Temática: O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos [19]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos |
Ver
Transcripción da Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, BetanzosEn 1983 trasládase a escultura marmórea dos filántropos García Naveira ata a praza que leva o seu nome, con motivo do cincuentenario do falecemento de Juan. Trátase dunha estatua que estaba situada orixinalmente na parte baixa do parque do Pasatempo. A escultura representa a Jesús sinalando os edificios do asilo e as escolas creadas por ambos os benfeitores, mentres que Juan escoita polo auricular dun teléfono. Sospéitase que a realización do monumento correu a cargo da Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos (agricultores, canteiros e carpinteiros, entre outros oficios), en sinal de agradecemento aos irmáns García Naveira, e tamén que foi unha obra encargada ao artista S. Sbricoli.
|
|
Escola e asilo García Hermanos, a protección dos máis vulnerables |
Ver
Transcripción da Escola e asilo García Hermanos, a protección dos máis vulnerablesA vontade filantrópica dos indianos García Naveira vén ilustrada principalmente a través da creación do asilo e as escolas García Hermanos. Con ese obxectivo quedou constituída unha fundación benéfica de «patronato particular perpetuo», por escritura pública do 23 de agosto de 1908. O capital de base, achegado a partes iguais polos dous irmáns, foi de 500 000 pesetas. O predio para a construción de ambos os edificios anexos foi cedido polos dez concellos do partido xudicial de Betanzos. No artigo primeiro dos estatutos do Patronato Benéfico-Docente García Hermanos recóllese a súa natureza e finalidade xeral:
|
|
Para pasear e aprender: o paseo dos Emperadores Romanos no Pasatempo |
Ver
Transcripción da Para pasear e aprender: o paseo dos Emperadores Romanos no PasatempoEste parque enciclopédico, en palabras de Luís Seoane, é un orixinal conxunto de arquitectura, escultura, cerámica e xardinaría, con diversidade de materiais empregados na súa construción: mármore, cemento, pedra, conchas, azulexos, vexetación etc. Destacan no conxunto as numerosas fontes e estanques e mais os grupos escultóricos de gran factura. Incluso chegou a ter un pequeno zoolóxico con especies exóticas.
|
|
O Parque do Pasatempo de Betanzos, máis que un capricho indiano |
Ver
Transcripción da O Parque do Pasatempo de Betanzos, máis que un capricho indianoA curiosidade e o afán de sabedoría leva os irmáns García Naveira a viaxar por varios países. Acompañados de Rogelio Borondo, bo amigo betanceiro, viaxan a lugares emblemáticos e estimulantes, onde coñecen parte da súa historia, arte, cultura, natureza e industria. Os tres amigos, nun periplo de dous meses de duración, visitan Francia, Suíza e Italia. Borondo escribe a obra titulada
|
|
Unha peseta ben vale a pena… |
Ver
Transcripción da Unha peseta ben vale a pena…A iniciativa de elaboración dun vistoso álbum de postais, titulado Álbum de postales a beneficio del Asilo García-Hermanos, foi unha boa idea para recadar fondos destinados ao sustento do asilo García Hermanos. Sabemos da existencia de dúas series de dez postais cada unha. A serie B (11-20) contén: a Fonte de Cupido, a Fonte de Neptuno, o xardín-comedor, o xardín-dormitorio, a Gruta e Estanque do Retiro, a Fonte das Catro Estacións, o Pavillón e unha vista parcial, a Gruta da Recoleta, a Fonte da Agricultura e a fermosa Fonte Florentina que aparece nesta imaxe.
|
|
Fonte da Agricultura, Parque do Pasatempo de Betanzos |
Ver
Transcripción da Fonte da Agricultura, Parque do Pasatempo de BetanzosNo espazo que ocupa a vistosa Fonte da Agricultura destaca a escultura dunha campesiña, ataviada co traxe tradicional mariñán, portando un anciño ao lombo. Esta fonte está no Muro da España Monárquica e as súas 18 Fillas Republicanas, ao que se lle atribúe a representación da independencia das colonias españolas en América. Debaixo da figura da campesiña había tres alegorías: a industria, o progreso e o comercio. Nesta fotografía aparecen varios membros da familia García Naveira gozando do recinto, cos seus estimulantes elementos ornamentais dotados de significado.
|
|
O Parque do Pasatempo de Betanzos ante novos tempos e merecidas oportunidades |
Ver
Transcripción da O Parque do Pasatempo de Betanzos ante novos tempos e merecidas oportunidadesA construción do Parque do Pasatempo comezou en 1893 e contaba nada menos que con nove hectáreas de superficie para desenvolver un soño multipropósito. Non se trataba só dun espazo para acadar o enxalzamento perpetuo da figura de Juan García Naveira e da súa familia, senón de transmitir coñecemento a partir das experiencias vividas tras percorrer países de medio mundo, ensinanzas plasmadas en cada recanto do elaborado recinto para o deleite dos seus visitantes. O Pasatempo resultou, sen dúbida, un recurso pedagóxico inherente ás escolas fundadas polos irmáns García Naveira, sen parangón en España. A súa decadencia comezou coa morte de Juan García Naveira en 1933. Desde entón, nada quixo ser tan grande para quedar tan pequeno.
|
|
| 1902-08-17 | Lavadoiro público das Cascas, servizo e socialización das mulleres brigantinas (inaugurado o 17 de agosto de 1902) |
Ver
Transcripción da Lavadoiro público das Cascas, servizo e socialización das mulleres brigantinas (inaugurado o 17 de agosto de 1902) en 17/08/1902Outra das numerosas obras filantrópicas dos irmáns García Naveira foi a construción do lavadoiro das Cascas, edificado na beira do río Mendo. Na actualidade aínda se pode intuír a fermosura desta infraestrutura, de grande utilidade para os habitantes do Betanzos da época:
|
| 1910-00-00 | Retrato do filántropo Jesús García Naveira, ca. 1910 |
Ver
Transcripción da Retrato do filántropo Jesús García Naveira, ca. 1910 en 00/00/1910Nacido en Betanzos o 11 de setembro de 1852 no seo dunha familia humilde de labradores, emigrou con apenas 18 anos a Arxentina, reclamado polo seu irmán maior, Juan María, quen, instalado no país, comezaba a ter unha posición desafogada. Os dous irmáns convertéronse en socios en diversos negocios relacionados co comercio téxtil e de importación. Jesús tamén desenvolveu unha intensa actividade financeira e na banca: foi director do Banco Español de Río da Prata, vicepresidente da Cámara Española de Bos Aires e conselleiro-delegado de varias compañías de seguros.
|
| 1915-00-00 | O filántropo betanceiro Juan María García Naveira nunha visita ao asilo de anciáns, ca. 1915 |
Ver
Transcripción da O filántropo betanceiro Juan María García Naveira nunha visita ao asilo de anciáns, ca. 1915 en 00/00/1915Os Estatutos de la Fundación Benéfica Asilo García Hermanos y Escuela García Hermanos publicados en 1908, recollen os requisitos para a admisión de usuarios do asilo, que sería rexido preferentemente polas Hermanitas de Ancianos Desamparados ou outra comunidade homóloga:
|
| 1915-00-00 | Regulamento das escolas García Hermanos, Betanzos, 1915 |
Ver
Transcripción da Regulamento das escolas García Hermanos, Betanzos, 1915 en 00/00/1915Ao parecer, a dirección do centro de ensino era responsabilidade de Juan García Naveira. A finalidade era aplicar un modelo educativo progresista nun contorno académico agradable e estimulante para o alumnado. Tratábase dun modelo pedagóxico que xa se viña empregando naquelas escolas que se atopaban baixo o patrocinio da Institución Libre de Ensinanza, dirixida por Giner de los Ríos. |
| 1917-00-00 | O descanso final: noticia do regreso dos restos do filántropo Jesús García Naveira a Betanzos, 1917 |
Ver
Transcripción da O descanso final: noticia do regreso dos restos do filántropo Jesús García Naveira a Betanzos, 1917 en 00/00/1917A noticia da morte de Jesús García Naveira acaecida de forma repentina en 1912 en Arxentina conmocionou a toda a sociedade betanceira e galega. Xa recoñecido o seu labor filantrópico e benéfico xunto co seu irmán Juan, as homenaxes e tributos aparecen en toda a prensa do momento. Con motivo do seu falecemento, as Sociedades Obreiras de Betanzos organizaron unha velada literaria na que numerosos intelectuais da comarca loaron a súa figura e obra. |
| 1917-09-02 | Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914) |
Ver
Transcripción da Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914) en 02/09/1917Os irmáns García Naveira, como outros indianos enriquecidos, aproveitaron a prosperidade propia para promover o desenvolvemento educativo, cultural, social e material do seu lugar de orixe. Un exemplo ben representativo foi a construción e o mantemento das escolas para os nenos e nenas das clases máis desfavorecidas de Betanzos. As escolas García Hermanos eran coñecidas como escolas do asilo, pois estaban a carón deste. O edificio tiña instalacións independentes para cada sexo, tanto as aulas como os espazos de recreo. Os horarios tamén estaban diferenciados e procurábase que os varóns saísen con media hora de antelación con respecto ás rapazas.
|
| 1925-00-00 | Estampa familiar do indiano Juan María García Naveira en Betanzos, ca. 1925 |
Ver
Transcripción da Estampa familiar do indiano Juan María García Naveira en Betanzos, ca. 1925 en 00/00/1925Juan María García Naveira (Betanzos, 16 de maio de 1849 – 9 de marzo de 1933), orfo de pai, decide, como moitos dos seus veciños, tomar o camiño da emigración e en 1869 marcha en busca dun futuro mellor a Arxentina. Alí traballa en diversos oficios e un par de anos despois, xa encarrilada a súa economía, manda chamar o seu irmán pequeno Jesús. A traxectoria profesional de ambos os dous continúa paralela e chegan a ser uns importantes homes de negocios. Hai varias fontes que atribúen a súa gran fortuna á venda duns terreos en Bahía Blanca para a construción da liña de ferrocarril.
|
| 1925-00-00 | Entrada principal do Pasatempo: o soño de Juan García Naveira, ca. 1925 |
Ver
Transcripción da Entrada principal do Pasatempo: o soño de Juan García Naveira, ca. 1925 en 00/00/1925A imaxe permítenos intuír a beleza e magnificencia deste parque. Esta entrada do Carregal estaba limitada por un fermoso enreixado que se erguía sobre un baseamento granítico e un portalón de gran prestancia, obra de ferreiros da comarca baixo a dirección de José Fernández Montero, como imitación das reixas do Palacio de Versalles, segundo algúns autores. Destacan as esculturas de mármore de Carrara de dous impresionantes leóns que servían como gardiáns do recinto. Nesta entrada existía ademais unha pequena edificación que funcionaba como despacho de billetes para os visitantes, pois para poder acceder había que pagar un módico prezo, e no que tamén se podían mercar postais. Tiña, pois, un claro servizo público: os cartos recadados servían para o mantemento do Patronato Benéfico-Docente García Hermanos, que se ocupaba do funcionamento do asilo e das escolas do mesmo nome.
|
| 1933-00-00 | Noticia do pasamento do filántropo Juan María García Naveira, 1933 |
Ver
Transcripción da Noticia do pasamento do filántropo Juan María García Naveira, 1933 en 00/00/1933Juan García Naveira tivo unha vida longa e produtiva. De ser un neno pobre e con escasa formación pasou a converterse, grazas á emigración, nun home emprendedor e moi rico, así como —o que para el era esencial— nun home instruído. Con todo, nunca esqueceu a súa terra natal e, tras o regreso en 1893 coa súa familia, instalouse en Betanzos. Alí, e ata o final da súa vida, xa feitos os 84 anos, dedicouse a numerosos proxectos a prol dos seus paisanos máis necesitados. |
| 1998-00-00 | A casa familiar dos García Naveira en Betanzos, 1998 |
Ver
Transcripción da A casa familiar dos García Naveira en Betanzos, 1998 en 00/00/1998Esta espléndido edificio encádrase no estilo ecléctico que dominaba a arquitectura de principios do século XX. Construído na praza do Campo, centro da vida urbana de Betanzos, axiña destacou pola súa grandiosidade, pola modernidade dos seus servizos e polos materiais da súa construción, con exteriores de granito de Parga e mármore e con interiores de caoba e doutras madeiras exóticas. O seu deseño foi obra do recoñecido arquitecto Juan de Ciórraga, que introduciu un estilo historicista de influencias francesas. A casa foi inaugurada en 1900, uns anos despois da chegada de Juan a Betanzos, e converteuse no fogar habitual e punto de reunión da familia. Continúa a destacar no urbanismo da vila como centro dunha praza que foi rebautizada como praza Irmáns García Naveira, en clara homenaxe a eles. En 1937, mortos xa os filántropos, o Concello de Betanzos colocou na súa fachada unha placa de mármore como agradecemento pola xenerosidade e filantropía dos irmáns Juan María e Jesús coa súa vila natal.
|
| 1998-00-00 | A praza Irmáns García Naveira, centro da vida social e económica de Betanzos, ca. 1928 |
Ver
Transcripción da A praza Irmáns García Naveira, centro da vida social e económica de Betanzos, ca. 1928 en 00/00/1998Os veciños e veciñas de Betanzos, beneficiarios da xenerosidade e altruísmo de Jesús e Juan María García Naveira, organizaron diversos actos de recoñecemento e agradecemento polo seu labor a prol dos máis desfavorecidos. Grazas ao seu legado construíronse numerosos edificios para mellorar a vida diaria dos máis necesitados da sociedade betanceira e que puideron gozar xeracións futuras.
|
| 2009-00-00 | Un magnífico edificio para as escolas municipais Jesús García Naveira, 2009 |
Ver
Transcripción da Un magnífico edificio para as escolas municipais Jesús García Naveira, 2009 en 00/00/2009No testamento de Jesús García Naveira aparece especificado o legado de 50 000 pesetas para a construción dun novo edificio educativo para a vila. Debía ser unha escola municipal de ensino primario para os nenos e nenas da localidade. A única condición para construíla era a cesión por parte do Concello do soar no Picardel, preto da igrexa de San Francisco.
|


