Persoa: Pedro Murias Rodríguez [12]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Alumnos posando diante do edificio principal da Escola Agrícola Pedro Murias en Vilaframil (Ribadeo), anos 50 |
Ver
Transcripción da Alumnos posando diante do edificio principal da Escola Agrícola Pedro Murias en Vilaframil (Ribadeo), anos 50Pedro Murias Rodríguez fixo fortuna como empresario tabaqueiro en Cuba, onde morreu en 1906. Deixou no seu testamento, entre outros legados, máis de 10 000 pesos ouro para a construción dunha escola agrícola que formase os mozos da súa comarca natal en todos os avances agropecuarios existentes no momento. Tras numerosas vicisitudes, o centro agrícola foi inaugurado en 1922 e converteuse nun centro pioneiro e impulsor do melloramento agrario e gandeiro de toda a Mariña luguesa. A filantropía deste indiano continúa presente na memoria colectiva co funcionamento na actualidade deste centro senlleiro.
|
|
Pedro Murias Rodríguez (Santa Eulalia da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) |
Ver
Transcripción da Pedro Murias Rodríguez (Santa Eulalia da Devesa, 1840 - A Habana, 1906)Pedro Murias, rico comerciante e industrial, foi un dos primeiros en converter os primitivos “chinchales” en verdadeiras fábricas de tabaco. Estivo moi vencellado coa colectividade galega residente na illa, sendo tesoureiro e vogal do Centro Galego da Habana e membro protector da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia.
|
|
La Meridiana: motor do progreso indiano |
Ver
Transcripción da La Meridiana: motor do progreso indianoPedro Murias chegou a engrosar a listaxe dos máis importantes fabricantes de tabaco da illa de Cuba. En 1860 aínda non estaba rexistrado como tal. Non obstante, en 1874 xa adquirira a fábrica e marcas da Compañía de Tajo y Quevedo e estableceu La Meridiana como a primeira marca principal, que posteriormente ampliaría, a medida que progresaba o seu negocio. Da fábrica procedían os tabacos de mellor calidade e prestixio. En 1890 Pedro Murias embarcouse no segundo proxecto empresarial, materializado mediante a compra da segunda fábrica, La Devesa. En 1892 creou a súa terceira fábrica, denominada Pedro Murias, reafirmándose como marquista de identidade propia e asegurando unha vez máis a garantía de calidade.
|
|
«El que los prueba una vez, los fuma siempre» |
Ver
Transcripción da «El que los prueba una vez, los fuma siempre»O crecente consumo de tabaco traspasou fronteiras, supuxo a expansión da economía tabaqueira cubana e un incremento notable da riqueza produtiva da illa. O indiano devesán atopábase entre os mellores representantes do sector de Cuba. A marca Pedro Murias estaba extraordinariamente acreditada no mercado internacional, co seu nome e apelido como distintivo industrial. A publicidade das distintas marcas que Pedro Murias tiña en propiedade aparecían anunciadas na prensa da colectividade galega residente en Cuba, así como tamén nos principais xornais e publicacións especializadas no mundo do tabaco publicadas dentro e fóra da illa.
|
|
Alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias posan diante do edificio principal, sen data |
Ver
Transcripción da Alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias posan diante do edificio principal, sen dataA construción do primeiro edificio, que estamos a ver na imaxe, comezou en 1920. Trátase do inmoble principal, onde estaban situadas as aulas e demais dependencias para o ensino e o profesorado. Edificio de grandes dimensións, estaba formado por un corpo central de planta baixa, primeiro andar e faiado e dúas ás a cada lado. Na planta baixa, á esquerda estaban as aulas, os servizos e unha estancia para o profesorado; na dereita, as dependencias da Dirección da escola, a cociña, o comedor e un almacén de víveres. A súa ornamentación é moi sobria, con numerosos vans e ocos resaltados con molduras. Na fachada destaca a dobre escalinata, que lle dá monumentalidade ao conxunto, cunha fonte central con cabeza de dragón e unha araucaria que lle achega un eixe simétrico.
|
|
Lembranza dos ribadenses á memoria de Pedro Murias, ca. 1934 |
Ver
Transcripción da Lembranza dos ribadenses á memoria de Pedro Murias, ca. 1934A comisión delegada da Devesa foi creada pola fundación habaneira en 1919 para ter un maior control sobre as obras e o funcionamento da escola agrícola pois, debido á distancia, era moi difícil desde Cuba organizar os traballos, controlar os gastos e lograr que se impuxesen as súas ideas para a boa marcha do proxecto. Estivo integrada ao longo dos anos por persoeiros políticos e económicos da Mariña, moitos deles emigrantes enriquecidos retornados de Cuba, polo que se pode considerar que a escola agrícola foi tamén obra destes "habaneiros". O seu nomeamento como membros da comisión era unha honra e sentían como un deber axudar para que o legado do indiano chegase a bo fin. Supoñía, ademais, acadar prestixio social e unha reafirmación na elite da comarca. Desde 1934 e ata 1949, a comisión estivo presidida por Ramón Maseda Villamil, emigrante retornado de Cuba.
|
|
Clases prácticas de agricultura do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias, anos 20 |
Ver
Transcripción da Clases prácticas de agricultura do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias, anos 20No regulamento da fundación habaneira de 1913 aprobouse a organización da escola agrícola e o proxecto pedagóxico que se quería implementar. As materias debían estar relacionadas coa agricultura seguindo os estudos máis modernos e dispoñía de xeito expreso que tiñan prioridade os coñecementos prácticos e aplicables ao medio en que vivían sobre as clases teóricas, con aulas impartidas por enxeñeiros agrícolas. Como vemos, tratábase dun plan moi ambicioso que, de aplicarse, suporía un grande avance na capacitación agropecuaria dos futuros labregos da comarca ribadense.
|
|
Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20 |
Ver
Transcripción da Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20A Escola Agrícola Pedro Murias foi un centro pioneiro, enfocado a abrir o acceso e abano de posibilidades para os rapaces da súa comunidade de orixe. O ingreso na escola garantía a experiencia directa do alumnado nos labores do agro. Os coñecementos prácticos ían engarzados de xeito directo cos teóricos. Esta metodoloxía facía que a aprendizaxe se consolidase sobre os terreos dedicados a tal fin, seguindo de xeito directo todos os procesos, desde a composición e preparación da terra, plantar as sementes, sistemas de rego e drenaxe, ata a colleita dos froitos. En canto á cría dos animais, o seu manexo nas granxas, alimentación e aproveitamento tamén formaban parte do proceso ensino-aprendizaxe do alumnado.
|
|
O retorno simbólico do filántropo á súa parroquia natal, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da O retorno simbólico do filántropo á súa parroquia natal, ca. 1950Unha das mandas testamentarias do indiano foi que os seus restos mortais repousasen na súa parroquia natal. Deixou disposta unha cantidade de cartos para a construción dun mausoleo no cemiterio da Devesa, onde debía ter "o repouso eterno", pero este desexo non se realizou ata os anos 50.
|
|
| 1925-00-00 | Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925 |
Ver
Transcripción da Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925 en 00/00/1925A grandiosidade do proxecto provocou que a construción dos edificios se levase a cabo en dúas fases. Unha vez rematado o edificio principal, en 1925 comezan as obras doutras edificacións destinadas a almacéns, palleiras, cortes para o gando, vivendas do persoal, talleres e incluso unha estación meteorolóxica.
|
| 1935-02-15 | Memoria anual da Fundación Escuela Agrícola «Pedro Murias» publicada na revista habaneira Eco de Galicia, 1934 |
Ver
Transcripción da Memoria anual da Fundación Escuela Agrícola «Pedro Murias» publicada na revista habaneira Eco de Galicia, 1934 en 15/02/1935Pedro Murias deixara disposto a constitución dunha fundación encargada de levar a bo fin o seu proxecto educativo. Esta fundación contaría con personalidade xurídica propia e residiría na Habana e para a súa xestión creouse unha xunta de patróns integrada por cinco persoeiros destacados da colectividade. |
| 2006-00-00 | Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930 |
Ver
Transcripción da Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930 en 00/00/2006En 1929 remátase a construción de todos os edificios que forman a escola agrícola fundada polo filántropo. Como homenaxe e recoñecemento, a xunta de patróns mandou erixir este monumento que lembra a figura do indiano. Na placa pódese ler «La Junta de Patronos de esta escuela radicada en La Habana ha levantado este monumento en honor a la memoria de su fundador Don Pedro Murias y Rodríguez».
|


