Persoa: Antonio Tenreiro

Persoa: Antonio Tenreiro [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1957-07-29
Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1957
Ver

Transcripción da Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1957 en 29/07/1957

Buenos Aires 29 de xulio de 1957

Sr. D. Isaac Díaz Pardo
Castro de Osedo

Recibín todo o que enviaches. O teu mañífico libro, os dibuxos de Torres que están agora expostos no Centro Lucense e as túas porcelanas. Istas foron difíciles de sacar do barco, tivemos que sacalas en catro viaxes ao porto. Non é un bo procedimiento envialas ao traveso dun axencieiro. Teñen de ser traguidas por alguén que de verdade se encárregue do que lle encomenda. Tamén salíu o teu libro Midas e O ángulo de pedra. Remítocho por correio aparte. Estou a procurar unha sociedade editora. Sacamos tres libros, os outros son de González López e Valenzuela. Agora irá a imprenta un tomiño sobor grabado galego contemporáneo co que se pode facer eiquí.
Son necesarios mais dibuxos ou estampas, ou grabados pra Sala do Centro Lucense, non chegou ren aparte de Torres Valentín anunciome que tragía dibuxos teus que irei a recollelos no hotel mañán. Antonio deume o álbum de dibuxos que me anunciaras.
Escríboche de moita presa pois non quero que pase outro día sin facelo. O teu libro de dibuxos e prosae do millor que se fixo nise xénero. Deume unha grande alegría recibilo. Xa faleremos díl. Penso que o de teatro é tamén un libro notábel. Incorporas un mundo inédito ao teatro galego. Preciso mais cousas de Ollarnovo e as fotografías que me poidan enviar, sobor todo de arte novo, de Lago, Labra, Tenreiro, Dans etc. Tamén quixera algún traballo sobor do arquiteitos novos cruñeses, como Molezún, etc.
Agradézoche moito as porcelanas que fixeches coas figuras miñas, quedaron eispréndidas ista e as dos outros pintores. No número próisimo de G[alicia] E[migrante], saen as fotografías e unha nota.

Deica pronto. Un grande abrazo de Maruja e meu para todos vos, e ti recibe a forte aperta de:

Seoane


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz Pardo, Isaac;  Hervella Nieto, Evelina;  Dieste, Rafael;  Maside, Carlos;  Varela Vázquez, Lorenzo;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Laxeiro, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Piñeiro López, Ramón;  Arias “Mimina”, Carmen;  Cuadrado, Arturo;  Colmeiro, Manuel;  Blanco Amor, Eduardo;  Castelao, ;  Prada, Rodolfo;  Fole, Ánxel;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Núñez Búa, Xosé;  Díaz, Xosé;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Ledo, Xohán;  Otero Espasandín, Xosé;  Vilanova Rodríguez, Alberto;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Eiroa, José Gabriel;  Cabanillas, Ramón;  Díaz Dorado, Diego;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Neira Vilas, Xosé;  Baltar Domínguez, Antonio;  Fernández, Valentín;  Cunqueiro, Álvaro;  Carballo Calero, Ricardo;  Palmás Casal, Ricardo;  Maiztegui, Isidro B.;  González López, Emilio;  Villamarín Prieto, José;  Alberti, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Álvarez Blázquez, Emilio;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Mediante, Federico;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Muñoz Manzano, Carmen;  Alonso Montero, Xesús;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Temáticas: emigración;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  autores/as;  asuntos particulares;  Álbum de Galicia;  medios de comunicación;  exilio;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  espazos artísticos;  Historias de ida e volta;  A nova Sargadelos;  prensa escrita;  radio;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio galego;  Fardel d’eisilado;  Outros destinos da emigración galega;  Galicia onde todo retorna;  150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia;  premios;  Mulleres;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires;  historia;  novela;  acción política;  Historia de la literatura gallega, de Del Riego;  Libro de Tapas;  Día de Galicia;  Precursores e novos;  Xosé Eiroa;  I Congreso da Emigración Galega. 1956;  artes escénicas;  Catro poemas para catro gravados;  Diccionario bio-bibliográfico de escritores;  La Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de Marfil;  cine;  Xornadas da Cultura Galega. Patronato da Cultura Galega de Montevideo;  Danzas populares;  As cicatrices;  Na brétema;  Figurando recuerdos;  Bestiario, de A. Girri;  Galería Bonino;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Tres hojas de ruda y un ajo verde;  Premio Palanza; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0