Persoa: Ramón Obella

Persoa: Ramón Obella [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1954-10-18
Carta de Paz Andrade a Martínez Lopez. 1954
Ver [Carta mecanografada co membrete:]

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Martínez Lopez. 1954 en 18/10/1954

México, 18 oct. 1954


Sr. Don Ramón Martínez López
Prof. Texas University
Austin


Querido Ramón:

Xa me imaxino canto te sorprenderá ter novas miñas, denda capital de México. Estou eiqui dende hai dez dias, dirixindo a parte economia pesqueira, n-este Curso organizado pol-as United Nations. Veñen requerindo a miña pouca sabencia n-esa rama, dende hai algúns anos, e ainda sen gran proveito persoal, veño colaborando n-esta laboura de levar mais pan a-os famentos do mundo.
Estaréi na Repubrica deic-a decembre. Na capital soilo ate fin do mes actual, e dez dias de decembre. Unha quincena, a primeira de novembre, en Mazatlan, e a outra en Veracruz. Despois retornaréi por New-York, seguramente. Xa estuven tres dias ao vir.
Séi, por Bal e outros amigos, que te atopas ben, e que tendes un fillo texano. Moito me teño lembrado de ti, e contado a escea derradeira, encamiñada a tua evasión. O pobre Carlos Suarez, de Salvaterra, morréu xa hai anos, de cancer.
Calculo que non poderéi darche unha aperta, n-esta viaxe, mais non queria deixarte de acusar a miña presencia perto de ti. Hai xa dous anos e pico, cando segun dixeron estuveche en Ancora, Ramón Obella i-eu, anduvemos unha mañan petando as portas de todal-as pensions da vila, sin froito. O pobre Ramón tamén morréu, n-unha decadenza corporal tristisima. Tuven que atendel-o, co-a miña muller, até o pasamento. Longo drama, que o gran Ramón, corazón d-ouro e mente bulidora, non merescía.
Esta carta, como denantes indico, soilo é un acuse de presenza no mesmo continente, e de refrexar a ledicia que a vosa produce en min.
Miña lembranza mais garimosa a tua dona, e a aperta mais arrochada do teu sempre irmao


V. PAZ-ANDRADE


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Otero Pedrayo, Ramón;  Paz-Andrade, Valentín;  Carballo Calero, Ricardo;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Arias “Mimina”, Carmen;  García-Sabell, Domingo;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz, Xosé;  Castelao, ;  Cuadrado, Arturo;  Dónega, Marino;  Gerstein, Marika;  Muñoz Manzano, Carmen;  Núñez Búa, Xosé;  Laxeiro, ;  Scheimberg, Simón;  Vázquez Freire, José Luís;  Gil Varela, Álvaro;  Rey Romero, José;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Sofovich, Bernardo;  Piñeiro López, Ramón;  Frontini, Norberto;  Burd, Lipa;  Picasso, Pablo;  Lifschitz, Rafael;  Blanco Amor, Eduardo;  Baltar Domínguez, Antonio;  Gerstein, Noemí;  Baudizzone, Luís;  Burd, Esther;  Colmeiro, Manuel;  Lifschitz, Emma;  Rónai Pal, Paulo;  Otero Espasandín, Xosé;  Nogueira, Federico;  Rodríguez de Prada, Pilar;  Fernández-Albalat Lois, Andrés;  Falcini, Luís;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Maside, Carlos;  Alvajar, Amparo;  Suárez, Marcial;  Lifschitz, Carlos;  Pondal, Eduardo;  Dieste, Mireia;  Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  espazos artísticos;  Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero ;  A nova Sargadelos;  autores/as;  migracións;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  emigración;  política;  medios de comunicación;  prensa escrita;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Historia da Literatura Galega Contemporánea;  historia;  Galería Bonino;  artes escénicas;  Nadal [festa];  Álbum de Galicia;  Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo;  cine;  Galería Sargadelos de Barcelona;  viaxe;  exilio;  premios;  radio;  Ediciós do Castro;  enfermidade;  Seminario de Estudos Galegos;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Pedrón de Ouro;  Insectario;  Celtia S. A.;  Pescanova;  Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos;  Mundial de Fútbol de 1978;  defuncións;  Homenaje a la Torre de Hércules;  A galecidade na obra de Guimarães Rosa;  Castelao na luz e na sombra;  Mar de histórias: antologia do conto mundial;  Epistolario de Ricardo Carballo Calero;  Policlínico da Rosaleda;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Martín Fierro; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0