Persoa: Mimi Alonso da Cuña

Persoa: Mimi Alonso da Cuña [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1978-02-28
Carta de Seoane a Ledo. 1978
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Ledo. 1978 en 28/02/1978


Buenos Aires, 28 de Febreiro de 1978

Sr. D. Ricardo García Suárez
Vigo

Querido Ricardo:

Estou en débeda con todolos amigos, especialmente contigo a quen teño que agradecer algunhas das xornadas mais fermosas de Galicia, por todalas tuas atencións personaes e polos traballos que me adicaches, entre eles esa xoia de monografía manuscrita que constitúie unha das obras de arte mais orixinales da Galicia de hoxe. Gostaríame moito que pintases, mais este traballo teu, o mesmo que a carpeta que se publicóu en Ediciós do Castro, son ben representativas do teu talento e arte. Non embargantes, tes que pintar. Debes facelo porque Galicia necesita das xentes que poidan dar unha nota de galeguidade no seu arte deducindo a sua diferenciación do propio esprito de cada artista seu.
Eu comezo novamente a traballar, síntome absolutamente soio, lémbrome de vós, de Del Riego, de ti, de Dieste, de Domingo, de Piñeiro e de Dónega... Penso que os meus soños nacidos aquí en Buenos Aires, de crear pequenas obras que axudasen a trocar Galicia nun centro cultural serio na penínsua, malográronse. As que se fixeron convertíronse en afiches, en carteles, ou están camiño de se trocar en eso. Mais non quero falar desto. Agora, de Galicia, non teño mais noticias, non sei si está actuando algunha Xunta de Galicia ou non. Si se puxeron de acordo na sua composición. Si o pobo está contento coa sua pre-autonomía. Eiquí non se sabe nada. Soio se sabe dos actos de violencia, e, aparte de Madrid, de Catalunia (sic) e Euzkadi. Faría falla estudar a constitución dunha axencia de información que servise ás colectividades de emigrantes e aos grandes xornaes donde residen éstes. As xentes sorpréndense moito de saber que o goberno concedeu a preautonomía a Galicia. Eu xa non teño mais azos pra proieitar nada, non embargantes penso que sería relativamente fácil creala.
Supoño que aínda en inverno gozaredes do mar aberto, das vagas e das tormentas, na vosa espléndida casa da costa. Nos temos frente as nosas fiestras o espectáculo do Río da Plata, cambeante de coores, unhas vegadas coor terra e outras violeta ou azur, e dun ceo outo e moi estrelecido. Mais, tanto Maruja como eu, sentimos nostalxia de aquel anaco de océano que vemos dende as nosas fiestras de A Coruña.
Unha gran aperta para Mimí, pra ti e os vosos fillos de Maruja e miña.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz Pardo, Isaac;  Hervella Nieto, Evelina;  Dieste, Rafael;  Maside, Carlos;  Varela Vázquez, Lorenzo;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Laxeiro, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Piñeiro López, Ramón;  Arias “Mimina”, Carmen;  Cuadrado, Arturo;  Colmeiro, Manuel;  Blanco Amor, Eduardo;  Castelao, ;  Prada, Rodolfo;  Fole, Ánxel;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Núñez Búa, Xosé;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Díaz, Xosé;  Ledo, Xohán;  Otero Espasandín, Xosé;  Díaz Dorado, Diego;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Vilanova Rodríguez, Alberto;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Eiroa, José Gabriel;  Cabanillas, Ramón;  Baltar Domínguez, Antonio;  Neira Vilas, Xosé;  Fernández, Valentín;  Cunqueiro, Álvaro;  Carballo Calero, Ricardo;  Palmás Casal, Ricardo;  Villamarín Prieto, José;  Maiztegui, Isidro B.;  González López, Emilio;  Alberti, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Álvarez Blázquez, Emilio;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Mediante, Federico;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Manuel María, Manuel María;  Muñoz Manzano, Carmen;  Temáticas: emigración;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  autores/as;  asuntos particulares;  Álbum de Galicia;  medios de comunicación;  exilio;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  espazos artísticos;  Historias de ida e volta;  A nova Sargadelos;  prensa escrita;  radio;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio galego;  Fardel d’eisilado;  Outros destinos da emigración galega;  Galicia onde todo retorna;  150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia;  premios;  Mulleres;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires;  historia;  novela;  acción política;  Historia de la literatura gallega, de Del Riego;  Libro de Tapas;  Día de Galicia;  Precursores e novos;  Xosé Eiroa;  I Congreso da Emigración Galega. 1956;  artes escénicas;  Catro poemas para catro gravados;  Diccionario bio-bibliográfico de escritores;  La Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de Marfil;  cine;  Xornadas da Cultura Galega. Patronato da Cultura Galega de Montevideo;  Danzas populares;  As cicatrices;  Na brétema;  Figurando recuerdos;  Bestiario, de A. Girri;  Galería Bonino;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Tres hojas de ruda y un ajo verde;  Premio Palanza; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0