Persoa: Jesús Neira Vilas

Persoa: Jesús Neira Vilas [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1977-09-28
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1977
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Neira Vilas a Seoane. 1977 en 28/09/1977


Habana, 28-9-77

Querido Seoane, vello e entrañable amigo:

Soupen por Isaac e por Xosé que anda vostede a ilustrar unha nova edición de Memorias dun neno labrego. De novo estaremos xuntos, como ocorreu naquela primeira, de Buenos Aires, de finales do ano 1960. Alédame certamente. E xa dende agora espero velo pubricado. Nunca pensei que este libro tivese tal éxito, e esto non me marea, pero proime certa curiosidade que cai no ámeto da chamada socioloxía literaria. Tiven a clave en Santiago en outubre pasado. Estaba eu na librería Abraxas, con moitos mozos agardando, facendo literalmente cola pra que lles firmase libros (e, coma sempre, dos que máis firmei foi deste) e achegóuseme un home da miña edade, da Arzúa. E abrazoume e fíxome perguntas e falamos de traballos, costumes, posguerra, e resulta que tivemos unha vida semellante, de nenos labregos mal mantidos, romendados, etc., e dixo que había moitos máis, da súa comarca que se vían retratados nesas páxinas, e contoume a min mesmo detalles, anécdotas do libro, con enorme entusiasmo. Un home sinxelo, pero moi emotivo, e esto, repito, deume a clave de todo, o espello.
Outra cousa: ando á pescuda de persoaxes galegos no folklore de Cuba (contos, coplas, refrás, etc.). Os galegos salen en veces mal parados, pero outras o galego é o listo, o pillastre, o que engaña a outros, etc. Penso que no Prata esto non se dá así. Pode decirme algo? Penso que nesa zona do Sul, salimos perdendo decote. Amais: tense feito, que vostede sepa, algunha recolleita deste tipo en Bos Aires ou Montevideo? Considera vostede que é útil?

[Manuscrito:] Apertas de Anisia e pra Maruxa. Apertas fortes.

X. Neira


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Otero Pedrayo, Ramón;  Paz-Andrade, Valentín;  Carballo Calero, Ricardo;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Arias “Mimina”, Carmen;  García-Sabell, Domingo;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz, Xosé;  Castelao, ;  Cuadrado, Arturo;  Dónega, Marino;  Gerstein, Marika;  Muñoz Manzano, Carmen;  Núñez Búa, Xosé;  Laxeiro, ;  Scheimberg, Simón;  Vázquez Freire, José Luís;  Gil Varela, Álvaro;  Rey Romero, José;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Sofovich, Bernardo;  Piñeiro López, Ramón;  Picasso, Pablo;  Burd, Lipa;  Frontini, Norberto;  Lifschitz, Rafael;  Blanco Amor, Eduardo;  Baltar Domínguez, Antonio;  Gerstein, Noemí;  Baudizzone, Luís;  Burd, Esther;  Colmeiro, Manuel;  Lifschitz, Emma;  Rónai Pal, Paulo;  Otero Espasandín, Xosé;  Nogueira, Federico;  Rodríguez de Prada, Pilar;  Fernández-Albalat Lois, Andrés;  Falcini, Luís;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Maside, Carlos;  Alvajar, Amparo;  Lifschitz, Carlos;  Suárez, Marcial;  Prada, Lala de;  Pondal, Eduardo;  Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  espazos artísticos;  Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero ;  A nova Sargadelos;  autores/as;  migracións;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  emigración;  política;  medios de comunicación;  prensa escrita;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Historia da Literatura Galega Contemporánea;  historia;  Galería Bonino;  artes escénicas;  Nadal [festa];  Álbum de Galicia;  Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo;  cine;  Galería Sargadelos de Barcelona;  viaxe;  exilio;  premios;  radio;  Ediciós do Castro;  enfermidade;  Seminario de Estudos Galegos;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Pedrón de Ouro;  Insectario;  Celtia S. A.;  Pescanova;  Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos;  Mundial de Fútbol de 1978;  defuncións;  Homenaje a la Torre de Hércules;  A galecidade na obra de Guimarães Rosa;  Castelao na luz e na sombra;  Mar de histórias: antologia do conto mundial;  Epistolario de Ricardo Carballo Calero;  Policlínico da Rosaleda;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Martín Fierro; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0