Persoa: Paulino Pedret Casado

Persoa: Paulino Pedret Casado [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1958-04-22
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1958
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] V. Paz-Andrade / Abogado / Policarpo Sanz 22. Tel. 1562 / Vigo

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Seoane. 1958 en 22/04/1958


Vigo, 22 de ab. 1958

Querido Loís:

Unha carta de Isaac tróuxonos a mala nova da morte de teu pai. Supoño que seria home de edade, mais sempre que se desfái o noso eslabon dianteiro, da cadea que xungue a vida co-a morte, sentímonos moito mais desamparados no mundo. Teño vivido esta esperencia doorosa, por nai e por pai, e sei ben canto nos fire e o rastro moral que deixa. Ben sabes con canta sinceiridade todol-os d-esta casa estamos a veira do teu curazón n-esta hora de desventura.
Estóu dandolle os derradeiros toques ao libro. Dividirase en tres partes, de cinco capidoos cada unha. A primeira adicada a estudar a estructura de Galiza, a segunda ao momento economico e a terceira ao esforzo cultural. Esta derradeira parte foi pouco alterada, con respecto ao texto das conferenzas. As primeiras, bastante. Teño conquerido unha documentación definitiva, pra amostrar ao vivo os resultados da “anarquía” a que aludes no prologo de Fardel. O libro levará como tidoo Galicia en numeros vivos. Penso que pol-o menos, condensará n-este intre unha voz que era preciso alzar. Moito che agradeceréi que coides da edición. Mandaréi por correio aereo dous exemprares do orixinal, ao Centro. Despois mandaréi alguns graficos e a bibliografía, pra non demorar mais o envio do que leva tempo a compoñerse.
O 8 foi en Padrón, pol-a Pascoa, o homenaxe a Cabanillas. O Faro e a Noche adicaronlle unhas paxinas. Non puden conseguir que se pubricara unha pequena cronica en galego. Ahí vai, c-unhas fotos do acto. Podes pubricar estas, se che veñen ben. O outro cecais perdéu encaixe temporal.
Foi unha forte manifestación do sentimento popular. Falaron alí Pedret e Otero. O pubrico respondéu ben cando Otero decia cousas fortes, como falando da profanación do Hospital onde nacera Rosalia pol-o turismo. Tuvo outras parrafadas felices, que a xente celebróu. E alguns aturaron de pouca vountade.

Pilar e Alfonsiño envian, pra Maruxa e pra ti, as mellores lembranzas, co-as miñas pra ela e os amigos [...] , a mais sentida aperta pra ti de

Valentín

[Manuscrito:] Ainda que a festa se fixo pra coroar a Cabanillas, Ramon non se deixóu colocar a coroa de louceiro. Colléuna a tempo e dou meia volta con ela atrás, sin poñela.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz Pardo, Isaac;  Hervella Nieto, Evelina;  Dieste, Rafael;  Maside, Carlos;  Varela Vázquez, Lorenzo;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Laxeiro, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Piñeiro López, Ramón;  Arias “Mimina”, Carmen;  Cuadrado, Arturo;  Colmeiro, Manuel;  Blanco Amor, Eduardo;  Castelao, ;  Prada, Rodolfo;  Fole, Ánxel;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Núñez Búa, Xosé;  Díaz, Xosé;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Ledo, Xohán;  Otero Espasandín, Xosé;  Díaz Dorado, Diego;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Vilanova Rodríguez, Alberto;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Eiroa, José Gabriel;  Cabanillas, Ramón;  Baltar Domínguez, Antonio;  Neira Vilas, Xosé;  Fernández, Valentín;  Cunqueiro, Álvaro;  Carballo Calero, Ricardo;  Palmás Casal, Ricardo;  Villamarín Prieto, José;  Maiztegui, Isidro B.;  González López, Emilio;  Alberti, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Álvarez Blázquez, Emilio;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Mediante, Federico;  Manuel María, ;  Muñoz Manzano, Carmen;  Alonso Montero, Xesús;  Temáticas: emigración;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  autores/as;  asuntos particulares;  Álbum de Galicia;  medios de comunicación;  exilio;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  espazos artísticos;  Historias de ida e volta;  A nova Sargadelos;  prensa escrita;  radio;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio galego;  Fardel d’eisilado;  Outros destinos da emigración galega;  Galicia onde todo retorna;  150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia;  premios;  Mulleres;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires;  historia;  novela;  acción política;  Historia de la literatura gallega, de Del Riego;  Libro de Tapas;  Día de Galicia;  Precursores e novos;  Xosé Eiroa;  I Congreso da Emigración Galega. 1956;  artes escénicas;  Catro poemas para catro gravados;  Diccionario bio-bibliográfico de escritores;  La Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de Marfil;  cine;  Xornadas da Cultura Galega. Patronato da Cultura Galega de Montevideo;  Danzas populares;  As cicatrices;  Na brétema;  Figurando recuerdos;  Bestiario, de A. Girri;  Galería Bonino;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Tres hojas de ruda y un ajo verde;  Premio Palanza; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0