Persoa: Augusto Quintana Prieto

Persoa: Augusto Quintana Prieto [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1981-01-28
Carta de Delgado Gurriarán a Paz Andrade. 1981
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa:]

Transcripción da Carta de Delgado Gurriarán a Paz Andrade. 1981 en 28/01/1981

Guadalaxara. Xal., 28 Xaneiro 1981


Sr. Don Valentín Paz-Andrade
Policarpo Sanz, 22
Vigo


Benquerido amigo Valentín:

Supoño terás recibido a miña carta co enderezo do noso amigo Rañó. Mándoche agora o definitivo, pois xa está na súa casa en: Molino de las Flores, 20 –Bosques de Echegaray- Estado de México-México. O seu teléfono é 560-51-81.
Os nosos amigos do Instituto de Estudos Valdeorreses enviáronme eiquí os «currículums» das persoas que forman a terna presentada polos socios de número para a eleizón do novo Membro de Mérito e, na imposibilidade de reunirme contigo e máis con Lauro Olmo para darlle cumprimento á obriga que nos encomenda o artigo 10 dos Estatutos do Instituto, tómome a liberdade de encarregarche votes no meu nome. Penso, sen descoñecer os méritos dos outros dous propostos, que, polo seu labor a prol da historia de Valdeorras, o máis idóneo para ser eleito é don Augusto Quintana Prieto. Emporiso, se ti e máis Lauro Olmo estades de acordo en elexir ao doutor Pérez Lista ou a Casares, adírome ao mesmo para non adiar a eleizón pois teño confianza no voso criterio.
Agardo teña poder de abondo esta credencial de eleitor.
Agardo as túas novas e agardo tamén os dados que che pedín na miña carta do 12 de decembro e que me compren para facer o traballo que me encarregaron para o Cuaderno do Instituto.
Cordiais saúdos da miña xente para a túa e unha forte aperta para ti de

Florencio


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Otero Pedrayo, Ramón;  Paz-Andrade, Valentín;  Carballo Calero, Ricardo;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Arias “Mimina”, Carmen;  García-Sabell, Domingo;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz, Xosé;  Castelao, ;  Cuadrado, Arturo;  Dónega, Marino;  Gerstein, Marika;  Muñoz Manzano, Carmen;  Núñez Búa, Xosé;  Laxeiro, ;  Scheimberg, Simón;  Vázquez Freire, José Luís;  Gil Varela, Álvaro;  Rey Romero, José;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Sofovich, Bernardo;  Piñeiro López, Ramón;  Frontini, Norberto;  Burd, Lipa;  Picasso, Pablo;  Lifschitz, Rafael;  Blanco Amor, Eduardo;  Baltar Domínguez, Antonio;  Gerstein, Noemí;  Baudizzone, Luís;  Burd, Esther;  Colmeiro, Manuel;  Lifschitz, Emma;  Rónai Pal, Paulo;  Otero Espasandín, Xosé;  Nogueira, Federico;  Rodríguez de Prada, Pilar;  Fernández-Albalat Lois, Andrés;  Falcini, Luís;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Maside, Carlos;  Alvajar, Amparo;  Suárez, Marcial;  Lifschitz, Carlos;  Prada, Lala de;  Pondal, Eduardo;  Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  espazos artísticos;  Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero ;  A nova Sargadelos;  autores/as;  migracións;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  emigración;  política;  medios de comunicación;  prensa escrita;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Historia da Literatura Galega Contemporánea;  historia;  Galería Bonino;  artes escénicas;  Nadal [festa];  Álbum de Galicia;  Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo;  cine;  Galería Sargadelos de Barcelona;  viaxe;  exilio;  premios;  radio;  Ediciós do Castro;  enfermidade;  Seminario de Estudos Galegos;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Pedrón de Ouro;  Insectario;  Celtia S. A.;  Pescanova;  Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos;  Mundial de Fútbol de 1978;  defuncións;  Homenaje a la Torre de Hércules;  A galecidade na obra de Guimarães Rosa;  Castelao na luz e na sombra;  Mar de histórias: antologia do conto mundial;  Epistolario de Ricardo Carballo Calero;  Policlínico da Rosaleda;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Martín Fierro; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0