Persoa: Sigfrido Radaelli

Persoa: Sigfrido Radaelli [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1970-04-04
Carta de Palmás a Seoane. 1970
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Palmás a Seoane. 1970 en 04/04/1970

Buenos Aires, 4 de abril de 1970

Meu querido amigo:

Entereime polo Alonso Montero que nistes días espón en Madrí. Non dubido do seu ésito. Cómo vai o arranxo de nova casa? Nunha revista madrileña lín o plan urbanístico da Cruña, que é mui interesante. Ollei unha panorámica da cidade onde aparez o edificio onde viven, unha maravilla de lugar.
Mandeille á Fundación Penzol un informe de proieto de pesquisa sobre a prensa da coletividade galega de Bs. As. desde 1879 deica 1960. Vamos ver si o aproban. Traballei nel con dous compañeiros da Faculdade. Pode resultar un estudo interesante.
Coido que o meu traballo en Galicia vai ser sobre a violencia en Galicia, fundamentalmente as rebeliós campesinas. Polo de agora estou recollendo información e bibliografía sobre o tema doutros países. Prégolle me envie a información que Vd. teña, porque teño que evaluar si é importante o tema e si paga a pena realizalo.
Vin unha revista dirixida por Sigfrido Radaelli, non me lembro o nome, a reprodución en branco e negro do seu retrato do Che.
Da colectividade pouco lle podo dicir, continúo alonxado dela. O xoves santo morreu o Puente. A filla non deu aviso a ninguén, a súa enfermedade estivo chea de pelexas antre a filla e maila muller. Levou a morte que merecía. O Instituto Arxentino de Cultura Galega vai reeditar en long-play os discos da coral “Terra Nosa”. Editouse o libro dos Xogos Froraes, naturalmente mui malo. A revista do Centro Galego ten por direitor a un señor de apelido Barreiro que é membro da C. Direitiva.
Entereime que o Laxeiro anda por acó, coido que está arranxando unha retrospectiva.
Chegoume a circular sobre a fundación do Museu de Arte C[arlos] Maside. Alégrome muito que a empresa xa esté en marcha. Cando veña veremos que se pode facer pra continuar recollendo material.
Cándo voltan? Unha forte e cordial aperta pra Maruxa e Vd.

Ricardo

P.D. Lembranzas de Inés, Pilar e Martínez Romero.

[Manuscrito na marxe esquerda:] Recebeu o enderezo de Fernández?
Meu enderezo atual é: Santa Fe 3205- 2º, 32, Cap. Fed.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz Pardo, Isaac;  Hervella Nieto, Evelina;  Dieste, Rafael;  Maside, Carlos;  Varela Vázquez, Lorenzo;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Laxeiro, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Piñeiro López, Ramón;  Arias “Mimina”, Carmen;  Cuadrado, Arturo;  Colmeiro, Manuel;  Blanco Amor, Eduardo;  Castelao, ;  Prada, Rodolfo;  Fole, Ánxel;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Núñez Búa, Xosé;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Díaz, Xosé;  Ledo, Xohán;  Otero Espasandín, Xosé;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Díaz Dorado, Diego;  Vilanova Rodríguez, Alberto;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Eiroa, José Gabriel;  Cabanillas, Ramón;  Neira Vilas, Xosé;  Baltar Domínguez, Antonio;  Fernández, Valentín;  Cunqueiro, Álvaro;  Carballo Calero, Ricardo;  Palmás Casal, Ricardo;  González López, Emilio;  Villamarín Prieto, José;  Maiztegui, Isidro B.;  Alberti, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Álvarez Blázquez, Emilio;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Mediante, Federico;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Manuel María, ;  Muñoz Manzano, Carmen;  Temáticas: emigración;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  autores/as;  asuntos particulares;  Álbum de Galicia;  medios de comunicación;  exilio;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  espazos artísticos;  Historias de ida e volta;  A nova Sargadelos;  prensa escrita;  radio;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio galego;  Fardel d’eisilado;  Outros destinos da emigración galega;  Galicia onde todo retorna;  150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia;  premios;  Mulleres;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires;  historia;  novela;  acción política;  Historia de la literatura gallega, de Del Riego;  Libro de Tapas;  Día de Galicia;  Precursores e novos;  Xosé Eiroa;  I Congreso da Emigración Galega. 1956;  artes escénicas;  Catro poemas para catro gravados;  Diccionario bio-bibliográfico de escritores;  La Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de Marfil;  cine;  Xornadas da Cultura Galega. Patronato da Cultura Galega de Montevideo;  Danzas populares;  As cicatrices;  Na brétema;  Figurando recuerdos;  Bestiario, de A. Girri;  Galería Bonino;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Tres hojas de ruda y un ajo verde;  Premio Palanza; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0