Persoa: Urbano Tavares Rodrigues

Persoa: Urbano Tavares Rodrigues [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1960-04-24
Carta de Neira Vilas a Seoane. 1960
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] José Neira Vilas.

Transcripción da Carta de Neira Vilas a Seoane. 1960 en 24/04/1960

Buenos Aires, 24 de avril do 1960

Sr. D.
Luis Seoane
Madrid

Querido amigo:

Recibín antonte a súa moi grata, datada en Venecia. E co-ela o dibuxo prá tapa do meu livro. É magnífico! Axeitadísimo! E nises cores –azul e laranxa– vai quedar precioso. Mañán entrégame a proba o grabador. Francamente, non sei como xuntei audacia para irlle co-ista nova canga... Pero xunteina, e vostede, xeneroso e traballador, atendeu coa habitual xentileza a miña teima. Estoulle outamente agradescido.
Logo da primeira carta, da que vostede mencioa, escribinlle outra (tamén a Basilea, naturalmente), porque aquela, despois de pórlle franqueo de certificada, guindeina distraído no buzón. Si é que lle chega, pois, non faga caso dela. Ten data 13 de avril.
Eiquí lembrámolos arreo. Inda hoxe, Anisia e mais eu, logo de escoitar Galicia emigrante parolamos sobor das utilísimas e inéditas ouservacións súas por Europa en relación con Galicia (o museo de Basilea, o de Lisboa, algunhas fachadas de Suíza, o livro de Tavares Rodrigues –que eu non coñezo–, etc.) Ogallá vostede se decida cando volte a escribir e pubricar un libro que recolla todas isas agudas esperencias.
Chegouse a Peña cultural gallega Rosalía Castro, en Rosario. Asistín á súa fundación e pronunciei unha confrenza sobor A cultura galega na hora aitual. Son cuase todos arxentinos de orixen galego. Están ben ourentados. Teñen un periódico mensual (Aquí Galicia) do que vai saír xa o 2º número.
Onte estivemos Anisia, eu e o e embaixador de Cuba no Teatro del Pueblo. Falando de vostede con Barletta, da súa obra diversa, díxome que non perdía o mentes de poder levar a escea La soldadera. Quedei en levarlle mañán El irlandés...
E por hoxe, non lle dou máis lata.

Nosas garimosas lembranzas prá señora Maruxa e vostede reciba unha forte aperta do seu invariábel amigo:

José Neira Vilas


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz Pardo, Isaac;  Hervella Nieto, Evelina;  Dieste, Rafael;  Maside, Carlos;  Varela Vázquez, Lorenzo;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Laxeiro, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Piñeiro López, Ramón;  Arias “Mimina”, Carmen;  Cuadrado, Arturo;  Colmeiro, Manuel;  Blanco Amor, Eduardo;  Castelao, ;  Prada, Rodolfo;  Fole, Ánxel;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Núñez Búa, Xosé;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Díaz, Xosé;  Ledo, Xohán;  Otero Espasandín, Xosé;  Díaz Dorado, Diego;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Vilanova Rodríguez, Alberto;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Eiroa, José Gabriel;  Cabanillas, Ramón;  Baltar Domínguez, Antonio;  Neira Vilas, Xosé;  Fernández, Valentín;  Cunqueiro, Álvaro;  Carballo Calero, Ricardo;  Palmás Casal, Ricardo;  Villamarín Prieto, José;  Maiztegui, Isidro B.;  González López, Emilio;  Alberti, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Álvarez Blázquez, Emilio;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Mediante, Federico;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Manuel María, ;  Muñoz Manzano, Carmen;  Temáticas: emigración;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  autores/as;  asuntos particulares;  Álbum de Galicia;  medios de comunicación;  exilio;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  espazos artísticos;  Historias de ida e volta;  A nova Sargadelos;  prensa escrita;  radio;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio galego;  Fardel d’eisilado;  Outros destinos da emigración galega;  Galicia onde todo retorna;  150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia;  premios;  Mulleres;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires;  historia;  novela;  acción política;  Historia de la literatura gallega, de Del Riego;  Libro de Tapas;  Día de Galicia;  Precursores e novos;  Xosé Eiroa;  I Congreso da Emigración Galega. 1956;  artes escénicas;  Catro poemas para catro gravados;  Diccionario bio-bibliográfico de escritores;  La Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de Marfil;  cine;  Xornadas da Cultura Galega. Patronato da Cultura Galega de Montevideo;  Danzas populares;  As cicatrices;  Na brétema;  Figurando recuerdos;  Bestiario, de A. Girri;  Galería Bonino;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Tres hojas de ruda y un ajo verde;  Premio Palanza; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0