro pra Patiño. Vostede dirá si a alguén máis.
Agardo novas, confirmando a autenticidade de Heriberto Bens (por médeo de Soto). Dende logo, si se ratifica o noso desexo, hai que pubricalo de calquera maneira.

Saúdos para Maruxa, cunha aperta fonda pra vostede de

Pereira


1971-03-04
Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1971
Ver [Carta mecanografada con correccións manuscritas]

Transcripción da Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1971 en 04/03/1971


Buenos Aires, 4 de marzo de 1971

Sr. D. Fernando Pereira
Montevideo

Querido amigo:

Remítolle a miña carta de agradecemento ó Presidente do Patronato D. Abelardo Cerdeira e á Xunta Direitiva, e adxúntolle a carta que fixen pública con unha resposta ós que fan A Nosa Terra.
Todo esto é moi triste. Matino que, coa laboura feita por min, boa, regular, ou mala, mais sempre adicada a eisaltar a Galicia, merezo un ataque maior, polo menos en canto a espacio nese periódico, que Fraga Iribarne, ou os moitos que se comportaron coma nemigos da terra dende fai moitos anos. Mais deixemos esto. De Méndez Ferrín sei que está facendo xestiós pra poñelo en libertade. Eu fixen no mes de decembro unha mostra de óleos e grabados na Galería que inaugurou a súa dona en Vigo. Farei nos transcurso deste mes os dibuxos e a tapa pró libro que vostedes van a editar. A min parésceme moi bon e con moito gusto colaborarei na súa edición. Eu marcharei na primeira quincena de abril pra Europa. O día 6, aínda non está confirmada a data, faise no Museo de Arte Moderno deiquí unha grande mostra retrospeitiva de douscentos grabados meus.
Neste intre recibo outra súa. 1) Non estarei en Buenos Aires en xulio, posibelmente estarei en Galicia. 2) Teño feita a miña resposta agradescendo a carta do Patronato. 3) Mais arriba escríbolle que farei os dibuxos neste mes, percisamente porque marcho. Penso que teñen de editarse.
Si podo serlles útil en Galicia, sereino con moito gusto.

Saúdos a tódolos amigos desa e ós meus, e reciba unha forte aperta:

[Seoane]


1971-03-17
Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1971
Ver [Carta mecanografada con correccións manuscritas]

Transcripción da Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1971 en 17/03/1971


Buenos Aires, 17 de marzo de 1971

Sr. D. Fernando Pereira
Montevideo

Meu querido amigo:

Supoño terá recibido a miña derradeira carta. Hoxe remítolle os dibuxos e a tapa pra o libro de Heriberto Bens. Iría no formato de Manuel María e seguindo a mesma distribución tipográfica e tipo de letra. Coidado co papel. Os dibuxos, que son catro, aparte da tapa, distribúienos vostedes coma conveña, non ilustran concretamente nengún poema, senón o esprito do libro. Que na imprenta sexan fideles coas coores da tapa. Perdóneme todas estas indicaciós. Nós marcharemos a meiados do mes que vén e estaremos fóra seis ou sete meses. A miña direición na Cruña é: Paseo de Ronda 15, 6º izquierda. La Coruña, por si vostedes necesitan algo de min, xestiós ou o que sexa.
As mostras de adhesión da coleitividade deiquí con motivo do ataque estúpido de A Nosa Terra foron moitas. O periódico Galicia púxose á miña disposición e pubricaron no derradeiro número a carta que lle remito. O autor da nota contra min foi un señor, Benito Cupeiro, con quen non falei, penso, nunca, e que fixo, con seguranza, por enfermo. Mais o ataque raposo é probábel que seña da persoa que está disposta a gobernar esta coleitividade.

Un saúdo pra tódolos amigos, e a súa dona e vostede reciban o moi cordial da miña e meu:

[Seoane]

Nota: Permítome pubricar un poema do libro de Heriberto Bens en Cuco-Rei. Dígame si fago mal e si podo anunciar a súa pubricación.


1972-05-09
Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1972
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1972 en 09/05/1972


Buenos Aires, 9 de maio de 1972

Sr. D. Fernando Pereira
Montevideo

Meu querido amigo:

Estou en deuda con vostede dende que cheguei, fai xa uns meses. Dende entón foron a esa Vilanova, Palmás e outros amigos comús. Palmás tróuxome o terceiro tomo da historia da Guerra Civil española que lle agradezo moito, e dos que ten que decirme o costo. Escribo urxentemente. Por vostede recibín a primeira noticias da morte de Eladio Dieste, irmán de Rafael, persoa que coñecín en Buenos Aires fai uns trinta anos. Sentímolo moito. Teño que escribirlle ó seu fillo Eladio, e a Rafael.
O Patronato é moi xeneroso conmigo. Non creo merecer a Vieira de Prata, mais, si teño que recibila e non poden sustituírme con outro de méritos maiores, prefiro que sexa este ano, pois, si podo, o ano que vén estarei novamente en Galicia. Teño unha grande exposición en Madrid se non se voltan atrás os orgaizadores, en marzal ou abril do 73 e, si me vai ben, ficarei en Galicia todo o que poda. Enmais é posíbel aproveitar o que poda pra facer algunha outra mostra en Europa.

Saúdos de miña dona e meus pra a súa e pra vostede. Unha grande aperta:

[Seoane]


1972-05-23
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1972
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] PATRONATO DA CULTURA GALEGA / 18 de Julio, 966-Local 102 / MONTEVIDEO.

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1972 en 23/05/1972


Montevideo, 23 de maio de 1972

Benquerido Seoane:

Non teño papel á man. Escríbolle co do Patronato para darlle unha boa nova: o libro de Heriberto Bens xa está no prelo. Sairá, polo tanto, nas próisimas Xornadas. Hai que agradecerlle, unha vegada máis, a ampritude a Canabal.
Como teño unha grandeira dúbida, mándolle esta nota, que merez unha urxente resposta. Resulta que, pro libro de Heriberto Bens enviara vostede a carátula e máis 4 debuxos. Os devanditos catro debuxos son verticaes, o que corresponde aos anteriores que fixera pros traballos de Neira Vilas e Manuel María. Nembargantes, a carátula que nos remesara oportunamente é hourizontal (adxúntolle unha copia que fixen sobor ó orixinal por si non se lembra ben de como era) e non sabemos como debe ire. Cecais a súa intención foi faguer a tapa igoal que nos libros de Manuel María e González López, ou sexa dobre, quedando un lomiño no medio. Como non estamos seguros (e o tempo voa), prégolle que me conteste axiña si elo é certo.
No Patronato agardamos a súa confirmación (da posibilidade de levar a cabo unha eisposición de vostede en Sant-Yago).
Como desexo que saia hoxe esta nota polo Expreso (e xa se me está fuxindo o tempo), remato.

Deica moi pronto. Recordos afeituosos prá súa dona e vostede reciba unha aperta moi fonda.

Pereira


1972-05-24
Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1972
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1972 en 24/05/1972


Buenos Aires, 24 de Mayo de 1972

Sr. D. Fernando Pereira
Montevideo

Querido amigo:

Recibín a súa carta de onte. Recibín tamén a que se refire á Vieira de Plata, que agradezo moito e que responderei un destes días.
Agora limítome a facelo con esta que me remitiu o 23. A portada é precisamente así, apaisada, e as coores cubren as dúas tapas e o lomo. Tamén debín indicar onde iban tídoo, nome do autor e editorial. Eu xa me esquecín de todo esto, pois fai máis de un ano, cavilo, que fixen ese dibuxo. Mais penso que agora queda todo aclarado.
O día 14 do mes que vén inauguro unha mostra de grabados en Montevideo i entón falaremos da posibilidade de outra de dibuxos ou grabados.

Moitas gracias por todo. Reciban a súa dona e vostede o saúdo da miña e unha aperta pra vostede de:

[Seoane]


1972-06-05
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1972
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] PATRONATO DA CULTURA GALEGA / 18 de Julio, 966-Local 102 / MONTEVIDEO.

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1972 en 05/06/1972


Montevideo, 5 de xuño de 1972

Sr. Don
Luis Seoane
Montevideo 1985
BOS AIRES

Benquerido irmán:

Dimpois de falar con vostede por teléfono, quedei moi inquedo. Voltei a ver a Eladio Dieste, quen me dixo teistualmente: “Seoane pasouse a vida empurrando a tódolos Diestes; agora tócalle a una Dieste empurrar a Seoane...”. Sostén que se pode levar a cabo un coloquio sobor un tema determiñado do arte galego, que pode sere de grandeiro intrés. Na Galería Losada están tamén con moitos desexos de que se efectúe (sería na Sala de Eisposicións, que queda acolledora e axeitada pra conferencias ou mesas dese tipo).
Ademais do mais sinceiro afeito, sinto por vostede o meirande respeto, en tódolos ordes. Por todo elo, teño a pequena obriga moral de decirlle (denantes de que toma unha decisión definitiva) que vostede é un amenísimo disertante. Aínda hoxe se recorda, con verdadeiro pracer, se súas intervencións no sonado aito de Castelao, no que a figura central foi un señor que non sabe falar en púbrico que se chama Luis Seoane... En fin, prégolle que o pense. Si a resolución fora afirmativa, díganos o tiduo. De calquera xeito, agardamos a resposta con urxencia, posto que o programa das xviii Xornadas de Cultura Galega está pendente deste dato.
Adxúntolle o libro de Heriberto Bens, acabado de saír (coma quen di) do forno. Coido que quedou fermoso. Xa lle remesei, por avión, un exemprar ó autor. Sería comenente que nos dixera (ademais de a Díaz Pardo) a quen convén que lle mandemos algún.
Non tiña papel a man, por iso escríbolle no do Patronato. E nada máis, como non sexa que, tan logo teñamos a súa contestación, enviarémoslle o devandito programa. Pro xa lle adiantamos que o seu homaxe será o domingo 30.

Saúdos querendosos pra Maruxa. E vostede reciba a aperta máis fonda de

Pereira


1972-08-28
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1972
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1972 en 28/08/1972


Montevideo, 28/VIII/72

Benquerido Luis:

Polo portadore (amigo uruguaio, de confianza) adxunto unha carta do Patronato, ademais de retratos , vencellados á súa lembrada visita derradeira.

Unha aperta fondísima, con saúdos garimosos pra Maruxa.

Pereira


1974-06-14
Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1974
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Pereira Caamaño. 1974 en 14/06/1974


Buenos Aires, 14 de xunio de 1974

Sr. D. Fernando Pereira
Montevideo

Meu querido amigo:

Cercana a data da mostra de dibuxos meus na Galería Losada, sin ter dibuxos pra esa mostra e sin posibilidades materiales de facelos, polo pouco tempo que resta e o traballo que me atosiga, propóñolles, en troques, facer unha mostra que gostará moito máis polos temas, de augadas e apuntes de paisaxes galegos, de Carlos Torrallardona, a súa dona e fillas, feitas en Galicia arredor do ano 70, e que constitúien unha proba de amor a unha terra á que iban por vez primeira. Eu faría, si non teñen inconveniente, a presentación escrita da mostra. Torrallardona é un dos máis importantes pintores arxentinos da miña xeneración. E dende fai moitos anos amigo de Colmeiro, Rafael Dieste, Díaz Pardo e meu, etc. En Montevideo, expuxo conmigo fai uns 25 anos en Amigos del Arte, presentándonos entón Esther de Cáceres. Penso, pois, que non perde nada o Patronato e a Galería Losada relevándome a min do meu compromiso. O púbrico poderá contemprar unha obra de estudo feita, como dixen denantes, con moito amor e moi bela. Tamén iría eu á inauguración e podería falar dela en La Voz de Galicia como, naturalmente, non podería facelo, si fose miña. Eu, dende logo, a pesar da miña vontade non podo facer a exposición, pois estou atafegado como dixen, de traballo.
Respóndame o máis pronto posibre, pois en principio xa lle falei a Torrallardona que están de acordo en exhibir esas obras polo propósito.
Con esta, remítolle a tampa pra o libro de Zubillaga.

Saúdos pra o Sr. Martínez e os membros do Padroado, e vostede e a súa dona reciban o saúdo da miña e meu. Unha aperta de:

[Seoane]


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaDíaz Pardo, IsaacFernández del Riego, FranciscoVarela, LorenzoGarcía-Sabell, DomingoDieste, RafaelPicasso, PabloHervella, EvelinaArias “Mimina”, CarmenLaxeiro, Maside, CarlosPiñeiro, RamónScheimberg, SimónPaz-Andrade, ValentínDíaz, XoséCuadrado, ArturoFalcini, LuísCastelao, Ledo, XohánSofovich, BernardoBurd, LipaGerstein, MarikaAlberti, RafaelZegrí, ArmandoOtero Pedrayo, RamónColmeiro, ManuelBurd, EstherBaudizzone, LuísGoya, Francisco deTormo, ElenaDíaz Dorado, DiegoNúñez Búa, XoséBlanco Amor, EduardoLifschitz, RafaelPayró, JulioNegri, Tomás AlvaDíaz Arias de Castro, CamiloMiró, JoanDónega, MarinoValle-Inclán, Ramón MaríaNegri, NélidaMuñoz Manzano, CarmenGil Varela, ÁlvaroWhitelow, GuillermoFole, ÁnxelFrontini, NorbertoDíaz Arias de Castro, RosendoTorrallardona, CarlosGerstein, Noemí Temáticas: artes Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. espazos artísticosautores/asliteraturaasuntos particularesmigraciónsemigraciónColección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoanemedios de comunicaciónpolíticaA nova Sargadelosprensa escritaGalería Boninohistoriaradioartes escénicasExposición de Luís Seoane. Colonia. 1967Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967Fábrica de Porcelanas La MagdalenaExposición de Luís Seoane. Madrid. 1963Libro de TapaspremioscineBestiario, de A. GirriExposición de Luís Seoane. Münster. 1967Martín FierroExposición de Luís Seoane. A Coruña. 1963Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery InternationalHomaxe a un paxaroExposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970Homenaje a VeneciaBienal de VeneciaEl Toro JúbiloHomenaje a la Torre de HérculesÁlbum de GaliciaO Meco, de SeoaneXosé EiroaLuís Seoane. GravadosRetratos FurtivosInsectarioImágenes de GaliciaImaxens celtas [álbum]LonxeBienal de São PauloExposición de Luís Seoane. Madrid. 1975Fondo Nacional de las Artesexilio

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0